Le siège de Corinthe
Le siège de Corinthe O asedio de Corinto | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Luigi Balocchi e Alexandre Soumet |
Estrea | 9 de outubro de 1826 |
Teatro da estrea | Salle Le Peletier |
Lugar da estrea | París |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Cléomène (tenor) |
Le siège de Corinthe (en francés O asedio de Corinto) é unha ópera (tragédie lyrique) en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Luigi Balocchi e Alexandre Soumet. Trátase dunha versión profundamente modificada de Maometto II (1820) e foi a primeira ópera en francés de Rossini. Foi estreada na Salle Le Peletier da Opéra de Paris o 9 de outubro de 1826.
Historia
[editar | editar a fonte]A ópera conmemora o asedio e a final destrución de Missolonghi en 1826 polos turcos durante o transcurso da Guerra de Independencia de Grecia (1821–1829). As referencias a Corinto é un exemplo de alegoría, aínda que o sultán Mehmed II sitiara a cidade dende os anos 1450. Este mesmo incidente -condenado por toda Europa pola súa crueldade- tamén inspirou unha importante pintura de Eugène Delacroix (Grecia expirando sobre as ruínas de Missolonghi), e foi mencionado nos escritos de Víctor Hugo. O poema de 1816 de Lord Byron The Siege of Corinth ten pouca, ou ningunha, conexión coa ópera has little, if any, connection with the opera.
A versión en francés desta ópera tardía de Rossini foi parcialmente reescrita a partir da ópera en italiano de 1820 Maometto II, mais coa mesma historia e personaxes, no contexto da conquesta da colonia veneciana de Negroponte por parte dos turcos durante a Guerra turco-veneciana. Esta versión orixinal foi estreada o 3 de decembro de 1820 en Nápoles, seis anos antes do masacre de Missolonghi. O orixinal Maometto non foi ben recibido nin en Nápoles nin en Venecia, onte Rossini provou unha verión un pouco revisada en 1823 cun final feliz e coa música da súa propia ópera La donna del lago na conclusión.
Mais en 1826, dous anos despois de establecerse en París, Rossini tentouno de novo cunha nova versión (que incluía dous números de ballet, como se pedía na tradición operística francesa), trasladouna a Grecia co novo título de Le siège de Corinthe. Desta vez a ópera tivo un grande éxito na súa estrea, contando con intérpretes como a soprano Laure Cinti-Damoreau e o tenor Adolphe Nourrit. A orquestra foi dirixida por François-Antoine Habeneck. Foi representada como L'assedio di Corinto en Parma o 26 de xaneiro de 1828 e en Viena en xullo de 1831. Logo de ter coñecido un grande éxito ata a metade do século XIX, ao longo da segunda metade do século foi progresivamente esquecida, ata desaparecer por completo dos grandes circuítos operísticos, alo menos en Italia, nas primeiras décadas do século XX.
Logo da segunda guerra mundial foi reposta nalgúns teatros italianos, entre os que cómpre destacar o Teatro Comunale de Florencia, onde o 4 de xuño de 1949 tivo unha representación histórica, baixo a dirección de Gabriele Santini, coa soprano Renata Tebaldi e o tenor Mirto Picchi. Noutra representación do ano 1969 no Teatro alla Scala de Milán, tentáronse fusionar Le siège de Corinthe con Maometto II baixo a dirección de Thomas Schippers como conmemoración do centenario de Rossini e que foi o debut no teatro milanés da xove Beverly Sills, que interpretou o papel de Pamira, e Marilyn Horne como Neocle.
A ópera empregou unha edición con notas do musicólogo e experto en bel canto Randolph Mickelson que inseriu arias das versións orixinais napolitana e veneciana e mesmo doutras óperas de Rossini (como Rossini mesmo fixo con frecuencia). En 1975, a Metropolitan Opera empregou a versión de La Scala para a estrea da ópera nos Estados Unidos, baixo a dirección de Schippers e co debut na MET de Baverly Sills, xunto con Shirley Verrett, Justino Díaz e Harry Theyard.
Máis recentemente a súa abertura foi interpretada e gravada por diversas orquestras clásicas, incluíndo a Academy of St. Martin in the Fields baixo a dirección Neville Marriner.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 9 de outubro de 1826 (Director: François Antoine Habeneck) |
---|---|---|
Cléomène, Gobernador de Corinto | tenor | Louis Nourrit |
Pamira, súa filla | soprano | Laure Cinti-Damoreau |
Néoclès, un xove oficial grego | tenor | Adolphe Nourrit |
Mahomet II | baixo | Henri-Étienne Dérivis |
Adraste | tenor | Bonel |
Hiéros | baixo | Alexandre-Aimé Prévost |
Ismène | mezzosoprano | Frémont |
Omar | tenor | Ferdinand Prévôt |
Argumento
[editar | editar a fonte]A acción desenvólvese en Corinto, asediada polo exército otomán poucos anos despois da caída de Constantinopla. As escenas bélicas altérnanse con momentos máis íntimos, porque o sultán Mehmet II, que finalmente consegue tomar a cidade, ama a Palmira, a filla do gobernador de Corinto, á que coñecera tempo atrás en Atenas. Ela correspóndelle, mais ao non poder culminar o seu soño de amor, a moza quitase a vida en presenza do seu amado Mehmet.
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: Cléomène, Pamira, Néoclès, Maometto |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [2] |
---|---|---|---|
1969 | Franco Bonisolli, Beverly Sills, Marilyn Horne, Justino Díaz |
Thomas Schippers, Orquestra e Coro do Teatro alla Scala (Gravación dunha representación da versión preparada por Thomas Schippers e Randolph Mickelson en La Scala, o 14 de abril) |
CD de son: Arkadia Cat: CD 573; Legato Classics Cat: LCD 135-2; Celestial Audio Cat: CA 034 |
1975 | Harry Theyard, Beverly Sills, Shirley Verrett, Justino Díaz |
Thomas Schippers, Orquestra e Coro da Metropolitan Opera (Gravación dunha representación no MET en italiano na versión preparada por Thomas Schippers para La Scala, baixo o título ‘’L'Assedio de Corinthe’’) |
CD de son: Bensar Cat: OL 41975 |
1992 | Dano Raffanti, Luciana Serra, Maurizio Comencini, Marcello Lippi |
Paolo Olmi, Orquestra e Coro do Teatro Carlo Felice di Genova |
CD de son: Nuova Era Cat: 7140-7142 & Cat: NE 7372/3 |
2000 | Stephen Mark Brown, Ruth Ann Swenson, Giuseppe Filianoti, Michele Pertusi |
Maurizio Benini, Orquestra da Opéra National de Lyon e Coro de Cámara de Praga (Gravación dunha representación en francés no Rossini Opera Festival, Pésaro, 5 de agosto) |
CD de son: House of Opera Cat: CD 597; Charles Handelman, Live Opera Cat: (sen numerar) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 06 de febreiro de 2013.
- ↑ Recordings of Le siège de Corinthe on operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
- Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
- Osborne, Richard, Rossini, Ithaca, Nova York: Northeastern University Press, 1990 ISBN 1-55553-088-5 ISBN 1-55553-088-5
- Warrack, John and West, Ewan (1992), The Oxford Dictionary of Opera, 782 pages, ISBN 0-19-869164-5