L'italiana in Algeri
L'italiana in Algeri A italiana en Arxel | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Angelo Anelli |
Fontes literarias | baseado no seu texto anterior posto en escena por Luigi Mosca |
Estrea | 22 de maio de 1813 |
Teatro da estrea | Teatro San Benedetto |
Lugar da estrea | Venecia |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Archivio della Casa Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Isabella (mezzosoprano ou contralto) |
L'italiana in Algeri (en galego, A italiana en Arxel) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Angelo Anelli, baseado nun texto anterior seu musicado por Luigi Mosca. A música é característica do estilo de Rossini, notable pola súa fusión de enerxía sostida con melodías elegantes e prístinas. Foi estreada no Teatro San Benedetto de Venecia o 22 de maio de 1813.
Rossini compuxo L'italiana in Algeri cando tiña 21 anos, uns meses despois de ter estredado Tancredi. Segundo parece, a ópera foi composta nun mes, aínda que algunha fonte cre que en menos días, e o mesmo Rossini dixera que a escribira en tan só 18 días. Foi un éxito notable e fóronlle introducidos canvios progresivos para as actuacións posteriores en Venencia, Milán e Nápoles, durante os seguintes dous anos. A ópera destaca pola mestura que fai Rossini dos estilos de ópera seria e ópera cómica.
Os cantantes deben ser moi hábiles e volubles. Son considerables o dúo de Mustafa e Lindoro, Se inclinassi a prender moglie e a altura das notas que canta Elvira, na introdución e ao final do primeiro acto. A obra contén tamén fermosas arias como a de Isabella, Cruda sorte! Amor tiranno!, e a de Lindoro, Langui por una hermosa. A abertura é igualmente coñecida.
A ópera narra a historia de Isabella, unha italiana que marcha a Alxelia para conseguir a liberdade do seu amado, Lindoro, escravo dun home moi poderoso do país, Mustafá. A heroína tentou tamén axudar na relación matrimonial entre Mustafá e a súa dona, Elvira.
Esta ópera foi reposta frecuentemente logo da segunda guerra mundial con moitas producións exitosas. Actualmente é unha ópera frecuentemente representada, con 48 producións en 43 cidades dende xaneiro de 2009.[4] Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto número 55 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 25.ª en Italia e a terceira de Rossini, con 82 representacións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 22 de maio de 1813 (Director: - ) |
---|---|---|
Isabella, a italiana | contralto | Marietta Marcolini |
Lindoro, namorado de Isabella | tenor | Serafino Gentili |
Taddeo, un italiano ancián | baixo | Paolo Rosich |
Mustafà, O Bei de Arxel | baixo | Filippo Galli |
Elvira, súa dona | soprano | Luttgard Annibaldi |
Zulma, a súa confidente | mezzosoprano | Annunziata Berni Chelli |
Haly, o capitán da garda do Bei | baixo | Giuseppe Spirito |
Mulleres do harén (papel mudo); eunucos, piratas, escravos, mariñeiros - Coro masculino |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 132. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ "Lista de Operabase.com Dende o 1 de xaneiro de 2009". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |