Il viaggio a Reims
Il viaggio a Reims A viaxe a Reims | |
---|---|
Carlos X de Francia por François Gérard. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Luigi Balocchi: Il viaggio a Reims ossia L’albergo del Giulio d’oro |
Fontes literarias | Baseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Germaine de Staël |
Estrea | 19 de xuño de 1825 |
Teatro da estrea | Théâtre-Italien |
Lugar da estrea | París |
Duración | 2 horas 15 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Véxase personaxes |
Il viaggio a Reims é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Balocchi, baseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Germaine de Staël. O seu título completo é Il viaggio a Reims, ossia L'albergo del giglio d'oro (ou en galego, A viaxe a Reims, ou o Hotel da flor de lis de ouro). Foi estreada no Va ser estreada no Théâtre-Italien de París, o 19 de xuño de 1825 con Giuditta Pasta como Corinna e as mellores voces da época, foi a última ópera de Rossini en italiano (tódalas súas obras posteriores foron en francés) e estreouse co título Le voyage à Reims, ou l'Hôtel du Lys-d'Or.
Foi escrita para a celebración da coroación do rei Carlos X de Francia en 1825, a obra foi aclamada polos críticos como unha das mellores composicións de Rossini. É unha ópera esixente, con 14 solistas (tres sopranos, unha contralto, dous tenores, catro barítonos, e catro baixos), e é por iso polo que non se representa con frecuencia.
Il viaggio a Reims non ten opertura.[1] O que se chama abertura, deriva dun conxunto de danzas en Le siège de Corinthe (1826), unha das que Rossini reformara a partir das danzas no final de Il viaggio a Reims,[2] é unha invención do século XX ou unha atribución errónea. En 1938 publicouse en Milán, nunha revisión de Giuseppe Piccioli,[3] que foi estreada no Teatro alla Scala o 5 de novembro de 1938, dirixida por Richard Strauss.[1] Máis tarde foi gravada repetidamente como a suposta abertura de Il viaggio a Reims, ata que finalmente a partitura orixinal da ópera se puido reconstruír.
O compositor máis tarde reutilizou unha boa parte da música para Le comte Ory.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco o 19 de xuño de 1825 Director: Gioachino Rossini |
---|---|---|
Corinna (poetisa) | soprano | Giuditta Pasta |
Melibea (marquesa polonesa) | mezzosoprano | Adelaide Schiassetti |
Condesa de Folleville (aristócrata viúva) | soprano | Laure Cinti-Damoreau |
Sra Cortese (propietaria do balneario) | soprano | Ester Mombelli |
Belfiore (oficial do exército francés) | tenor | Domenico Donzelli |
Conde de Libenskof (aristócrata ruso) | tenor | Marco Bordogni |
Barón Trombonok (aristócrata alemán) | baixo | Vincenzo Graziani |
Sydney (enamorado de Corinna) | baixo | Carlo Zucchelli |
Don Profundo (anticuario italiano) | baixo | Felice Pellegrini |
Don Álvaro (namorado de Melibea) | baixo | Nicolas Levasseur |
Don Prudencio (médico do balneario) | baixo | Luigi Profeti |
Don Luigino (curmán de Folleville) | barítono | Piero Scudo |
Delia (amiga de Corinna) | soprano | María Amigo |
Maddalena (ama de chaves do balneario) | mezzosoprano | Caterina Rossi |
Modestina (doncela de Folleville) | mezzosoprano | Marietta Dotti |
Zeferino (un carteiro) | tenor | Giovanola |
Antonio (criado do balneario) | barítono | Auletta |
Gelsomino (camareiro do balneario) | tenor | Trévaux |
Empregados do balneario, turistas etc. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Roberto Maietta, Per un catalogo del “Fondo Giuseppe Piccioli”: inquadramento delle opere e catalogo delle edizioni, tese para o grao trienal en musicoloxía, Universidade de Cremona, Faculdade de Musicoloxía, ano académico 2009-2010: Catalogo delle opere edite del “Fondo Giuseppe Piccioli”, p. 22, nota 5 (publicada na Biblioteca online da Facultade de Musicoloxía da Universidade de Pavia Arquivado 04 de outubro de 2011 en Wayback Machine.). A fonte declarada de Maietta é o prefacio (Prefazione) á edición crítica da ópera, editada por Janet J. Johnson: Il viaggio a Reims, ossia, L'albergo del Giglio d'oro, dramma giocoso in un atto di Luigi Balocchi, musica di Gioachino Rossini, Pesaro, Fondazione Rossini, 1999, I, p. xxxv
- ↑ Janet Johnson: A Lost Masterpiece Recovered, p.37-38 de las notas a la gravación de 1984 DG.
- ↑ Il viaggio a Reims. Sinfonia / Gioachino Rossini, revisione di Giuseppe Piccioli — Partitura — Milan: Carisch, 1938
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |