Saltar ao contido

Xerardo Álvarez Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gerardo Álvarez Gallego»)
Modelo:BiografíaXerardo Álvarez Gallego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1986 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXerardo Álvarez Limeses Editar o valor en Wikidata
IrmánsAmalia Álvarez Gallego Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1464783 BUSC: alvarez-gallego-gerardo-1899-1986 Nomes e Voces: 14850

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Xerardo Álvarez Limeses, cursou o bacharelato en Ourense e rematou o último curso en Pontevedra, onde tamén obtivo o título de mestre. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como procurador en Vigo. Colaborou nos xornais Galicia, El Pueblo Gallego, onde foi redactor xefe, e El País. Foi militante do Partido Galeguista, do que foi secretario, e onde traballou co seu cuñado Alexandre Bóveda, foi un dos cinco candidatos galeguistas propostos polo PG para concorrer nas eleccións xerais coa Fronte Popular. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Santiago de Compostela agochándose na clínica de Ramón Baltar, quen lle vendou cabeza e cara simulando unha operación e así logrou pasar a Portugal.

Exiliouse en Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado de Fulgencio Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. En agosto de 1938 fundou Hermandad Gallega, organización política antifascista do Centro Galego, que presidiu ata 1941. Tamén en 1938 asumiu a dirección das revistas antifascistas Nosotros, Crónica de España e Voz de España. Foi vicepresidente do Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires en xullo de 1956. Tentou volver do exilio desembarcando na Coruña, pero un día despois foi detido en Pontevedra e obrigado a abandonar o país. Despois de reiterados esforzos por establecerse definitivamente en Galicia, onde chegou a pasar uns meses, viuse forzado a un novo exilio e instalouse en Miami, onde permaneceu ata a súa morte.

As súas colaboracións xornalísticas están espalladas por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia, as dos centros galegos da Habana, Buenos Aires, México etc. Durante os meses de estancia en Galicia gañou o premio convocado pola Asociación da Prensa de Vigo por unha biografía crítica da obra de Luís Taboada. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario de Rosalía, publicados en 1937 na revista Cultura Gallega.

Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956.
  • Los Pazos, 1963.
  • Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, 1972. Editorial Nós.
  1. "Las elecciones de compromisarios en provincias". La Vanguardia (Barcelona): 30. 28/4/1936. Consultado o 9/4/2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]