Inditex
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
INDITEX | |
---|---|
Industria de Deseño Téxtil | |
Sede de Inditex en Arteixo. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 12 de xuño de 1985 (39 anos) |
Localización | Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo, provincia da Coruña Galicia |
Fundador | Amancio Ortega Gaona |
Persoas clave | Marta Ortega(Presidenta) Pablo Isla (exPresidente e CEO) Ignacio Fernández (CFO) |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa, calzado especializado e téxtil para o fogar |
Beneficio | € 25.336 millóns (2017)[1] |
Número de empregados | 171 839 (2017)[2] |
Na rede | |
https://www.inditex.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é unha multinacional da industria téxtil de orixe galega. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa por diante da sueca H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap, sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy).[3] Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, provincia da Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. A súa presidenta actual é Marta Ortega[4].
Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo[5] e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.[6]
A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1963 Amancio Ortega, Rosalía Mera, Antonio e Josefina Pepita (irmáns de Amancio), Primitiva Renedo (muller de Antonio) e Miguel Jove (marido de Pepita) xunto con José Antonio Caramelo (quen máis tarde fundaría Caramelo)[7] traballan en La Maja e marchan para fundar unha empresa dedicada á fabricación de pezas de roupa de vestir na rúa Noia da Coruña. En 1971 fundan Goa (as iniciais dos irmáns Amancio e Antonio Ortega Gaona ao revés) no Polígono da Moura na Grela. En 1974 Amancio Ortega merca a terceira parte do polígono de Sabón que estaba a construír a Deputación da Coruña en Arteixo. Non foi porén ata 1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominación Zara na rúa Juan Flórez[8] da Coruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea estendeuse rapidamente por toda España e en 1985 creouse INDITEX como cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas no Porto (1988), Nova York (1989) e París (1990).
No ano 1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendas Pull and Bear e a adquisición do 65% da cadea Massimo Dutti, merca que se completou en 1995. Tamén se creou Kiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos. Bershka abriu as súas portas en 1998 e ao ano seguinte mercou Stradivarius.
O 2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura de Oysho e a saída a bolsa do grupo o 23 de maio por un valor total dun billón de pesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selecto IBEX 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.
En 2002 crea a marca Often que sae ao mercado en 2003. En 2006 a marca pecha tendo entón 40 establecementos, 36 en España e catro en Portugal. Trinta desas tendas foron vendidas ao empresario catalán Julián Imaz coas que creou Friday's Project. En 2010, xa coa marca Often pechada, o Tribunal Xeral da Unión Europea rexeitou a petición de Inditex para rexistrar a marca para reloxos e complementos por posible confusión coa marca española de reloxos Olten[9].
En 2011-12 a marca Oysho chegou a un acordo de deseño e colaboración con Adidas[10].
Expansión internacional de | |
---|---|
Data | Países |
1988 | Portugal (Porto) |
1989 | Estados Unidos de América (Nova York) |
1990 | Francia (París) |
1991 | - |
1992 | México |
1993 | Grecia |
1994 | Bélxica e Suecia |
1995 | Malta |
1996 | Chipre |
1997 | Noruega e Israel |
1998 | Xapón, Turquía, Reino Unido, Arxentina, Venezuela, Líbano, Emiratos Árabes Unidos e Kuwait |
1999 | Alemaña, os Países Baixos, Polonia, o Brasil, Chile, o Uruguai, Arabia Saudita, Bahrain e o Canadá |
2000 | Australia, Qatar, Dinamarca e Andorra |
2001 | Irlanda, Islandia, Luxemburgo, República Checa, Porto Rico, Xordania e Italia |
2002 | Finlandia, Suíza, O Salvador, República Dominicana e Singapur |
2003 | Eslovenia, Rusia, Eslovaquia e Malaisia |
2004 | Marrocos, Hong Kong, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Romanía e Panamá |
2005 | Mónaco, Costa Rica, Indonesia, Filipinas e Tailandia |
2006 | Serbia, China e Tunisia |
2007 | Colombia, Croacia, Guatemala, Omán... |
Fonte: Inditex |
Subsidiarias
[editar | editar a fonte]
Compañía | Nº de tendas a 29/12/2014 [12] |
Ano de creación |
---|---|---|
Zara | 2057 | 1975 |
Bershka | 992 | 1998 |
Stradivarius | 893 | 1999 (adquirida) |
Pull and Bear | 885 | 1991 |
Massimo Dutti | 695 | 1995 (adquirida) |
Oysho | 561 | 2001 |
Zara Home | 420 | 2003 |
Uterqüe | 67 | 2008 |
T o t a l | 6570 |
Dende a creación da empresa foise ampliando o número de marcas coas que vende. Algunhas son de creación propia e outras foron mercadas.
- Zara - tenda bandeira. Abrangue moitos estilos diferentes, de roupa diaria, máis informal, ou máis serio ou formal a través de vestidos e traxes para eventos do festival. Moda para mulleres, homes e nenos.
- Zara Kids - Roupa de nenos entre os 0 e os 14 anos.
- Pull and Bear - Marca de roupa casual e accesorios para xente nova cun estilo urbano.
- Bershka - Comezou en 1998 con distribución de roupa para rapazas, e máis recentemente tamén para rapaces.
- Massimo Dutti - Roupa elegante e clásica. É a máis cara das tendas do grupo. Moda para muller, home e neno.
- Stradivarius – Roupa innovadora e accesorios.
- Oysho - Roupa de casa e íntima de muller.
- Zara Home - Produtos para o fogar.
- Uterqüe - Accesorios.
- Tempe - Calzado.
Beneficios
[editar | editar a fonte]O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, converténdose así no primeiro grupo téxtil europeo (superando por primeira vez á empresa sueca H&M) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericana Gap. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de euros nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1.002 millóns de euros, cun volume de negocio de 8.196 millóns de euros.[13][14]
Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas como Zara Logística ou Tempe, de produción de calzado e a construtora GOA Invest.[15] A roupa que non se vende despois de facer o ciclo por tódolos mercados onde está Inditex remata en mercados como o de África, fóra dos círculos nos que se moven as empresas de Inditex.[16]
Dende a súa creación o grupo Inditex mantén un crecemento de vendas superior á media do sector.
Política ambiental
[editar | editar a fonte]En 2007 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a multa de 60.101 euros imposta a Inditex pola Xunta por ter instalado un xerador eólico sen autorización nas súas instalacións de Sabón.[17]
Entre 2007 e 2010 Inditex iniciou un proxecto de aforro enerxético e produción eléctrica construíndo unha planta de coxeración de 5.000 kW, unha instalación termo solar de 1.500 m2 e un aeroxerador de 850 kW. Entre todos producen máis da metade da enerxía consumida nas instalacións de Sabón. Nos centros loxísticos de Meco, Tordera, Zaragoza, Elche e León fixéronse instalacións fotovoltaicas[18]. O proxecto global inclúe a redución da enerxía consumida polas tendas, redución da produción de residuos e deseños ecoeficientes.
Produción
[editar | editar a fonte]País | Traballadores | Fornecedores | Fabricantes |
---|---|---|---|
Bangladesh | 230.000 | 84 | 150 |
China | 200.000 | 248 | 761 |
India | 52.000 | 114 | 174 |
Turquía | 50.000 | 129 | 251 |
Marrocos | 50.000 | 104 | 158 |
Portugal | 16.000 | 147 | 291 |
Brasil | 11.000 | 69 | 232 |
España[19] | 10.553 | 198 | 149 |
Arxentina | 5.005 | 64 | 53 |
Vietnam | 143.206 | - | 130 |
Camboxa | 104.695 | 1 | 68 |
Inditex ten 1.398 fornecedores, uns 5.000 fabricantes en 40 países e uns 700.000 traballadores.[20][21] |
A roupa e complementos que vende Inditex provén principalmente de empresas alleas ao grupo aínda que os deseños e estilos son propios de cada marca xa que contan con xestión independente e organización propia na toma de decisións. O grupo comercializa 1177 millóns de pezas de ropa ao ano. Zara é a única marca que ten produción propia, aproximadamente a terceira parte dos seus artigos son feitos en fábricas de Inditex ou rematados alí. O calzado é deseñado e xestionado pola filial Tempe de Alacant para tódalas marcas do grupo. Os artigos de punto son fabricados por Indipunt en Narón, outra filial do grupo.
Centros loxísticos
[editar | editar a fonte]Inditex ten tódolos centros loxísticos en España que distribúen produtos de tódalas marcas[22] a nivel mundial.
- En Galiza:
- Centro loxístico de Zara en Sabón, Arteixo. Tamén fabrica roupa para Zara
- Pull&Bear en Narón, tamén é a sede da marca
- A Laracha, en construción
- Plataforma Europa, Zaragoza
- Centro de Tordera, en Barcelona. Massimo Dutti, Bershka e Oysho
- Centro en Sallent de Llobregat para Stradivarius
- Plataforma loxística de León[23] tamén xestiona os excedentes sen vender
- Centro loxístico de Tempe, Alacant. Calzado para tódalas marcas do grupo
- Centro de Meco, Madrid. Distribución de roupa infantil de Zara e menaxe de Zara Home
- Plataforma loxística en Cabanillas del Campo, Guadalajara
Polémicas
[editar | editar a fonte]
Condicións laborais
[editar | editar a fonte]A empresa foi denunciada en máis dunha ocasión pola utilización de man de obra infantil,[25] así como polas duras condicións laborais,[26] próximas á escravitude[27][28] en países do terceiro mundo ou en vías de desenvolvemento.[29][30][31][32]
En 2006 o diario portugués Expresso fixo públicas fotografías en Felgueiras de nenos de 11 a 14 anos cosendo zapatos para Zara. Inditex comprometeuse a investigar o caso e declarou que no último ano ata 400 empresas deixaron de traballar para eles por diversos incumprimentos: traballo infantil, liberdade de asociación, saúde, seguridade ou impacto ambiental[33][34].
Inditex prescindiu de Javier Chércoles Blázquez, Director do Departamento de Responsabilidade Corporativa, por diferenzas con Pablo Isla tras unha inspección en 2008 a unha empresa que traballou para Zara en Bangladesh acusada de abusos verbais, físicos e reducións de salarios.[35] Chércoles redactou o Código Ético Interno de Zara, e Inditex aprobou o acordo de prevención após o colapso do Rana Plaza en Dacca.
En 2011 AHA, unha contrata de Zara no Brasil, foi inspeccionada por un equipo de inspectores de traballo e axentes da policía. Liberaron 15 traballadores a maioría bolivianos e peruanos que eran explotados en condicións de escravitude en São Paulo en xeiras de 16 horas diarias por un soldo miserable, algúns deles eran menores de catorce anos.[Verificar credibilidade]
O Uyghur Rights Monitor, a Universidade de Sheffield Hallam e o Uyghur Center for Democracy and Human Rights acusaron á empresa de empregar traballo forzado uigur a través do fornecedor de téxtiles con sede en China, Beijing Guanghua Textile Group [36]. Inditex, pola súa banda, refutou as acusacións de traballo forzado uigur nas súas cadeas de subministración [37]. Porén, o informe da Uyghur Rights Monitor revela que, a pesar da atención internacional ao problema, moitos produtos feitos con traballo forzado uigur son exportados á UE e a outros países, onde os consumidores os compran sen sabelo.
A CIG ten denunciado reiteradamente á construtora GOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.[38]
Acusacións de plaxio, apropiación cultural e campañas de boicote
[editar | editar a fonte]En decembro de 2023, ZARA publicou unha desculpa en Instagram tras recibir decenas de miles de comentarios e queixas, mentres o cancelo #BoycottZara era tendencia na rede social X, antiga Twitter. A empresa tivo que desculparse e retirar do seu sitio web e aplicación unha campaña publicitaria con manequíns sen extremidades ou envoltos en sudarios brancos. Para as activistas propalestinas que a denunciaron, a publicidade tiña unha grande semellanza cos efectos da campaña militar sionista de exterminio sobre a poboación civil de Gaza que estaba a acontecer naquela altura [39]. Isto ocorría no contexto das críticas recibidas anteriormente polo director da súa franquía en Israel, Joey Schwebel, que organizara un acto de campaña para o político sionista de ultradereita e abertamente racista Itamar Ben Gvir [40].[41].
A empresa foi acusada de plaxio, e condenada en repetidas ocasións.[42][43][44][45][46]. Nun caso que tivo repercusión global, o Ministerio de Cultura de México afirmou que Zara estaba a utilizar patróns propios e distintivos das comunidades indíxenas Mixteca, Zapoteca e Mixe. No comunicado aos medios, o Ministerio de Cultura mexicano dixo que a propiedade colectiva e ancestral dos pobos orixinarios foi privatizada pola marca. Nunha nota enviada á CNN, a Inditex dixo ter "o maior respecto polo Ministerio de Cultura e as comunidades mexicanas", pero engadiu que o "deseño en cuestión non foi de ningún xeito tomado ou influenciado pola arte do pobo mixteco de México". Trala polémica, todas as coleccións obxecto da denuncia pública ficaron indispoñíbeis na páxina web da marca [47] [48].
Outras polémicas
[editar | editar a fonte]En 2018 o goberno chinés acusou Zara de ter atentado contra a súa soberanía ao identificar a Taiwán como un país independente.[49] Inditex creou unha categoría individual para o Tíbet, Hong Kong, Macau e Taiwán como mercados, e non como países.[50]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inditex online: 10% de las ventas y más de 2.500 millones de euros", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex ha creado 250 empleos fijos en sus centros logísticos españoles este año". (en castelán).
- ↑ "Inditex agranda su distancia y se suma al ‘club’ de los 25.000 millones", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex recibe a Marta Ortega como presidenta". La Voz de Galicia.
- ↑ "Pull&Bear abre su mayor tienda del mundo en Preciados 9, que pasa a manos de Generali", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex alcanza un nuevo máximo y ya roza un valor en Bolsa de 90.000 millones", La Opinión de A Coruña, 17 de marzo de 2015 (en castelán).
- ↑ Empezó en la mercería La Maja. elmundo.es
- ↑ "El primer Zara cambia de imagen", La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Often, el único punto negro de Inditex" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., modaes.es (en castelán).
- ↑ "En las entrañas de Zara" Arquivado 27 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. Marie Clare (en castelán).
- ↑ "Inditex logra un beneficio récord de 3.157 millones y aumenta un 13% el dividendo", Expansión, 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Presencia internacional". inditex.com. 29 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2014.
- ↑ "Inditex gañou un 25% máis en 2006", Vieiros
- ↑ "Inditex ganó un 40,7% más en 2004, con unas ventas de 5.670 millones", El País, 1 de abril de 2005 (en castelán)
- ↑ "La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega", El País (en castelán).
- ↑ "El amigo sirio-canario de Amancio Ortega", Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Multan a Inditex por construir una torre eólica en Arteixo sin autorización", Líderdiario.com (en castelán).
- ↑ "En Inditex se lleva el verde", La Opinión (en castelán).
- ↑ Inditex simplifica la estructura de su mayor fábrica en España y absorbe su área de diseño
- ↑ INDITEX: Responsabilidad Social Empresarial con Intervención Sindical[Ligazón morta], CC.OO. (2011) (en castelán).
- ↑ "A Inditex no le falta un tornillo".
- ↑ "El éxito de ventas por Internet obliga a Inditex a redoblar su logística" Arquivado 09 de xuño de 2013 en Wayback Machine., economíadigital.
- ↑ Inauguración de la nueva plataforma logística de Inditex en León Arquivado 12 de xullo de 2013 en Wayback Machine., Inditex (en castelán).
- ↑ Mercado Continuo Español / IBEX 35 / Inditex en Bolsa / Principales accionistas
- ↑ Daisy Dumas (19 de agosto de 2011). "Zara accused of employing children as young as 14 in 'slave labour' factories in Brazil". Daily Mail (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Alexandra Richards (5 de novembro de 2017). "Unpaid workers 'hid secret messages' in Zara clothes". London Evening Standard (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Fiona Govan (18 de agosto de 2011). "Company behind Zara investigated for 'slave labour'". The Telegraph (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Anderson Antunes (17 de agosto de 2011). "Zara Accused Of Alleged 'Slave Labor' In Brazil". Forbes (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "Trabajo esclavo en la India: tres empresas españolas están incluidas en la lista negra". El Confidencial. 18 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ "Inditex, implicada en un escándalo de esclavitud en Brasil". Ethics. 18 de maio de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ "Zara produce en condiciones de esclavitud en Argentina". Diagonal. 17 de maio de 2013.
- ↑ "Refugiados sirios trabajan ilegalmente para proveedores de Mango y Zara en Turquía, según la BBC". eldiario.es. 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Una empresa contratada por Zara usa a niños para coser los zapatos, según un semanario portugués", 20 minutos (en castelán).
- ↑ "Zara investiga un presunto uso de trabajo infantil en Portugal", El País (en castelán).
- ↑ Jesús Salgado, Xabier R. Blanco (2017). Pablo Isla: En el corazón de Zara (en castelán). La Esfera de los Libros.
- ↑ "Uluyol, Y, et al (2023). “Tailoring Responsibility: Tracing Apparel Supply Chain from the Uyghur Region to Europe.” Sheffield, UK: Sheffield Hallam University Helena Kennedy Centre for International Justice, Decembro 2023.". Consultado o 26 de xuño de 2024.
- ↑ "‘Substantial volume’ of clothing tied to Uyghur forced labour entering EU, says study.". The Guardian. Consultado o 26/06/2024.
- ↑ Ocupan o local insignia de Zara na Coruña para denunciar a precariedade na construcción das tendas sermosgaliza.gal
- ↑ "Cómo el propio anuncio de Zara desencadenó una campaña de boicot contra la marca.". EuroNews. Consultado o 26 de xuño de 2024.
- ↑ "Racista e supremacista branco, ministro de Netanyahu continua a envergonhar governo de Israel.". RFI (Rádio França Internacional). Consultado o 26/06/2024.
- ↑ "Boicot palestino a Zara por el apoyo del dueño de la franquicia en Israel a un político ultraderechista.". El País. Consultado o 26/06/2024.
- ↑ "Inditex retira una partida de camisetas ante la acusación de plagio en internet". La Vanguardia (en castelán). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Michal Addady (20 de xullo de 2016). "12 Artists Are Accusing Zara of Stealing Their Designs". Fortune (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Lisa Bradshaw (6 de xullo de 2017). "Limburg artisan wins Zara plagiarism court case". Flanders Today (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Justine Beauvais (5 de febreiro de 2018). "Zara accusée d'"appropriation culturelle" à cause de cette jupe". Le Huffington Post (en francés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "El dueño de Diesel gana la batalla legal contra Zara por unos vaqueros y unas sandalias", 'Modaes, 6 de xullo de 2018 (en castelán).
- ↑ "México acusa Zara e outras marcas de apropriação cultural". CNN Brasil. Consultado o 26/06/2024.
- ↑ "La Secretaría de Cultura pide explicación a las marcas Zara, Anthropologie y Patowl por apropiación cultural en diversos diseños textiles.". Gobierno de México. Consultado o 26/06/2024.
- ↑ "China acusa a Zara de atentar contra su soberanía galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Inditex rectifica tras las quejas del Gobierno chino galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inditex |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Badía, E. (2008): Zara y sus hermanas. LID, ISBN 978-84-8356-026-6