Saltar ao contido

Ildefonso Fernández Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIldefonso Fernández Seoane
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Xares, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1942 Editar o valor en Wikidata
Correxais, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCuñeira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de abril de 1942Congreso de Ferradillo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12897 Los de la sierra: 2528

Ildefonso Fernández Seoane, coñecido como Cuñeira,[1] nado en Xares (A Veiga) e finado en Vilamartín de Valdeorras o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Obreiro do Ferrocarril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Integróuse na unidade de Arturo López Delgado. O 6 de agosto de 1942 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), con Arturo López Delgado, Ovidio González Vázquez e Manuel Monteserín Gerardo. O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Outro membro do grupo, Roberto López Rodríguez Pajarito, logrou fuxir.

  1. Nalgunhas fontes aparece como Coñeira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]