Saltar ao contido

José Soto Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Soto Pombo
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor en Wikidata
Cuba Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis , chofer Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

José Soto Pombo, nado en Cuba cara a 1922, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chofer na Coruña, domiciliado nos Castros. Foi detido en maio de 1945 con Manuel Bello Parga, José Blanco Núñez e Francisco Cousillas Pombo e ingresaron na Prisión Provincial.[1] Saíu en decembro. O Xulgado Militar Especial da Coruña publicou en abril de 1946 unha requisitoria contra el como implicado na causa 159/45.[2] Tamén foi encartado na causa 271/46. Foi detido en xullo de 1947. Pasou pola prisión de Burgos e saíu en liberdade condicional en outubro de 1948.

  1. Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 26-4-1946, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]