Justo Novo Verdes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Conforto, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Novo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, labrego |
Justo Novo Verdes, coñecido como O Novo, nado en Conforto (A Pontenova), foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego de Conforto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi incorporado ao Rexemento de Infantaría de Montaña nº 30 e cando estaba a ser adestrado en Lugo para reforzar as columnas galegas que combatían en Asturias, desertou en maio de 1937 e ocultouse en Conforto. Integrouse no grupo de fuxidos da zona comandado por Generoso Rico Rodríguez. Asestaron varios golpes en San Paio e Saldoiriña e o 29 de setembro de 1939 asaltaron varios veciños que regresaban da feira da Garganta en Vilanova de Ozcos preto de Coto de Frades.
Atribuíuselles a execución do cura da Veiga de Logares o 12 de agosto de 1939 e a de Hermenegildo Bienvenido Alonso Sastre, o mestre de Sanxés, o 28 de decembro dese ano. Reclamado polo Xulgado Eventual Militar de Xixón xunto con Francisco Torviso Arruñada e Francisco Calvín López encartados na causa 50/1940,[1] presentouse ás autoridades o 4 de marzo de 1940 logo de que a súa nai, a súa irmá e a súa muller, Josefa Braña Bermúdez, fosen encarceradas ou deportadas. A súa implicación nestes feitos non puido probarse.[2]