Manuel Fernández Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 Becerreá, España |
Morte | 6 de maio de 1940 (28/29 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Chaparrín |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Manuel Fernández Núñez,[1] coñecido como Chaparrín, nado en Becerreá cara a 1911 e finado en Lugo o 6 de maio de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Camareiro en Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de novembro. Estivo preso no depósito municipal de Becerreá, pero logrou fuxir con Antonio Ulloa Regueiro e outros 14 presos o 7 de decembro. Integrouse no grupo de Antonio Ulloa que actuaban pola comarca dos Ancares. Encartado na causa 190/37 por rebelión militar, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937.[2] Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.[3] Detido en 1940, foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 6 de maio de 1940.