Parque forestal do Monte dos Pozos
Aparencia
Tipo | parque forestal | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Valadares, España | |||
| ||||
O parque do Monte dos Pozos é un parque forestal situado no concello de Vigo. Localízase no lugar do Freixo (Valadares), e ocupa unha parte importante do monte homónimo, un pico de 387 metros que domina a contorna olívica.
O parque forestal ten unha extensión de 110.000 metros cadrados, e consta de áreas recreativas con bar e restaurante, asadores, sendas, un miradoiro e un lago artificial no que habitan diversas especies de aves.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Parque forestal do Monte dos Pozos". Turismo de Galicia. Consultado o 2 de agosto de 2024.