Marrocos
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
المملكة المغربية (ar) المغرب (ar) Kingdom of Morocco (en) Morocco (en) Kerajaan Maghribi (ms) Maghribi (ms) ![]() | |||||
Himno | Hymne Chérifien (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «الله، الوطن، الملك» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Marrakech, oeste e Mauri (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Rabat ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Béni Mellal-Khénifra Casablanca-Settat (pt) ![]() Dakhla-Oued Ed Dahab (pt) ![]() Drá-Tafilete (pt) ![]() El Aiune-Saguia el Hamra (pt) ![]() Fez-Meknès (pt) ![]() Guelmim-Oued Noun (pt) ![]() Marraquexe-Safim (pt) ![]() Oriental Rabat-Salé-Kénitra (pt) ![]() Suz-Massa (pt) ![]() Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.076.584 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | árabe Amazigh estándar marroquí ![]() | ||||
Relixión | Islam ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 446.550 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Océano Atlántico e Estreito de Xibraltar ![]() | ||||
Punto máis alto | Jebel Toubkal (4.167 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Sebkha Tah (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 789 ![]() | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Islamic New Year (en) ![]() ![]() Mawlid (pt) ![]() ![]() Eid al-Fitr (2 Shawwal (pt) ![]() Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah (pt) ![]() Throne Day (en) ![]() Revolution of the King and the People (en) ![]() Proclamation of Independence of Morocco (en) ![]() Aninovo (1 de xaneiro) Proclamation of Independence of Morocco (en) ![]() Youth Day (en) ![]() Marcha Verde (6 de novembro) Yennayer (en) ![]() 14 de agosto (14 de agosto) ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional ![]() | ||||
• King of Morocco (en) ![]() ![]() | Mohamed VI de Marrocos (1999–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Aziz Akhannouch (2021–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 142.866.583.125 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Dirham ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ma ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +212 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 15 (en) ![]() ![]() | ||||
Código de país | MA ![]() | ||||
Páxina web | maroc.ma… ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Marrocos[1] (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia de Marrocos.
![mimounboumalndades](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/Mapa_pol%C3%ADtico_de_Marrocos_%28s%C3%A9c._VIII-XI%29.gif/220px-Mapa_pol%C3%ADtico_de_Marrocos_%28s%C3%A9c._VIII-XI%29.gif)
- 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
- 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
- 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.
O Protectorado Francés[editar | editar a fonte]
- 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
- 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
- 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
- 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
- 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.
Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]
- 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.
Sáhara occidental[editar | editar a fonte]
Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.
Política[editar | editar a fonte]
Marrocos é unha monarquía parlamentaria.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Marrocos.
Cultura[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/AHIDUS.jpg/220px-AHIDUS.jpg)
Linguas[editar | editar a fonte]
O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.
A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.
As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.
A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marroquí.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marrocos ![]() |