Somalia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Jamhuuriyadda Federaalka Soomaaliya (so) جمهورية الصومال الفدرالية (ar) Soomaaliya (so) 𐒈𐒝𐒑𐒛𐒐𐒘𐒕𐒖 (so) | |||||
Himno | Qolobaa Calankeed (pt) (2012) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Mogadixo | ||||
Contén a división administrativa | Awdal (pt) Bakool (pt) Banaadir (pt) Bari (pt) Bay (Somália) (pt) Galguduud (pt) Gedo (pt) Hiiraan (pt) Jubbada Dhexe (pt) Jubbada Hoose (pt) Mudug (pt) Nugaal (pt) Shabeellaha Dhexe (pt) Shabeellaha Hoose (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.031.386 (2017) (17,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua somalí lingua árabe | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 637.657 km² | ||||
Punto máis alto | Shimbiris (2.460 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1960 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
• Presidente | Hassan Sheikh Mohamud (pt) (2022–) | ||||
Órgano executivo | Governo Federal da Somália (pt) | ||||
• Primeiro-ministro da Somália (pt) | Mohamed Hussein Roble (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Federal Parliament of Somalia (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 7.628.000.011 $ (2021) | ||||
Moeda | xelim somaliano (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .so | ||||
Prefixo telefónico | +252 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 888 (en) e 555 (en) | ||||
Código de país | SO | ||||
Somalia[1][2] (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado ao norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, ao leste e ao sur polo océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e ao oeste por Kenya e por Etiopía. A súa capital é Mogadixo. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia da Somalia.
A Guerra Civil de Somalia, aínda que intermitente, ten sido unha constante desde 1977. No 1991, a rexión norte do país declarou a súa independencia (Somalilandia), a pesar da súa relativa estabilidade, en comparación coa tumultuosa rexión sur, non foi recoñecida como estado independente por ningún goberno estranxeiro.
No 1993 iniciouse, primeiramente no sur, unha acción humanitaria da ONU que conseguiu diminuír a fame no país, con todo, a ONU acabou por retirarse o 3 de marzo do 1995, despois de sufrir baixas significativas.
En 1998 rexistráronse outras dúas escisións no país, e unha cuarta no 1999, todas elas de contornos pouco claros. A última escisión conduciu á autonomía da Somalia do suroeste, porén dada a difícil situación no que atinxe ás fronteiras da Somalia cómpre ponderar un pouco antes de atribuír este título.
O 26 de decembro do 2004, unha das catástrofes naturais máis devastadoras da historia contemporánea, o tsunami que varreu os países do suroeste Asiático, tamén afectou a Somalia, destruíndo poboacións e, segundo as estimativas, causando a morte a preto de 300 persoas.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Somalia.
A Somalia non ten un goberno nacional de facto dende o 1991 cando estoupou a guerra civil. O 14 de outubro de 2004 o Parlamento de Transición da Somalia elixiu a Abdullahi Yusuf Ahmed, expresidente do Puntland como presidente do país.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rexións de Somalia.
A Somalia está dividida en 18 rexións (gobolka):
- Awdal.
- Bakool.
- Banaadir.
- Bari.
- Bay.
- Galguduud.
- Jedo.
- Hiiraan.
- Jubbada Dheje.
- Jubbada Hoose.
- Mudug.
- Nugaal.
- Sanaag.
- Shabeellaha Dhexe.
- Shabeellaha Hoose.
- Sool.
- Togdheer.
- Woqooyi Galbeed.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Somalia.
Somalia, o país máis oriental de África, ocupa unha área de 637.540 km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África, debido ao seu parecido no mapa cun corno de rinoceronte, da que tamén forman parte Etiopía e Djibuti.
O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, no entanto, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable do Golfo de Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e suroeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.
A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado cara a canle de Suez.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Somalia.
A Somalia ten unha economía de mercado. É un dos países máis pobres do planeta, con relativamente poucos recursos naturais.
A maior parte da economía foi devastada na guerra civil. A agricultura é o sector máis importante, coa cría de gando respondendo por case 40% do PIB e por 65% das exportacións. Gran parte da súa poboación que vive da cría de gando é nómade ou seminómade. A banana é outro importante produto de exportación. O azucre, o sorgo, o millo e os peixes prodúcense só para o mercado interno.
O pequeno sector industrial baséase no procesamento de produtos agrícolas, e responde por 10% do PIB. Moitas industrias fecharon por causa da guerra civil
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Somalia.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Somalia.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para somalí.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Somalia |