Selección de fútbol de Francia
Francia | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
| |||
| |||
Asociación | Fédération Française de Football — FFF | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | FRA | ||
Alcume | Les Bleus (Os Azuis) | ||
Clasificación FIFA | 2 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Didier Deschamps | ||
Máis encontros | Lilian Thuram (142) | ||
Máximo goleador | Olivier Giroud (52) | ||
Estrea internacional Bélxica 3 − 3 Francia Bruxelas, Bélxica; 1 de maio de 1904 | |||
Maior vitoria Francia 10 − 0 Acerbaixán Auxerre, Francia; 6 de setembro de 1995 | |||
Maior derrota Dinamarca 17 − 1 Francia Londres, Reino Unido; 22 de outubro de 1908 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 15 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Campións (1998, 2018) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 10 (primeira en 1960) | ||
Mellor resultado | Campións (1984, 2000) |
A Selección de fútbol de Francia, controlada pola Federación Francesa de Fútbol membro da UEFA, é o equipo que representa a Francia en tódalas competicións oficiais, fóra de Nova Caledonia e Tahití que posúen as súas propia seleccións recoñecidas pola FIFA. É ademais, xunto con Arxentina, a única selección do mundo que gañou a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos, a Copa Confederacións e a súa respectiva Copa Rexional, neste caso a Eurocopa.
Francia foi un dos catro equipos europeos que participou no primeiro mundial de fútbol celebrado en Uruguai en 1930 e un dos combinados que o conseguiron gañar, xa que acadou a vitoria en 1998, sendo a selección anfitrioa, e en 2018 en Rusia. Francia tamén gañou dous Campionatos de Europa da UEFA, a primeira en 1984, liderados polo Balón de Ouro Michel Platini, e a máis recente no ano 2000, da man de Zinedine Zidane. Francia mantén unha rivalidade cos seus veciños de Italia dende o seu primeiro encontro en 1910, por un tempo esquecida, mais retomada polas circunstancias relacionadas coa expulsión de Zidane na final do Campionato do Mundo de 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O 1 de maio de 1904 foi o primeiro partido oficial da Selección de Francia, o cal finalizou en empate 3-3 con Bélxica. Despois diso pasaron 26 anos para o primeiro Mundial de Fútbol, disputado en Uruguai 1930. A pesar de que Francia quedou terceira do Grupo A, quedou a marca de Lucien Laurent, quen foi o primeiro futbolista en marcar un gol na historia dos mundiais o 13 de xullo de 1930 no Estadio Pocitos contra a Selección de México no minuto 19 de xogo. Posteriormente, Francia competiu no Mundial de Italia 1934, onde caeu en primeira fase 3-2 con Austria, e no Mundial de 1938 onde foron anfitrións, chegando a cuartos de final tras caer co campión vixente, Italia.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial, Francia non xogou o Mundial de 1950, no de Suíza 1954 quedou no posto décimo primeiro da primeira fase, e en Suecia 1958 tivo unha grande actuación, chegando ao terceiro lugar comandado polo máximo goleador nun só mundial de fútbol, o dianteiro Just Fontaine, que marcou 13 goles.[1]
Dous anos máis tarde, na primeira edición da Eurocopa en 1960, Francia foi cuarta en condición de local, logo de caer en semifinais coa Unión Soviética e no xogo polo terceiro lugar contra Checoslovaquia. Despois das dúas importantes participacións, Les Bleus non conseguiron clasificarse ás Eurocopas de 1964, 1968, 1972, 1976 e 1980. Francia tampouco se clasificou aos Mundiais de 1966, 1970 e 1974. En Inglaterra 1966 Francia caeu eliminada en primeira fase (posto 13), sendo última do Grupo A, e en Arxentina 1978 o equipo Galo tivo outra decepcionante actuación ao quedar na fase de grupos unha vez máis (posto 12), xa que no seu grupo superárona Italia e Arxentina. Nesa Copa do Mundo, Francia apenas puido derrotar 3-1 a Hungría.
A 'era' Platini
[editar | editar a fonte]A primeira gran xeración do fútbol Galo chegou a comezos da década de 1980, liderados polo capitán Michel Platini e outras figuras como Patrick Battiston, Jean Tigana e Alain Giresse. Aquel equipo obtivo o seu primeiro gran logro: o cuarto lugar en España 1982, logo de perder na rifada semifinal contra Alemaña. Dous anos despois, a mesma base de xogadores dirixida por Michel Hidalgo obtivo o título de campión europeo, en condición de local durante a Eurocopa 1984. A final en París favoreceu a Francia 2-0. Ese mesmo ano o equipo olímpico gañou a medalla de Ouro en Los Ángeles 1984, vencendo na final a Brasil.
O regreso á Copa Mundial de Fútbol en México 1986, contou con Francia como un dos claros candidatos ao título. Jean-Pierre Papin e Luis Fernández uníronse ao combinado de figuras establecido dende 1982, con Platini á cabeza. Logo de avanzar a oitavos de final como segundos do Grupo C, detrás da Unión Soviética, Francia eliminou a Italia en oitavos de final e en cuartos ao Brasil que contou na súa nómina con figuras como Sócrates, Zico e Careca. En semifinais, Alemaña foi unha vez máis o verdugo dos Galos, logo de vencelos 2-0. O terceiro lugar serviu de consolación, coa vitoria 4-2 na prórroga ante a selección de Bélxica.
Despois desa xeración destacada de futbolistas, o fútbol francés de selección caeu no seu nivel logo que o equipo non puidese clasificarse aos mundiais de Italia 1990 e Estados Unidos 1994; este caso foi dramático, xa que a dúas datas do final das Clasificatorias a Estados Unidos 1994, atopábase primeira do seu grupo, e só necesitaba 1 punto para asegurar a súa presenza, restábanlle 2 partidos de local contra Israel e Bulgaria, contra todo prognóstico perde 3-2 contra Israel no último minuto, e aínda peor, con Bulgaria perde no minuto 90' mercé a un gran contragolpe de Emil Kostadinov, ademais de non poder defender o seu título europeo na Eurocopa 1988. A outras dúas eurocopas, as de Suecia 1992 e Inglaterra 1996 contaron con Francia sen que fose gran protagonista.
A 'era' Zidane
[editar | editar a fonte]Francia foi a anfitrioa da Copa Mundial de Fútbol de 1998. Nese evento, Francia contou con favoritismo por ser o local, sen chegar a ser o máximo candidato. A pesar diso, aos poucos, o conxunto dirixido por Aimé Jacquet chegou até a final. A Xeración Dourada, liderada polo volante creativo Zinedine Zidane e integrada, entre outros, por Fabien Barthez, Robert Pirès, Thierry Henry, Laurent Blanc e o capitán Didier Deschamps gañou o primeiro título mundial para Francia o 12 de xullo de 1998 no Stade de France, tras golear 3-0 a Brasil, o campión defensor e máximo favorito.
A maioría de xogadores continuaron coa selección Gala na consecución da Eurocopa 2000 en Países Baixos e Bélxica, a cal obtiveron con gol de ouro de David Trézéguet contra Italia. Roger Lemerre, técnico reemplazante de Jacquet, e gañador do Euro 2000, levou a Francia ao título da Copa FIFA Confederacións 2001, ratificando así o dominio francés no balompé mundial, e postulando a selección como máxima favorita a reter o título no Mundial de Corea e o Xapón 2002.
Con todo, un punto negro na historia do fútbol francés foi a defensa do título na Copa Mundial de Fútbol de 2002, onde obtiveron o peor resultado na historia dun campión vixente na Copa do Mundo, alcanzando o 28º lugar, quedando eliminados en primeira fase, sen poder marcar un só gol. O partido inaugural no Estadio Mundialista de Seúl foi contra a debutante selección do Senegal que derrotou sorpresivamente ao campión 0-1. No segundo partido do Mundial, Francia empatou 0-0 con Uruguai, chegando ao encontro contra Dinamarca con escasas posibilidades de clasificarse. O resultado ante os daneses foi derrota para Francia 2-0.
Tras o fracaso, Lemerre foi despedido e Jacques Santini tomou o mando técnico da Selección de Francia. Sen Zidane na nómina, Francia coroouse campioa da Copa FIFA Confederacións 2003, en condición de local, tras derrotar nunha emocionante final ó Camerún 1-0 con gol de ouro de Thierry Henry. Na Eurocopa 2004, Francia cultivou bos resultados na primeira fase, quedando primeiro do Grupo B, tras superar a Inglaterra por un punto, grazas á agónica vitoria 2-1 no primeiro partido de ambos no torneo realizado en Portugal. Porén, a selección de Grecia, que ao cabo foi campioa, eliminou a Francia en cuartos de final por 0-1 con gol de Angelos Charisteas.
Francia de novo cambiou de técnico para as eliminatorias europeas ao Mundial de Alemaña 2006. Jacques Santini foi substituído por Raymond Domenech, quen cunha mestura de xogadores novos, experimentados e ao mando de Zidane como capitán levou a Francia a clasificar ao Mundial. En Alemaña 2006, Francia comezou con dous empates; 0-0 contra Suíza e 1-1 fronte Corea do Sur. No terceiro partido, ao medio tempo empataban 0-0 coa debutante Togo, co que quedaban eliminados. Con todo, no segundo tempo marcáronse dous goles e clasificaron a oitavos de final, onde venceron por 3-1 a España. En cuartos de final, Francia superou a Brasil gran favorita para ser campioa por 1-0 onde Zinedine Zidane fixo o seu e na semifinal fixo o propio fronte a Portugal polo mesmo marcador. Na final Francia xogaba contra Italia na que Zinedine Zidane adianto aos seus desde o punto penalti e Marco Materazzi de cabeza empato para os seus, Francia perdeu con Italia en definición por penais quedándose co subcampionato. Aquel xogo é lembrado pola polémica agresión de Zinedine Zidane a Marco Materazzi durante a prórroga.
Era post-Zidane
[editar | editar a fonte]Despois do retiro de Zidane, aínda baixo a dirección técnica de Domenech, Francia competiu na Eurocopa 2008, á cal accedeu logo de clasificarse segunda do Grupo B detrás de Italia e apenas con dous puntos de vantaxe sobre Escocia. No torneo final realizado en Austria e Suíza, Francia foi última do Grupo C con apenas un punto, froito do empate inicial 0-0 con Romanía, xa que os outros dous partidos do grupo Francia perdeunos con Países Baixos (1-4) e Italia (0-2). Pese ao fracaso na Euro 2008, onde Francia era candidata, Raymond Domenech foi ratificado como adestrador até 2010.
O proceso clasificatorio para o devandito mundial non foi nada sinxelo, xa que Francia sufriu até o último minuto para clasificarse ao Mundial 2010. O triunfo definitivo foi na repesca contra Irlanda cun polémico pase de gol de Thierry Henry coa man, para gañar a serie 2-1. Na actualidade discútese o baixo rendemento da Selección, tras retirase Zidane e hoxe en día buscan outro como el pero fíxoselle difícil atopar un xogador con esas calidades e que desempeñe a mesma calidade de fútbol.
Aínda da man de Raymond Domenech, Francia debutou cun empate sen goles fronte a Uruguai, no seu segundo partido perde 2-0 ante México ao que o traballo de Domenech sería cuestionado máis que nunca e máis aínda tras separar ao atacante Nicolas Anelka do grupo por supostos insultos do xogador, o que orixinaría a molestia dos xogadores do equipo e tamén a polémica rifa do capitán Patrice Evra e o preparador físico. Francia pecharía a súa pésima participación perdendo 2-1 ante Suráfrica, onde Florent Malouda sería o único xogador francés en anotar.
Francia quedaba última do grupo A por detrás da anfitrioa Suráfrica dando unha imaxe moi pobre, na última rolda de prensa Raymond Domenech, dixo que Eric Abidal negouse a xogar o último partido por sentirse baleiro por dentro. Estas foron as últimas palabras do seleccionador francés nunha das peores actuacións de Francia nun mundial. Tralo Mundial de Suráfrica fíxose oficial a contratación de Laurent Blanc, ex-técnico do FC Girondins de Bordeaux por dous anos.
Uniforme
[editar | editar a fonte]A selección de Francia ten dous uniformes. O principal é con camiseta azul, recreando o tricolor francés, polo cal a selección ten o alcume de Les Bleus (Os azuis). O segundo uniforme é vermello, a partir de 2008, aínda que historicamente fora branco. Dende 1972 e até finais de 2010, os uniformes de Francia son provistos pola marca alemá Adidas. No 2011, a empresa estadounidense Nike fabricará os uniformes do seleccionado até o 2018, nun contrato de 42,6 millóns de euros anuais, unha suma catro veces superior ao antigo contrato, o cal fai á Selección de Francia co uniforme mellor pago no mundo.[2]
Evolución do uniforme
[editar | editar a fonte]
(Histórico)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultados
[editar | editar a fonte]Copa Mundial de Fútbol
[editar | editar a fonte]Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Primeira fase | 7° | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 |
Italia 1934 | Primeira fase | 9° | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 3 |
Francia 1938 | Primeira fase | 6° | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 4 |
Brasil 1950 | Non participou | |||||||
Suíza 1954 | Primeira fase | 9° | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 3 |
Suecia 1958 | Semifinais | 3° | 6 | 4 | 0 | 2 | 23 | 15 |
Chile 1962 | Non participou | |||||||
Inglaterra 1966 | Primeira fase | 13° | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 5 |
México 1970 | Non participou | |||||||
Alemaña 1974 | ||||||||
Arxentina 1978 | Primeira fase | 12° | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 5 |
España 1982 | Semifinais | 4° | 7 | 3 | 2 | 2 | 16 | 12 |
México 1986 | Semifinais | 3° | 7 | 4 | 2 | 1 | 12 | 6 |
Italia 1990 | Non participou | |||||||
Estados Unidos 1994 | ||||||||
Francia 1998 | Campión | 1° | 7 | 6 | 1 | 0 | 15 | 2 |
Corea/Xapón 2002 | Primeira fase | 28° | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 |
Alemaña 2006 | Final | 2° | 7 | 4 | 3 | 0 | 9 | 3 |
Suráfrica 2010 | Primeira fase | 28° | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 |
Brasil 2014 | Cuartos de final | 7° | 5 | 3 | 1 | 1 | 10 | 3 |
Rusia 2018 | Campión | 1° | 7 | 6 | 1 | 0 | 14 | 6 |
Total | - | 7° | 54 | 25 | 11 | 18 | 96 | 68 |
Eurocopa
[editar | editar a fonte]Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francia 1960 | Semifinais | 4° | 2 | 0 | 0 | 2 | 4 | 7 |
España 1964 | Non participou | |||||||
Italia 1968 | ||||||||
Bélxica 1972 | ||||||||
Iugoslavia 1976 | ||||||||
Italia 1980 | ||||||||
Francia 1984 | Campión | 1° | 5 | 5 | 0 | 0 | 14 | 4 |
Alemaña 1988 | Non participou | |||||||
Suecia 1992 | Primeira fase | 6° | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 3 |
Inglaterra 1996 | Semifinais | 4° | 5 | 2 | 3 | 0 | 5 | 2 |
Bélxica/P. Baixos 2000 | Campión | 1° | 6 | 5 | 0 | 1 | 13 | 7 |
Portugal 2004 | Cuartos de final | 6° | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 5 |
Austria/Suíza 2008 | Primeira fase | 15° | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 6 |
Polonia/Ucraína 2012 | Cuartos de final | 7° | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 5 |
Francia 2016 | Subcampión | 2° | 7 | 5 | 1 | 1 | 13 | 5 |
Total | - | 3° | 32 | 15 | 8 | 9 | 49 | 39 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]
Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]Actualizado a 16 de marzo de 2018.[3]
|
Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]Actualizado a 16 de marzo de 2018.[4]
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]A lista corresponde aos adestradores da selección francesa dende 1955.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Copa do Mundo (2): 1998, 2018.
- Eurocopa (2): 1984, 2000.
- Copa Confederacións (2): 2001, 2003.
- Copa de Campións CONMEBOL–UEFA (1): 1985.
- Liga de Nacións da UEFA (1): 2020/21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marcas da Copa Mundial da FIFA" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xullo de 2010.
- ↑ "Nike vestirá á selección de Francia de 2011 a 2018". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 21 de xullo de 2010.
- ↑ France - Record International Players
- ↑ Terra Deportes, ed. (17 de outubro de 2007). "Henry acaba con 21 años de hegemonía de Platini como goleador francés".[Ligazón morta]
- ↑ Rsssf - French National Team coaches (since 1960)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Francia |