Selección de fútbol do Uruguai
Uruguai | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Asociación Uruguaia de Fútbol — AUF | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | URU | ||
Alcume | Charrúas | ||
Clasificación FIFA | 5 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Óscar Tabárez | ||
Máis encontros | Diego Godín (135) | ||
Máximo goleador | Luis Suárez (59) | ||
Estrea internacional Uruguai 2 − 3 Arxentina Montevideo, o Uruguai; 16 de maio de 1901 | |||
Maior vitoria Uruguai 9 − 0 Bolivia Lima, o Perú; 9 de novembro de 1927 | |||
Maior derrota Uruguai 0 − 6 Arxentina Montevideo, o Uruguai; 20 de xullo de 1902 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 13 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Campións (1930, 1950) | ||
Copa América | |||
Participacións | 44 (1916) | ||
Mellor resultado | Campións (1916, 1917, 1920, 1923, 1924, 1926, 1935, 1942, 1956, 1959, 1967, 1983, 1987, 1995, 2011) |
A selección de fútbol do Uruguai é o equipo representativo do Uruguai en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está xestionada pola Asociación Uruguaia de Fútbol, membro da Conmebol (Confederación Suramericana de Fútbol), sendo o país máis pequeno asociado a ela. A selección ocupa actualmente o quinto posto na clasificación mundial da FIFA.
O equipo ao longo da súa historia gañou até en dúas ocasión a Copa do Mundo de Fútbol de FIFA, icluíndo a súa primeira edición na que foron o equipo anfitrión e tras vencer a Arxentina por 4 a 2 na final. Vinte anos despois La Celeste (alcume da seleeción, do castelán: A Celeste) no mundial do Brasil 1950, conseguiu de novo o título tras vencer á favorita, o Brasil, por 2-1 na final, nun episodio que se coñece como o Maracanazo. Ademais de dous títulos mundiais os uruguaios tamén acadaron a vitoria nos torneos de fútbol dos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928, celebrados antes da creación dos mundiais. Así pois, en total a selección ten gañado ao longo da súa historia dezanove títulos oficiais (rexistro compartido coa Arxentina): 2 Copa do Mundo de Fútbol, 2 Xogos Olímpicos, 14 Copa América e o Mundialito.
Historia
[editar | editar a fonte]O Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola FIFA ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da Copa Mundial de Fútbol, dúas edicións dos Xogos Olímpicos, unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada Mundialito, e catorce edicións da Copa América. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe do Uruguai como país, nos comezos do século XX.[1]
Foi ademais a primeira selección, xunto á da Arxentina, en xogar un partido internacional fóra das Illas Británicas, concretamente o 16 de maio de 1901 en Montevideo, con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, Bos Aires e Montevideo, o 15 de agosto de 1889, onde dous equipos representativos das capitais de ámbolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña Vitoria de Inglaterra. Supostamente o partido tivo lugar no chamado New Ground de La Blanqueada e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.[2]
O alcume da selección, "La Celeste" (do castelán: A Celeste), provén da primeira vitoria internacional do equipo o 15 de agosto de 1910 por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta celeste, adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate uruguaio ante o poderoso Alumni arxentino por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da Copa América 1916, disputada na cidade de Bos Aires.
A nivel mundial, o Uruguai comezou a brillar de xeito temperán cando alcanzou as medallas douradas nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928. A Selección uruguaia cegou en Europa coas súas presentacións olímpicas e gañouse a admiración e o respecto do universo deportivo, colocando ao fútbol suramericano no máis alto plano de consideración nunha época en que devandito continente era aínda ignorado no mapa internacional do fútbol.[3] Durante 76 anos, o Uruguai foi o único país suramericano en ocupar o máximo sitial olímpico, honra actualmente compartida coa Arxentina que dende Atenas 2004 é medalla de ouro, repetindo o logro nos últimos xogos de Pequín 2008. A diferenza é que desde 1930 os títulos olímpicos do fútbol non valen un campionato do Mundo como aqueles. Por iso, o Uruguai recoñécese a si mesmo como tetra-campión do Mundo, e de aí o mantén as catro estrelas no escudo da súa camiseta.
O Uruguai, como Bicampión olímpico, foi elixido para celebrar a primeira Copa Mundial de Fútbol de 1930. Neste torneo, derrotou novamente á Arxentina, por 4-2, alzándose como o primeiro gañador da Copa do Mundo neste deporte. En 1950, o Uruguai confirmou a súa estirpe triunfal derrotando ó Brasil na final da Copa Mundial de Fútbol de 1950. Este evento mítico é coñecido mundialmente como o Maracanazo, un logro deportivo histórico e un dos momentos máis dramáticos e inesquecibles da historia do fútbol. Anos despois, "La Celeste" volveu estar en semifinais dun Mundial de en 1954 e 1970 mais sen a mesma sorte.
A partir de entón, aínda que a nivel continental o fútbol uruguaio seguiu conquistando títulos até mediados dos anos noventa, a nivel Mundial a selección uruguaia non volveu a acadar os resultados de antaño, aínda que en 2010 volveu a acadar as semininais dun mundial, rematando finalmente no cuarto posto. Así e todo, en 1980, o equipo uruguaio consagrouse campión do único e máximo torneo oficial até o momento, a Copa de Ouro de Campións Mundiais, mellor coñecida como Mundialito, torneo organizado pola FIFA que reuniu a todos os Campións do Mundo, fóra de Inglaterra, que se negou a participar, substituída polos Países Baixos, para celebrar o cincuentenario da primeira edición dos campionatos mundiais, que se desenvolveu no Uruguai en 1930. A selección do Uruguai destacouse futbolisticamente tanto a nivel mundial como a nivel continental, compartindo coa Arxentina o primeiro lugar en cantidade de Copas América, ambos con 14, seguidos polo Brasil, con 8. É un dos equipos con máis trofeos do fútbol mundial, o que é aínda máis destacable nun país cunha poboación que apenas supera o tres millóns de habitantes.
Uniforme
[editar | editar a fonte]Local
[editar | editar a fonte]Desde o primeiro partido internacional, en 1901, até 1910, o Uruguai non tivo un uniforme oficial. O primeiro partido xogouno co uniforme do club montevideano Albion FC. Durante ese tempo "experimentou" cunha gran cantidade de uniformes, ata que en 1910, con motivo de disputarse VI Copa Lipton fronte á selección de fútbol da Arxentina, esta comunicou oficialmente que adoptara o uniforme celeste e branco. Ante isto o delegado do Montevideo Wanderers, Ricardo Le Bas, propuxo que o Uruguai adoptase así mesmo un uniforme oficial, pero quen fixo súa a moción foi Héctor Rivadavia Gómez, quen naquela época era o diregente da liga Uruguaia de Football. Por ese entón o River Plate FC de Montevideo, tras obter por segunda vez o Campionato Uruguaio de Fútbol, venceu ao equipo porteño Alumni, xogando co seu uniforme alternativo de cor celeste. Debido a este logro, a selección uruguaia adquiriu esa cor para o seu uniforme
1889
|
1901
|
1901 – 1910
|
1901 – 1910
|
1901 – 1910
|
1901 – 1910
|
1901–1910
|
1910–1934
|
1935
|
1936–1990
|
1991–1996
|
1997–2009
|
Dende 2010
|
|
Visitante
[editar | editar a fonte]A camiseta de alternativa de cor vermella foi utilizada por primeira vez durante o Campionato Suramericano de 1935, tamén coñecido como o Suramericano de Santa Beatriz. O último partido do devandito torneo foi disputado o 27 de xaneiro de 1935 entre a Arxentina, que xogou con camiseta de cor branca; e o Uruguai, con camiseta vermella. Os charrúas lograron a vitoria por 3 a 0 e o título suramericano. A camiseta de alternativa vermella foi adoptada formalmente en 1991.
Anterior a 1991 no mundial de 1970 contra Italia por exemplo, utilizouse unha camiseta de alternativa cor branca. Esta utilizouse tamén no mundial de México 1986, na Copa América 1987, na Copa América 1989, no mundial de Italia 1990 e no mundial de Suráfrica 2010 na vitoria por 3 tantos contra 0 ante o país organizador durante a fase de grupos.
|
|
Resultados
[editar | editar a fonte]
Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]
|
Copa América[editar | editar a fonte]
|
Enfrontamentos en Mundiais
[editar | editar a fonte]Partidos da Copa do Mundo (por equipo) | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Total: 47 partidos xogados – 18 vitorias – 12 empates – 17 derrotas – 76 goles favor – 65 goles contra | ||||||||||||||||||||||
Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | ||
Francia | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | Colombia | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | Israel | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 0 | ||
Suecia | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 | Unión Soviética | 2 | 1 | 0 | 1 | 2 | 2 | Perú | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | ||
Alemaña Federal | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 6 | España | 2 | 0 | 2 | 0 | 2 | 2 | Senegal | 1 | 0 | 1 | 0 | 3 | 3 | ||
Corea do Sur | 2 | 2 | 0 | 0 | 3 | 1 | Italia | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 2 | Bulgaria | 1 | 0 | 1 | 0 | 1 | 1 | ||
Escocia | 2 | 1 | 1 | 0 | 7 | 0 | Países Baixos | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 5 | Ghana | 1 | 0 | 1 | 0 | 1 | 1 | ||
Inglaterra | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 2 | Dinamarca | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 8 | Alemaña | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 3 | ||
México | 2 | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | Bolivia | 1 | 1 | 0 | 0 | 8 | 0 | Hungría | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 4 | ||
Arxentina | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 3 | Romanía | 1 | 1 | 0 | 0 | 4 | 0 | Austria | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | ||
Brasil | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 4 | Suráfrica | 1 | 1 | 0 | 0 | 3 | 0 | Bélxica | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | ||
Iugoslavia | 2 | 1 | 0 | 1 | 7 | 4 | República Checa | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 0 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Máis partidos disputados
[editar | editar a fonte]Actualizado a 13 de novembro de 2017
# | Nome | Período | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Maximiliamo Pereira | 2005-Presente | 124 | 4 |
2 | Diego Godín | 2008-Presente | 113 | 8 |
3 | Diego Forlán | 2002-2014 | 112 | 36 |
4 | Diego Pérez | 2001-Presente | 84 | 1 |
5 | Diego Lugano | 2003-Presente | 82 | 8 |
6 | Rodolfo Rodríguez | 1976-1986 | 78 | - |
7 | Fabián Carini | 1999-2009 | 74 | - |
8 | Enzo Francescoli | 1982-1997 | 73 | 17 |
10 | Sebastián Abreu | 1996-2013 | 70 | 26 |
9 | Álvaro Recoba | 1995-2007 | 69 | 11 |
Ángel Romano | 1911-1927 | 69 | 28 | |
11 | Pablo García | 1997-2007 | 66 | 2 |
Máximos goleadores da selección
[editar | editar a fonte]Actualizado a 13 de novembro de 2017.
# | Xogador | Período | Goles (partidos) | Media |
---|---|---|---|---|
1 | Luis Suárez | 2007-Presente | 49 (99) | 0,50 |
2 | Edison Cavani | 2008-Presente | 40 (96) | 0,50 |
3 | Diego Forlán | 2002-2014 | 36 (112) | 0,33 |
4 | Héctor Scarone | 1917-1930 | 31 (52) | 0,60 |
5 | Ángel Romano | 1911-1927 | 28 (69) | 0,41 |
6 | Óscar Míguez | 1950-1958 | 27 (39) | 0,69 |
7 | Sebastián Abreu | 1996-2013 | 26 (70) | 0,37 |
8 | Pedro Petrone | 1923-1930 | 24 (29) | 0,83 |
9 | Fernando Morena | 1971-1983 | 22 (53) | 0,42 |
Carlos Alberto Aguilera | 1982-1997 | 22 (64) | 0,34 | |
10 | José Piendibene | 1909-1921 | 20 (40) | 0,50 |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "www.auf.org.uy Selección nacional". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2008. Consultado o 22 de xullo de 2010.
- ↑ "Historia do Fútbol Arxentino". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2010.
- ↑ Centenario da AUF: 100 anos de gloria[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Maracanazo
- Federación Uruguaia de Fútbol
- Mundial de Fútbol Uruguai 1930
- Mundial de Fútbol Brasil 1950