Saltar ao contido

Sirius

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sirius (estrela)»)

Sirio A[1] / B[2]

Localización de Sirio na constelación de Canis Maior.
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0
Constelación Canis Maior (CMa)
Ascensión recta 06h 45m 08,9173s[1][3]
Declinación −16° 42′ 58,017″[1]
Magnitude aparente (V) −1,46 (A)[1] / 8,30 (B)[4]
Características
Tipo espectral A1V (A)[1] / DA2 (B)[4]
Índice de cor U−B −0,05 (A)[5] / −1,04 (B)[4]
Índice de cor B−V 0,01 (A)[1] / −0,03 (B)[4]
Astrometría
Velocidade radial (Rv)−7,6[1] km/s
Movemento propio (μ) RA: −546,05[1][3] mas/ano
Dec.: −1223,14[1][3] mas/ano
Paralaxe (π)379,21 ± 1,58[1][1][6] erro_par= 1,58mas
Distancia8,6 ± 0,04 al
(2,64 ± 0,01 pc)
Magnitude absoluta (MV)1,42 (A)[7] / 11,18 (B)[4]
Órbita[8]
Compañeiraα CMa B
Período (P)50,090 ± 0,055 ano
Semieixo maior (a)7,50 ± 0,04"
Excentricidade (e)0,5923 ± 0,0019
Inclinación (i)136,53 ± 0,43°
Lonxitude do nodo (Ω)44,57 ± 0,44°
Época do periastro (T)1.894,130 ± 0,015
Argumento do periastro (ω)
(primario)
147,27 ± 0,54°
Detalles
α CMa A
Masa2,02[9] (A) /
0,978[9] (B) M
Raio1,711[9] (A) /
0,0084 ± 3%[10] (B) R
Gravidade superficial (log g)4,33[11] (A)/8,57[10] (B)
Luminosidade25,4[9] (A) /
0,026[7] (B) L
Temperatura9.940[11] (A) /
25 200[9] (B) K
Metalicidade[Fe/H] =0,50[12] (A)
Rotación16 km/s[13] (A)
IdadeEntre 2·108 e 3·108[9] a
α CMa B
Masa0,978[9] M
Raio0,0084 ± 3%[10] R
Gravidade superficial (log g)8,57[10]
Luminosidade0,026[14] L
Temperatura25.200[9] K
Outras denominacións
*Bayer: α Canis Majoris (α CMa)[15]

Sirio, ou Sirius na súa denominación latina, é o nome propio da estrela Alpha Canis Maioris (α CMa, tamén Alpha Canis Majoris), a máis rutilante de todo o ceo nocturno da Terra, situada na constelación do hemisferio celeste sur Canis Maior. Esta estrela tan notable, que é realmente unha estrela binaria, é ben coñecida desde a antigüidade; por exemplo, no antigo Exipto, a saída helíaca de Sirio marcaba a época das inundacións do Nilo,[16] e estivo presente en civilizacións tan dispares como a grega e a polinesia. En ocasións, e coloquialmente, Sirio é chamada «Estrela Can» a raíz da constelación á que pertence.

A compoñente primaria das dúas estrelas que conforman o sistema, Sirio A, é unha estrela branca da secuencia principal de tipo espectral A1V que ten unha temperatura superficial de 10 000 K e que está a uns 8,6 anos luz do Sistema Solar, sendo a quinta estrela máis próxima do Sol. A súa magnitude aparente na banda B (azul) é -1,46, e na banda V é -1,47.[1] Friedrich Bessel, en 1844, deduciu a presenza dunha compañeira, un obxecto celeste moi tenue agora chamado Sirio B ou «o Cachorro», que foi observado casualmente por primeira vez en 1862 polo construtor de obxectivos astronómicos Alvan Graham Clark. Foi unha das primeiras ananas brancas en ser descubertas, a súa magnitude na banda V é 8,44, o seu tipo espectral é DA2 e a súa temperatura superficial é duns 25 200 K.[9]

Debido a certas irregularidades na órbita do sistema Sirio formado por ambas estrelas, detectouse a posibilidade da presenza dunha terceira estrela, Sirio C, unha presunta anana vermella cun quinto da masa do Sol e tipo espectral M5-9, nunha órbita elíptica de seis anos arredor de Sirio A.[17]

Etimoloxía e nomes

[editar | editar a fonte]

O nome propio máis común para esta estrela provén do latín Sīrius, á súa vez do grego antigo Σείριος (Seirios),[18] aínda que a palabra helena podería ter sido importada doutro lugar con anterioridade á época arcaica da Antiga Grecia,[19] sobre o que algúns suxiren unha conexión co deus exipcio Osiris.[20] O primeiro uso documentado deste nome data do século VII a. C., na obra poética Os traballos e os días de Hesíodo,[19] definindo a Sirio polo seu brillo dicindo, por exemplo, ποίκιλος Σείριος: poíkilos Seirios, «Sirio, o que brilla en moitas cores».[21] Non obstante, Sirio conta con máis de cincuenta designacións distintas.[22]

En árabe coñécese á estrela como الشِّعْرَى (transliterado: aš-ši‘rā ou ash-shira; o líder),[23] do que deriva a alternativa Aschere. En sánscrito dise Mrgavyadha, «cazador de cervos», ou Lubdhaka, «cazador». Baixo o primeiro destes dous nomes, Sirio representa a Rudra (Shiva).[24][25] Polo norte, en Escandinavia, a estrela era chamada Lokabrenna, algo así como «a tea de Loki».[26][27] Durante a Idade Media, na astroloxía Sirio era unha das quince estrelas fixas behenias,[28] asociada concretamente co berilo e os xuníperos, e cuxo símbolo astrolóxico foi listado por Agrippa de Nettesheim.[29]

Historicamente, moitas culturas outorgáronlle unha especial transcendencia a Sirio, que en particular foi relacionada frecuentemente cos cánidos, de aí que coloquialmente sexa coñecida como a «Estrela Can» (en todas as súas variantes idiomáticas: Estrella Perro, Dog Star, Stella del Cane, Hundsstern, Köpek-yıldız, Hundstjärnan etc.), o cal ten que ver en parte con que os nomes das constelacións son xa antigos e tamén con que sexa a estrela máis brillante da súa constelación, Canis Maior, o «Gran Can», que tipicamente foi identificado como o can do xigante Orión, aínda que esta non foi a única opción. Incluso Homero, na Ilíada, describiu o achegamento de Aquiles a Troia facendo referencia a Sirio como can de Orión, como estrela máis brillante e como malvada.[30][31]

Na astronomía chinesa, é coñecida como a estrela do «lobo celestial» (en chinés e xaponés: 天狼; pinyin: Tiānláng; rōmaji: Tenrō)[32] na Mansión de Jǐng (井宿). Por outro lado, en Norteamérica, moitos pobos indíxenas relacionaron tamén Sirio cos cánidos; os seri e os tohono O'odham tomaron a estrela como un can que perseguía ovellas polas montañas, mentres que os pés negros chamárona «Cara-can». O pobo cherokee emparellou Sirio con Antares como parella de cans gardiáns que custodiaban cada lado do «Camiño das almas»; os pawnee de Nebrasca realizaron varias asociacións, a tribo skidi chamouna «Estrela Lobo», e outras usaban a variante «Estrela Coiote». En Alasca, os inuit do estreito de Bering coñecían Sirio como «Can Lúa».[33]

Polo contrario, varias culturas vincularon a Sirio con arcos e frechas. Os antigos chineses visualizaron un grande arco e unha frecha formados por Puppis e Canis Maior, de maneira que o extremo da frecha apunta ao lobo Sirio. Unha conexión similar atópase no templo de Hathor en Dendera, onde a deusa Satis dispara a súa seta a Hathor. Co nome de Tir era retratada como a frecha en si na cultura persa posterior.[34]

Igualmente, mencionase a Sirio no capítulo 53 do Corán, titulado An-Najm, «A estrela», do seguinte xeito: وأنَّهُ هُوَ رَبُّ الشِّعْرَى, «Que El é o Señor de Sirio (a Poderosa Estrela)» (53:49).[35]

Se ben é certo que Sirio é designada por moi diferentes nomes científicos, a gran maioría deles están constituídos por unhas siglas e un número. A clásica denominación de Bayer, do século XVII, baseada en ordenar as estrelas de cada constelación por brillo aparente mediante o alfabeto grego seguido do nome latino da constelación en xenitivo, asignaba a esta estrela o nome Alpha Canis Maioris ou α Canis Maioris, abreviado como α CMa. O inconveniente deste sistema radicaba no feito de que hai moitas máis estrelas por constelación que letras no alfabeto, por isto John Flamsteed propuxo un novo método consistente en dar a cada estrela dunha constelación un número e non unha letra, seguindo a ascensión recta crecente en lugar do brillo. Así, e engadindo tamén o xenitivo latino, Sirio quedaba como 9 Canis Maioris, abreviado 9 CMa. Posteriormente creáronse máis catálogos estelares de maior envergadura e precisión. No Bonner Durchmusterung, tras as correspondentes siglas do catálogo (hai varias debido ás súas ampliacións) vai a declinación da estrela e un número, Sirio é BD −16° 1591. No de Henry Draper, que ten en conta a orde de ascensión recta para a época 1900.0 e que foi o primeiro intento de clasificación por tipo espectral, a Sirio adxudicóuselle HD 48915; pero no Bright Star Catalogue, que inclúe aproximadamente as estrelas visibles a simple vista, Sirio pasa a ser HR 2491. Outros moitos son PPM 217626, do Positions and Proper Motions Catalogue, SAO 151881, do Smithsonian Astrophysical Observatory, GC 8833, do Boss General Catalogue, WDS 06451-1643A, ADS 5423, GL 244, FK5 257, LHS 219, NSV 17173 e o do recente, preciso e completo catálogo Hipparcos: HIP 32349.[15][36]

Observación histórica e cultural

[editar | editar a fonte]

Dada a súa calidade de estrela excepcionalmente vistosa, Sirio está presente desde tempos prehistóricos na mitoloxía, nas relixións e nos costumes de numerosas culturas.

X1
N14
M44

Xeroglífico
Sirio/Sopdet.

Sirio, estrela coñecida no antigo Exipto como Sopdet, Sothis ou Sethis (en grego: Σῶθις, Sothis),[37] aparece xa nos primeiros rexistros astronómicos, simbolizada xa por un can, orixe do ulterior nome de Can Maior.[38] Durante a época do Imperio Medio de Exipto, o pobo exipcio baseaba o seu calendario no orto helíaco de Sirio, isto é, o primeiro día no que se fai visible por occidente de madrugada xusto antes da saída do Sol, despois de terse apartado suficientemente do brillo do Sol.[16] A importancia deste feito reside en que marcaba o inicio da temporada anual da crecida do río Nilo,[16] antes do solsticio estival,[39] despois dunha ausencia de setenta días nos ceos nocturnos.[40] O xeroglífico de Sothis representa unha estrela de cinco puntas e un triángulo. Sothis era identificado coa gran deusa Isis, que formaba parte, xunto co seu esposo Osiris e co seu fillo Horus, dun triteísmo, mentres que ese período de setenta días nos que Sirio non se vía no ceo simbolizaba o paso de Isis e Osiris polo duat, o inframundo exipcio.[40] Dun xeito similar, para os chibchas da actual Colombia a saída helíaca de Sirio anunciaba o comezo da temporada de choivas.[41]

A ineludible relación entre Sirio e o calendario exipcio ocasionou que, co tempo, Sirio e o coñecido como ciclo sotíaco (tamén sotiaco, sothiaco ou sótico) se convertesen nun importante elemento para determinar con maior exactitude a cronoloxía do antigo Exipto,[42][43] posto que os antigos exipcios non utilizaron un único sistema de datamento. Por outra parte, este método non está exento de inconvenientes, o que levou á aparición dalgúns detractores que prefiren tirar doutros sistemas.[44] O ciclo sotiaco é o período de 1461 anos de 365 días exactos (do calendario exipcio, no xuliano son 1460 anos de 365,25 días) que tarda a saída helíaca de Sirio en volver coincidir co comezo dun ano novo, o primeiro día do mes Thoth,[43] descoordinación que vén acarrexada porque o ano exipcio non coincidía co sideral. Grazas á conservación dalgúns restos arqueolóxicos que fan referencia ao orto helíaco de Sirio e dos que se coñece a que dinastía pertencen, como unha táboa de marfil do faraón Djer, pódese fixar unha referencia a partir da cal datar os acontecementos sucedidos no antigo Exipto.[45][46]

En Sumeria, arredor do terceiro milenio antes de Cristo, Sirio adoptou xa papeis centrais na relixión sumeria. Como estrela de referencia para o calendario, e baixo a denominación MULKAK.SI.SÁ, cumpría unha importante función no ciclo agrícola; e co nome de MULKAK.TAG.GA (frecha do ceo), Sirio era considerada como unha divindade principal pero subordinada á «estrela dominante de Deus sobre o resto de obxectos celestes», Venus, que era adorada como a deusa Inanna. Na procesión de Akitu (aninovo), Sirio recibía as súas correspondentes ofrendas.[47] Máis tarde, e practicamente sen cambios no que representaba, para os asirios e os babilonios, Sirio supoñía ademais, segundo as táboas de arxila MUL.APIN, o sinal para especificar os anos bisestos.

A civilización da Antiga Grecia observou que a aparición de Sirio anunciaba os cálidos e secos veráns mediterráneos, e polo tanto temían malas colleitas, ademais de que debilitara os homes e que excitara as mulleres.[48] Debido ao seu brillo, a titilación de Sirio era máis apreciable nas condicións atmosféricas variables de principios do verán, o cal indicaba, para os observadores gregos, certas emanacións que provocaban a súa influencia maligna. As persoas que sufrían os seus efectos eran denominadas αστροβόλητος (astrobólētos, «golpeados pola estrela»). Na literatura descríbese a estrela como «ardente» ou «chameante».[49] A temporada posterior á aparición de Sirio pasou a ser coñecida como os «días do can».[50] Os habitantes de Ceos, illa do arquipélago das Cícladas, no mar Exeo, ofrecían sacrificios a Sirio e a Zeus para que levasen brisas frescas, e que volvese a reaparición da estrela para o verán. Se se elevaba clara, presaxiaba boa fortuna, e se saía brumosa ou borrosa, vaticinaba (ou máis ben emanaba) pestilencia. Algunhas moedas do século III a. C. recuperadas da illa, presentan cans ou estrelas dos que saen raios, o que destaca a relevancia de Sirio.[49] Tamén en Grecia, o astrónomo e matemático Aristarco de Samos considerou a estrela polo seu brillo un sol.[38]

Posteriormente, os romanos celebraban a posta de Sirio o 25 de abril sacrificando para a deusa Robigo un can xunto con incenso, viño e unha ovella, con obxecto de protexer ese ano as colleitas de enfermidades como a rolla do trigo, a causa das emanacións malvadas da estrela.[51] Así mesmo, os romanos denominaron «canicŭla» (canícula) aos «días do can» gregos, cultismo latino que se conserva e que retén o seu significado, que se refire aos días de maior calor,[52] aínda que esta época de altas temperaturas antes tiña lugar tras o orto helíaco de Sirio;[38][52] este desprazamento temporal débese á precesión dos equinoccios.[38]

Claudio Tolomeo, segundo un gravado medieval.

Claudio Tolomeo de Alexandría, no século II, cartografou as estrelas nos libros sétimo e oitavo do seu Almaxesto, un tratado astronómico que contén o catálogo estelar máis completo da antigüidade. Nel, Tolomeo usou Sirio como localización do meridiano central terrestre. Debuxou incorrectamente a Sirio como unha das seis estrelas vermellas, cuestión que foi un tema controvertido para os astrónomos durante moito tempo.[53][54] As outras cinco estrelas vermellas son de clase M e K, como por exemplo Artur, na constelación do Boieiro, e Betelgeuse, en Orión.[55]

Na Polinesia, as estrelas máis brillantes eran importantes para a navegación entre os miles de illas e atois do océano Pacífico. Baixas, xunto ao horizonte, servían como compases estelares que axudaban aos mariñeiros a trazar os seus camiños. Adicionalmente, funcionaban como marcadores de latitude; no caso de Sirio, coincide coa latitude do arquipélago de Fidxi, en 17º S, de maneira que superaba as illas cada noite.[56] Para os polinesios o mapa dos ceos nocturnos non era o mesmo que o dos romanos e gregos. No seu firmamento, Sirio pertencía a unha constelación chamada Manu, na que facía ás veces de corpo dun gran paxaro, formando as puntas das ás Canopus, ao sur, e Procion, ao norte, outras dúas estrelas notables que dividían a noite polinesia en dous hemisferios.[56] Da mesma forma que a aparición de Sirio antes da aurora anunciaba o verán para os gregos, para o pobo maorí sinalaba o comezo do inverno, na súa lingua Takurua, nome que designaba tanto a estación como a Sirio. O seu punto culminante no solsticio invernal era día de festa en Hawai —arquipélago que, aínda que xa se encontra no hemisferio norte terrestre, está a baixa latitude—, onde era coñecido como Ka'ulua, «Raíña do ceo», aínda que non é este o seu único nome ao longo do Pacífico, pois recibía outros como Tau-ua nas illas Marquesas, Rehua en Nova Zelandia e Aa ou Hoku-Kauopae na propia Hawai.[56]

No século XVIII, o influente filósofo prusiano Immanuel Kant reflexionou sobre Sirio e, a causa do rutilante brillo da estrela no ceo europeo, onde non poden verse rivais inmediatos en brillo como Canopus, Alpha Centauri ou Achernar, pensou que sería o centro de gravitación do universo arredor do cal rotarían os demais obxectos celestes.[38]

Existe un grupo étnico de Malí, os dogóns, ao que se lle atribúe posuír coñecementos tradicionais sobre Sirio que teoricamente serían imposibles de adquirir sen a utilización dun telescopio. Segundo os libros Entretiens avec Ogotemmêli e Le renard pâle, do antropólogo francés Marcel Griaule (1898 - 1956), este pobo non só coñecía o período orbital de cincuenta anos de Sirio e do seu pequeno astro compañeiro antes que os astrónomos europeos e estadounidenses, senón que tamén facían referencia a unha posible terceira estrela no sistema. Sirio A é coñecida como Sigi tolo, Sirio B como Po tolo e a terceira estrela como Emme ya tolo. O libro de Robert K. G. Temple de 1976 The Sirius Mystery, no que se asocia aos dogóns con extraterrestres,[57] atribúelles ademais o coñecemento do sistema xoviano descuberto por Galileo Galilei, das catro maiores lúas de Xúpiter, e tamén o coñecemento dos aneis de Saturno. Tales nocións astronómicas non pasaron desapercibidas e xeraron polémica e especulación. Partindo dun artigo do ano 1978 da publicación Skeptical Inquirer, é posible que este extraordinario entendemento do sistema Sirio fora consecuencia de contaminación cultural,[58] algo do que máis recentemente se acusou aos propios etnógrafos,[59][60] explicación que polo contrario parece demasiado simplista para outros.[61] Noah Brosch, no seu libro Sirius Matters, propuxo que dita transferencia cultural astronómica ao pobo dogón tivo lugar en 1893, cando unha expedición francesa que pretendía contemplar unha eclipse visitou a súa rexión.[62] Outros posibles culpables desa suposta contaminación cultural poderían ter sido misioneiros no ano 1930,[63] antes das primeiras investigacións de Marcel Griaule cos dogóns.[64]

Sistema Sirio

[editar | editar a fonte]
Órbita de Sirio B arredor de Sirio A.

Sirio é unha estrela binaria composta de dúas estrelas brancas orbitando entre si a unha distancia dunhas 20 ua (uns 3·109 km),[65] aproximadamente a distancia entre o Sol e Urano, e cun período de cincuenta anos. A compoñente máis brillante, Sirio A, é unha estrela branca da secuencia principal de tipo espectral A1V, cunha temperatura superficial estimada en 9940 K.[11] A súa compañeira, Sirio B, é unha estrela que xa evolucionou da secuencia principal e converteuse en anana branca sendo dez mil veces menos luminosa no espectro visual, pero nun tempo foi a máis masiva das dúas.[66] A idade do sistema calculouse en arredor de 230 millóns de anos. Crese que nun momento máis temperán da súa existencia eran dúas estrelas brancas azuladas viaxando cada unha nunha órbita elíptica cada 9,1 anos.[66] A emisión de radiación infravermella do sistema Sirio é máis alto do esperado, segundo as medicións do observatorio espacial IRAS, o que podería ser unha proba de po no sistema, que se considera infrecuente nunha estrela binaria.[67][68] A imaxe do observatorio de raios X Chandra amosa a Sirio B eclipsando a súa, en teoría, máis brillante compañeira, posto que Sirio B é unha fonte máis potente de raios X.[69]

Comparación entre Sirio A e o Sol.

Sirio A ten unha masa aproximada de 2,02 veces a do Sol,[9][67][70] que é de 1,9891·1030 kg.[71] O radio de Sirio A, 5,936±0,016 mas, foi medido con interferómetro astronómico. A súa velocidade de rotación é relativamente baixa, de 16 km/s,[13] a causa do cal non se produce un achatamento significativo do disco,[72] ao contrario do que lle sucede a unha estrela de tamaño parecido, Vega, que debido á súa alta velocidade de rotación de 274 km/s presenta un diámetro ecuatorial moito máis prominente que o polar.[73] Mentres que a magnitude aparente de Sirio é a maior do ceo nocturno no que a estrelas se refire, con -1,46,[1] a súa magnitude absoluta é 1,42, moi por debaixo das súas veciñas Iota Canis Maioris, Bellatrix ou VY Canis Maioris. A súa idade rolda os 200 ou 300 millóns de anos.[9]

Os modelos teóricos estelares indican que a estrela formouse durante o colapso dunha nube molecular e, despois de dez millóns de anos, a súa xeración interna de enerxía proviña completamente de reaccións nucleares. O núcleo pasou a ser unha zona convectiva e facía uso do ciclo CNO para xerar enerxía.[72] Espérase que Sirio A esgote as reservas de hidróxeno do seu núcleo antes de mil millóns de anos despois da súa formación. Entón converterase nunha xigante vermella para logo acabar sendo unha anana branca.[74]

O espectro de Sirio A desvela liñas fortemente metálicas, é dicir, é unha estrela rica en elementos máis pesados que o helio, como por exemplo o ferro.[67][72] En comparación co Sol, a proporción de ferro fronte á de hidróxeno na atmosfera de Sirio A vén dada por: ,[12] equivalente a 100,5, o que quere dicir que Sirio A ten un 316% da proporción de ferro-hidróxeno existente na atmosfera do Sol. Por outra parte, é improbable que esa porcentaxe de elementos metálicos sexa o mesmo na totalidade da estrela; podería estar suspendido nunha fina capa convectiva na superficie.[72]

Comparación entre Sirio B e a Terra.

Sirio B é unha anana branca que ten unha masa practicamente igual á do noso Sol (0,98 M),[9][75] o que a sitúa como unha das ananas brancas máis masivas das que se ten noticia, pois de media adoitan ter a metade da masa solar, só que a isto hai que sumarlle que, tendo a mesma masa que o Sol, o seu tamaño é máis ben o da Terra,[75] polo que a súa densidade é moi alta. A temperatura superficial de Sirio B estimouse en 25 200 K,[9] pero aínda que esta temperatura é maior que a de Sirio A, non hai fontes internas de enerxía, así que a estrela irase arrefriando progresivamente durante un longo período duns dous mil millóns de anos ou máis, no que radiará a súa calor ao espazo exterior.[76] A magnitude aparente de Sirio B é de 8,30,[4] así que sería facilmente observable ao telescopio se non fóramos cegados pola maior magnitude de Sirio A. A súa magnitude absoluta é baixa, só 11,18.[4]

Unha anana branca só se forma despois de que unha estrela se desenvolva a partir da secuencia principal e pase por unha etapa de xigante vermella. No caso de Sirio B, isto sucedeu cando a estrela contaba só coa metade da súa idade actual, hai uns 120 millóns de anos. Durante a súa época na secuencia principal a estrela inicial, de tipo B (ou B4-5),[77] tería unha masa aproximada de 5 M.[9] No transcurso da súa fase intermedia de Sirio B como xigante rubia, Sirio A podería ter aumentado a súa metalicidade.

A composición de Sirio B é basicamente unha mestura de carbono e osíxeno procedente da fusión do helio na súa etapa anterior.[9] Hai unha envoltura convectiva doutros elementos máis lixeiros, segregados segundo a súa masa como consecuencia da alta temperatura superficial;[78] de aí que a atmosfera exterior de Sirio B sexa de hidróxeno practicamente puro (o elemento máis lixeiro) e non se aprecien outros elementos no espectro desta estrela.[79]

Especulación sobre Sirio C

[editar | editar a fonte]
Imaxe de raios X do Chandra, na que Sirio B é máis visible que Sirio A.

Desde 1894, algunhas irregularidades visibles na órbita do sistema Sirio fixeron pensar nunha terceira compoñente aínda máis pequena, algo que nunca chegou a confirmarse. O mellor axuste aos datos indica que tería unha órbita arredor de Sirio A duns seis anos e unha masa de tan só 0,06 M e sería até dez veces máis débil que Sirio B, o que complicaría tremendamente a súa visualización.[17] Nos anos vinte do século XX varios astrónomos observaron repetidamente unha pequena estrela nas inmediacións de Sirio A, mais perdérona de vista despois. Estudos posteriores puideron confirmar que se trataba dun obxecto de fondo; en 1999, un equipo de astrónomos franceses examinou a contorna de Sirio A en busca dun astro tenue e encontrou, de fondo, unha estrela de brillo similar que na primeira metade dos anos vinte debía situarse na zona visual que ocupaba Sirio A. As tomas máis recentes non deron fichado ningunha estrela compañeira de Sirio A dentro dun campo de 30 arcsec.[80][81] No 2008 publicáronse outras observacións que foron incapaces de detectar nin unha terceira estrela nin tampouco un planeta.[81]

Posibilidade de vida arredor de Sirio

[editar | editar a fonte]

A distancia de Sirio A á cal debería encontrarse un planeta para albergar condicións físicas favorables para a vida tal e como a coñecemos é de 4,7 ua, cerca de 700 millóns de quilómetros. Non obstante, nesta distancia non podería existir unha órbita estable a causa das perturbacións provocadas pola presenza de Sirio B. Calquera planeta tería sido destruído trala expansión desta última durante a súa etapa de xigante rubia e, no caso de que se formara a continuación deste proceso, estaría sometido a unha incesante chuvia de cometas e asteroides, pois arredor de Sirio detectouse un disco de po similar a aquel que ocupaba o Sistema Solar nas súas primeiras fases.[67]

Descubrimento de Sirio B

[editar | editar a fonte]
Imaxe de Sirio A (estrela grande) e Sirio B (estrela pequena, abaixo á esquerda da maior), tomada polo telescopio espacial Hubble.

En 1844, o astrónomo alemán Friedrich Bessel, recoñecido por ser o primeiro en descubrir a paralaxe trigonométrica en 1838,[82] deduciu en 1844, a partir das oscilacións no movemento propio de Sirio, que tiña unha compañeira invisible, o que desconcertou a toda a comunidade astronómica.[82][83] Grazas á análise da traxectoria puidéronse calcular algunhas características do sistema Sirio.[82] Case dúas décadas máis tarde, o 31 de xaneiro de 1862, o astrónomo e fabricante de telescopios estadounidense Alvan Graham Clark, da Alvan Clark & Sons, situada en Massachusetts,[84] foi o primeiro en avistar a débil estrela compañeira de Sirio, agora denominada Sirio B e tamén, coloquialmente, «o Cachorro».[84][85] Curiosamente, non buscaba distinguir a nova estrela, senón probar as lentes do seu novo telescopio refractor —o maior do mundo da súa clase naquelas, de 480 mm de apertura, destinado ao Observatorio Dearborn— e descubrir imperfeccións grazas ao brillo de Sirio.[82][84][86] A partir de entón, Sirio deixaba de ser unha estrela binaria astrométrica, isto é, binaria pero aparentemente solitaria a simple vista ou con telescopio, para entrar na categoría de estrelas binarias orbitais visuais.[82]

En 1851 Christian Peters puido cifrar o período orbital da parella en 50,093 anos, e a súa masa en máis de seis veces a de Xúpiter, aínda que nisto último os seus cálculos quedaron curtos. Así mesmo, constatou unha forte excentricidade na traxectoria orbital de Sirio B e achegou unha efeméride coas posicións esperadas.[87]

En 1915, Walter Sydney Adams, utilizando un telescopio reflector de 1,5 m desde o Observatorio Monte Wilson, observou o espectro de Sirio B e determinou que era unha tenue estrela esbrancuxada,[88] o que levou aos astrónomos a pensar que era unha anana branca, a segunda na historia en ser descuberta,[89] ou incluso a primeira segundo outras fontes.[82][90] Cos anos pasou a ser unha das tres ananas brancas «clásicas», xunto a 40 Eridani e a Estrela de Van Maanen.[91]

A primeira medición do diámetro de Sirio A foi levada a cabo por Robert Hanbury Brown e Richard Q. Twiss en 1959 en Jodrell Bank, coa axuda dos seus interferómetros de intensidade estelar,[92] pero non foi senón até 2005 cando, co telescopio espacial Hubble, se puido definir o tamaño de Sirio B: aproximadamente ten o mesmo diámetro que a Terra, uns 12 000 km, pero cunha masa lixeiramente inferior á da do Sol.[93][94][95][96]

Visibilidade e observación

[editar | editar a fonte]
Triángulo invernal formado por Proción á esquerda, Betelgeuse, rubia, á dereita (como o resto de Orión) e Sirio debaixo no centro.

Cunha magnitude aparente de -1,46, Sirio é a estrela máis brillante do ceo nocturno, case dúas veces máis brillante que a segunda estrela por brillo, Canopus,[22] de -0,62 segundo o catálogo Hipparcos. Non obstante, é superada pola Lúa, por Xúpiter e por Venus; en ocasións incluso a magnitude aparente de Mercurio e Marte é superior.[97] Sirio pode observarse case desde calquera lugar habitado da Terra. Unicamente aqueles que viven máis alá do paralelo 73º N, varios graos por encima do círculo polar ártico, non poden observala; e desde algunhas poboacións de altas latitudes, aínda que pode albiscarse, elévase moi pouco sobre o horizonte, por exemplo na cidade rusa de San Petersburgo, onde só alcanza 13º sobre o mesmo.[98] Forma, xunto a Proción e Betelgeuse, o triángulo de inverno para os observadores do hemisferio norte.[70][99] Debido á súa declinación de apenas −17°,[1] Sirio constitúese en estrela circumpolar nas latitudes que van desde 73º S até o polo sur. A principios de xullo, desde o hemisferio sur Sirio pode verse tanto ao atardecer, pois ponse tras o Sol, como no amencer, cando aparece antes que o Sol.[100]

Coas condicións adecuadas, Sirio pide albiscarse á luz do día a simple vista. É necesario que, con Sirio no cénit e o Sol baixo xunto ao horizonte, o ceo estea claro e que o lugar de observación se ache a grande altitude;[101] a reunión destes requisitos cúmprese con maior facilidade no hemisferio austral a causa da declinación de Sirio. Durante a noite, unha das aliñacións estelares máis populares é a prolongación da liña imaxinaria creada polas tres estrelas principais do cinto de OriónAlnitak, Alnilam e Mintaka— que pasa por Sirio polo sueste, a uns 20º,[70] e por Aldebarán polo noroeste.[102][103]

O movemento orbital do sistema binario de Sirio fai que a mínima separación angular entre ambas as estrelas sexa de menos de tres segundos de arco e que a máxima sexa de doce segundos de arco.[21] Se se ten a primeira das situacións expostas, distinguir á pequena Sirio B da súa gran compañeira é un reto para o observador, xa que se precisa dun telescopio de polo menos 300 mm de apertura ademais dunhas condicións de observación excelentes. En xeral, o obstáculo principal para observar Sirio B vén dado pola gran diferenza de magnitude entre a estrela primaria e a secundaria.[104] Desde o ano 1994, cando ocorreu o último periastro do sistema Sirio, a parella foise distanciando entre si, o que facilita a súa visión por separado.[105] Así mesmo, para diferenciar ambas as estrelas pode ser de utilidade un diafragma poligonal, ideado por Alexander Aitken, que modifique a luz proveniente de Sirio A para que Sirio B deixe de ser imperceptible.[21][106] O próximo apoastro terá lugar no ano 2018, cando o sistema estará separado 12 arcsec cun ángulo de posición de 66º; o anterior sucedeu en 1966.[21]

A unha distancia de 2,6 pársecs (8,6 anos-luz), o sistema Sirio contén dúas das oito estrelas máis próximas ao Sistema Solar e é o quinto sistema estelar máis próximo a nós.[107] É esta proximidade, e non a luminosidade real de Sirio, a principal razón de que a súa magnitude aparente siga na listaá Lúa, Xúpiter e Venus, identicamente ao que sucede con outras estrelas próximas como Alpha Centauri e en claro contraste ao que sucede con estrelas superxigantes e extremadamente luminosas como Canopus, Rigel ou Betelgeuse, que a pesar de encontrarse moito máis lonxe son das máis brillantes do firmamento.[108] A pesar de todo, non hai que esquecer que Sirio é arredor de vinte e cinco veces máis luminosa que o Sol.[9]

Tomando Sirio como referencia de distancias, a estrela de grandes dimensións máis achegada é Proción, a 1,61 pársecs (5,24 anos-luz) de distancia.[67] Espérsae que a sonda espacial Voyager 2, lanzada no ano 1977 co fin de estudar os xigantes gasosos do Sistema Solar, pase a unha distancia máxima de 1,3 pc (4,3 anos-luz) de Sirio dentro de aproximadamente 296 000 anos.[109]

Comparación de brillo

[editar | editar a fonte]

Sirio é a estrela máis brillante do firmamento, mais segundo cálculos, arredor do ano 235000 d. C. Vega trocará con Sirio esa primeira posición cunha magnitude de -0,7,[110] e antes do ano 260000 d. C., cunha magnitude de -0,46, Canopus podería recuperar o seu segundo posto en detrimento de Sirio, que caería na lista para pasar a ser a terceira estrela por brillo desde a Terra.[110] A evolución do brillo de Sirio en comparación con outras estrelas moi brillantes, no espazo de tempo que vai desde cen milenios antes de Cristo até cen milenios despois de Cristo amósase no seguinte diagrama e a súa correspondente táboa numérica:[110]

Secuencia dos brillos aparentes das estrelas máis luminosas desde a Terra no tempo.
Ano
(a.C./d.C.)
Sirio Canopus Vega Artur Proción Altair α Cen
−100000 −0,66 −0,82 +0,33 +0,88 +0,88 +1,69 +2,27
−75000 −0,86 −0,80 +0,24 +0,58 +0,73 +1,49 +1,84
−50000 −1,06 −0,77 +0,17 +0,30 +0,58 +1,27 +1,30
−25000 −1,22 −0,75 +0,08 +0,08 +0,46 +1,03 +0,63
0 −1,43 −0,72 0,00 −0,02 +0,37 +0,78 −0,21
25000 −1,58 −0,69 −0,08 +0,02 +0,33 +0,49 −0,90
50000 −1,66 −0,67 −0,16 +0,19 +0,32 +0,22 −0,56
75000 −1,66 −0,65 −0,25 +0,45 +0,37 −0,06 +0,30
100000 −1,61 −0,62 −0,32 +0,74 +0,46 −0,31 +1,05


Sirio como estrela vermella

[editar | editar a fonte]
Sirio A, Sirio B e o Sol no diagrama de Hertzsprung-Russell.

O paradoxo de que Sirio era até hai pouco tempo (en termos estelares) unha estrela vermella sorprendía a algúns astrónomos,[53][111] pois a pesar de que se sabe con certeza que é de cor branca azulada,[53][112] os documentos históricos denotaban que a estrela era vermella.[111]

No antigo Exipto, para cuxos habitantes Sirio era de grande importancia dada a relación entre o seu orto helíaco e a crecida do Nilo, Sirio era unha estrela rubia e,[53] do mesmo modo, polo ano 150 d. C. Claudio Tolomeo describiu Sirio de cor arroibada, xunto a outras cinco estrelas que, en efecto, son desa cor ou alaranxadas: Betelgeuse, Antares, Aldebarán, Artur e Pólux.[113] O primeiro en discrepar de maneira oficial foi o astrónomo afeccionado Thomas Barker, terratenente de Lyndon Hall en Rutland, quen falou do tema durante unha reunión da Royal Society en Londres en 1760.[114] A existencia de estrelas que variaban o seu brillo deu pé á idea de que tamén podería haber outras que o que cambiaran fora a súa cor; Sir John Herschel fixo este apuntamento en 1839, posiblemente influído polo seu estudo sobre Eta Carinae dous anos atrás.[115] Thomas Jefferson Jackson See reabriu o debate acerca da cor vermella de Sirio mediante a publicación de diversos documentos no ano 1892 e un sumario en 1926,[116] nos que non só recorría a Tolomeo, senón que tamén citaba ao poeta Arato, a Marco Tulio Cicerón e a Xulio César Xermánico como persoas que cualificaron a estrela de vermella, admitindo por outro lado que ningún dos tres eran astrónomos.[117] O filósofo romano Lucio Anneo Séneca tamén describira no seu momento a Sirio de cor vermella máis escura que a de Marte, declarando ademais «Sirio é rubia».[38][118] Hai que sinalar que, aínda que foi a idea máis xeneralizada, non todos os observadores antigos viron Sirio vermella. De feito, na antiga China Sirio era a referencia de estrela branca, e en múltiples rexistros desde o século II a. C. até o século VII d. C. describiuse Sirio con tons brancos.[119] Por Europa, xa no século I o poeta Manilio definiuna de «azul de mar», imaxe repetida no século IV por Avieno.[120]

En 1985, os astrónomos alemáns Wolfhard Schlosser e Werner Bergmann publicaron un informe dun manuscrito lombardo do século VIII que contén De cursu stellarum ratio, escrito por san Gregorio de Tours. O texto, en latín, ensináballe aos lectores como determinar a hora da oración nocturna grazas ás posicións dos astros no ceo, adxectivando Sirio coa palabra rubeola. Baseáronse neste feito para xustificar que Sirio B foi unha xigante vermella naquel entón.[121] Non obstante, outros replicáronlles que probablemente san Gregorio de Tours se estivera referindo a Artur en vez de a Sirio.[122][123]

A posibilidade de que estas posturas encontradas foran causadas pola evolución estelar ou ben de Sirio A ou ben de Sirio B foi descartada polos astrónomos, pois o tempo transcorrido foi demasiado escaso para unha estrela e porque ademais non hai signos da nebulosidade que cabería esperar no sistema se un cambio de tal envergadura tivese lugar.[38][118] Incluso planteouse a interacción cunha presunta terceira estrela, non coñecida de momento, como causa da cor vermella.[124] Outras explicacións alternativas argumentaron que ou se denominaba a estrela de vermella como metáfora de mal sino, ou que a titilación de Sirio daba a impresión de matices colorados.

A explicación final que resolveu o misterio é bastante simple: igual que sucede co Sol cando se encontra baixo no horizonte, ao amencer e ao atardecer, Sirio vísase arroibada nesa mesma posición, como consecuencia da dispersión da luz a través da atmosfera. De aí que Sirio fora vermella para os exipcios, por exemplo, xa que no seu orto helíaco situábase baixa no ceo.[53][111][118]

Obxectos celestes próximos

[editar | editar a fonte]
Mapa do ceo de Canis Maior e as súas zonas próximas. A zona ao leste de Sirio é máis rica que a situada ao oeste.[125]

Á hora de observar o ceo nocturno, Sirio é unha boa referencia para situarse no ceo.[126] Nas inmediacións de Sirio encóntrase un obxecto pertencente ao catálogo Messier, M41, un cúmulo aberto no que se poden apreciar decenas de estrelas, predominantemente amarelas, de magnitudes da 8 á 10, aproximadamente, o que dota ao conxunto dunha magnitude de 5,0.[125] A 13º cara ao leste de Sirio, é dicir, bastante máis apartados, atópanse tamén M46 e M47, xa na constelación de Puppis;[127] e cara ao norte, na constelación de Monoceros, está o cúmulo aberto M50. Ao oeste de Sirio, e lixeiramente cara ao sur, atópase Beta Canis Maioris, que a pesar do seu nome non é a segunda estrela máis brillante da constelación, senón a cuarta; é unha xigante azul levemente variable cuxa magnitude absoluta supera amplamente a Sirio, pero atópase moito máis afastada do Sistema Solar. A segunda estrela máis luminosa en aparencia de Canis Maior é en realidade Adhara, Épsilon Canis Maioris, outra xigante azul que xa se localiza moito máis ao sur na constelación.[125] Cerca de Sirio tamén se poden observar estrelas dobres ou triplos como μ CMa, S 516, S 518 ou ν1 CMa, esta última de cor alaranxada moi preto a outras dúas co mesmo nome e tonalidade similar, ν2 CMa e ν3 CMa;[125] destas tres a máis próxima a Sirio no ceo é ν3 CMa.[128] Cabe mentar tamén a presenza de cúmulos como o NGC 2345, o NGC 2204 ou o NGC 2360.[125]

Movemento

[editar | editar a fonte]
Ilustración de 1882 que mostra as oscilacións no movemento propio de Sirio.

En 1718, Edmund Halley descubriu o movemento propio das até entón supostas estrelas fixas,[129] tras comparar as medidas astrométricas da súa época coas dadas por Tolomeo no seu Almaxesto. Decatouse de que as estrelas Aldebarán, Artur e Sirio se desprazaran significativamente, no caso de Sirio até 30 arcmin en sentido sur —o que supón unha distancia similar ao diámetro lunar aparente— nuns 1800 anos.[130]

Século e medio máis tarde, en 1868, Sirio converteuse na primeira estrela á que se lle mediu a súa velocidade. Sir William Huggins analizou o espectro da estrela e notou un achegamento ao rubio, polo que concluíu que Sirio se apartaba do Sistema Solar a unha velocidade duns 40 km/s.[131][132] Non obstante, esta medida de Huggins era esaxerada en canto a magnitude e era errónea no seu signo, dadas as medicións actuais, que sinalan que Sirio se despraza a −7,6 km/s,[1] o que quere dicir que viaxa máis amodo e que non se afasta de nós, senón que se aproxima ao Sistema Solar. A parte positiva do estudo de Huggins foi que introduciu o estudo das velocidades radiais estelares. Dentro duns 64 000 anos Sirio acadará a distancia mínima ao Sistema Solar, uns 7,86 anos-luz, momento no que a súa magnitude aparente tamén será maior, chegando até −1,68. Despois dese momento, Sirio comezará a afastarse do Sol.[110]

Sirio posúe un movemento propio relativamente grande de 1,3 arcsec por ano, dos cales máis ou menos 1,2 arcsec son en sentido sur e 0,55 arcsec en sentido occidental.

Supercúmulo estelar de Sirio

[editar | editar a fonte]

Ejnar Hertzsprung, no ano 1909, reparou en que Sirio podería formar parte da corrente da Osa Maior, baseándose no movemento propio de Sirio.[133] Este grupo estelar da Osa Maior é un conxunto de 220 estrelas que comparten o seu movemento a través da galaxia e que nun principio xurdiron nun cúmulo aberto que desde entón foi perdendo a súa forza gravitacional.[134] Porén, estudos realizados en 2003 e 2005 cuestionan dita pertenza de Sirio á corrente, porque o Grupo da Osa Maior ten unha idade estimada de 500±100 millóns de anos, mentres que Sirio, cunha metalicidade parecida á do Sol, só ten a metade de tempo, é dicir, que é demasiado nova para pertencer ao grupo.[9][135][136] En lugar diso, Sirio podería pertencer a un proposto supercúmulo estelar de Sirio, no que estarían incluídas outras estrelas dispersas, entre as que están Beta Aurigae, Alpha Coronae Borealis, Beta Crateris, Beta Eridani e Beta Serpentis.[137] Este cúmulo sería un dos tres localizados a menos de 150 pc (500 anos-luz) do Sol, xunto ao cúmulo das Híades e ao cúmulo das Pléiades, cada un deles formados por centos de estrelas.[138] Unha interpretación alternativa é que a corrente das Híades e a de Sirio non se compón, respectivamente, de estrelas da mesma orixe, senón de estrelas sen afinidade entre elas ás que as irregularidades do campo gravitacional da Vía Láctea lles imprimiu un patrón común de movemento. Polo tanto, non se debería falar de supercúmulo, senón máis ben dunha «corrente dinámica».[139]

[editar | editar a fonte]
Lockheed 8 Sirius.

As referencias a Sirio en historias de ciencia ficción, así como na cultura popular, son bastante correntes,[140] incluso serviu como tema poético.[141]

No eido audiovisual, a empresa de cadeas de radio por satélite norteamericana Satellite CD Radio cambiou o seu nome a Sirius Satellite Radio en novembro de 1999, pola razón de chamarse como «a estrela máis brillante do ceo nocturno».[142] Anteriormente, na serie de televisión V, os extraterrestres que chegan á Tierra partiron dun suposto planeta arredor de Sirio.[143]

Na música, ao compositor alemán Karlheinz Stockhausen atribúeselle ter afirmado en diferentes ocasións que chegou dun planeta situado no sistema Sirio.[144][145] Por outro lado, cabe destacar o breve tema instrumental «Sirius» do álbum Eye in the Sky do grupo de proxección internacional The Alan Parsons Project. Dita canción, foi popularizada en parte polo seu uso en acontecementos deportivos, especialmente na NBA e máis exactamente polos Chicago Bulls na época de Michael Jordan.[146] Outros álbums que se poden citar son Lemuria Sirius B da banda sueca Therion,[147] ou o álbum conceptual From Mars to Sirius dos franceses Gojira.[148]

O astrónomo Noah Brosch realizou conxecturas acerca do nome do personaxe Sirius Black da serie de novelas Harry Potter de J. K. Rowling, xa que segundo el a autora podería terse inspirado en Sirio B (Sirius B en inglés), e recalca a súa relación cos cans, pois é un personaxe que pode transformarse en can.[141] Anteriormente, en 1752, Voltaire escribiu un conto filosófico sobre un ser vido de Sirio, Micromegas, que podería ser un precursor do xénero de ciencia ficción.[149]

En canto a institucións e os seus símbolos, na bandeira do Brasil atópase presente Sirio, sendo unha das vinte e sete estrelas debuxadas nela, onde representa ao estado brasileiro de Mato Grosso,[150] ao oeste do país e un dos máis grandes. Particularmente, na bandeira é unha das estrelas dispostas no lado esquerdo do círculo central.[151][152] Sirio aparece no escudo de armas da Universidade de Macquarie (Sidney) e é ademais o nome da súa publicación estudantil.[153]

En teosofía, crese que as Sete estrelas das Pléiades transmiten a enerxía espiritual dos sete raios do logos galáctico ás sete estrelas da Osa Maior, para logo pasar a Sirio. Desde alí envíanse a través do Sol ao deus da Terra, Sanat Kumara, e finalmente mediante os sete Mestres dos sete raios á raza humana.[154]

No ámbito naval militar, Sirio está bastante presente. Sete barcos da Mariña Real Británica bautizáronse HMS Sirius desde o século XVIII. O primeiro deles, fretado orixinalmente en 1786, era o buque insignia da Primeira Frota que navegou cara a Australia en 1788.[155] A Mariña Real Australiana nomeou despois a un navío seu HMAS Sirius (O 226) na honra do antigo buque insignia británico.[156] Entre os barcos estadounidenses existe un USNS Sirius (T-AFS-8). En navegación civil, o transatlántico italiano Sirio, dedicado ao transporte de emigrantes europeos cara a Suramérica, naufragou fronte ás costas de cabo de Palos en Cartaxena en 1906, grave incidente no que morreron máis de duascentas persoas.[157] En aeronáutica, en Estados Unidos construíuse un avión relacionado con Sirio, o Lockheed Model 8 Sirius, o primeiro dos cales foi pilotado por Charles Lindbergh,[158] afamado aviador que foi o primeiro en cruzar o océano Atlántico sen escalas en solitario. Continuando no mundo dos transportes, a compañía Mitsubishi Motors deseñou o motor Mitsubishi Sirius en 1980.

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Centre de Données astronomiques de Strasbourg. "NAME SIRIUS A -- Spectroscopic binary" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  2. "Sirius B". Strasbourg astronomical Data Center (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 3,2 Os datos astrométricos mostrados por SIMBAD a partir do catálogo Hipparcos están referidos ao centro de masas do sistema de Sirio. Véxase §2.3.4 do The Hipparcos and Tycho Catalogues, Vol. 1, Axencia Espacial Europea (ESA), 1997; e a entrada de Sirio no catálogo Hipparcos (CDS ID I/239.)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 McCook, G. P.; Sion, E. M. "Entrada para WD 0642-166". A Catalogue of Spectroscopically Identified White Dwarfs (versión de agosto de 2006). CDS.  ID III/235A.)
  5. Hoffleit, D.; Warren, Jr., W. H. (1991). "Entrada para HR 2491". Bright Star Catalogue, 5th Revised Ed. (Preliminary Version). CDS.  ID V/50.
  6. van Leeuwen, F. (Novembro do 2007). "Validation of the new Hipparcos reduction". Astronomy and Astrophysics 474 (2): 653–664. Bibcode:2007A&A...474..653V. arXiv:0708.1752. doi:10.1051/0004-6361:20078357. 
  7. 7,0 7,1 Para unha magnitude aparente m e paralaxe π, a magnitude absoluta de Sirio B vén dada por: esta expresión; L=4πR2σTeff4. (Isto simplifícase en Ls=(Rs)^2*(Ts)^4, onde Ls, Rs e Ts son luminosidade, radio e temperatura comparados cos valores solares). Véxase Tayler, Roger John (1994). Cambridge University Press, ed. The Stars: Their Structure and Evolution. p. 16. ISBN 0521458854. 
  8. van den Bos, W. H. (1960). "The Orbit of Sirius". Journal des Observateurs 43: 145–151. Bibcode:1960JO.....43..145V. 
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 Liebert, J.; Young, P. A.; Arnett, D.; Holberg, J. B.; Williams, K. A. (2005). "The Age and Progenitor Mass of Sirius B" (PDF). The Astrophysical Journal 630 (1): L69–L72. Bibcode:2005ApJ...630L..69L. doi:10.1086/462419. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Holberg, J. B.; Barstow, M. A.; Bruhweiler, F. C.; Cruise, A. M.; Penny, A. J. (1998). "Sirius B: A New, More Accurate View" (PDF). The Astrophysical Journal 497: 935–942. Bibcode:1998ApJ...497..935H. doi:10.1086/305489. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Adelman, Saul J. (do 8 ao 13 de xullo de 2004). "CONFERENCIA - The Physical Properties of normal A stars - Proceedings of the International Astronomical Union". Poprad, Eslovaquia: Cambridge University Press: 1–11. Bibcode:2004IAUS..224....1A. 
  12. 12,0 12,1 Qiu, H. M.; Zhao, G.; Chen, Y. Q.; Li, Z. W. (2001). "The Abundance Patterns of Sirius and Vega" (PDF). The Astrophysical Journal 548: 953–965. doi:10.1086/319000. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  13. 13,0 13,1 Royer, F.; Gerbaldi, M.; Faraggiana, R.; Gómez, A. E. (2002). "Rotational velocities of A-type stars. I. Measurement of v sin i in the southern hemisphere". Astronomy and Astrophysics 381: 105–121. doi:10.1051/0004-6361:20011422. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  14. A luminosidade bolométrica de Sirio B foi calculada a partir da ecuacuón L=4πR2σTeff4. (Isto simplifica a écuación Ls=(Rs)^2*(Ts)^4, onde Ls, Rs e Ts son a Luminosidade, Raio e Temperatura, todas en relación cós valores solares) Ver: Roger John, Tayler (1994). Cambridge University Press, ed. The Stars: Their Structure and Evolution. p. 16. ISBN 0-521-45885-4. 
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, pp. 88-93)
  16. 16,0 16,1 16,2 (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, pp. 37–38)
  17. 17,0 17,1 Benest, D.; Duvent, J. L. (1995). Astronomy and Astrophysics, ed. "Is Sirius a triple star?" 299: 621–628. Bibcode:1995A&A...299..621B. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  18. Liddell, Henry G.; Scott, Robert (1980). Oxford University Press, ed. Greek-English Lexicon (abreviada ed.). Oxford. ISBN 0-19-910207-4. 
  19. 19,0 19,1 (Holberg 2007, pp. 15-16)
  20. (Brosch 2008, p. 21)
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 (Comellas 2002, p. 624)
  22. 22,0 22,1 (Holberg 2007, p. XI)
  23. Staff (2007). "Sirius". Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  24. Kak, Subhash. "Indic ideas in the Greco-Roman world" (PDF). IndiaStar Review of Books. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  25. Gene R. Thursby. "Shri Shri Shiva Mahadeva" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  26. Cleasby, Richard; Guðbrandr, Vígfusson (1957). Oxford University Press, ed. An Icelandic-English Dictionary (en inglés e islandés) (2ª ed.). Oxford, Reino Unido. pp. 79, 594. ISBN 978-0198631033. 
  27. The Viking Answer Lady. "Viking Age Star and Constellation Names" (en inglés). Loki's brand; Loki's torch", Sirius. Under brenna Cleasby says, "According to Finn Magnusson (Lex. Mythol.) Sirius is called Loka brenna, 'the conflagration of Loki', referring to the end of the world. 
  28. Tyson, Donald; Freake, James (1993). Llewellyn Worldwide, ed. Three Books of Occult Philosophy. ISBN 0875428320. 
  29. Agrippa, Heinrich Cornelius (1533). De Occulta Philosophia. ISBN 9004094210. 
  30. Homero (1997). Hackett, ed. Illiad (trad. Stanley Lombardo). Indianapolis. ISBN 9780872203525.  22.33–37.
  31. Véxase tamén o parágrafo referente a Grecia na sección Observación histórica e cultural.
  32. (Holberg 2007, p. 22)
  33. (Holberg 2007, p. 23)
  34. (Holberg 2007, p. 24)
  35. University of Southern California, Center for Muslim-Jewish Engagement, ed. (2007). "An-Najm (A estrela), Surah 53". Translations of the Qur'an (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  36. "Sirius" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  37. Salvat Editores, ed. (2003). La Enciclopedia - Sothis o Sethis 19 (1ª ed.). Madrid, España. p. 14450. ISBN 84-345-7483-7. Nome da estrela Sirio no antigo Exipto. 
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 38,5 38,6 (Comellas 2002, p. 623)
  39. Wendorf, Fred; Schild, Romuald (2001). Springer, ed. Holocene Settlement of the Egyptian Sahara: Volume 1, The Archaeology of Nabta Plain (Vista previa de Google Books) (en inglés). p. 500. ISBN 0306466120. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  40. 40,0 40,1 (Holberg 2007, pp. 4–5)
  41. Joven astrónomo (2002). "Astronomía - Historia antigua". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  42. Parker, Richard A. (1950). University Press, ed. The Calendars of ancient Egypt (en inglés). Chicago, EE. UU. 
  43. 43,0 43,1 Salvat Editores, ed. (2003). La Enciclopedia - sothiaco 19 (1ª ed.). p. 14450. ISBN 84-345-7483-7. 
  44. O'Mara, Patrick (2003). "Censorinus, the Sothic Cycle, and calendar year one in ancient Egypt: the Epistological problem". Journal of Near Eastern studies 62 (1): 17–26. doi:10.1086/375914. 
  45. Kitchen, Kenneth Anderson (1991). "The Chronology of Ancient Egypt" (PDF). World archaeology, Chronologies (en inglés) (Londres) 23 (2): 201–208. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2006. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  46. Krauss, Rolf (1985). Gerstenberg, ed. Sothis- und Monddaten: Studien zur astronomischen und technischen Chronologie Altägyptens (en alemán). Hildesheim. 
  47. Edzard, Dietz-Otto (1971). de Gruyter, ed. Reallexikon der Assyriologie und vorderasiatischen Archäologie, Bd. 3 (en alemán). Berlín. pp. 74–75. ISBN 3-11-003705-X. 
  48. (Holberg 2007, p. 19)
  49. 49,0 49,1 (Holberg 2007, p. 20)
  50. (Holberg 2007, p. 16-17)
  51. Ovidio; Fasti IV, versos 901–942.
  52. 52,0 52,1 Real Academia Española. "Canícula". Diccionario de la lengua española. Consultado o 18 de setembro de 2011. Canícula (na súa segunda acepción): tiempo del nacimiento heliaco de Sirio, que antiguamente coincidía con la época más calurosa del año, pero que hoy no se verifica hasta fines de agosto. 
  53. 53,0 53,1 53,2 53,3 53,4 (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, p. 175)
  54. Véxase § Sirio como estrela vermella.
  55. (Holberg 2007, p. 32)
  56. 56,0 56,1 56,2 (Holberg 2007, p. 25-26)
  57. Sheppard, R.Z. (2 de agosto de 1976). Time, ed. "Worlds in Collusion". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  58. Ridpath, Ian (1978). Committee for Skeptical Inquiry, ed. "Investigating the Sirius "Mystery"". Archived from the original on 17 de febreiro de 2003. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  59. de Montellano, Bernard R. Ortiz. Doug’s Archaeology site, ed. "The Dogon Revisited". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  60. Coppens, Philip. "Dogon Shame". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  61. Apter, Andrew (1999). Cahiers d'Études africaines, ed. "Griaule's Legacy: Rethinking "la parole claire" in Dogon Studies" (PDF) 45 (1): 95–129. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  62. (Brosch 2008, pp. 68–69)
  63. Luminet, Jean-Pierre (1992). "Le jardin des naines blanches". En Seuil. Les trous noirs (en francés). Colección: Points Sciences. pp. 100–102. ISBN 978-2020159487. JPLuminet1992. 
  64. (Holberg 2007)
  65. 1 ano-luz = 63.241 ua; semieixe maior = distancia × tg(ángulo subtendido) = 8,6 × 63.241 × tan(7,56″) = 19,9 ua, aproximadamente.
  66. 66,0 66,1 (Holberg 2007, p. 214)
  67. 67,0 67,1 67,2 67,3 67,4 SolStation (ed.). "Sirius 2". Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  68. Backman, D. E.; Gillett, F. C.; Low, F. J. (Do 30 de xuño ao 11 de xullo de 1986). COSPAR and IAF, ed. CONFERENCIA: IRAS observations of nearby main sequence stars and modeling of excess infrared emission - Proceedings, 6th Topical Meetings and Workshop on Cosmic Dust and Space Debris. Toulouse, Francia. Bibcode:1986AdSpR...6...43B. ISSN 0273-1177. 
  69. (Brosch 2008, p. 126)
  70. 70,0 70,1 70,2 Bragança, Pedro (15-7-2003). "The 10 Brightest Stars". SPACE.com. Arquivado dende o orixinal o 16-06-2009. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  71. Williams, D. R. (2004). "Sun Fact Sheet". NASA. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  72. 72,0 72,1 72,2 72,3 Kervella, P.; Thevenin, F.; Morel, P.; Borde, P.; Di Folco, E. (2003). Astronomy and Astrophysics, ed. "The interferometric diameter and internal structure of Sirius A" (PDF) 407: 681–688. doi:10.1051/0004-6361:20030994. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  73. Aufdenberg, J.P.; Ridgway, S.T.; et al. (2006). Astrophysical Journal, ed. "First results from the CHARA Array: VII. Long-Baseline Interferometric Measurements of Vega Consistent with a Pole-On, Rapidly Rotating Star?" (PDF) 645: 664–675. doi:10.1086/504149. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  74. (Holberg 2007, p. 218)
  75. 75,0 75,1 "Astronomers Use Hubble to "Weigh" Dog Star's Companion". University of Leicester. 1-12-2005. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2010. 
  76. Imamura, James N. (12-10-1995). "Cooling of White Dwarfs". University of Oregon. Arquivado dende o orixinal o 15-12-2006. Consultado o 18 de setembro de 2010. 
  77. Palla, Francesco (do 16 ao 20 de maio de 2005). Cambridge University Press, ed. Stellar evolution before the ZAMS - Proceedings of the international Astronomical Union 227. Italia. pp. 196–205. 
  78. Koester, D.; Chanmugam, G. (1990). "Physics of white dwarf stars". Reports on Progress in Physics 53 (7): 837–915. Bibcode:1990RPPh...53..837K. doi:10.1088/0034-4885/53/7/001. 
  79. Holberg, J. B.; Barstow, M. A.; Burleigh, M. R.; Kruk, J. W.; Hubeny, I.; Koester, D. (2004). "FUSE observations of Sirius B". Bulletin of the American Astronomical Society 36: 1514. Bibcode:2004AAS...20510303H. 
  80. J. M. Bonnet-Bidaud, F. Colas, J. Lecacheux (2000). "Search for Companions around Sirius" (PDF). Astronomy and Astrophysics (en inglés) 360: 991–996. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  81. 81,0 81,1 Bonnet-Bidaud, J. M.; Pantin, E. (2008). "ADONIS high contrast infrared imaging of Sirius-B" (PDF). Astronomy and Astrophysics 489 (2): 651–655. doi:10.1051/0004-6361:20078937. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  82. 82,0 82,1 82,2 82,3 82,4 82,5 (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, pp. 702-703)
  83. Bessel, F. W.; communicated by Herschel, J. F. W. (1844). "On the Variations of the Proper Motions of Procyon and Sirius". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 6: 136–141. Bibcode:1844MNRAS...6..136. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  84. 84,0 84,1 84,2 (Porcellino 1992, p. 61)
  85. Flammarion, Camille (1877). "The Companion of Sirius". The Astronomical Register 15 (176): 186–189. Bibcode:1877AReg...15..186F. 
  86. Craig Telescope Project. "The Craig telescope - The Lens" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  87. C.A.F. Peters: Über die eigene Bewegung des Sirius. Astronomische Nachrichten Nr. 745, 1–16; Nr. 746, 17–32; Nr. 747, 33–48; Nr. 748, 49–58, Altona 1851 (PDF). Véxase tamén (Holberg 2007, p. 57)
  88. Adams, W. S. (1915). "The Spectrum of the Companion of Sirius". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 27 (161): 236–237. Bibcode:1915PASP...27..236A. doi:10.1086/122440. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  89. Holberg, J. B. (2005). "How Degenerate Stars Came to be Known as White Dwarfs". Bulletin of the American Astronomical Society 37 (2): 1503. Bibcode:2005AAS...20720501H. 
  90. (Burnham, Dyer & Kanipe 2001, p. 348)
  91. E. Schatzman (1958). Amsterdam: North-Holland, ed. White Dwarfs. 
  92. Brown, R. Hanbury; Twiss, R. Q. (1958). "Interferometry of the Intensity Fluctuations in Light. IV. A Test of an Intensity Interferometer on Sirius A". Proceedings of the Royal Society of London 248 (1253): 222–237. Bibcode:1958RSPSA.248..222B. doi:10.1098/rspa.1958.0240. 
  93. Brown, Dwayne; Weaver, Donna (13-12-2005). "Astronomers Use Hubble to "Weigh" Dog Star's Companion". NASA. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  94. McGourty, Christine (14-12-2005). BBC News, ed. "Hubble finds mass of white dwarf". Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  95. Bond, Peter (14-12-2005). Royal Astronomical Society, ed. "Astronomers Use Hubble to 'Weigh' Dog Star's Companion". Arquivado dende o orixinal o 16-07-2011. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  96. Barstow, M. A.; Bond, Howard E.; Holberg, J. B.; Burleigh, M. R.; Hubeny, I.; Koester, D. (2005). "Hubble Space Telescope spectroscopy of the Balmer lines in Sirius B". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 362 (4): 1134–1142. Bibcode:2005MNRAS.tmp..739B. doi:10.1111/j.1365-2966.2005.09359.x. 
  97. Espenak, Fred. "Mars Ephemeris". Twelve Year Planetary Ephemeris: 1995–2006, NASA Reference Publication 1349. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  98. (Holberg 2007, p. 82)
  99. Darling, David. "Winter Triangle". The Internet Encyclopedia of Science. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  100. "Stories from the Stars". Stargazers Astronomy Shop. 2000. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  101. Henshaw, C. (1984). "On the Visibility of Sirius in Daylight". Journal of the British Astronomical Association 94 (5): 221–222. Bibcode:1984JBAA...94..221H. 
  102. (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, p. 39)
  103. (Comellas 2002, p. 39)
  104. (Comellas 2002, p. 185)
  105. Mullaney, James (2008). "Orion's Splendid Double Stars: Pretty Doubles in Orion's Vicinity". Sky & Telescope. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  106. (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, p. 616)
  107. Henry, Todd J. (1-7-2006). "The One Hundred Nearest Star Systems". RECONS. Arquivado dende o orixinal o 29-03-2013. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  108. "The Brightest Stars". Royal Astronomical Society of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  109. Angrum, Andrea (25-08-2005). "Interstellar Mission". NASA/JPL. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  110. 110,0 110,1 110,2 110,3 Southern Stars Systems SkyChart III, Saratoga, California 95070, Estados Unidos.
  111. 111,0 111,1 111,2 (Galadí-Enríquez & Gutiérrez Cabello 2001, pp. 599-600)
  112. (Comellas 2002, p. 594)
  113. (Holberg 2007, p. 157)
  114. Ceragioli, R. C. (1995). "The Debate Concerning 'Red' Sirius". Journal for the History of Astronomy 26 (3): 187–226. Bibcode:1995JHA....26..187C. 
  115. (Holberg 2007, p. 158)
  116. (Holberg 2007, p. 161)
  117. (Holberg 2007, p. 162)
  118. 118,0 118,1 118,2 Whittet, D. C. B. (1999). "A physical interpretation of the 'red Sirius' anomaly". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 310 (2): 355–359. doi:10.1046/j.1365-8711.1999.02975.x. Consultado o 2007-06-30. 
  119. Jiang, Xiao-Yuan (1993). "The colour of Sirius as recorded in ancient Chinese texts". Chinese Astronomy and Astrophysics 17 (2): 223–228. Bibcode:1993ChA&A..17..223J. doi:10.1016/0275-1062(93)90073-X. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  120. (Holberg 2007, p. 163)
  121. Schlosser, W.; Bergmann, W. (1985). "An early-medieval account on the red colour of Sirius and its astrophysical implications". Nature 318 (318): 45–46. doi:10.1038/318045a0. 
  122. McCluskey, S. C. (1987). "The colour of Sirius in the sixth century". Nature 318 (325): 87. doi:10.1038/325087a0. 
  123. van Gent, R. H. (1987). "The colour of Sirius in the sixth century". Nature 318 (325): 87–89. doi:10.1038/325087b0. 
  124. Kuchner, Marc J.; Brown, Michael E. (2000). "A Search for Exozodiacal Dust and Faint Companions Near Sirius, Procyon, and Altair with the NICMOS Coronagraph". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 112: 827–832. doi:10.1086/316581. Consultado o 19 de setembro de 2011. 
  125. 125,0 125,1 125,2 125,3 125,4 (Comellas 2002, pp. 625-633)
  126. (Comellas 2002, pp. 625, 634, 652)
  127. (Burnham, Dyer & Kanipe 2001, p. 349)
  128. (Burnham, Dyer & Kanipe 2001, p. 346)
  129. Aitken, R. G. (1942). "Edmund Halley and Stellar Proper Motions". Astronomical Society of the Pacific Leaflets 4: 103–112. Bibcode:1942ASPL....4..103A. 
  130. (Holberg 2007, pp. 41-42)
  131. Daintith, John; Mitchell, Sarah; Tootill, Elizabeth; Gjertsen, D. (1994). Biographical Encyclopedia of Scientists. CRC Press. p. 442. ISBN 0750302879. 
  132. Huggins, W. (1868). "Further observations on the spectra of some of the stars and nebulae, with an attempt to determine therefrom whether these bodies are moving towards or from the Earth, also observations on the spectra of the Sun and of Comet II". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 158: 529–564. doi:10.1098/rstl.1868.0022. 
  133. Hertzsprung, Ejnar: On New Members of the System of the Stars β, γ, δ, ε, ζ, Ursae Majoris. Astrophysical Journal, Bd. 30, 135–143 (1909) (PDF).
  134. Frommert, Hartmut; Kronberg, Christine (26-4-2003). "The Ursa Major Moving Cluster, Collinder 285". SEDS. Arquivado dende o orixinal o 19-05-2000. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  135. King, Jeremy R.; Villarreal, Adam R.; Soderblom, David R.; Gulliver, Austin F.; Adelman, Saul J. (2003). "Stellar Kinematic Groups. II. A Reexamination of the Membership, Activity, and Age of the Ursa Major Group". Astronomical Journal 15 (4): 1980–2017. Bibcode:2003AJ....125.1980K. doi:10.1086/368241. 
  136. Croswell, Ken (27-7-2005). "The life and times of Sirius B". Astronomy, online. Arquivado dende o orixinal o 28-07-2012. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  137. Eggen, Olin J. (1992). "The Sirius supercluster in the FK5". Astronomical Journal 104 (4): 1493–1504. Bibcode:1992AJ....104.1493E. doi:10.1086/116334. 
  138. Olano, C. A. (2001). "The Origin of the Local System of Gas and Stars". The Astronomical Journal 121: 295–308. Bibcode:2001AJ....121..295O. doi:10.1086/318011. 
  139. B. Famaey, A. Jorissen, X. Luri, M. Mayor, S. Udry, H. Dejonghe, C. Turon (2004). "Dynamical Streams in the Solar Neighbourhood" (PDF). Proceedings of the Gaia Symposium "The Three-Dimensional Universe with Gaia" (ESA SP-576). Held at the Observatoire de Paris-Meudon, 4-7 October 2004 (en inglés): 129–133. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  140. The editors of Asimov's Science Fiction and Analog (1993). St. Martin's Griffin, ed. Writing Science Fiction & Fantasy. pp. 108. ISBN 978-0312089269. 
  141. 141,0 141,1 (Brosch 2008, p. 33)
  142. Net Industries, LLC (ed.). "Sirius Satellite Radio, Inc. – Company Profile, Information, Business Description, History, Background Information on Sirius Satellite Radio, Inc". Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  143. Internet Movie DataBase. ""V" (1984)". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  144. McEnery, Paul (16-1-2001). "Karlheinz Stockhausen". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 06-08-2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  145. "Beam me up, Stocky". The Guardian. 13-10-2005. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  146. "Sirius by The Alan Parsons Project". Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  147. Therion. "Lemuria and Sirius B (2004)". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2010. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  148. Juan C., Metalicos.com. "Reseña de Gojira - From Mars to Sirius". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  149. Chambré, Bernard; Chesnais, Hervé; Colin, Gérard; Morineau, Dominique; Steiner, Hubert; y Tichit, Michel (Académie de Rouen). "Micromégas. Texte intégral conforme à l'édition de René Pomeau" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  150. Araújo Duarte, Paulo. Universidade Federal de Santa Catarina, ed. "Astronomia na Bandeira Brasileira". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  151. "MATO GROSSO – MT" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  152. Pedro Rocha Jucá; Casa Militar do Estado de Mato Grosso. "Símbolos Oficiais: bandeira de Mato Grosso" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  153. "About Macquarie University—Naming of the University". Macquarie University official website. Macquarie University. 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  154. Baker, Douglas (1977). Aquarian Press, ed. The Seven Rays: Key to the Mysteries. Wellingborough, Herts. ISBN 087728377X. 
  155. Henderson, G.; Stanbury, M. (1988). The Sirius: Past and Present. Sydney: Collins. p. 38. ISBN 0-7322-2447-0. 
  156. Royal Australian Navy (ed.). "HMAS Sirius". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  157. "El naufragio del Sirio". Cartagena Histórica. 
  158. Van der Linden, F. R. (2000). "Lockheed 8 Sirius". National Air and Space Museum. Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barnett, Mary (1998). Götter und Mythen des alten Ägypten. Verlag Gondrom. ISBN 3-8112-1646-5. 
  • Barker, Thomas; Stukeley, W. (1760). "Remarks on the Mutations of the Stars". Philosophical Transactions 51 (0): 498–504. JSTOR 105393. doi:10.1098/rstl.1759.0049. 
  • Brosch, Noah (2008). Sirius Matters 354. Astrophysics and Space Science Library. Dordrecht: Springer. ISBN 1-4020-8318-1. 
  • Burnham, Robert; Dyer, Alan; Kanipe, Jeff (2001). Astronomía: guía del cielo nocturno. Descubrir y conocer. Tradución de Dulcinea Otero-Piñeiro e revisión de David Galadí-Enríquez (Barcelona: BLUME). ISBN 84-8076-413-9. 
  • Comellas, José Luis (2002) [1979]. Guía del firmamento (7ª ed.). Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 84-321-1976-8. 
  • Galadí-Enríquez, David; Gutiérrez Cabello, Jordi (2001). Astronomía general: teórica y práctica. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1168-X. 
  • Holberg, J.B. (2007). Sirius: Brightest Diamond in the Night Sky. Chichester, Reino Unido: Praxis Publishing. ISBN 0-387-48941-X. 
  • Porcellino, Michael (1992). Antonio García Brage, ed. A young astronomer's guide to the Night Sky - En busca de las estrellas: una introducción a la astronomía. Tradución ao castelán de José Miguel Miranda Pantoja, revisión técnica de Lorenzo Abellanas Rapún. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España. ISBN 84-7615-904-8. 
  • Sams, Erich (2007). Sirius – Der Wächter am Tor. Glanz und Elend des Fixsterns Sirius in den alten Religionen. Mering: Pro Literatur Verlag. ISBN 978-3-86611-312-1. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]