Saltar ao contido

Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada 2007

Esta páxina está permanentemente protexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvidos á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.

Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 217.414 artigos.


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985. Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron os Camiños de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do Norte de España (1993), compartido con outras rexións europeas, a Muralla de Lugo (2000) e a Torre de Hércules (2009). Os catro sitios son culturais.

A balsa muisca (en muisca: zhiny myska) ou balsa dourada (en muisca: zhiny kihichá) é unha peza votiva de ourivaría precolombiana feita pola cultura muisca, un pobo indíxena que habita no Altiplano Cundiboyacense dos Andes colombianos. A peza probablemente fai referencia á cerimonia de ofrenda de ouro descrita na lenda de El Dorado, que ocasionalmente tiña lugar na lagoa de Guatavita. Neste ritual, o novo xefe muisca (o zipa), que estaba a bordo dunha balsa e cuberto de po de ouro, guindaba obxectos de ouro á lagoa como ofrendas aos deuses, antes de mergullarse na lagoa. A figura foi creada entre os anos 1295 e 1410 mediante fundición á cera perdida nunha aliaxe de ouro con prata e cobre. A balsa formaba parte dunha ofrenda que foi colocada nunha cova do concello de Pasca. Dende o seu descubrimento en 1969, a balsa muisca converteuse nun emblema nacional de Colombia e foi representada nos selos de correos. A peza está exposta no Museo do Ouro de Bogotá.

Hoxe é luns, 30 de decembro. Tal día como hoxe, no ano:

Hoxe é o Día de José Rizal en Filipinas.


Matemáticas e Ciencias naturais:
AstronomíaBioloxíaBotánicaCiencias naturaisFísicaMatemáticasMeteoroloxíaOceanografíaQuímicaXeoloxíaZooloxía

Filosofía e Ciencia social:
ArqueoloxíaEconomíaFilosofíaHistoriaLingüísticaPolíticaPsicoloxíaDereitoSocioloxíaXeografía (Galicia)

Ciencia e Tecnoloxía:
AgriculturaArquitecturaEnxeñaríaEstatísticaInformáticaMedicinaTelecomunicaciónsTransporte

Arte e Cultura:
ArteCineCociñaCulturaDeporteLiteraturaMúsicaMitoloxíaTeatro


Wikipedia:Imaxe da semana/1 2024

Wikipedia noutras linguas

Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés

Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Holandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés

Wikipedia e os proxectos irmáns
Meta-Wiki Meta-Wiki - Coordinación Wikipedia Commons - Multimedia Wiktionary Galizionario - Dicionario
Wikibooks Galilibros - Libros Wikisource Wikisource - Documentos Wikiquote Galicitas - Citas
Wikispecies Wikispecies - Especies Wikinews Wikinews - Novas Wikinews Wikiversity - Aprendizaxe