Pasca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Provincia do Sumapaz | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 264,24 km² | |||
Altitude | 2.180 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Juan de Céspedes Ruiz (en) | |||
Creación | 1537 (Gregoriano) | |||
Sitio web | pasca-cundinamarca.gov.co… |
Pasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca, coñecido polo seu museo arqueolóxico e pola Balsa muisca de ouro atopada nas súas terras (exhibida no Museo do Ouro de Bogotá). Atópase no Altiplano Cundiboyacense a unha distancia de 71 km da capital do país, Bogotá. Ten fronteira cos concellos de Fusagasugá, Sibaté e Soacha polo norte, Bogotá D.C. polo norte e leste, Arbeláez polo sur e Fusagasugá polo oeste.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O municipio antes da chegada dos españois era territorio dos muiscas e o seu nome en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «cercado do pai». Foi fundado en 1571 na expedición de Juan de Céspedes enviado por Gonzalo Jiménez de Quesada. Neste sector habitaban os pascas, pero o pobo atopábase situado nun sitio diferente do actual.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Pasca foi explorada en 1537 por Juan de Céspedes, nunha expedición enviada por Gonzalo Jiménez de Quesada.
O 24 de decembro de 1928, Carlos García e Enrique Liévano levan á vila os dous primeiros carros tirados por bois. Entre 1937 e 1940 créase a primeira empresa de transportes, a frota Unida.
En 1969 é atopada a Balsa muisca en ouro, que representa o ritual de El Dorado.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ páxina oficial do concello (ed.). "Historia de Pasca". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ (en castelán) Banco de la Republica: Exposición del Museo del Oro del Banco de la República en Bogotá
- ↑ (en castelán) Explanation of the metallurgy of the Muisca raft by Eduardo Londoño - Museo do Ouro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 23 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)