Saltar ao contido

Tocaima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTocaima
Imaxe

Localización
Mapa
 4°27′28″N 74°38′05″O / 4.4578, -74.6347
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaAlto Magdalena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.790 Editar o valor en Wikidata (76,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie246 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Bogotá Editar o valor en Wikidata
Altitude530 m Editar o valor en Wikidata
Creación20 de marzo de 1544 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico83 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtocaima-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Tocaima é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena. Atópase a 102 km ó suroeste de Bogotá, e a unha altitude de 400 m. A temperatura media anual é de 27 °C. É denominada "Cidade Saúde de Colombia", debido ás propiedades terapéuticas das súas augas e lodos con xofre, empregados dende tempos prehispánicos.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Tocaima provén dun antigo guerreiro da tribo guacaná, pertencente á nación panche. O guerreiro Tocaima era adorado polos homes da tribo debido á súa valentía e fazañas bélicas.

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Tocaima estivo habitado pola tribo guacaná, que pertencía á nación panche. A tribo era gobernada polo cacique Guacaná, que tiña dominio sobre os seus veciños, os acaymas, membros dun concello tribal.

O 20 de marzo de 1544, o mariscal español Hernán Venegas Carrillo fundou o poboado de San Dionisio de los Caballeros de Tocaima, un pouco máis abaixo da localización actual. O 7 de febreiro de 1549 o rei Carlos V de España, mediante Real cédula de Valladolid, outorgou a Tocaima o título de "Hidalga e Nobre Vila", xunto co escudo de armas.[2]

Os constantes asulagamentos provocadas polo desbordamento do río Pati fixeron que en 1581 a poboación fose abandonada, ata que o 18 de marzo de 1621, por orde de Juan de Borja y Armendia, presidente da Real Audiencia de Santafé, Tocaima foi refundada polo capitán Martín de Ocampo.

O 25 de abril de 1669 naceu en Tocaima Jerónima Nava y Saavedra, unha das principais escritoras da colonia colombiana, xunto coa tunjana Francisca Josefa del Castillo.

  1. CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Tocaima.
  2. "Alcaldía de Tocaima / Información General / Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]