Gachalá
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 448,29 km² | |||
Altitude | 1.712 m | |||
Creación | 22 de febreiro de 1810 | |||
Páxina web | gachala-cundinamarca.gov.co… |
Gachalá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 120 km ó leste de Bogotá. Gachalá é coñecida como a "Capital Hidroeléctrica de Colombia".
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Gachalá», en lingua muisca quere dicir «Ola de Barro da Noite», ou «Derrota da Noite».
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Gachalá estivo habitado polos indíxenas chíos, da comunidade muisca. A principios do ano 1700, a área de Gachalá foi abandonada polos seus habitantes, quen consideraron as súas terras estériles e moi montañosas, polo que decidiron desprazarse cara a terreos máis fértiles no que hoxe se coñece como Mámbita e os seus arredores.
En 1804, Mariano de Mendoza y Bueno, a quen se lle atribúe a fundación de Gachalá, solicitou ó vicerrei Antonio José Amar y Borbón a doazón destas terras co propósito de fundar a poboación. Seis anos máis tarde, o vicerrei, por decreto do 22 de febreiro de 1810, decide elevar a Gachalá á categoría de parroquia e ordena librar o título correspondente.
A poboación orixinouse nunha misión de relixiosos xesuítas que se estabeleceu alí en 1810. Tamén se acepta ó presbítero José Ignacio de la Barrera como fundador en 1819.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gachalá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)