Une, Cundinamarca
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 233 km² ![]() | |||
Altitude | 2.376 m ![]() | |||
Creación | 1538 (Gregoriano) ![]() | |||
Sitio web | une-cundinamarca.gov.co… ![]() |
Une é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Oriente, a 43 km ó sueste de Bogotá.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Une», en muysc cubun (lingua muisca) significa «pota», ou centro de reunión do cacicado de Ubaque. Segundo o dicionario de Acosta Ortegón o outro significado é «cousa boa».
Historia
[editar | editar a fonte]A data de fundación do concello de Une foi o 22 de febreiro de 1538. O primeiro encomendeiro foi Diego Romero, da tropa de Gonzalo Jiménez de Quesada. A comezos de novembro de 1594 o ouvidor Miguel de Ibarra en visita deu descrición de 1.058 indios. O 19 de xuño de 1600 o ouvidor Luís Enríquez por auto proferido en Santafé determinou poboar os indios de Queca e Une nunha soa vila que era Une.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Une, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 23 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)