Saltar ao contido

El Peñón, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEl Peñón, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 5°14′56″N 74°17′27″O / 5.2489, -74.2908
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.759 Editar o valor en Wikidata (36,05 hab./km²)
Xeografía
Superficie132 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.310 m Editar o valor en Wikidata
Creación1822 Editar o valor en Wikidata

Páxina webelpenon-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

El Peñón é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Rionegro, a 121 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altura de 1310 m s. n. m.

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de El Peñón estivo habitado polos indíxenas teramas, que ocupaban a beira do río Bunque, tributario do río Murca (ou río das pedras verdes). Os teramas estaban dirixidos polo cacique Terama, que fixo fronte á expedición conquistadora do capitán español Antonio de Toledo no século XVI.

El Peñón foi oficialmente fundado por Pedro Bustos en 1822 co nome de El Peñón de Terama.[1]

  1. "191 años de Nuestro Bello Municipio". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]