Saltar ao contido

Simijaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSimijaca
Imaxe

Localización
Mapa
 5°30′12″N 73°51′06″O / 5.5033, -73.8517
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie107 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.559 m Editar o valor en Wikidata
Creación14 de agosto de 1600 Editar o valor en Wikidata

Páxina websimijaca-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Simijaca é un concello do departamento de Cundinamarca, Colombia, que se atopa na provincia de Ubaté, a 135 km de Bogotá.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Simijaca, en muysc cubun (lingua muisca) significa «peteiro de curuxa».

Templo parroquial da Inmaculada Concepción de Simijaca.

Na época precolombiana, o territorio do concello estaba habitado polos indíxenas sutas e simijacas, que pertencían ó pobo muisca. Estes foron sometidos polo conquistador español Hernán Pérez de Quesada en 1541. En 1548, o franciscano Frei Luis Zapata de Cárdenas creou a Parroquia de Simijaca logo de efectuar unha visita pastoral á Parroquia de Susa. A dirección da Parroquia foi encomendada ós pais dominicos de Chiquinquirá.[2]

O Oidor Luis Enríquez, por auto de 14 de agosto de 1600 proferido en Cucunubá, fundou o actual poboado de Simijaca, formado polos indios de Simijaca, os de Fúquene e os de Nemoguá.[1]

  1. 1,0 1,1 Páxina oficial do concello de Simijaca. Información xeral Arquivado 08 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 9 de decembro de 2010.
  2. Blog de la Iglesia de Simijaca - Reseña histórica (Consultado el 27 de enero de 2018).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]