Accidentes ferroviarios en Galicia
Aparencia
Desde a chegada do ferrocarril a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias, ou mesmo por suicidio. Entre os máis graves poden citarse os seguintes:
Data | Lugar | Descrición | Vítimas |
---|---|---|---|
16/09/1878 | Entre Redondela e Vigo, km 9 | Descarrilou o tren da liña Ourense-Vigo polo mal estado das travesas, quedando só a máquina na vía. | Sen danos persoais |
28/07/1881 | Viaduto de Madrid (Redondela) | O condutor do tren mixto procedente de Tui golpeou coa cabeza o petril do viaduto mentres examinaba unha peza da parte inferior do furgón no que viña, e caeu ao baleiro | |
20/01/1886 | San Clodio (Ribas de Sil) | Descarrilou un tren de viaxeiros por mor dunha forte nevarada que provocou o derrubamento dunha trincheira. | Unha persoa morta e cinco feridas. |
1895 | Redondela | Colisión do tren Correo de Castela nº3 co de Vigo nº 26. Ás 23:48 entraron ó mesmo tempo en agullas. O xefe de estación alertou co disco anunciador ó tren de Vigo. O maquinista fixo retroceder o tren, máis o Correo de Castela procedente de Porriño non tivo tempo de frear. | Doce persoas feridas. |
26/02/1896 | Estación de Redondela | Chocaron un tren correo e un mercadorías. | Dúas persoas mortas e once feridas. |
17/05/1899 | Chapela (Redondela) | Atropelo | Faleceu unha meniña de dous anos e medio. |
17/04/1901 | O Coto (Cesantes, Redondela) | Atropelo. | Adelaida Figueroa, de 18 anos faleceu ao tentar salvar unha nena que se atopaba distraída na vía. |
11/08/1901 | Estación de Redondela | Unha máquina e cinco vagóns descarrilados. | Varias persoas feridos sen gravidade. |
?/09/1902 | Redondela | Atropelo do tren correo. | Rita Prieto Malde resultou ferida de gravidade nun brazo. |
07/11/1902 | Preto da estación de San Clodio - Quiroga | Descarrilou un tren de mercadorías. | Unha persoa morta e catro feridas. |
06/06/1906 | Preto do Barco de Valdeorras. | Descarrilou un tren mixto. | Unha persoa morta e outra ferida. |
19/06/1908 | Redondela | O tren que viña de Vigo atropelou unha muller que caera á vía ao ser agredida por unha parella de bois que coidaba logo de que estes se asustasen polo ruído do tren ao saír do túnel. | Morte de Regina Carrera.[1] |
28/05/1910 | Entre o túnel dos Valos e o viaduto de Redondela | Atropelo do tren descendente nº 11 | Faleceu José Martínez Pérez. |
18/12/1910 | Entre Arcade e Redondela | Descarrilamento por mor dun desprendemento de terras. | Sen danos persoais. |
14/05/1914 | Estación de Redondela | O tren rápido Vigo-Santiago rozou por un lateral cun tren de traballo que retrocedía da vía-apartado, do cal descarrilaron tres plataformas. | Dous ou tres pasaxeiros feridos leves. |
10/03/1915 | Entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente) | Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. | 19 persoas mortas e 25 feridas.[2]. |
12/11/1916 | Estación de Bóveda | Choque de dous trens de mercadorías. | Unha persoa morta e seis feridas.[3]. |
19/01/1917 | Estación das Neves | Descarrilamento de cinco vagóns dun tren de mercancías cargado de mistos.[4] | |
27/09/1918 | Estación de Ribadavia | Descarrila un tren rápido. | Catro feridos.[5] |
02/03/1919 | Proximidades de Redondela | Caen dous obreiros dun tren de carga ao pasar por un túnel. | Un morto e un ferido grave.[6] |
13/09/1922 | Estación de Monforte de Lemos | Atropelo de dúas mulleres. | Un morto e un ferido.[7] |
07/10/1928 | Paredes (Vilaboa) | Descarrilou o correo matutino Pontevedra-Vigo, e o ténder da locomotora e varios vagóns caeron á enseada de San Simón por un terraplén de 7 metros. Dos vinte e catro vagóns do convoi, cinco eran de pasaxeiros, mais non se viron afectados ao iren na cola do tren. | Unha persoa morreu ao saltar do tren en marcha cando viu que descarrilaba, e dúas persoas resultaron feridas.[8] |
03/12/1928 | Guitiriz | Un tren de mercadorías atropela un coche nun paso a nivel, estoupando o depósito de gasolina. | Tres mortos, entre eles o exhibidor cinematográfico Antonio Méndez Laserna.[9] |
20/06/1929 | Estación de Redondela | Atropelo. Unha señora levaba no colo a súa filla pequena, e baixou do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. Foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o bordo da plataforma, e as rodas do tren amputáronlle un brazo á meniña. | Unha ferida. |
21/05/1930 | Estación de San Clodio | Atropelo. | Dous feridos.[10] |
14/10/1930 | Entre a estación da Pousa (Crecente) e a estación de Arbo | Descarrilou o expreso Madrid-Vigo. | Unha persoa morta e doce feridas.[11] |
18/03/1931 | Estación de Redondela | Atropelo. Un mozo apeouse do tren, e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina e caeu á vía. O tren arrastrouno uns metros aprisionado entre a plataforma e o estribo. | Un ferido leve. |
18/03/1931 | Estación de Redondela | O tren procedente de Santiago non deu freado e rebentou os topes situados ao final da vía morta, polo que descarrilou. | O maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves. |
05/10/1931 | Estación de Vigo | Un home é atropelado cando cruzaba a vía. | Morte de Estanislao Méndez Treviño.[12] |
10/02/1932 | Rande (Cedeira, Redondela) | Un tren descarrilou a carón da Vidreira. | Sen danos persoais. |
23/03/1932 | Un home é atropelado cando trataba de subir ao tren. | Un morto.[13] | |
10/07/1933 | Preto da estación de Curtis | Descarrilou un furgón e dous coches do expreso Madrid-A Coruña. | Tres persoas mortas e 47 feridas. |
08/08/1933 | Proximidades da estación de Barallobre | Descarrila un vagón de pasaxeiros unido a un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[14] |
23/09/1933 | Preto do viaduto de Pontevedra (Redondela) | Atropelo, logo de que unha muller xorda non escoitase o tren | Unha persoa morta. |
11/10/1933 | Proximidades da estación de Montefurado | Chocan o expreso de Galicia e un tren mixto. | Nove feridos.[15] |
?/11/1934 | Estación de Redondela | Un home caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra, e faleceu atropelado. | Morte de Francisco Iglesias Lusquiños, de 65 anos. |
11/10/1935 | Entre a estación de San Clodio - Quiroga e a estación da Pobra do Brollón | Descarrilou un tren de mercadorías. | Unha persoa morta e tres feridas. |
17/10/1935 | Entre as estacións de Parga e Baamonde | Descarrila un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[16] |
04/12/1935 | Estación de Monforte de Lemos | Atropelo dunha muller. | Un morto.[17] |
02/07/1936 | Estación do Norte (A Coruña) | Unha máquina atropela un grupo de persoas que ían á beiravía. | Cinco feridos.[18] |
08/08/1939] | Panxón (Nigrán) | Un tren atropela un home que intentara subir en marcha. | Morte de Ventura Requejo.[19] |
12/08/1939 | Túnel de Redondela | Un tren atropela unha muller e a súa filla, que intentaban subir. | Morte de María Rodríguez, de 62 anos.[20] |
20/09/1948 | Entre as estacións de Valos e Redondela | Descarrila un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[21] |
05/08/1948 | Entre Parga e Baamonde | Descarrila un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[22] |
22/03/1949 | Estación de Betanzos - Norte | Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. | Dous mortos e dous feridos.[23] |
16/07/1949 | As Curuxeiras | Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. | Un morto, un ferido e un desaparecido.[24] |
19/07/1949 | Estación de Arcade | Chocan dous trens. | Catorce feridos.[25] |
21/10/1949 | Paso a nivel de Paredes (Vilaboa) | Unha camioneta é atropelada cando regresaba de Vigo a Pontevedra. | Falecidos Rodolfo Estévez López e o director da Banda Popular de Marín, José R. Sampablo. Varios músicos feridos[26]. |
06/12/1950 | Preto da estación de Cecebre (Cambre) | Choque do correo Madrid–A Coruña cun automotor. | Cinco persoas mortas e arredor de dez feridas.[27]. |
27/11/1951 | Chapela (Redondela) | Descarrilamento da máquina do tren mixto da liña Vigo-Madrid por un desprendemento de terra. | Sen danos persoais. |
30/12/1951 | Estación de Redondela | Descarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola do tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta. | Varios feridos, un deles de gravidade. |
08/03/1952 | A Pobra de San Xiao (Láncara) | Unha locomotora chocou contra un tren. | Morreu o gardafreos. |
18/03/1952 | Estación de Redondela | Atropelo do tren especial de Pontevedra mentres manobraba. | Un ferido ao sufrir a amputación dun pé. |
20/05/1952 | Entre a estación de Padrón e a estación da Escravitude | O expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso. | Doce persoas mortas e numerosas feridas.[28]. |
29/09/1952 | Estación de Quereño | Descarrila un tren de mercadorías. | Dous feridos.[29] |
28/11/1952 | Estación do Barco de Valdeorras | Descarrila un tren correo. | Sen danos persoais.[30] |
28/11/1952 | Estación dos Peares | Descarrila un tren de mercadorías. | Un ferido.[30] |
07/01/1954 | Entre as estacións de Curtis e Cesuras | Descarrilamento de cinco vagóns do expreso Madrid-A Coruña. | Un ferido leve.[31] |
24/09/1954 | Rábade | Atropelo. | Un morto. O gardagullas Evangelista Rey Galán faleceu ao salvar a vida dun neno[32] |
23/11/1954 | Viaduto da Chanca | Atropelo. | Un morto.[33] |
09/12/1954 | Entre as estacións de Filgueira e Ribadavia | Descarrila unha máquina de tren. | Sen danos persoais.[34] |
18/03/1955 | Viaduto da Chanca | Un home caeu á vía mentres viaxaba no tren. | Un ferido.[35] |
24/03/1955 | Estación da Coruña | Un tren correo atropela unha muller. | Morte de María de los Ángeles Valencia Fernández.[36] |
10/12/1955 | Estación de Laxosa | Chocan un expreso CV 12 e o Shanghai 413. | Sete feridos.[37] |
19/01/1956 | Estación de Redondela | Un tren que entraba no depósito de máquinas chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria. | Dous feridos: o condutor e o fogueiro do tren de mercadorías. |
17/08/1956 | Na estación de Teixeiro | Chocaron dous mercantes por un erro no cambio de agullas. | Dúas persoas mortas e outras dúas feridas. |
21/09/1956 | Ourense | Descarrila un tren de mercadorías. | Un morto e un ferido.[38] |
29/09/1956 | Estación de Lugo | O expreso A Coruña-Madrid sofre un corte de tensión que provoca unha detención repentina e descarrilan algúns vagóns. | Sen danos persoais.[39] |
01/11/1956 | Entre as estacións da Pobra do Brollón e do Freixeiro | Varios vagóns de mercadorías saen da vía. | Dous feridos.[40] |
04/12/1956 | Estación da Rúa - Petín | Descarrilan cinco vagóns do correo Vigo-A Coruña-Madrid. | Sen danos persoais.[41] |
28/12/1956 | Entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) | Descarrilou o expreso Madrid-A Coruña. | Cinco persoas mortas e 49 feridas.[42]. |
02/06/1957 | Túnel entre as estacións de Areas e Santo Estevo | Descarrila un tren de mercadorías. | Dous feridos.[43] |
22/07/1957 | Na estación de Vilagarcía de Arousa. | Bateron de fronte dous trens de viaxeiros das liñas A Coruña-Vigo e Vigo-Santiago de Compostela, por un erro na posición dos cambios de agullas. | 39 persoas feridas. |
02/09/1957 | Proximidades da estación de Pontevedra | Un tren atropela un rapaz de catorce anos. | Un morto.[44] |
04/09/1957 | Estación do Freixeiro | Descarrilan dous vagóns con cemento e salvado. | Un ferido grave.[45] |
21/03/1958 | Chapela (Redondela) | O tren curto de Pontevedra descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do cal había casas habitadas. | Sen danos persoais. |
05/07/1958 | Ponte de San Xoán | Un tren atropela un home. | Un morto.[46] |
26/08/1958 | Entre as estacións de Chapela e Vigo | Atropelo. | Un morto.[47] |
27/10/1958 | Estación de Santo Estevo do Sil | Descarrila un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[48] |
28/10/1958 | Estación de Ourense-Empalme | Choca unha máquina diésel coa máquina dun expreso. | Catro feridos.[49] |
03/01/1959 | Un tren atropela un home. | Un morto.[50] | |
03/01/1959 | Estación de Sarria | Un tren atropela unha muller. | Un ferido moi grave.[50] |
23/03/1960 | Salvaterra de Miño | Atropelo. | Un morto.[51] |
12/08/1960 | Estación de Ribadavia | Choque de dous trens. | Once feridos graves.[52] |
15/05/1961 | Verín | Atropelo. | Un morto.[53] |
01/05/1962 | Atropelo. | Un morto.[54] | |
20/12/1963 | Preto da estación de Oural (Sarria) | Descarrilaron varios vagóns dun tren mercadorías. | Unha persoa morta e dúas feridas. |
02/01/1964 | Baños de Molgas | Descarrilou a locomotora do tren da liña Ourense-Zamora ao saír do túnel 88. Caeu nun camiño polo que circulaba un ciclista, que faleceu. | Unha persoa morta. |
01/01/1966 | Proximidades da estación da Pobra do Brollón | Atropelado un traballador das vías. | Un morto.[55] |
29/09/1967 | Entre Ribeiras de Lea e Outeiro de Rei | Atropelo. | Un morto.[56] |
29/09/1967 | Paso a nivel do Salgueiral | Atropelo. | Un morto.[56] |
13/12/1967 | Estación de Ourense | Atropelo. | Unha muller sofre a amputación dunha perna.[57] |
25/01/1968 | Estación de Rubián | Descarrilou un tren con cemento. | Unha persoa morta e outra ferida.[58]. |
27/08/1968 | Proximidades de Foz | Un home suicídase arroxándose ao tren. | Un morto.[59] |
18/01/1969 | Alba (Pontevedra) | Descarrilou o rápido Vigo-A Coruña ao abrandar as terras por mor das choivas. A locomotora e varios vagóns precipitáronse por un terraplén. | Dúas persoas mortas, 37 feridas e dúas desaparecidas (o maquinista e un axudante)[60]. |
15/02/1969 | Estación de Baños de Molgas | Un traballador esvara ao subir ao tren en marcha. | Un morto.[61] |
24/09/1969 | Begonte | Atropelo. | Un morto.[62] |
17/07/1970 | Laza | Descarrila un vagón do expreso Madrid-A Coruña. | Sen danos persoais.[63] |
12/04/1971 | Laza | Descarrilan dous vagóns do Ter. | Sen danos persoais.[64] |
01/12/1971 | Paso a nivel de Pumares-Sobradelo | Choque dun tren cun automóbil nun paso a nivel. | Tres mortos.[65] |
14/07/1973 | Covas (Viveiro) | Descarrilou un vagón de pasaxeiros do FEVE na liña Ferrol-Xixón. | Catro persoas mortas e dúas feridas. O maior accidente en liña de vía estreita en Galicia. |
02/11/1973 | Entre O Porriño e Redondela | Descarrila un tren de mercadorías. | [66] |
10/05/1974 | Proximidades da estación da Pobra do Brollón | Descarrila un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[67] |
30/08/1974 | Estación da Ponte Taboada | Descarrila un tren de mercadorías na Ponte Taboada. | Catro vagóns caen sobre o río Deza en Prado (Lalín)[68][69] |
15/04/1975 | Taboadela | Chocaron unha locomotora e dous tractores de manobras que circulaban en dobre composición. | Dúas persoas mortas e seis feridas. |
12/08/1975 | Entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa | Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. | Seis persoas mortas e máis de corenta feridas.[70]. |
04/11/1975 | Provincia de Lugo | Un tren choca cun autobús nun paso a nivel. | Doce feridos.[71] |
08/11/1975 | Entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio | O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. | Cinco persoas mortas e 9 feridas.[72]. |
09/12/1975 | Sobradelo, Carballeda de Valdeorras | Rotura dunha vía. | Sen danos persoais.[73] |
23/12/1975 | Descarrilan tres vagóns do expreso Rías Altas. | Sen danos persoais.[74] | |
05/03/1976 | Entre as estacións de Oural e Rubián | Atropelo. | Un morto.[75] |
25/03/1976 | Sobradelo, Carballeda de Valdeorras | Un neno cae dun tren. | Un ferido leve.[76] |
11/05/1976 | Casabranca, Oza, A Coruña | Descarrila un vagón do expreso A Coruña-Madrid. | Dúas persoas feridas.[77] |
09/09/1976 | Rande (Redondela)[78]. | O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. | O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, mais outras fontes sinalaron vinte mortos.[79]. |
10/02/1977 | Estación de Bóveda | Un expreso entra nunha vía morta e choca co edificio da estación. | Nove feridos.[80] |
05/04/1981 | Estación de Oza dos Ríos | O expreso A Coruña-Irún e o semidirecto Monforte-A Coruña chocaron frontalmente por un erro na posición dos cambios de agullas. | 38 persoas feridas. |
09/04/1981 | A Pousa (Crecente) | Descarrilou o expreso Barcelona-Vigo. | 24 persoas feridas. |
06/10/1985 | Parga (Guitiriz) | Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. | Dúas persoas falecidas, Jesús Ferros Castro e Delia Iglesias Piñeiro[81] |
01/10/1986 | O Carril (Vilagarcía de Arousa) | Atropelamento | Emilio José Tobío García, de once anos falecido cando cruzaba a vía cunha bicicleta.[82] |
16/04/1987 | Provincia de Ourense | Chocan un tren correo e o vagón de cola do “Rías Altas”. | Seis feridos.[83] |
14/10/1987 | Santiago de Compostela | Descarrila un tren Talgo por mor dun derrubamento. | Doce feridos.[84] |
05/05/1988 | Santiago de Compostela | Atropelamento. | Un home falecido, Óscar Ortega Vasalo.[85][86] |
30/10/1993 | Preto dos Peares. | Atropelo no interior dun túnel. | Tres adolescentes mortos[87] |
26/12/1995 | Estación de Guitiriz | Un tren de mercadorías choca co expreso A Coruña-Barcelona. | Sen danos persoais[88] |
27/08/2000 | Preto da estación de Barra de Miño (Coles) | Un turismo foi atropelado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. | Catro persoas mortas e unha ferida de gravidade.[89]. |
8/10/2000 | Boebre (Pontedeume) | Descarrila un tren de época que conmemoraba o 125 aniversario da liña Lugo-A Coruña. | Sen danos persoais.[90] |
18/11/2000 | Vigo | Un rexional TRD da liña Coruña-Vigo choca co tope da estación | 23 persoas feridas[91] |
21/10/2001 | Portela (Barro) | Descarrilamento do tren Costa de Galicia por un desprendemento de terra debido ás choivas. | Sen danos persoais[92] |
10/09/2002 | Figueirido (Vilaboa) | O tren rexional A Coruña-Vigo bateu contra un tractor que caera á vía desde unha estrada paralela. | Un ferido leve.[93] |
07/12/2004 | Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) | Atropelo. | Un home de 62 anos falecido. Posible suicidio.[94] |
19/12/2004 | Figueirido (Vilaboa) | Atropelo do TRD A Coruña-Vigo. | Un mozo de 22 anos falecido. Posible suicidio.[94] |
13/04/2005 | Salcedo (Pontevedra) | Unha pa escavadora golpeou un tren rexional R-598 da liña Vigo-A Coruña | Seis persoas feridas.[95] |
25/04/2007 | Valga | Nun paso a nivel un tren rexional atropelou un turismo. | Tres persoas mortas, os ocupantes do coche.[96]. |
30/10/2007 | Paredes (Vilaboa) | O tren rexional Vigo-A Coruña atropelou un home de 78 anos. | Un ferido de gravidade.[97]. |
03/01/2008 | A carón da estación de Pontecesures | Descarrilamento do R-598 A Coruña-Vigo | Sen danos persoais.[98] |
17/03/2009 | Salcedo (Pontevedra) | Atropelo | Unha persoa ferida.[99] |
16/01/2010 | Ourense | Atropelo dunha rapaza | Unha rapaza ferida[100] |
19/07/2011 | Cerponzóns (Pontevedra) | Choque nun paso a nivel do rexional Vigo-A Coruña cun camión nas obras do eixe atlántico de alta velocidade. | Tres persoas feridas.[101]. |
15/04/2012 | O Porriño | O tren Vigo-Madrid atropelou un home nun paso a nivel | Unha persoa morta.[102] |
12/05/2012 | Catoira | O tren rexional A Coruña-Vigo atropelou unha persoa. | Un home morto.[103] |
24/07/2013 | Curva da Grandeira, en Angrois (Santiago de Compostela) | O Alvia 730 da liña Madrid-Santiago de Compostela descarrilou por exceso de velocidade. | 80 persoas mortas e 144 feridas. Véxase accidente de Angrois. |
07/03/2014 | Pontecesures | Atropelo dunha vaca | Unha vaca morta.[104] |
15/04/2014 | Ponte Sampaio (Pontevedra) | Descarrilou un tren de mercadorías. | Sen danos persoais.[105]. |
21/05/2014 | Ponte sobre o río Lérez, en Lérez (Pontevedra) | Atropelo | Unha persoa morta. Posible suicidio.[106] |
04/09/2014 | Bamio (Vilagarcía de Arousa) | Atropelo | Unha muller morta.[107] |
9/02/2015 | Estación da Susana, Santiago de Compostela | Un tren de mercadorías que estaba a facer manobras de enganche de vagóns chocou contra un tope de final de vía | Tres vagóns descarrilados. Sen danos persoais.[108] |
26/03/2015 | Mos, preto da Estación do Porriño | O tren da liña entre Valença do Minho e Vigo atropelou unha muller | Unha muller falecida.[109] |
19/06/2015 | Louredo (Mos) | Un tren de mercadorías bateu contra un coche que caera á vía desde a estrada N-550 | Sen danos persoais.[110] |
30/08/2016 | Bamio (Vilagarcía de Arousa) | Un tren atropelou un rapaz de 20 anos | Un home falecido.[111] |
09/09/2016 | O Porriño | Descarrilou un tren da liña Vigo-Porto, chocando contra un poste eléctrico | Catro persoas mortas e máis de corenta feridas.[112][113] Véxase accidente ferroviario do Porriño. |
17/11/2016 | Pontevedra | Un tren atropelou unha persoa | Unha persoa morta.[114] |
11/07/2017 | Figueirido, Vilaboa | Un tren atropelou unha persoa na entrada ao túnel de Canaval desde Arcade | Unha muller morta[115] |
01/12/2017 | A Coruña | O tren da liña A Coruña-Monforte de Lemos atropelou unha persoa | Unha muller morta[116] |
25/04/2018 | A Coruña | Atropelo dunha persoa no túnel do Casabranca | Unha muller morta[117] |
27/06/2018 | Vilaronte, Foz | Atropelo dunha persoa | Unha muller morta[118] |
10/11/2018 | Portela (Barro) | Choque contra unha árbore caída | Sen danos persoais[119] |
28/07/2020 | Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) | Descarrilamento dun tren de mercadorías na liña entre Monforte de Lemos e Ponferrada | Sen danos persoais[120] |
03/12/2020 | Reariz (Alba, Pontevedra) | Descarrilamento[121] | Sen danos persoais |
07/11/2021 | Neda | Atropelo | Un home falecido[122] |
12/07/2023 | Recimil (Lugo). Liña Palencia - A Coruña, km 423 | Colisión en paso a nivel | Dou homes falecidos (J.C.R., de 21 anos e M.F.R., de 19) e outro ferido (J.F.G., de 22 anos), todos eles traballadores da infraestrutura ferroviaria[123] |
23/08/2023 | Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) | Descarrilamento dun tren de mercadorías[124] | Sen danos persoais |
09/10/2023 | Filgueira (Crecente) | Atropelo | Un home morto[125] |
11/10/2023 | As Casas Baratas (O Barco de Valdeorras)[126] | Atropelo | Un home falecido: M.M.L., de 47 anos[127] |
2/01/2024 | O Vicedo[128] | Caída dunha árbore | Sen danos persoais |
28/12/2024 | Foz[129] | Atropelamento de dous cabalos | Sen danos persoais |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Tren descarrilado en Ponte Sampaio, 2014.
-
Accidente ferroviario en Ponte Sampaio, 1928.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arrollada por el tren", artigo en ABC, 20 de xuño de 1908 (en castelán).
- ↑ "Desprendimiento de tierras. Parte de un tren sepultado", artigo en Heraldo de Madrid, 11 de marzo de 1915, pp. 1 e 2. Hemeroteca dixital da BNE. (data de acceso, 15 de outubro de 2013)
- ↑ "Choque de trenes", artigo en ABC, 13 de novembro de 1916 (en castelán)
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Dos mujeres arrolladas por el tren
- ↑ "Parte de un tren que descarrila, cae al mar. Un muerto y dos heridos graves", artigo en ABC, 9 de outubro de 1928 (en castelán).
- ↑ "El Sr. Méndez Laserna y sus acompañantes, víctimas de un accidente de automóvil", artigo en ABC, 4 de decembro de 1928 (en castelán).
- ↑ Arrollados por el tren
- ↑ Descarrilamiento del Expreso de Madrid a Vigo
- ↑ Teniente de la Guardia Civil arrollado y muerto en accidente ferroviario
- ↑ Destrozado por el tren
- ↑ Un descarrilamiento
- ↑ Choque del expreso de Galicia con un mixto cerca de Montefurado
- ↑ Descarrilamiento de un tren de mercancías
- ↑ Un tren arrolla a una mujer en la estación de Monforte
- ↑ En la estación de Coruña una máquina atropella a un grupo de personas y resultan cinco heridas
- ↑ "Arrollado y muerto por un tren". El Ideal Gallego. 9 de agosto de 1939. p. 3.
- ↑ "Al intentar tomar un tren en marcha resulta muerta una mujer y otra, herida", artigo en ABC, 13 de agosto de 1939 (en castelán).
- ↑ En Redondela descarrila un mercancías
- ↑ Descarrila un tren pescadero en un túnel
- ↑ Dos muertos y dos heridos en un paso a nivel
- ↑ Automóvil arrollado por el tren
- ↑ Catorce heridos en choque de trenes
- ↑ "Se cumplen 65 años del trágico accidente de la Banda Popular de Marín", artigo en Faro de Vigo, 19 de outubro de 2014 (en castelán).
- ↑ "Choque del expreso de Madrid a La Coruña con un automotor. Hubo cinco muertos y numerosos heridos", artigo en ABC, 7 de decembro de 1950, p. 18.
- ↑ "Once personas, según cálculos provisionales, perecieron carbonizadas al chocar el expreso de Galicia con los vagones de un mercancías", artigo en ABC, 21 de maio de 1952, p. 21.
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ 30,0 30,1 Descarrilamiento de un tren correos y un mercancías
- ↑ "Descarrilamiento del expreso de Madrid a La Coruña", artigo en ABC, 8 de xaneiro de 1954 (en castelán).
- ↑ "Rábade solicitará a la Xunta que cree un parque comarcal de bomberos". La Voz de Galicia. 15 de setembro de 2004.
- ↑ Un hombre sordo, arrollado por el tren en Lugo
- ↑ Descarrilamiento
- ↑ Se cae del tren
- ↑ Otros sucesos
- ↑ Chocan dos trenes en la provincia de Lugo
- ↑ Arrollado y muerto por un tren
- ↑ Accidente al expreso Coruña-Madrid
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Descarrilamiento de vagones del correo Vigo-Madrid
- ↑ "Resultan seis personas muertas y cuarenta y nueve heridas al descarrilar el expreso Madrid – Galicia cerca de Quereño (Orense)", artigo en ABC, 29 de decembro de 1956, pp. 55 e 56.
- ↑ Descarrilamiento de un tren
- ↑ Niño arrollado y muerto por un tren
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Dos muertos por el tren
- ↑ Murió un joven arrollado por el tren
- ↑ Descarrilamiento de un tren de mercancías
- ↑ Accidente ferroviario en la estación de Orense
- ↑ 50,0 50,1 Dos personas arrolladas por el tren
- ↑ Arrollados por trenes
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Arrollados y muertos por trenes
- ↑ Muerto al ser arrollado por un tren
- ↑ Muerto por el tren
- ↑ 56,0 56,1 Artigo en ABC
- ↑ Arrollada por el tren en Orense
- ↑ "Un ferroviario muerto y otro gravísimamente herido en descarrilamiento cerca de Monforte", artigo en ABC, 26 de xaneiro de 1968 (en castelán).
- ↑ Se arroja al paso del tren
- ↑ "Dos muertos, dos desaparecidos y treinta y siete heridos al descarrilar el rápido Vigo-La Coruña cerca de Pontevedra", artigo en ABC, 19 de xaneiro de 1969 (en castelán)
- ↑ Mortales accidentes de trabajo
- ↑ Muerto por el tren
- ↑ Descarrila el expreso Madrid-La Coruña
- ↑ Descarrila el Ter
- ↑ Tres miembros de una familia muertos por el tren
- ↑ Descarrila un tren de mercancías
- ↑ Descarrila un tren de mercancías
- ↑ "Cuatro unidades de un mercancías se precipitaron al río Deza. Casi 2 millones de pérdidas". La Voz de Galicia. 3 de setembro de 1974.
- ↑ "Lalín reivindicará de nuevo retirar los vagones caídos al Deza en los años 70". La Voz de Galicia. 9 de agosto de 2020.
- ↑ "Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús", artigo en La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.
- ↑ Accidente en paso a nivel
- ↑ "Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", artigo en ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.
- ↑ Accidente ferroviario
- ↑ Descarrilan en Orense tres vagones del expreso “Rías Altas”
- ↑ Muertos por un tren
- ↑ Un niño sonámbulo se arroja de un tren
- ↑ Accidente de tráfico en la Curva de Casablanca
- ↑ "El trágico accidente ferroviario de Rande", artigo en La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
- ↑ "Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo". El País. 10 de setembro de 1976..
- ↑ "Nueve heridos al estrellarse el expreso Irún-La Coruña en una estación de Lugo". ABC. 11 de febreiro de 1977.
- ↑ "Sucesos". ABC (en castelán). 7 de outubro de 1985.
- ↑ "Niño muerto al ser arrollado por un tren en Vilagarcía Arousa". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1986. p. 29.
- ↑ "Orense: seis personas heridas en un choque de trenes". ABC (en castelán). 17 de abril de 1987.
- ↑ "Maquinista grave por el descarrilamiento de un Talgo". ABC (en castelán). 15 de outubro de 1987.
- ↑ "Sigue sin ser identificado el cadáver de un hombre arrollado por el tren en Santiago". La Voz de Galicia. 10 de maio de 1988. p. 18.
- ↑ "El 'caminante de Boisaca' ni era un fantasma ni un extraterrestre". El Correo Gallego (en castelán). 21 de outubro de 2008.
- ↑ "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense". ABC (en castelán). 31 de outubro de 1993. p. 79.
- ↑ "Chocan dos trenes en Lugo sin producir desgracias personales". ABC (en castelán). 27 de decembro de 1995.
- ↑ "Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras". ABC (en castelán). 28 de agosto de 2000. p. 34.
- ↑ "Un tren de época descarrila en Pontedeume a causa del deterioro de las traviesas". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 2000.
- ↑ "Un fallo eléctrico, posible causa del choque del TRD que provocó 23 heridos en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 2000.
- ↑ "El accidente ferroviario en Portela colapsó ayer la estación de Vilagarcía". La Voz de Galicia. Edición Arousa (en castelán). 22 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016..
- ↑ "Un tren rexional arroia un tractor en Pontevedra", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 2002.
- ↑ 94,0 94,1 "Un joven de 22 años fallece arrollado por un tren en Figueirido"". La Voz de Galicia. Edición Pontevedra (en castelán). 19 de decembro de 2004. Arquivado dende [ttp://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/12/19/3308680.shtml?idioma=galego o orixinal] o 19 de maio de 2016. Consultado o 18 de maio de 2016.
- ↑ "El maquinista evita que descarrile un Nexios que chocó con una excavadora". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2016. Consultado o 18 de maio de 2016..
- ↑ "Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra", artigo en ABC, 26 de abril de 2007, p. 28. (en castelán)
- ↑ "Internado grave no Hospital Juan Canalejo o ferido do accidente de tren en Vilaboa", artigo en La Voz de Galicia, 1 de novembro de 2007.
- ↑ "Un tren descarrilla en Pontecesures sin causar heridos", artigo en 20 minutos, 3 de xaneiro de 2008 (en castelán).
- ↑ "Unha persoa resulta ferida ó ser arroiada por un tren en Pontevedra" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe, 17 de marzo de 2009.
- ↑ "O atropelo dunha rapaza por un tren en Ourense remata con Adif exculpada malia a súa obriga de valar as vías", artigo de José Precedo en Praza Pública, 3 de xaneiro de 2018.
- ↑ "El choque de un tren con un camión obliga a cortar tres horas la vía Vigo-A Coruña", artigo en Faro de Vigo, 19 de xullo de 2011 (en castelán).
- ↑ "Un atropello en Porriño obliga a cortar una hora el tráfico ferroviario entre Vigo y Ourense", artigo en Faro de Vigo, 16 de abril de 2012 (en castelán).
- ↑ "Un arrollamiento mortal en Catoira obliga a paralizar una hora el tráfico ferroviario a Vigo", artigo en Faro de Vigo, 13 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ "El tren atropella y mata una vaca a la altura de Pontecesures", artigo en La Voz de Galicia, 8 de marzo de 2014.
- ↑ "Corte de tráfico ferroviario polo descarrilamento dun tren de mercadorías en Arcade", artigo en Pontevedra Viva, 15 de abril de 2014.
- ↑ "Interrompen o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Portela por un atropelo en Lérez", artigo en Pontevedra Viva, 21 de maio de 2014.
- ↑ "Fallece una persona atropellada por un tren en Vilagarcía", artigo en Diario de Pontevedra, 4 de setembro de 2014 (en castelán).
- ↑ "O descarrilamento de Boqueixón de febreiro de 2015 debeuse a un despiste admitido por quen dirixía a manobra". Praza Pública. 26 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2019..
- ↑ "Una joven muere arrollada por un tren en Mos y el tráfico ferroviario permaneció dos horas cortado", artigo en Faro de Vigo, 27 de marzo de 2015 (en castelán).
- ↑ "Salva la vida tras caer con su coche a la vía en Mos y ser arrollado por un tren" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Vigo é, 19 de xuño de 2015 (en castelán).
- ↑ "Falece un mozo de 20 anos atropelado por un tren en Vilagarcía", artigo en Pontevedra Viva, 30 de agosto de 2016.
- ↑ "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016.
- ↑ "Dos fallecidos y decenas de heridos al descarrilar un tren en Porriño". Faro de Vigo. 9 de setembro de 2016.
- ↑ "Detido o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Santiago por un atropelo mortal". Pontevedra Viva. 17 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de novembro de 2016.
- ↑ "Fallece una persona arrollada por un tren en Vilaboa". Diario de Pontevedra. 11 de xullo de 2017.
- ↑ "Muere una mujer arrollada por un tren en A Coruña", artigo en La Vanguardia, 1 de decembro de 2017 (en castelán).
- ↑ "Unha muller morre arroiada por un tren na Coruña", Galicia Confidencial, 25 de abril de 2018.
- ↑ "Muere una sexagenaria en Foz atropellada por un tren", El Progreso, 28 de xuño de 2018.
- ↑ Natalia Puga e Diego Torrado (10 de novembro de 2018). "Un tren con 35 viaxeiros choca contra unha árbore en Barro e non deixa feridos". Pontevedra Viva. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ "O descarrilamento dun tren de mercadorías en Sobradelo corta a liña Monforte-Ponferrada". O Sil. 28 de xullo de 2020.
- ↑ "Descarrila un tren con 53 pasaxeiros, todos eles ilesos, á entrada de Pontevedra". Pontevedra Viva. 3 de decembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2020. Consultado o 03 de decembro de 2020.
- ↑ "Un pescador de 40 años muere en Neda arrollado por un tren que se dirigía a Ferrol". La Voz de Galicia. 8 de novembro de 2021. Consultado o 11-12-2021.
- ↑ "Un falecido e dous feridos graves tras impactar un tren contra un vehículo en Lugo". Nós Diario. 12 de xullo de 2023.
- ↑ "Descarrila un tren de mercadorías ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras". O Sil. 23 de agosto de 2023.
- ↑ "Muere un senderista arrollado por un tren de mercancías en Crecente". Faro de Vigo (en castelán). 9 de outubro de 2023.
- ↑ "Falece un home no Barco ao ser arrollado por un tren". O Sil. 11 de outubro de 2023.
- ↑ Europa Press (11 de outubro de 2023). "Arroiado un home de 47 anos por un tren no Barco de Valdeorras". Galicia Confidencial.
- ↑ "Cortado o tráfico ferroviario no Vicedo ao colidir un convoi cunha árbore". Nós Diario. 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Descarrila un tren en Foz nun sinistro sen danos persoais". Nós Diario. 28 de decembro de 2024.