Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 5
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
enciclopedias
[editar a fonte]Boas noites HombreDHojalata. Escribes que hai unha GEG de 1974 en castelán e papel, e outra de 2005, en galego e DVD. Ben, pois eu teño aquí ó meu carón unha GEG en papel e galego, editada polo grupo El Progreso-Diario de Pontevedra, que distribuíron co xornal hai anos. Consta de 44 tomos, e o seu depósito legal é LU-167/03. Non é simplemente unha tradución da edición de 1974, senón que está ampliada e actualizada (con datos de ata 2002).
E dis que, segundo Ferro, hai 4 enciclopedias galegas: GEG-1974, GEG-2005, EGU (Ir Indo, 16 tomos, non 14, pero iso xa o corrixín eu) e Galipedia. ¿E o Proxecto Galicia, de Hércules Edicións non se debería considerar tamén unha enciclopedia? É certo que non ten unha ordenación alfabética, senón temática, polo que non che sei se sería enciclopedia ou non; eu creo que si. E, finalmente, o Diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, que anda a cabalo entre dicionario e enciclopedia, aínda que realmente creo que cadra máis ben entre os dicionarios.
Xa me contarás qué opinas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:48, 17 de setembro de 2011 (UTC)
fotografías de maquetas
[editar a fonte]Ando experimentando coa carga de imaxes a Commons e a cousa semella fácil. Subín dúas fotos da maqueta da Cidade da Cultura (File:Santiago Cidade da Cultura 01-52.jpg, File:Santiago Cidade da Cultura 01-54.jpg). Primeiro, chamoume a atención que non me preguntase qué categoría lles daba, pero quizais me saltei ese paso. O problema xorde cando busco a categoría:Maquetas (models) e cando abro "Category:Architectural models" descubro que, loxicamente, as maquetas de arquitectura están baixo copyright do autor ata 70 anos da súa morte. ¡Ben empezamos!. Total, que agora teño que pedir que as borren, e no atopo cómo facer esa solicitude. Non, se cando eu insistía na facilidade de traballar na Galipedia, por algo sería. ¿Que fago? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Re: Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons
[editar a fonte]Grazas polo aviso. Xa din a miña opinión, penso que aportando un dato que non se estaba a ter en conta. Unha aperta, Furado 12:40, 20 de setembro de 2011 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, lin a túa mensaxe e carguei unha imaxe (directamente á Galipedia), a verdade é que nunca cargara ningunha por non saber moi ben cómo funciona o das licencias. Descoñezo as características da imaxe que carguei, xa que é unha imaxe dos anos '80 de arquivo que saiu na edición dixital de La Opinión, non sei se as imaxes de xornais son válidas, en todo caso se lle podes botar un ollo agradeceríacho. Un saúdo, Piquitoconversa18:24, 19 de setembro do 2011
- Ola! Grazas por avisares, terei que pensar ben o meu voto, porque non o teño nada claro. A ver se probo a subir algunha imaxe a Commons, que as que subín forna co sistema vello. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 21:07, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Ola HombreDHojalata. Non te fíes da miña "escasa experiencia" en Commons. Son capaz de entender un formulario. O problema non son eu, que a min tanto me dá subir a imaxe na wiki polaca, en Commons ou onde sexa. :) Pero sigo sen ver a necesidade de restrinxir unha posibilidade: deixa que a xente suba a foto onde queira, non? Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:18, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Eu podería dicir: Deixa que a comunidade decida iso, non? ;-)
- Gracias por participares Xabier, as túas opinións sempre me resultan interesantes--. HombreDHojalata.conversa 19:46, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Licenzas
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, teño un problema co tema das imaxes: onte carguei varias imaxes estraídas de edicións dixitais de xornais e imaxes de arquivo, a pregunta é, podo cargar esas imaxes? non aparece referencia a ningunha licencia e polo tanto non sei cal poñer (como ben indiquei) citei na descripción o xornal do cal as saquei, mais sigo sen saber se podo empregar imaxes de prensa. Un saúdo, Piquitoconversa9:59, 21 de setembro do 2011
Votacións
[editar a fonte]Acabo de ler as condicións para votar na ligazón que me deixaches e certamente é como dis, HombreDHojalata. Se dixen que agardaba ata o día 26 é porque así mo indicou Estevoaei.
No problem! Saúdos--Xosé Antonio 20:23, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Boas
[editar a fonte]Xa fun por alí e deixei o meu voto. Penso que pouca discusión ten, ainda que soio sexa por lóxica. De todos xeitos, xa estaba o tanto dela. Unha aperta. --Ensada Fala ou cala 20:50, 22 de setembro de 2011 (UTC)
Sobre a limpeza das votacións
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata:
Escribo esta mensaxe de xeito excepcional xa que non considero apropiado tratar das votacións en curso sobre as que hai diverxencias nas páxinas de conversa de usuario. O envío de mensaxes de aviso selectivo para unha votación na que hai diferentes posicións debe realizarse de xeito coidadoso, sobre todo cando é un administrador quen realiza esa acción. Quizais só estea no teu ánimo publicitar a votación pero a aparencia dos teus actos pode transmitir que estás tentando influír na votación en favor da túa posición persoal cando chamas a votar a alguén, esa persoa vota e logo comenta personalmente o voto contigo. Iso pode parecer en:Wikipedia:Canvassing e se fora así resulta inapropiado. Ten en conta que as accións dun administrador poden transcender a propia votación e poden producir efectos máis alá desa votación en concreto. Pídoche por favor que extremes o coidado en todas as accións relacionadas con esta votación ou con calquera outra independentemente do curso da votación sempre co ánimo de evitar interpretacións erróneas ou prexuízos para o proxecto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:23, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Agradezo a túa resposta. Interpreto que aceptas ter en conta o dito na mensaxe no futuro, por favor corríxeme se non o interpretei ben. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:57, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Marchara e acabo de ver agora a túa mensaxe. Da redacción deduzo que me invitas a pronunciarme. Se chegaches a ler detidamente en:Wikipedia:Canvassing supoño que puideches comprobar que os requisitos para que non se produza carrexo son bastante estritos e non abonda con que a mensaxe sexa neutra, un deses requisitos ten que ver co que se chama Vote-stacking. Habendo na Galipedia unha mensaxe visible para o conxunto dos colaboradores que avisa da votación creo que deberas absterte de realizar calquera acción que puidera interpretarse ou ter a apariencia de que vai nese sentido para non comprometer a votación. Naturalmente ti podes actuar como consideres oportuno así e todo reitero a petición da miña primeira mensaxe. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:40, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Estou dacordo con Prevert pois da a sensación (o meu parecer) de que coas tuas menxases tratas de influir, supoño que involuntariamente, na votación dos usuarios. Tema que e o sufientemente importante como para manter cada un o seu punto de vista pero sin tratar de impoñelo a outros, cando creo que en ningun outro tema tivo tanto devate unhas votacións. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 08:58, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Non poño en duvida o teu bo proceder pois se asi fora tamen cho diria o que ocurre e que o menxase que lle dirixes a Conversa usuario:Piquito#Subir fotos da mal que pensar, ainda que creo que involuntariamente pola tua parte a hora de tratar de influir no usuario, pe...ero ahi esta. Polo demáis a miña confianza nunca a perderas, porque discrepe nun asunto como este, o contrario sigo o teu traballo bastante de cerca e penso que o que estas a facer é un traballo encomiable e que me merece todo o respeto e admiración posible, agora ben, sinto moito pero neste caso e soio neste caso non penso igual que ti. Se te sentiches ofendido polos meus comentarios desde logo esa non era a miña intención senon mais que nada un toque de atención. Sintoo. Un saudo --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 10:21, 23 de setembro de 2011 (UTC)
RE: Pontevedra ou Ourense?
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, a resposta é Pontevedra, os datos son de Pontevedra, o que pasa é que para ir máis rápido e para que tódalas táboas sexan iguais, copiei a táboa que empreguei en Ourense (tamén na Coruña e en Santiago de Compostela -mira cando podas o debate da taberna [1]- e que será en Vigo tamén dentro dun pouco) e esquecín cambiar Ourense por Pontevedra, mais xa está solucionado. Cando teñas un momentiño aver se me podes explicar un pouquiño o tema das licenzas das fotos, xa que polo que me dixo Atobar, as imaxes de edicións dixitais de xornais non valen (unha mágoa, por fin o artigo do HC Liceo estaba ben xeitoso con imaxes profesionais e non o que podo tirar eu co mobil ou a miña modesta cámara) Un saúdo, Piquitoconversa
Provincia Central (Illas Salomón)
[editar a fonte]Puxen a borrar Provincia Central (Illas Salomón) por crear Provincia Central, Illas Salomón."Calq 15:15, 23 de setembro de 2011 (UTC)"
artigo "Ciencia"
[editar a fonte]Estiven revisando no artigo Ciencia as ligazóns a páxinas de homónimos para ir cumprindo o marcador de "Tarefas por facer". Dis que había 36 casos. Fai ese cálculo outra vez a ver cantos se me escaparon. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:39, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Fotos e Facebook
[editar a fonte]Boas compañeiro. Xa que está de actualidade nas páxinas de conversa o tema das fotografías e as licencias, querería preguntarche unha cousa aproveitando que eres unha persoa moito mais informada que eu. O asunto é o seguinte: Descoñezo cal é a licencia coa que publican fotografías os clubs de rugby nas súas páxinas de Facebook. Realmente querería saber si calquera foto de Facebook se pode empregar, ou ningunha, ou só algunhas. Vouche poñer un exemplo: Quero ilustrar un pouco o artigo Vigo Rugby Club, e non sei se podo empregar algunhas das imaxes que o club colga na súa páxina de Facebook. Agardo a túa resposta. Un saúdo. JonnyJonny 17:44, 24 de setembro de 2011 (UTC)
Artigos illados
[editar a fonte]Non coñecía a páxina. Curiosísima. Graciñas. Quedei pampo con estar en segundo lugar na clasificación de creadores de artigos orfos. Chámame a atención porque ultimamente (último ano) miro bastante o de poder aquelalo nalgures con esa ligazón interna noutro artigo que comentas, malia que é certo que moitas veces creo artigos de tipos que non se mencionan en ningún lugar e polo tanto quedan illados. Poreille máis atención. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:35, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Perdoa, fixareime más a partir de agora. É que ao ver que a categoría de fútbol non había ligazóns con outras wikis, non pensei que as de baloncesto si. Un saúdo.--Adorian (fálame) 19:23, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Máis dúbidas sobre as licencias
[editar a fonte]Boas HombreDHojalata, estou tentando ilustrar o artigo do HC Liceo e me encontro con serios problemas á hora de meterlle as imaxes, o caso é que segundo parece as fotos de xornais non valen nin citando a fonte a pesar de que algunhas nin sequera sexan do propio xornal (véxase a que tirei de La Opinión, é de vinte anos antes de existir o xornal) ou mesmo publicándose en multitude de webs (véxase a da Copa de Europa deste ano, empregada en varias), tamén me encontro con que tampouco podo tirar de imaxes de blogs como no caso do CP Cerceda a pesar de que non hai ningunha licencia visible. Vendo todos estes problemas, a pregunta é: se eu teño unha camiseta dun equipo, sexa o que sexa, e lle tiro unha foto ao escudo... que pasa? Incumplo os dereitos porque o escudo é propiedade do club? Non os incumplo porque lle tirei a foto a unha camiseta miña que paguei, e polo tanto podo facer o que quera co que nela hai ? Se lle tiro unha foto a un xornal tamén incumplo a pesar de que estea nun espositor da rúa? E cun poster que teña na habitación? E así un longo etcétera, é un follonazo o tema das imaxes, por eso eu non cargaba nada, porque canto máis penso no tema das licencias máis problemas lle vexo. Un saúdo, que vaia ben, Piquitoconversa
Logo da Galega
[editar a fonte]Boas, HombreDHojalata. Quería comentarche que o 27 de maio de 2007 (20 días despois do meu rexistro na Galipedia) carguei a imaxe do logotipo da Galega. Leva aquí máis de catro anos cunha licenza incorrecta, pois ten a GFDL, e en calquera caso sería de borrado inmediato por infracción dos dereitos de autor. Non obstante, hai numerosos exemplos de imaxes en Commons de logotipos de series de televisión ou marcas comerciais que se manteñen ao considerar que non superan o límite de orixinalidade por tratarse de meras letras e formas xeométricas simples sobre un fondo. E polo tanto están no dominio público. Creo que sería posible facer o mesmo co logo da Galega.
Por suposto, cómpre borrar a imaxe que carguei (supoño que a copiei da web da TVG ou fixen unha captura de pantalla, non o lembro) e subir unha nova que poida estar no dominio público. O único problema é conseguir a fonte de letra que empregan para facer ese "G". --Toliño Fala aquí comigo 12:48, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Se cadra, ao ser "meras letras e formas xeométricas simples sobre un fondo", é posible facer o G cun programa de deseño vectorial, sen necesidade de empregar a fonte de letra. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:54, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Coido que HombreDHojalata controlaba de Inkscape ou algún software similar. Por iso lle deixei a mensaxe. --Toliño Fala aquí comigo 13:09, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo en que é dominio público por simple. Partindo desa base, que a obra orixinal non pode ter outra licenza que non sea o dominio público, non faría falta refacelo. Iso dende o punto de vista da propiedade intelectual, que e o que nos afecta. Como imaxe corporativa, ou parte da marca comercial, é outro tema, que non nos compete. Modifiquei a descrición engadindo toda a información. Penso que así pode quedar perfectamente. --. HombreDHojalata.conversa 13:19, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- De todas formas, un logo SVG sempre queda máis profesional. Poreime a facelo cando estea na casa. --. HombreDHojalata.conversa 13:23, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Máis info da diferencia entre os dereitos da propiedade intelectual e os dereitos de imaxe de marca en: Image_casebook#Trademarks--. HombreDHojalata.conversa 13:46, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- De todas formas, un logo SVG sempre queda máis profesional. Poreime a facelo cando estea na casa. --. HombreDHojalata.conversa 13:23, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo en que é dominio público por simple. Partindo desa base, que a obra orixinal non pode ter outra licenza que non sea o dominio público, non faría falta refacelo. Iso dende o punto de vista da propiedade intelectual, que e o que nos afecta. Como imaxe corporativa, ou parte da marca comercial, é outro tema, que non nos compete. Modifiquei a descrición engadindo toda a información. Penso que así pode quedar perfectamente. --. HombreDHojalata.conversa 13:19, 28 de setembro de 2011 (UTC)
- Coido que HombreDHojalata controlaba de Inkscape ou algún software similar. Por iso lle deixei a mensaxe. --Toliño Fala aquí comigo 13:09, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Estatutos
[editar a fonte]O teu é moito. ¿Haberá cousa que se che escape? Valioso é te-lo texto do Estatuto porque aínda que estea normativizado, confróntao co facsímile do orixinal. E aínda por riba, un artigo do Villares moi prometedor. Tomo nota e agora mesmo vai para o artigo. Grazas, grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 28 de setembro de 2011 (UTC)
resultados electorais
[editar a fonte]Boas, Rastreator. A ver se atopas algún dato sobre a participación en Galicia nas eleccións xerais en 1931, 1933 e 1936. Máis que nada era para comparar (curiosidade miña) a participación habitual e confrontala coas cifras do referendo do Estatuto, 74,56%, que todos califican de extraordinariamente altas. Non teño présa ningunha. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:59, 29 de setembro de 2011 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Hombre... ¿e se deixas as tesoiras no caixón? Xa me entendes... ;) Pedro --Lameiro (conversa) 22:19, 29 de setembro de 2011 (UTC)
eii xk¿? me eliminaste mi pagina sobre el cuscus ¿?
RE: Administrador?
[editar a fonte]Despois de ano e pico sabático, non boto de menos as ferramentas de Administrador e creo que o meu é máis editar e corrixir. Pero como aquel cansazo e fartura cos que rematei hai tempo xa desapareceron, se credes que podo servos útil, non teño inconveniente ningún. Ó contrario, a verdade é que sería un honor. Pedro --Lameiro (conversa) 10:35, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Ánxel Casal
[editar a fonte]Corrixinche a descrición da imaxe [:File:Entrega a Cortes, Estatuto de Galicia de 1936.jpg]. Ánxel Casal era alcalde de Santiago, e dirixía este escrito ó alcalde da Guarda. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:27, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Lameiro
[editar a fonte]Vexo que propos a Lameiro de administrador outra ves (e) cales forón os motivos de habelo deixado antes? Pois a unica dubida que teño sobre a súa valia é esa. Un saudo--Alfonso Márquez 11:47, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Estatuto
[editar a fonte]Boas, propóñoche outra maquetación para o texto de wikisource, podes mirala na miña subpáxina e se che parece ben aplícolla cando teña un momento. Ía facer eu a tradución e cando comecei vin a túa versión, menos mal que me din conta a tempo! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:46, 3 de outubro de 2011 (UTC)
- Xa vexo, así que só podo engadir: bó traballo! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:49, 3 de outubro de 2011 (UTC)
CASASNOVAS ola grazas por mellorar a paxina un saúdo CasasnovasConversa usuario:Casasnovas--¨¨¨¨¨¨¨¨ 11:21, 7 de outubro de 2011 (UTC)
axuda con licenzas de imaxes
[editar a fonte]Ola, Hombre!
A ver se me podes botar unha man; a usuaria Aprofa (conversa) fíxome esta petición; impórtache responderlle ti? Supoño que a resposta varía en función das licenzas con que se soben as imaxes, pero non sei moi ben o que explicarlle.
Graciñas, e un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:11, 16 de outubro de 2011 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola, meu! A ver se me podes axudar cun tema que máis alá de licenzas, pode transcender o tema xudicial: podo cargar fotos de sinaturas de escritores/as viv@s? Falo de dedicatorias en libros, por exemplo.
Previsiblemente irei mañá pola mañá pola rúa de Paz-Andrade.
Saudíños, e moitas grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:56, 17 de outubro de 2011 (UTC)
- Tirei esta foto da rúa de Paz Andrade, pero (oh!) non hai placas que o sinalicen. Non me atrevín a categorizala como Categoría:Imaxes de Valentín Paz-Andrade, pero se o ves oportuno, adiante. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:21, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Sobre Turismo en As Pontes de García Rodríguez
[editar a fonte]Revisando o Concello de As Pontes de García Rodríguez vexo que eliminastes a información turística que incluín. Non comprendo o motivo. Poderíasmo explicar? --Segatur 08:08, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Sobre Turismo en As Pontes de García Rodríguez 2
[editar a fonte]Grazas pola resposta. Creo que tes un exceso de celo co tema da publicidade. En todo o texto non facíamos referencia á nosa empresa (SEGATUR) e só damos datos da ruta (que é "propiedade" do Concello) e polo tanto son datos tan importantes sobre "cousas que facer nas Pontes" como calquera festa ou mercado (no que si hai beneficiarios económicos).
Dábamos só, en ENLACES EXTERNOS, o enlace directo ós datos da ruta dispoñibles e actualizados (mellores que os que poida ter na web do Concello) na sub-páxina da nosa empresa adicada a esa ruta (non o acceso ó noso index.html que si que é publicidade). Pero nós non vendemos nada coa nosa web. Son informacións públicas que gratuitamente mostramos na nosa web (que, repito, SEGATUR non aparece na web de wikipedia en ningures) só co fin de fomentar o sendeirismo e de dar difusión ás rutas creadas polos Concellos.
A túa resposta me crea unha dúbida; se poñemos que existe unha ruta homologada en turismo ou ocio NO CORPO DO TEXTO, e NON poñemos o ENLACE EXTERNO (con máis datos pero que te induce a pensar que existe publicidade), entón ¿si valería o resto dos datos?
Rogo a túa resposta, porque podemos dar datos turísticos de moitos concellos galegos que coñecemos ben e que podería mellorar a galipedia, pero se imos ter "este éxito" na primeira colaboración dende hai máis de 2 anos na wiki, pensarei que temos que pasar de colaborar e perder o tempo en beneficio de ninguén.
Saúdos --Segatur 07:58, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Varios
[editar a fonte]Levas razón no da ETA. Non caera. Outra cousa: a ver se lle podes botar unha man a Miguelferig con isto da Conversa:Péptido. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:40, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas
[editar a fonte]Por suposto, mellor agora que logo ás presas. Grazas por avisar. Un saúdo!--Adorian (fálame) 22:01, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Boas HombreDHojalata ! Sen problema, o mais tarde o vindeiro domingo fr:Valentín Paz-Andrade esitira. Saúdos --Elvira (conversa comigo) 22:28, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Marcelle Natureza
[editar a fonte]Supoño que as dúbidas están co mapache, capibara e armadillo. O armadillo é o único que vén no DRAG, pero mapache e capibara están recollidos no Gran Xerais. É normal que estes bichos raros nos veñan ó galego co seu nome castelán, a onde chegou co seu nome nativo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:16, 23 de outubro de 2011 (UTC)
Meirande
[editar a fonte]Definición de meirande no Diccionario da Real Academia Galega:
meirande adx. Máis grande. OBS. Meirande carece do sentido de maior.
Mira Extremos dunha función
--XoioÉche o que hai 21:56, 30 de outubro de 2011 (UTC)
- Crin que quedaba claro. Cambiáchesme en Extremos dunha función o termo máis grande por meirande, e non sei por que, xa que se miras o DRAG verás que ambos os termos non son sempre sinónimos porque, xustamente, meirande non equivale a máximo, e os máximos e mínimos son, precisamente, os extremos dunha función. Quedou agora entendíbel?
Aprecio moito as túas correccións en lingua (acentuación, faltas dactilográficas, etc.), pero neste caso creo, sinceramente, que te pasaste varios pueblos. --XoioÉche o que hai 22:12, 30 de outubro de 2011 (UTC)
Tes razón, non hai que alporizarse. Desculpa. Por iso deixei pasar a noite antes de contestarte.
Só quero puntualizar o seguinte:
- Na Galipedia só se admiten termos do galego normativo, respaldados polo dicionario da RAG, o VOLG ou os dicionarios grandes que seguen as normas oficiais, o que men parece moi ben, naturalmente.
- Ademais, na Galipedia existen outras normas particulares, establecidas, segundo se di, por consenso, para harmonizar o formato e o léxico das entradas, o que me obriga a min (e a outros) a dicir que Fulano de Tal, nado en..., e non nacido en... que é, desde o punto de vista gramatical, máis correcto (Cf. Gramática da lingua galega de Rosario Álvarez Blanco, actual directora do ILG). E, a pesar diso, o acepto.
- Outra norma interna da Galipedia é que, cando hai dúas formas na norma para o mesmo termo, tipo Galicia/Galiza, osíxeno/oxíxeno, probable/probábel, etc., prevalece a forma que empregou o primeiro editor do artigo. Mesmo, no caso de nado en, admítese que, fóra do cabezallo, poida dicirse que Fulano de Tal, aínda que nacido en.....
- Parece que quedou claro que, para a RAG, meirande singifica máis grande.
- No artigo Extremos dunha función, do que fun eu o primeiro redactor, puxen que estes extremos eran os valores máis grandes (máximos) e máis pequenos (mínimos)...
- Esta redacción reflicte moi ben a antinomia dos máximos e os mínimos (máis grandes/máis pequenos, mellor que, na miña opinión, meirandes/máis pequenos).
- A expresión máis grande é absolutamente normativa (e, iso si, equivalente a meirande).
- Sendo todo isto desta maneira, sigo sen comprender a túa edición
Un cordial saúdo, Luís Daviña. --XoioÉche o que hai 12:51, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Que tal o fixen? O de Galicia déixollo a outro usuario que queira probar. :-) --Paradanta (Cóntame) 20:20, 31 de outubro de 2011 (UTC)
- Ainss...certo, o código, e mira que me fixara nel...en decembro fágoo mallado, xa verás...je,je...Graciñas!! --Paradanta (Cóntame) 20:34, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Cursiva
[editar a fonte]Grazas [2] --Atobar (conversa comigo) 20:30, 31 de outubro de 2011 (UTC)
síndrome tóxica
[editar a fonte]No textiño que estades facendo para o artigo descadado sobre a síndrome tóxica, eu suprimiría a frase "Caracterízase por unha vasculite non necrotizante en arterias e veas". Paréceme demasiado técnico para unha introdución. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:36, 31 de outubro de 2011 (UTC)
A solución que deches ao problema das ligazóns rotas cargando esta imaxe non me parece viable. Agora hai medio centenar de elementos químicos que teñen esa aparencia e iso non é correcto. Cómpre atopar outra solución. --Toliño Fala aquí comigo 10:10, 1 de novembro de 2011 (UTC)
- Entendo, grazas :) --Toliño Fala aquí comigo 10:39, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Valentín Pax-Andrade
[editar a fonte]Boas, estaba ollando para as últimas edicións na Galilibros, e topeime con b:Valentín Paz-Andrade. Non teño moi claro o que tes pensado para ela, pero penso que ao mellor o contido cadra máis con outro proxecto, se non a Galipedia quizais si a Galifontes. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 14:47, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Ortografía/nombres de archivos
[editar a fonte]Muchas gracias por el aviso la corrección del nombre de archivo en an:Baltasar Gracián. Soy consciente de que no deben cambiarse, pero al realizar un cambio completo de ortografía, hemos tenido que usar en estos últimos meses herramientas semiautomáticas supervisadas, y este cambio del nombre del archivo se me debió escapar. Muitas gracias atra vegada y exprisions!--Juanpabl 16:21, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Problema
[editar a fonte]Ola! HombreDHojalata Eu puxen información aquí información aquí Modelo:Lingüeta2/uso e non se visualiza aquí Modelo:Lingüeta2. Pódesme ver que pasa? -- Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18:15, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Grazas. Xa me parecía a min ás veces pasa algo así, porque o volver a anterior páxina nunca carga e en cambio con páxinas externas si.
Dúbida sobre o corrector ortográfico
[editar a fonte]No corrector ortográfico pon que se queremos personalizar a ferramenta temos que editar no noso Javascrip a seguinte variable "var RPonAllPages = true . Que é o Javascrip? -- Vivaelcelta {conversa · contribucións} 17:18, 3 de novembro de 2011 (UTC)
Vale mellor pregúntolle a es:Usuario:Poco a poco que creo que controla máis, xa que o corrector leva dende xaneiro do 2010 na Wikipediaen español. -- Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18:04, 3 de novembro de 2011 (UTC)
Fotos de escritores/as, especialmente da AELG
[editar a fonte]Ola, Quería comentarche que me dixo Ernesto E. Calo, secretario xeral técnico da AELG, que, se nos é útil, podería entregarnos un DVD ou subir a algún lugar da rede as fotos que a Asociación de Escritoras/es ten como disponíbeis para seren colocadas na Wikipedia (seguindo os criterios do mail que enviara hai uns meses). Dígoo por se se poden subir xa esas fotos a Commons. Houbera un debate na Taberna sobre o tema hai uns meses onde colocara o correo que enviara el.
Ramiro Torres 17:53, 5 de novembro de 2011 (UTC)
Fotos de escritores/as, especialmente da AELG
[editar a fonte]Moitas grazas polos teus comentarios. Verás, contactei novamente co secretario xeral técnico da AELG e comentoume que é un proceso moi demorado colocaren o carteliño que me dicías en cada foto. Buscando alternativas, hai unha que xa implementaron entre onte e hoxe pola mañá (agardei a que estivese para comunicarcho): todas as fotos poden ser consultadas desde a Fototeca da AELG, co que suxerín que alí se especificase que fotos poden ser reproducidas segundo a licenza que me comentabas. Como verás ao entrares na ligazón, o texto é o seguinte:
Esta sección da web da AELG pon a libre disposición da sociedade material gráfico dos seus asociados/as. A única condición será a de citar a autoría ou fonte das fotos utilizadas.
As fotos cuxa autoría corresponde a Eduardo Castro Bal e Santos-Díez poden ser reproducidas segundo a licenza CC-BY-SA 3.0. (aquí vai o cartel] Para o uso das demais fotos, debe contactar cos seus autores/as.
Ese mesmo texto aparece na ficha de cada autor, dentro da páxina da AELG, ao entrar en Fototeca. Este é o exemplo de Ramón Villares. Na parte inferior podes ver que ten o mesmo texto citado no anterior parágrafo.
Aclaro que, dentro das fotos que ten a AELG na súa páxina web, só as que corresponden a Eduardo Castro Bal e Santos-Díez son as que poden ser reproducidas con esta licenza. Por iso se fai constar expresamente que o resto delas precisan o permiso expreso dos/as autores/as correspondentes.
Como o ves? A min, sen coñecer a fondo a lexislación, paréceme que si se poderían usar deste xeito. Xa me dis (se queres, e de ser efectivamente así), pódese dar a coñecer na Taberna para que todas/os poidamos facer uso delas.
Saúdos e unha aperta!
--Ramiro Torres 08:31, 9 de novembro de 2011 (UTC)
Re:modelo praia
[editar a fonte]Xa funciona, foi só un minutiño... O:). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:42, 9 de novembro de 2011 (UTC)
- A mandar!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:47, 9 de novembro de 2011 (UTC)
Dereitos de imaxes
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, mirei de engadir imaxes ao artigo do Alzamento de Pascua tirándoas doutras wikis para crear algunha galería ou tentar ilustrar algo mellor o acontecemento en si, o problema é que atopei esta imaxe na wiki croata e non ten datos sobre os dereitos, ti sabes algo? onde o podo consultar? En google hai unha chea delas moi ilustrativas, mais teño o mesmo problema, hai algún xeito de averigualo? Moitas grazas e un saúdo, Piquito(conversa)9 de novembro, 17:01 E xa de paso, cres que cumpre tódolos méritos exixibles para artigo de calidade? Saúdos, Piquito(conversa)17:19, 9 de novembro do 2011
He estructurado la información de la lista de puertas en una tabla y añadido el listado en gallego, como me comentabas. Ahora queda mucho más legible y cómodo para traducir a otros idiomas, por si alguien se anima.
Gracias por el reconocimiento.
Saludos --Edoarado 07:38, 10 de novembro de 2011 (UTC)
Premer e presionar
[editar a fonte]Ola, HombreDHojalata! Premer é sinónimo de presionar no sentido de pulsar algo fisicamente (por exemplo, presionar un botón do ordenador). Pero non o é no sentido figurado co que se emprega no texto de Alzamento de Pascua, no sentido de presión psicolóxica (por exemplo, presionei ao meu amigo para que dixera que non). Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 19:03, 11 de novembro de 2011 (UTC)
RE: Sinatura
[editar a fonte]HombreDHojalata, onde está mal a miña sinatura? Revisei tódalas votacións que fixen esta semana e todas están normal. Un saúdo, Piquito(conversa) 20:41, 11 de novembro do 2011
- Refíreste a algo semellante ao que vin nalgúns artigos, e como acabo de facer en Ashkali, meterlle notas.--Xián 20:41, 12 de novembro de 2011 (UTC)
RE: Valentín Paz Andrade
[editar a fonte]O problema de sacar estas fotos é a entrada nos peiraos, que non é libre, por exemplo dende Marín podo sacalas do peirao da Escola Naval xa que se ve dende o paseo, dos peiraos comerciais xa está mas complicada a cousa. Se un dia destes paso por Vigo levo a cámara e o intento. Un saudo.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 11:52, 14 de novembro de 2011 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, teño unha preguntiña: as imaxes que están colgadas en Flickr son de dominio público ou non? Se eu collo unha imaxe de Flickr e a subo á wiki cunha ligazón á galería de Flickr na descrición é legal? Moitas grazas, un saúdo, Piquitoconversa 13:28, 19 de novembro do 2011
Autoría
[editar a fonte]Xa lle puxen a autoría, que é propia, á imaxe das flores. Pero para a outra, a das escaleiras, penso que hai que borrar, porque era unha foto dun amigo nunha viaxe que fixeramos, e creo que lla roubara do facebook ou algo así. Non daría problemas, obviamente, pero coas leis na man é de borrado (subina cando era novato e aínda non controlaba que se podía e que non). Vouna borrar. Graciñas polo traballo de revisión. --Atobar (conversa comigo) 13:00, 19 de novembro de 2011 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]Moitas grazas pola axida recibida. --Kirita22 11:38, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Conflito de intereses
[editar a fonte]A verdade é que no tiña nin idea diso. A miña única intención era facer medrar a Galipedia.--Kirita22 12:17, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Por algún lugar tiña que comezar. Pero collín a mensaxe e non o farei máis. Hoxe mesmo veño de engadir un artigo acerca da Suxestopedia, un método de ensino de linguas estranxeiras. Hai algún problema en traducir (ou resumir) entradas da Wikipedia en inglés ou iso tampouco está permitido? --Kirita22 12:22, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Libro de estilo
[editar a fonte]Lerei o libro de estilo polo miúdo. Contade, logo, coa miña colaboración para a tradución de artigos da Wikipedia en inglés. Admito suxestións para comezar. Saúdos.
Libro de estilo
[editar a fonte]Lerei o libro de estilo polo miúdo. Contade, logo, coa miña colaboración para a tradución de artigos da Wikipedia en inglés. Admito suxestións para comezar. Saúdos. --Kirita22 12:36, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Escudo de padrón
[editar a fonte]Boa tarde!
Vexo que vostede revertiu un troco que fixen hoxe. Explícolhe o obxectivo do mesmo. Mudei o escudo non oficial existente na páxina de Padrón, polo oficial (colhido da páxina oficial do concelho, http://www.concellodepadron.es), co obxectivo de que o lector identifique milhor.
Pregaría alomenos umha explicaçom sinxela da súa reversión, xa que eu puxen un escudo oficial validado polo pleno do Concelho, é dicir, polos propios habitantes de Padrón, fronte a outro escudo non oficial, e que pode inducir a confusión.
Saúdos cordiais.
RE: Categorías
[editar a fonte]Grazas HombreDHojalata! Procurarei telo en conta en futuras ocasións. Un saúdo, Piquitoconversa 0:18, 28 de novembro do 2011
Rexistro
[editar a fonte]Escúseme vostede Sr. Folladelata pola edición anónima como usuario 88.13.113.2 ao igual que un principiante. Grazas e un saúdo. --PepedoCouto (dimo aquí) 15:23, 6 de decembro de 2011 (UTC)
RE: Dous timelines
[editar a fonte]Eu penso que non fai falta poñer dous timelines, ¿viches o que fixen nesta subpáxina?. Está todo nun timeline e non se apechugan, só hai que cambiar algúns parámetros da visualización. O que pasa é que esa versión da miña subpáxina, tal e como está dun lado unhas datas do artigo e do outro as xerais, penso que non vai permitir engadir imaxes como fixeches na túa última modificación porque é moito máis ancho. Penso que hai que decidir como queremos que saia, con unha ou dúas columnas de datas e con imaxes ou non, e logo seguir traballando nesa versión. Se decidimos usar só unha columna tentarei meter o que hai nun só timeline. O que sería moi interesante sería atopar a forma de engadir referencias no timeline porque así xa se poden verificar directamente nel, a ver se pola noite atopo a forma. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:57, 8 de decembro de 2011 (UTC)
capas de libros
[editar a fonte]Boa noite! Abrín este fío na taberna, e gustaríame contar coa túa opinión. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:06, 9 de decembro de 2011 (UTC)
Prensa e dereitos de autor
[editar a fonte]Vagheando por distintos artigos reparo no cambio que fixeches na imaxe de El Pueblo Gallego que temos no artigo de Paz Andrade, do que eliminaches o debuxo de Carlos Maside por estar suxeito a dereitos de autor. Porén, temos outros casos doutras portadas nas que aparecen elementos que estarían na mesma situación. Non che vou dicir onde, porque non comparto esa valoración, xa que sería imposible reproducir o debuxo, foto, etc. (é dicir, roubar a propiedade intelectual) a partir da reprodución da páxina do periódico onde apareceu. Tampouco acabo de entender por qué aplicamos eses dereitos ás imaxes e non ós textos que aparecen na mesma páxina do xornal que se reproduce. Non comparto esa actuación pero tampouco quero perder a ocasión de debater ata onde temos que levar esas precaucións. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 10 de decembro de 2011 (UTC)
- Para min a cousa está clara: actuarmos con sentidiño. Nunca coa lei na man (non confundamos legalidade con xustiza). Nós non somos avogados nin estamos aquí para defender intereses alleos. Nós temos que esixirnos respecto ó traballo (textual ou gráfico) dos demais e cumprir as leis (70 anos, que realmente son 80, para a nosa desgraza), pero con sentidiño, non só coa lei na man. A norma está aí, claro que si, pero temos que interpretala e, repito, non somos avogados. Unha cita textual, por moito que o poñamos entre comiñas e en cursiva, é unha reprodución non autorizada -nin pagada- dun texto alleo sobre o que alguén terá os dereitos, pero a ninguén se nos ocorre borrar citas por violación de dereitos. Outra cousa distinta é copiar-pegar un texto da rede. Pillar na rede un cadro de Antonio López, Dalí, Picasso é unha violación de dereitos; reproducir a portada dun periódico (e máxime de 1936) no que se inclúe un debuxo de Castelao ou Maside, para min non sería delitivo. Esa diferenza é ó que eu chamo sentido común. Fotografar un coche non viola dereitos, por moito que o deseño dese coche os teña. Fotografar o logo de Pizzamovil non viola dereitos, e seguro que ese logo ten tódolos dereitos reservados. Escanear a portada dun disco ou libro é pirateo, fotografar un stand ou escaparate con discos ou libros non, nin unha foto da presentación dun libro con el exposto riba da mesa. Esixámonos sentidiño e xa verás como non hai problemas; ou dito doutra forma: non sexamos nós os que creemos problemas. Se mañá, os herdeiros de Maside piden que se retire a imaxe, bórrase e sanseacabou. E que conste que isto último non pretende insinuar que abro a veda e que todo o monte é orgasmo ata que alguén proteste. Desde logo, hai imaxes que se borraron -para min- innecesariamente e, aplicando o mesmo criterio, hai moitas outras que están en perigo de extinción. E sería unha mágoa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:43, 10 de decembro de 2011 (UTC)
- Desculpade que meta a pouta. Coincido basicamente no proceder de HombreDHojalata, tanto na parte teórica como na práctica. Porén discrepo (a nivel dende logo de discusión teórica) sobre a súa interpretación, de maximis, do concepto de minimis. Tal e como está formulada a lei, de chegar a facer unha interpretación de minimis esa ten que ser moito máis restrinxida cá ampla que se fai no dereito anglosaxón, e que é a que se recolle no artigo. De feito, o epígrafe dedicado á UE é restritivo... pero a LPI éo máis. || Ademais, hai conceptos que manexa Lameiro que son erróneos. Unha cousa é unha cita dun texto (explicitamente recollida na LPI pero, ollo, dentro duns fins determinados e sería debatible se a wikipedia podería acollerse a el), e outra moi distinta, para a LPI española, un anaco dunha imaxe. Fotografar un coche non viola dereitos, porque os coches non se acollen á propiedade intelectual. Porén, o logo de Pizzamovil si. || Sen ser eu tampouco avogado, creo que podemos (e debemos) ser rigorosos na aplicación da norma, pero non na súa persecución. É dicir, creo que se chegamos á imaxe de Maside temos que borrala. É a nosa responsabilidade como admnistradores facelo ou como usuarios propolo. Outra cousa é que nunca cheguemos a esa imaxe e nos dediquemos a peitear todas as imaxes para ver cales se atopan nesas circunstancias. A iso tamén diría non. Creo ademais que saltarse a norma camufla o despropósito da mesma: só se todo o mundo fose consciente da barbaridade que supón a LPI se podería xerar o debate da súa remoción. Boa noite! :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 00:44, 11 de decembro de 2011 (UTC)
- Comentar dous temas. Contesto aquí, ó intervir varios, para seguir mellor o fío.
- As citas: As citas, por definición, son textos curtos de mais para constituír copyright, onde se menciona, a ringleira seguida, o autor. Normalmente son fragmentos de obras máis longas, e son admitidos por toda lexislación internacionacional e nacional, como non podía ser doutra maneira.
- Os coches e os logos: É un erro que comete moita xente confundir dous conceptos diferentes como son a propiedade intelectual e a propiedade industrial. A nós so nos afecta a primeira. Segundo din os que entenden disto, as fotos que facemos dos coches non violan copyright. E no caso dos logotipos das empresa pasa outro tanto. Os logos teñen unha dobre vertente. Por unha banda son marcas rexistradas, propiedade industrial, que non nos interesa porque nós non estamos competindo en produtos ou servizos con eles, e por outro lado teñen os dereitos da propiedade artística/intelectual dos señores deseñadores do logo. Esa parte si que nos afecta. Entón hai que entrar noutra valoración. Se o deseño e moi sinxelo dise que non é posible atribuírlle a exclusiva da propiedade ó deseñador, por exemplo PESCANOVA é tan sinxelo que o acabo de facer co editor do texto do wiki, que é o máis básico que hai, entón, neses casos, falamos de que a "obra" non é elixible para ter copyright.
- En canto ó de minimis, non me puiden equivocar ó interpretalo, simplemente porque non o apliquei neste caso. So quixen dicir, falando en xeral, que existe o concepto e que habería que ver caso por caso, porque nalgúns pode ser de aplicación.
- No tema de peitear. Poño un exemplo hipotético. Tende seguro que se algún día unha das editoriais ás que lle chafamos o negocio leva á xuízo á Wikipedia, eles si que van peitear para levarlle unha carpetiña chea de probas ó xuíz. Se iso chegara a ocorrer, o primeiro que pedirían é que se pechara a web. E teño entendido que no pasado chegaron a pechar a wiki en francés por temas destes.--. HombreDHojalata.conversa 10:10, 11 de decembro de 2011 (UTC)
- Se non fun acertado na elección dos exemplos é o menos importante porque son exemplos. Respondede ó fondo da cuestión, non ós exemplos. Falaba eu de interpretarmos a norma, e de facelo con sentidiño. Ese é o miolo. E esa nosa interpretación pode estar acertada ou non, desde logo, pero sería o noso criterio a seguir. Interpreta HdH cando fala de que un logo é demasiado simple (calificar algo de demasiado, pouco ou moito é unha interpretación). Interpreta a wiki catalá cando di que pode utilizar o Gernica, como interpretamos nós cando dicimos que non. Pois diso se trata. Eu subín hai tempo uns escaneados de etiquetas de alimentos (só o rectángulo da composición, que é información pública que non agocha ningún secreto industrial nin, moito menos, propiedade intelectual), pero Lmbuga borrounas por copyvio. Alguén subiu unha figuriña desas que están na porta dos servizos para identificar o de chicos e de chicas, e tamén foi borrada por supostos dereitos. Sei que esta é unha discusión estéril na que nunca nos poñeremos de acordo e na que nunca chegariamos a poñer lindes, pero quizais sexa bo pensarmos sobre todo isto. Ah, e eu só lembro o peche dunha wiki por supostas inxurias a un tipo (un político ou algo así) pero non vos fiedes da miña memoria. Saúdos e a seguir aprendendo con vós. Pedro --Lameiro (conversa) 12:09, 11 de decembro de 2011 (UTC)
- Interpreto do que di Xavier que non se trata de abrir a caza de imaxes incorrectas, pero que se se atopan nos nosos paseos de artigo en artigo habería que actuar: "é a nosa responsabilidade como admnistradores facelo ou como usuarios propolo". ¿Podo acollerme á obxección de conciencia e non facelo? Outra interpretación: unha cita legal sería xa que logo un texto breve, curto de máis e dentro duns fins determinados. Eu teño visto citas longas, e longas de máis (de varias páxinas). Eu podo transcribir un poema completo de Novoneyra e non ocupar máis que un par de liñas (xa sabedes que ten poemas brevísimos). Seguiremos interpretando. Pedro --Lameiro (conversa) 12:22, 11 de decembro de 2011 (UTC)
- Se non fun acertado na elección dos exemplos é o menos importante porque son exemplos. Respondede ó fondo da cuestión, non ós exemplos. Falaba eu de interpretarmos a norma, e de facelo con sentidiño. Ese é o miolo. E esa nosa interpretación pode estar acertada ou non, desde logo, pero sería o noso criterio a seguir. Interpreta HdH cando fala de que un logo é demasiado simple (calificar algo de demasiado, pouco ou moito é unha interpretación). Interpreta a wiki catalá cando di que pode utilizar o Gernica, como interpretamos nós cando dicimos que non. Pois diso se trata. Eu subín hai tempo uns escaneados de etiquetas de alimentos (só o rectángulo da composición, que é información pública que non agocha ningún secreto industrial nin, moito menos, propiedade intelectual), pero Lmbuga borrounas por copyvio. Alguén subiu unha figuriña desas que están na porta dos servizos para identificar o de chicos e de chicas, e tamén foi borrada por supostos dereitos. Sei que esta é unha discusión estéril na que nunca nos poñeremos de acordo e na que nunca chegariamos a poñer lindes, pero quizais sexa bo pensarmos sobre todo isto. Ah, e eu só lembro o peche dunha wiki por supostas inxurias a un tipo (un político ou algo así) pero non vos fiedes da miña memoria. Saúdos e a seguir aprendendo con vós. Pedro --Lameiro (conversa) 12:09, 11 de decembro de 2011 (UTC)
Re: Ortografía
[editar a fonte]Grazas polo consello, pero uso Opera para editar. Irei tendo máis coidado coas edicións. Un saúdo.--Xosema 14:51, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Datas en inglés
[editar a fonte]Esas datas non as podo mudar porque están nas notas e non mas deixa modificar. --Manners11 15:37, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Feito! Graciñas pola axuda.--Manners11 16:17, 17 de decembro de 2011 (UTC)
En realidade foi un erro... e que non manexo moi ben o iPod que acabo de estrear... Non sei moi ben a que te refires con que hai que modificar Medalla_de_Galicia#Medallas_de_Ouro_de_Galicia o: "1990. Centro Galego de Bos Aires ?? Saúdos --Xas (conversa) 20:50, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Modelo
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata! Tentei crear un modelo para as óperas copiando o da wiki en castelán, desgraciadamente o resultado non é nin moito menos o que esperaba (podes ver a chapuza en Die Zauberflöte), cértamente non teño nin idea de por qué sae así, hei recoñecer que a miña estratexia de copiar modelos non é a mellor (fágoo con toda a boa intención porque non sei o suficiente para crear un cadro de cero) pero é o que hai. Agradeceríache que cando podas lle votes un ollo para ver qué falla e se non te importa arranxalo agradeceríacho (sinto darche curro extra), tamén agradecerche a proposta de artigo destacado (nunca vin un artigo relacionado coa música académica na portada da Galipedia) aínda que hai moito choio co tema de completar as óperas que figuran nel (está ben que saia para ver se alguén me axuda un pouco a completalas). Unha aperta, Piquitoconversa 22:08, 17 de decembro do 2011
- Moitas grazas!!!!
RE: Copyright
[editar a fonte]Vale, grazas! Tereino en conta! Teño o Gray aquí comigo e quizais abuse del nalgunhas situacións! --Silverfox 22:40, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- Grazas polos consellos! Xa teño o dicionario de termos médicos en galego pero ás veces teño algunhas faltiñas! Xe puxen iws en varios artigos carentes delas!
--Silverfox 22:55, 21 de decembro de 2011 (UTC)
RE: {{Ópera}}
[editar a fonte]O principal problema é que na Wikipedia en castelán empregan unha clase class="infobox_v2"
que deberon crear eles para o proxecto e nós usamos simplemente a clase class="infobox"
. Tan sinxelo como cambiar isto. Agora queda dar algún outro formato para centrar algúns textos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:28, 18 de decembro de 2011 (UTC)
Resposta
[editar a fonte]Ah, entón escusa se fixen algo mal aquí. É por eu son da Wikipedia en lingua portuguesa de aí acabei me esaxerando un pouco aquí. Para obter un consenso da comunidade aquí, onde podemos enviar mensaxes, xa que na Wikipédia en portugués temos a Esplanada (Terraza). Jardel @lves conversa 21:46, 19 de decembro de 2011 (UTC)
Vitamina D
[editar a fonte]Da vitamina D falta por traducir a parte de influencia en enfermidades, déficit e exceso, que é a única que queda por traducir. É unha parte un pouco controvertida, polo que hai que facela con calma, e tiña pensado facelo durante as vacacións de Nadal, que empezarán axiña. Tamén teño que revisar a parte xa traducida (ortograficamente, sintacticamente, etc.). Antes do día de Nadal tiña pensado acabalo se todo vai como teño pensado. Pero se a mensaxe de tradución leva moito tempo aí, pódese retirar (e borrar as partes que están aínda en inglés) e xa as farei eu máis tarde, porque o resto dos capítulos sobre a vitamina D son bastante extensos e dan moita información e xa están rematados, pero non revisados (xa que ata que retiro o aviso de tradución non considero que todo estea terminado, mesmo nesas partes). Tamén teño pensado facer as outras dúas vitaminas que faltan na Galipedia, pero terá que ser nas vacacións, porque este mes tiven que corrixir moitos exames, e ademais ultimamente estou moi obsesionado facendo páxinas de tipos de células.--Miguelferig 20:31, 20 de decembro de 2011 (UTC)
O Burgo / Lérez
[editar a fonte]Bo día!! Modifiquei un dato que puxeches, pois a casa natal de Paz Andrade está en Lérez, non no Burgo. O límite entre as dúas parroquias está á altura do campo de fútbol de Pasarón (onde remata a avenida da Coruña comeza a rúa de Juan Bautista Andrade), polo que a rúa de Paz Andrade tamén está en Lérez.
Non colguei a imaxe da casa natal no artigo de Paz Andrade porque non sei onde acaería ben. Anímaste ti? Outra cousa: vou subir en breve unha imaxe da casa paterna de Paz Andrade (a casa natal é a casa materna, pegada á casa do tío); non sei se será de pertinencia enciclopédica, pero a casa é ben linda e coñecida.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:03, 22 de decembro de 2011 (UTC)
Montserrat Caballé
[editar a fonte]Boas HombreDHojalata! Primeiro de todo agradecer a túa proposta de Montserrat Caballé para artigo destacado (unha mágoa que a xente non se decida a votar, porque o certo é que é un artigo realmente bo). En relación a este artigo, estou a crear (como seguramente viches) entradas das óperas nas que Caballé interpretou algún papel, o caso é que vin que algúns dos papeis aparecen en castelán (algún "y" vin), agradeceríache que lle deras unha revisión de lingua por se finalmente vai á portada, faríao eu, mais o certo é que todo o tema de crear entradas das óperas é un traballo enorme para un só usuario (nóvamente me vexo, como xa pasa como nos artigos de orquestras, só na tarefa de ampliar a Galipedia neste ámbito) como para que ademais se poña a revisar erros de lingua. E facendo referencia a erros de lingua, non sei que usuarios son os que máis controlan do tema, mais non estaría mal que revisaran os artigos que creei de ópera, xa que hai palabras que por non empregar nunca (especialmente nos roles) non sei como son en galego, mellor facelo agora que os artigos están nun estado de progreso con moi pouco texto (non podo crear moitos e amplos, faltan argumentos, características, etc), polo que é máis doado do que será cando estean nun nivel digno (se chegan a estar). Un saúdo, Piquitoconversa 3:39, 23 de decembro do 2011
Estorniños
[editar a fonte]Bueno: xa está o artigo máis completito. Espero que satisfaga a túa curiosidade por este bicho. Saúdos e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 20:59, 23 de decembro de 2011 (UTC)
Boas
[editar a fonte]Bótame unha man, fasme o favor. Teño este artigo feito [3], pro xa ai este futbolista José Novo Rodríguez, do mesmo nome. Non sei ben como facer. ¿Pódesche encargar? Saúdos. --Ensada Fala ou cala 03:04, 30 de decembro de 2011 (UTC)
- Un millón. Unha aperta. --Ensada Fala ou cala 18:38, 30 de decembro de 2011 (UTC)
encarguiño para o bot
[editar a fonte]Ola, meu! Como ben mencionaches aquí en marzo de 2010, debería mudarse *escudería por escudaría. Podería facelo o bot? Graciñas!! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:59, 30 de decembro de 2011 (UTC)
- Un momentiño..., eu consultei iso no Gran Xerais e creo lembrar que aparecía tamén escudería..., deixádeme comprobalo de novo pola tarde que agora non teño aquí o dicionario e logo xa vos digo algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:36, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Confirmado, no Gran Xerais ven escudería: "Complexo deportivo de coches ou de motos formado polos corredores e por toda a organización necesaria para participar en competicións e probas deportivas [adoita estar patrocinado por unha marca comercial]; escudaría". A acepción de escudaría é exactamente igual, salvo que ó final como sinónimo pon escudería. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:35, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Poslle ai unha redacción coa Caballé? Un saúdo e feliz aninovo. --Atobar (conversa comigo) 11:31, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
Renomear imaxe en Commons
[editar a fonte]Cando teñas un momento, ¿podes renomear en Commons Ficheiro:Status iucn3.1 blanco gl.svg a Ficheiro:Status iucn3.1 branco gl.svg e avisarme cando esté para cambiar o nome en dous artigos que temos aquí?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:24, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Non sabía que había un bot que actualizara as wikis... Moitas grazas! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:23, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Acentos
[editar a fonte]Grazas, non o sabía. Xa o pasara. --XoioÉche o que hai 17:32, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
Árbore xenealóxica
[editar a fonte]Ola! Escríboche porque penso que a árbore xenealóxica no queda ben no artigo de Paz Andrade. Ao meu entender, dificulta a lectura e non ofrece moita información interesante máis alá da expresada no texto superior. Eu penso que quedaría mellor no artigo da cronobiografía. Porén, quizais ao resto da comunidade lle pareza oportuno, polo que vou abrir un fío na páxina de conversa do artigo, vale? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:37, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
Revolución serbia
[editar a fonte]Feito! --XoioÉche o que hai 21:33, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
Soprano?
[editar a fonte]Boas HombreDHojalata!! Vendo o artigo de Montserrat Caballé vin que na caixa de sopranos de España aparece María Malibrán. De sempre pensara que Malibrán era mezzo, polo cal mirei noutras wikis e a cousa non está clara, mais sinceiramente me fío máis das wikis en inglés, catalán, alemán e francés por exemplo que das wikis en castelán e italiano, sobre todo tendo en conta que na wiki en castelán especifica que Desde el comienzo, la joven cantante mostró características de contralto, pero la férrea guía de su padre y la técnica la impulsaron a conquistar el registro de soprano (sen cita), unha soprano en ningún caso pode baixar ao rexistro de contralto (alo menos ata o que eu sei). Tampouco é cousa de basearse no que din outras wikis, foi para cerciorarme. Outra cousa: o disco tributo de Cecilia Bartoli cantando arias escritas para a voz de Malibrán... Bartoli non chega ao rexistro de soprano. Que facemos con esto?? Un saúdo, Piquitoconversa 19:56, 9 de xaneiro de 2012
Boas outra vez. Non teño moito coñecemento técnico, algo si, mais moi básico. Finalmente vou eliminar a María Malibrán da lista de sopranos (xa que me das plena liberdade para facer o que considere), sen embargo vou expoñer os motivos polos cales considero que debe ser borrada da lista de Sopranos de España: Vendo na wiki en castelán os papeis que interpretou (hai unha sección adicada exclusivamente), moitos deles figuran para contralto (rexistro ao que ningunha soprano que eu coñeza consegue facer, que eu saiba), outros para mezzo e outros figuran como soprano, polo que penso que adoptar a opción intermedia é o máis correcto. Coido que unha mezzo lixeira pode chegar a rexistros de soprano, claro que depende do papel (evidentemente Cecilia Bartoli -perdoa por estar sempre a voltas con ela, pero é a preferida- non pode cantar unha Raíña da Noite por máis que entre no rexistro de soprano -que coido que si-) É complicado clasificala polo feito de non existir gravacións na época, xa que as crónicas poden esaxerar, eu me decanto pola mezzo porque os papeis escritos para esta voz cambian moito cando os fai unha soprano, polo que máis dificilmente podería facer de contralto con garantías (e menos vendo o pouco que lles gusta baixar ás sopranos jajajaja), xa que logo diría que era unha mezzo lixeira, deste xeito cubrimos o rexistro medio, parte do baixo e parte do agudo. O outro punto que fai referencia a de España, eu a metería en mezzosopranos de Francia e especificaría no artigo (cando se faga) que era de ascendencia española, xa que naceu en París... Sobre este punto se pode discutir ben chegado o momento, máis que nada era polo asunto de deixala ou retirala do cadro e porque me chocou vela ahí. En fin, habería que facer entradas para as voces, se te animas a ir traducindo algunhas... hai tanto traballiño que non sei por onde tirar, que se óperas, que se compositores, que se orquestras, que se cantantes, que se instrumentistas, que se teatros de ópera e salas de concertos, que se as voces, que se os instrumentos... miña nai querida!! Hai moito que facer. Unha aperta, Piquitoconversa 18:24, 10 de xaneiro de 2012
RE: Árbore
[editar a fonte]Fai como vexas, pero coido que o texto da caixa debe ser o suficientemente elocuente ao estar contraído. E o propio modelo chámase así! Realmente non é dicir ningunha mentira, porque é (parte d)a árbore xenealóxica desas dúas familias. Podes revertelo e abrir un fío de debate, se queres. --Toliño Fala aquí comigo 09:47, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)
infobox "estado desaparecido"
[editar a fonte]Ola. Cando teñas un pouco de tempo gustaríame que mirases isto . Grazas. --XoioÉche o que hai 17:35, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Licenzas
[editar a fonte]Boas HombreDHojalata. Pode que xa che fixera esta pregunta hai tempo, o certo é que non o lembro, o caso é: podo tirar imaxes de aquí [4]? Quería engadir unha galería ao artigo Alzamento de Pascua, que coido que está case preparado para calidade (espero que alguén encontre citas para outros proxectos sobre o tema, porque o que son eu non teño tempo entre unhas cousas e outras), e nese link a google hai unha chea de imaxes que poden valer, o caso é se é legal incluílas. Un saúdo, Piquitoconversa 1:22, 13 de xaneiro de 2012