Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 15
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ola. Fago iso para que non quede un espazo longo. Non se altera a ligazón e queda máis estético. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 22 de xuño de 2017 ás 11:13 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]
Sinto, non sabía que iso ía molestar tanto. Perdón de verdade. CristianCb (conversa) 2 de xullo de 2017 ás 20:42 (UTC)[responder]
Eu só quería axudar. Volvo a pedir perdón, non era a miña a intención facer vandalismo. Sinto. Non volvera a suceder. CristianCb (conversa) 2 de xullo de 2017 ás 20:52 (UTC)[responder]
Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Non sei moito de licenzas, pódese meter modelo:LicenzaMapaSobreira? ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 11 de xullo de 2017 ás 07:08 (UTC)[responder]
- Por que non cambio? Porque non teño nin idea e é unha liada para min buscar. Busquei unha vez e mareeime horas. Só quero que saia o meu nome se a usan tal cal ou se a cambian. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 11 de xullo de 2017 ás 21:57 (UTC)[responder]
esto, estás facendo un moi bó traballo nesa entrada.== Imaxe de Gregorio Marañón ==
Ola, HdH. Por que retiraches a imaxe de Gregorio Marañón? --Agremon(contacto) 19 de xullo de 2017 ás 16:59 (UTC)[responder]
- Pois se é un artigo que se está a mellorar e ó que aínda lle falta, coido que non se lle deben retirar cousas para mellorar o aspecto mentres tanto.--Agremon(contacto) 19 de xullo de 2017 ás 17:21 (UTC)[responder]
- Si, o esforzo é infimo. Aínda que sexa por duplicado. E aínda menor para quitala. Pero sigo sen ver a necesidade desa duplicación/triplicación. É máis, considero que mentres diminuiu a calidade do artigo (por pouca que sexa). --Agremon(contacto) 19 de xullo de 2017 ás 18:14 (UTC)[responder]
Por certo, polo resto estás facendo un moi bó traballo nesa entrada.--Agremon(contacto) 19 de xullo de 2017 ás 18:21 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! ☣Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Escríboche porque coñezo a unha persoa que está disposta a pasarme unha ou dúas fotografías súas de María Victoria Moreno para liberalas na nosa Wikipedia. Como procedo a subilas eu coa licenza correcta? Canto máis simple, mellor, claro. Moitas grazas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 20 de xullo de 2017 ás 18:11 (UTC)[responder]
- Grazas, HombreDHojalata e Elisardo. Así que regrese das vacacións, axudareille a crear unha conta de usario ou posuidor das fotos e despois guiareino para que as suba coa licenza correcta. Coido que vai ser a opción máis directa. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 22 de xullo de 2017 ás 21:36 (UTC)[responder]
- Si Atobar, sen dúbida é a opción máis rápida e sinxela. Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) 23 de xullo de 2017 ás 01:47
Grazas, sr.! Gustavo.bng (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 22:43 (UTC)[responder]
Boas tardes. Máis que comprendido, moitas grazas polo teu consello. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 26 de xullo de 2017 ás 15:59 (UTC).[responder]
Boas HombreDHojalata! Hai uns anos me pediches unhas imaxes para poder ilustrar o artigo de Xela Arias e Valentín Arias. Esta tarde me pillaches aburrido na casa e lembrei a túa mensaxe, polo que decidín coller o coche e tratar de localizar a imaxe que me pedías.
Non hai moito máis que fotografar por alí... Sinto a tardanza ;) Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 16:59 (UTC)[responder]
Ola HdH. Vin as indicacións que puxeches nas páxinas de Categoría:Banco de España e Categoría:Gobernadores do Banco de España sobre as ligazóns interlingüísticas. Estou seguindo o que se indica sobre premer na barra da esquerda etc., pero cando teño que indicar a lingua non recoñece as palabras que lle puxen (gl, glwiki, galego...) e no despregable non aparece galego nin nada semellante (bueno si, gaélico e outros glkwiki...).
Pódesme indicar como debería facer?. Grazas.--maghoi (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 23:27 (UTC)[responder]
- Grazas pola aclaración. Pensei que había que pór o código de galego en lugar do da lingua que se quere ligar. Na interwiki modificara nunha das categorías pero non vía ningún cambio aparente. En fin, paciencia. Graciñas de novo.--maghoi (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 09:15 (UTC)[responder]
Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Algunhas veces si, pero outras esquézome, e tes razón que nesa parte adoitan engadirse moitas ligazóns incorrectas. Terei máis tino nas seguintes traducións, e grazas por amañar as de electrónica. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de agosto de 2017 ás 11:34 (UTC)[responder]
Moitas grazas por completares os lugares da Cervela. Hoxe andei por alí e fixen fotos que agardo subir cando teña tempo e conexión mellor. Falta o lugar O Cotedo que tentarei engadir cando poida. SaúdosOgalego.gal (conversa) 8 de agosto de 2017 ás 21:48 (UTC)[responder]
Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]
Es necesario que leas esto antes de hacer incedios [1] a raíz de esto Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións. No es correcto hacer mensajes incendiarios sin estar enterado al 100% de que ha ocurrido en cada caso.--Marrovi (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 21:02 (UTC)[responder]
Uno debe estar enterado de todo, antes de emitir comentarios al vapor, porque eso no es correcto lo hicieste al incendiar un comentario con fines de expulsión, sin saber que ha sucedido en el pasado; por que decir así también en Meta se puede llevar esta discusión y allí es donde se buscará otra tribuna en caso de emitir otra expulsión; ya están en proceso de reapertura otras después de esta larga discusión con mucha gente de Wikimedia. Esto está sirviendo para estudiar el comportamiento de los administradores, lo cual es otro trabajo de los wikipedistas.--Marrovi (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 21:11 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Podería mudar a frase *"Se devandito material estase a engadir..." por "Se o devandito material se estivese a...". Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22 de agosto de 2017 ás 11:24 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai? Envíoche este enlace; sóache por casualidade quen era ese Gerardo Campos? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de agosto de 2017 ás 12:49 (UTC)[responder]
Creo que eu non fixen esa modificación e non sería quen de debater ese criterio, por iso preguntaba, porque non o tiña claro. Prefería que fixeses ti o cambio a presente se o tes claro. Unhanova (conversa) 28 de agosto de 2017 ás 11:34 (UTC) Tamén teño dúbida en https://gl.wikipedia.org/wiki/Holoceno no uso do pasado "O holoceno foi un período interglaciar" cando estamos no holoceno. Mais para facer ese cambio tería que telo claro. Unhanova (conversa) 28 de agosto de 2017 ás 13:15 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai?
Por unha casualidade moi loca non saberás cal era a casa de Xosé María Álvarez Blázquez en Coruxo? Fala dela Nina Epton no libro Uvas e granito, e era bonito ilustrar o artigo cunha foto da vivenda.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de setembro de 2017 ás 17:11 (UTC)[responder]
Bo día, HombredeHojalata, quería preguntarche se mo dicías pola tradución do artigo que fixen de Nina Epton en inglés ou por outros artigos. Se tiña que revisar o meu historial ou se era de agora en diante. A tradución de Nina Epton foi publicar, decatarme e facer unha redacción nova para avisar que era unha tradución. Iso, polo que pos, creo que xa non vale. Unhanova (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 06:07 (UTC)[responder]
Como vin en todos que xa o puña no historial que eran traducións, mais en moitos deles, non na primeira edición, púxenllelo a todos na páxina de conversa. O que tiven dúbidas foi en poñer o de que eran de Europa, mais, se non o puña, nalgúns casos daban erro. Unhanova (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 09:24 (UTC)[responder]
O de Europa é que, cando pon :en:Europa e :pt:Europa, dá a impresión de que vai haber máis dunha Wikipedia neses idiomas, hai unha europea e outra americana? e que non sabía se era así, que tentei non poñer o Europa, mais que, nalgúns casos, non funcionaba. Unhanova (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 10:08 (UTC)[responder]
Hoxe tiña o día espeso, menos mal que ti non. Unhanova (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 10:55 (UTC)[responder]
Boas, podes comprobar se fixen ben a tradución das citas na lingua orixinal? https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Libro_de_estilo#Traduci.C3.B3n_das_citas_na_lingua_orixinal. Fixen unha no artigo de https://gl.wikipedia.org/wiki/Acci%C3%B3n_Integralista_Brasileira. É así?, poñendo o texto orixinal como referencia? Unhanova (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]
Grazas por comprobares Unhanova (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 12:54 (UTC)[responder]
Ostras! Grazas, tes toda a razón. Non sei que fixen aí. Recuperei o borrado e suprimín o duplicado. Bótalle un ollo por ver se a cousa quedou ben. Grazas de novo. Saúdos!--Xas (conversa) 10 de setembro de 2017 ás 10:18 (UTC)[responder]
Bo día. Acabo de facer a corrección lingüística da entrada Linguaxe Unificada de Modelado. Entre outras cousas, cambiei a palabra modelado por modelaxe, única forma aceptada no DRAE. Cumpriría agora cambiar esta palabra tamén no título do artigo. Ademais, pido unha reflexión de alguén máis capaz ca min respecto á adecuación da tradución do inglés Unified Modeling Language, xa que eu considero que o adxectivo unificado/a non vai con linguaxe, senón con modelaxe. De ser así, o título do artigo debería ser Linguaxe de Modelaxe Unificada (acorde coa tradución da Wikipedia en francés e tamén moi utilizada en castelán -ver resultados en Google-). Grazas. --Moedagalega (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 06:29 (UTC)Moedagalega[responder]
Bo día. Suxiro unha reflexión acerca da pertinencia ou non do artigo Os verbos galegos. Eu entendo que o seu contido é redundante co do artigo Verbo (moito máis amplo) e non se centra en absoluto nas particularidades do idioma galego, senón en aspectos puramente teóricos (só exemplificados con secuencias en galego). Grazas. Un saúdo. --Moedagalega (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 08:18 (UTC) Moedagalega[responder]
Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Vale, se sae algo xa o comentarei na páxina do proxecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 11:31 (UTC)[responder]
Ok. Entendido. Grazas. Por certo como podo facer para crear unha pestana como as que ti tes na túa páxina de usuario?.Saúdos --maghoi (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Graciñas.--maghoi (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 23:14 (UTC)[responder]
Engadín algo de contido á introdución do artigo, a ver se chega así. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 01:53 (UTC)[responder]
Boas, canto teñas un momento, podes mirar a conversa de Cañás, Carral? É que non sei se o pazo ese está en ruínas ou xa non existe... Tamén se comenta que as coordenadas non coinciden co lugar onde estaba... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 10:05 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai?
Anímaste a crear o artigo de Coto Grande? Hoxe aprendín que o Nomenclátor recolle o topónimo separado (con bo criterio, ao meu entender).
Xa me contarás. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de outubro de 2017 ás 17:03 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Moitas, moitísimas grazas, por amañar a desfeita que fixen polo meu mal facer neste artigo. Moitas grazas, repito. Un cordial saúdo.----XoioÉche o que hai 9 de outubro de 2017 ás 16:44 (UTC)[responder]
Cambieino de novo, creo que agora si está amañado, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2017 ás 07:45 (UTC)[responder]
Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola! Como vai?
A ver se me podes axudar, que non dou pulsado a tecla exacta. En Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega intento que a portada do libro quede aliñada á dereita que o texto do cabezallo apareza á esquerda da imaxe, pero non sei como facer. Podes botarlle un ollo?
Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de outubro de 2017 ás 15:59 (UTC)[responder]
Saúde HombreDHoalata. Agradezo as túas aportacións ó artigo orquestra sinfónica. Porén, paréceme que a imaxe que mostra a disposición dos instrumentos nunha orquestra quedaría mellor cun tamaño que permitira ler os textos directamente, tal e como acontece no artigo en castelán de onde obtiven a tradución, sen necesidade de apliar a imaxe. Paréceme que neste caso é unha imaxe moi significativa que aporta información importante para entender cómo é unha orquestra sinfónica. Xa me dirás qué che parece--Viascos (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 17:44 (UTC)[responder]
Re: Diagram Modern symphony orchestra
[editar a fonte]En castelán | En galego |
---|---|
Percusión | Percusión |
Timbales | Timbais |
Trompetas | Trompetas |
Trombones | Trombóns |
Tubas | Tubas |
Trompas | Trompas |
Clarinetes | Clarinetes |
Fagots | Fagots |
Contrafagots | Contrafagots |
Flautines | Frautines |
Flautas | Frautas |
Oboes | Óboes |
Corno inglés | Corno inglés |
Órgano | Órgano |
Arpa, Piano | Arpa, Piano |
Primeros violines | Primeiros violíns |
Violas | Violas |
Violonchelos | Violoncellos |
Segundos violines | Segundos violíns |
Contrabajos | Contrabaixos |
Director | Director |
Aquí a tes. Adiantóuseme Elisardo, comproba os nomes, revisenos no dicionario da rae e nos artigos dos respectivos instrumentos. Non deixo de alucinar coa celeridade das espostas nesta wiki!!! ;)
Queres que lle dea unha volta co bot? ☣Banjo tell me 3 de novembro de 2017 ás 10:29 (UTC)[responder]
- Non te preocupes. Hai que revisar a man porque pode formar parte de títulos. Distraiome eu, facendoo. ;-) --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2017 ás 10:31 (UTC)[responder]
- Amais, nalgúns casos, hai que mudar o xénero (de masculino a feminino) das frases contedoras. --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2017 ás 10:33 (UTC)[responder]
¿Serán Carlos Valle e Eduardo Carrero? É ben posible. Esa información vén dun intercambio de correos que tiven con Miguel Ángel González, cóengo arquiveiro da Catedral de Ourense, a quen lle fixen varias preguntas alá en decembro de 2014, cando estaba a escribir o artigo. Resulta que no "Inventario de la Riqueza Monumental y Artística de Galicia", de Ángel del Castillo (publicado en 1972 pero escrito moito antes) dise que o Pórtico é "obra, al parecer, del maestro Juan Evangelista, según inscripción de cierta figura de un ángel, hallado hace unos años". Esta foi unha das preguntas que lle fixen: se ninguén atribúe autoría coñecida ó Pórtico, ¿quen pode ser este Juan Evangelista?. O tal Miguel Ángel González contestoume (19.12.2014) que o libro de Ángel del Castillo será moi bo pero afirma cousas que hoxe xa non se aceptan. E que esa inscrición só permite deducir que ese anxo trompeteiro é obra do Juan Evangelista, pero non o Pórtico, toda vez que "el Angel no tiene que ver con el Pórtico como han descartado Moralejo. Perrín, Valle Carrero, por lo que hoy nadie hace esa atribución". Escríbeo así, con punto tras Moralejo e sen coma entre Valle e Carrero. Non me chamou a atención e por iso non lle pedín que me aclarase esos nomes, pero ten sentido o que supós. ¿Algunha dúbida máis que poida resolver? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 23:43 (UTC)[responder]
- Se aumentas a foto adxunta, a inscrición está na boca da trompeta. Non sei como len alí o nome de Juan Evangelista, pero é o que di o Ángel del Castillo. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 23:48 (UTC)[responder]
¿Puedes actualizarlo por favor? Me gustaría traducirlo. Un saludo Triplecaña (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 21:31 (UTC)[responder]
- @Triplecaña: Sería mellor que falaras con Xermán. --. HombreDHojalata.conversa 27 de novembro de 2017 ás 11:08 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Quería pedirte se poderías consultar nalgunha das túas enciclopedias en galego o nome do rei visigodo Atanerico/Atanarico para poder referenciar o artigo. Eu sempre o vira como Atanarico, e non atopei referencias para Atanerico, porén nas interwiki si aparece con e nalgunhas linguas (aínda que non se pode ligar con Atanarico). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 18:39 (UTC)[responder]
Tras consultar a Xabier Cid por mor das ligazóns interwiki, atopamos que Atanerico foi outro rei que non semella ter relación con Atanarico. Porén se atopas algo, toda información é benvida. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:08 (UTC)[responder]
- En DS21, EGU e DEGU nin un nin o outro teñen artigo de seu. O máis parecido que aparece é Atanaxildo (d:Q313197). --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2017 ás 15:15 (UTC)[responder]
Ola!
Mandáronma porque me encargaron unha recensión dun libro. Ese é o único artigo sobre MVM, supoño que para o ano próximo haberá máis. De todos xeitos, o artigo de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre é un adianto da biografía que están a preparar da escritor, así que axiña ha haber material interesante.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de decembro de 2017 ás 17:18 (UTC)[responder]
Boas, mira teño unha pregunta, nesta páxina teñen como texto de licenza "Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog." Cres que ese texto é abondo para pasar as fotos a Commons? Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 00:38 (UTC)[responder]
- Coido que o mellor é que contactes e o aclares directamente con el: Apd. de correos: 83 - 36900 - Marín.
- --. HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2017 ás 12:01 (UTC)[responder]
- Vale, a ver que me di. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 19:26 (UTC)[responder]
Dear HombreDHojalata/Arquivo 15,
Our 2016 edition of Il piccolo principe has been published with an OTRS permission, as you can read from its talk page and so I had to revert your edit. Thank you for your help: copyviol is always a threat for our freedom, especially on Wikisource. - OrbiliusMagister (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 07:56 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Cres que serías viable argallar un modelo que remita á ficha de cada obra traducida en BiTraGa? Un pouco á maneira de DRAG|oquesexa que colocamos como referencia da palabra que motiva unha entrada. Como o ves? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10 de decembro de 2017 ás 19:49 (UTC)[responder]
Ola. Xa sei que teño varios artigos "aparcados", agúns xa desde hai tempo; e procurarei deixalos rmatados. O malo é que, como vou saltando dun sitio a outro, dalgúns xa no me lembro. Hai algunha manerira de que eu poida mirar cales son os que teño en uso?
Moitas grazas pola túa felicitación de Nadal. Igualmente desexo que ti pases unhas boas festas, e que teñas un bo ano 2018. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 18 de decembro de 2017 ás 20:08 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata, como estás? Estiven vendo as mudanzas que fixeches ao artigo Memorias dun neno labrego e que o melloraron en varios aspectos. No entanto, a túa última alteración, a eliminación da maioría de ligazóns vermellas dos nomes dos tradutores, deixoume sorprendido. Non é que pretenda nada para min, xa que até agora unicamente traducín un libro da literatura galega (precisamente, Memorias...), e a miña atividade literaria se desenvolve en esperanto, non en galego. Pero non comprendo con que criterio mantés a ligazón vermella para Tadashi Yamamoto e lla eliminas a Corinne Son; ambos teñen en común non teren finalizado a tradución, pero Son conta con obra publicada (concretamente, crítica literaria sobre Memorias...).
Un saúdo.
--Susomoinhos (conversa) 25 de decembro de 2017 ás 05:14 (UTC)[responder]
- Ola @Susomoinhos:.
- Grazas. Tes razón. Esa é a miña última edición de onte. Gardei y lisquei a outra cousa que tiña que atender.
- Antes de gardar, estiven facendo algunhas comprobacións sobre os nomes, como, por exemplo: cantas veces aparecen mencionados nos artigos da Wikipedia en galego; se teñen artigo de seu en Wikipedia en algunha lingua; e canta obra teñen publicada segundo Dialnet.
- Efectivamente, tampouco é previsible que chegue a ter artigo de seu Tadashi Yamamoto, que aparece no último parágrafo. Hai un Tadashi Yamamoto en Wikipedia, noutra lingua, pero é outra persoa. En calquera caso, se algún deles, algún día, chega a ter artigo, algo que, como digo, é moi improbable, procederemos, claro, a poñer a correspondente ligazón interna. Concordarás en que o que non debemos é pecar de ligacionitis e poñerlle ligazón interna vermella a todo cristo polo mero feito de aparece mencionado nun artigo.
- Como é obvio que estás interesado na temática, aproveito para recomendarche a lectura de Raigame 35 e 39 , que están moi interesantes e dispoñibles gratuitamente online.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 25 de decembro de 2017 ás 12:37 (UTC)[responder]
Creo que non hai que cambiar o nome da ligazón, Xunta de Ampliación de Estudos pode atoparse con ese nome en varias ligazóns en galego, como culturagalega.org ou este libro, por exemplo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 17:30 (UTC)[responder]
- Bueno, en culturagalega.org atopo 290 coincidencias para "junta para ampliación...", 88 para "junta de ampliación...", ningún resultado para "xunta para ampliación...", 3 para "xunta de ampliación..."
- A sección do CCG que traballou e estudou a historia desa institución (e o propio Ramón Villares) refírense a ela con "J", non con "X": véxase: Álbum da JAE [2].
- No DEGU: "Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas". Diccionario enciclopédico galego universal 35. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 108–109. ISBN 84-7680-429-6.
- Amais, na EGU aparece así: "Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 495. ISBN 84-7680-288-9. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2017 ás 20:53 (UTC)[responder]
- Si, tes razón, pero nesta consulta pódese ver en diferentes fontes que tamén se fai referencia a esa institución con X en galego, polo tanto, penso que tamén pode usarse sen problema, logo no artigo con indicar o seu nome oficial xa é abondo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 23:29 (UTC)[responder]
Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)[responder]
Non, en principio non está mal. Sen embargo, sabendo que hai varias posibilidades para escribir a causal nese lugar e dada a etimoloxía de por mor de ([3]), semellábame un pouco macabro que unha morte sexa expresada con esa locución podendo utilizar outra. É certo que o falante actual xa non ten consciencia da orixe, pero a min sooume tan mal como "morreu grazas a unha tuberculose" (o cal non sería incorrecto seguindo a definición do DRAG). ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 3 de xaneiro de 2018 ás 09:24 (UTC)[responder]
Ola! Estiven traballando nunha actualización para o Control de autoridades, xa teño unha funcionando en {{control de autoridades/probas}}, só lle faltan uns pequenos arreglos cosméticos. A miña intención era actualizar os módulos de identificadores taxonómicos e médicos de forma semellante, así quedaría todo no CDA+taxonómicos+médicos, vs os 5-6 módulos que hai agora.
O propósito de facelo así e a mellora que trae, ademais de aforrar espazo xa que une varios módulos, é que con este novo código non estamos limitados ó número de posibles identificadores, que era o principal problema que había ata o de agora. Co novo código pódense engadir virtualmente infinitas, eu xa tiña unhas cantas en espera por culpa do límite actual.
Unha cousa nova, inclúe unha ligazón ó inicio da caixa ó elemento de wikidata, semellante ó CDA de commons. Ten un par de cousas negativas tamén. Non conseguín que funcionase a ligazón a WorldCat, esa perderíase. Tamén as de "(datos)" das ligazóns BNE e BNF, por como está definido o código non aparecerían tampouco.
Outro cambio, non incluiría os artigos nas subcategorías de Categoría:Wikipedia:Artigos con control de autoridades, quedarían baleiras. Sinceiramente creo que non nos fan falta e so "ocupan espazo", aínda estando ocultas, polo que esto non o vexo como inconveniente.
Antes de darlle para adiante quería saber que che parece o cambio, se estás de acordo ou pensas que se perdería algo importante. ☣Banjo tell me 5 de xaneiro de 2018 ás 23:35 (UTC)[responder]
- Adiante. Paréceme ben. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2018 ás 09:30 (UTC)[responder]
Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:55 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola, HombreDHojalata! Como vai?
Estiven fedellando na Lista de persoas galegas sen artigo na gl:wiki, e dei con Pedro Osores de Ulloa (d:Q544060); na Wikipedia en castelán pon que naceu en Saa, Beade, Vigo. Anímaste a meterlle man ao artigo, aínda que só sexa para poñelo como lugar de nacemento en Wikidata?
Moitas grazas por creares a Wikipedia:Lista de galegas segundo Wikidata; serviume de axuda para Usuario:Estevoaei/100wikidays (veño de crear o artigo de Francisca Sarasate) e estiven pola tarde corrixindo cousiñas en Wikidata.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xaneiro de 2018 ás 04:24 (UTC)[responder]
- Buf; pois a saber. Das tres parroquias que se chaman Saa, dúas están consagradas a Santiago (Saa, Dozón e Saa, Lugo) e unha a Santa María (Saa, A Pobra do Brollón). Existe tamén a parroquia de Sa, O Páramo, pero consagrada a Santiago. e mais hai tres lugares chamados Saa en parroquias consagradas a San Xoán (Saa, Sadurnín, Cenlle, Saa, Seoane de Arcos, O Carballiño e Saa, Fornelos, Salvaterra de Miño). O mellor era deixar como lugar de nacemento Galicia a secas, visto o visto. Moitas grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xaneiro de 2018 ás 15:31 (UTC)[responder]
- Si, iso sabíao, e cando me coincide de estar en Wikidata no ítem dalgún lugar ou parroquia, sempre engado a unidade administrativa da que depende. Aínda queda moito por facer en Wikidata cos lugares e parroquias, mesmo deberiamos chegar a consenso sobre o formato. Por exemplo d:Q12388783 é Fontán, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, e nestes casos penso que na etiqueta é mellor pór só o nome do lugar, e non o formato usado na Galipedia de "lugar, parroquia, concello". Aos poucos iremos facendo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xaneiro de 2018 ás 15:42 (UTC)[responder]
Hi there! He publicado demasiados libros referentes a Albert Camus (22). ¿Quieren que elimine algunos títulos?
Soleil222 (conversa) 10 de xaneiro de 2018 ás 10:13 (UTC)[responder]
Aclaración: He sustituido la 1ª edición del libro "Camus. Portrait of a Moralist", de Stephen Eric Bronner (publicada en 1999) por la 2ª (publicada en 2009). Porque la 1ª edición no disponía de URL explicativa y la 2ª sí: http://press.uchicago.edu/ucp/books/book/chicago/C/bo8324774.html
Soleil222 (conversa) 10 de xaneiro de 2018 ás 14:52 (UTC)[responder]
Pois si que se pasaron ben os do museo... É bastante choio porque hai que retocar a imaxe parte por parte, polo menos é a forma que eu uso que é un pouco pachangueira, e como é un cacho moi grande levará bastante tempo. Anótoo nas tarefas pendentes para facer despois do aniversario. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]
- Feito! Atopei outra fonte :) Se se pode asumir que o texto manuscrito que está debaixo da foto é a súa firma, é moi doada de extraer co croptool. Incluso se queres, pode facerse outra versión da imaxe na que só apareza o retrato para que quede mellor na ficha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 16:02 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Pois é correcto, si. Soa un tanto forzado, pero non está mal. Calquera das tres: que se habían converter/que habían se converter/que habían converterse sería válida. A incorrecta só sería *que habíanse converter. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 14 de xaneiro de 2018 ás 21:00 (UTC)[responder]
Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Hola. Por favor, elimine Ud. las imágenes de Albert Camus que publiqué hace meses en Wikimedia Commons. Pertenecen a Fonds Albert Camus. Sus responsables me han comunicado su deseo de que ese material sea retirado de Internet. Gracias.
Soleil222 (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 18:17 (UTC)[responder]
Moi bo traballo! Intentarei traballar no artigo de Otero Pedrayo, a ver se lle damos chuzado a estreliña dourada. Apertas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2018 ás 21:32 (UTC)[responder]
Comprobado. Efectivamente o ano de defunción é 1937. Grazas pola corrección. Un saúdo. --Xas (conversa) 21 de xaneiro de 2018 ás 22:29 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola, HdH! Como vai?
Vin que no artigo de Johán Carballeira incluíches na bibliografía o Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, pero non lle atopo entrada, nin por CARBALLEIRA nin por GÓMEZ DE LA CUEVA nin nada. Foi un erro?
Por certo: veño de crear o Modelo:Couceiro para citar o DBBE, por se che é de utilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xaneiro de 2018 ás 13:52 (UTC)[responder]
- Si, debe haber un erro pola miña parte. Grazas polo aviso. Pero, non aparece por: CUEVA, José G. de la, I, 324? Pregunto. . HombreDHojalata.conversa 27 de xaneiro de 2018 ás 14:51 (UTC)[responder]
- Anda, pois si. Pasáraseme buscar ese. Usei o buscador en Wikipedia:Entradas do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores pero estaba buscando por "de la cueva", non se me ocorrera que podía estar ordenado así. Xa lle inclúo agora a bibliografía. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xaneiro de 2018 ás 16:58 (UTC)[responder]
Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.