Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 18
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Bos días. Diríxome a ti porque supoño que puxeche na páxina de Peregrina Quintela o aviso para a correción de referencias. Revisei varias delas e ágora tódalas revisadas aparécenme en bermello e non sei o motivo. Podes botarlle un ollo e decirme se persiste algún problema? Grazas. Un saúdo. --AmeliaVR2019 (conversa) 9 de setembro de 2019 ás 10:35 (UTC)[responder]
Por suposto, xa o outro día estiven a piques de comezalo, así que sen problema. Unha aperta! --FleaRHCP (conversa) 15 de setembro de 2019 ás 09:46 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.
Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ese xeito de escribir 'acotío' e 'decotío' non ten base etimolóxica, e está errada. https://www.estraviz.org/cotio ahí tes outro xeito de escribir a expresión.
Gracias pola túa axuda. Un saúdo.
Gracias unha vez máis, e desculpa pola miña torpeza.
--Briǵandeira (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 11:21 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola! Quizais por casualidade recordes: no artigo de Micaela Chao Maciñeira puxeches que naceu en Susavila, Noche, Vilalba, pero isto contradise co de Viveiro; non obstante, as dúas ligazóns externas din que naceu en Susavila... no concello de Ortigueira! Non coñezo ben esa zona, mais ten sentido que sexa o de Vilalba. Se puideses confirmalo, poderías corrixilo tamén en Wikidata, por favor?
Mil grazas! Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de outubro de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]
- Ola, Adrián.
- Non acabo de telo claro.
- Quizais podería trasladarse a pregunta, nun correo-e, aos profesores Ínsua e Marco. Anímaste? --. HombreDHojalata.conversa 8 de novembro de 2019 ás 20:43 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola! podes revisar o artigo de Chelo Loureiro por favor? non pensas que xa podes quitar os modelos?. Saúdos--Moniquiña (conversa) 4 de novembro de 2019 ás 16:51 (UTC)[responder]
Ola de novo e grazas a ti! iréi correxindo o que dis.--Moniquiña (conversa) 6 de novembro de 2019 ás 15:36 (UTC) Sáudos.[responder]
- Ola HombreDHojalata! estou correxindo as referencias/notas e teño unha dúbida, cando é unha revista en xeral, pódese poñer VVAA no lugar de nome e apelidos? e cando non aparece autoría concreta dun artigo dentro da revista, poñemos quen edita? Grazas --Moniquiña (conversa) 6 de novembro de 2019 ás 16:44 (UTC)[responder]
- Ola User:Moniquiña.
- Eu, de ter que poñer "VVAA" ou "AAVV" ou mesmo "anónimo", non o poría nin en
|nome=
nin en|apelidos=
, poríao en|autor=
. - Porén, voulle a trasladar a pregunta a User:Maria zaos, que sabe disto un cacho máis ca min e seguro que o explica mellor. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2019 ás 18:29 (UTC)[responder]
- Ola e grazas! Boa idea, falarei con María Zaos tamén. Saúdos--Moniquiña (conversa) 10 de novembro de 2019 ás 11:46 (UTC)[responder]
Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.
Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Hola, HombreDHojalata! Moitas grazas pola túa axuda, non levo nin un mes e estón a aprender cómo funciona esto...! Fixen o meu primeiro artículo, sobre un xogador galego de fútbol, e estón a mirar cómo facer para que se xenere o panel de información de Google, se puideras votarme unha mán, agradeceríacho! --Rlopglez (conversa) 29 de novembro de 2019 ás 22:41 (UTC) Rlopglez[responder]
- Ola Rlopglez.
- Síntocho, non traballo para Google.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2019 ás 22:43 (UTC)[responder]
Ola HdM. Quería explicarme sobre unha frase que eliminara nese artigo que entendín como errónea e revertiches a edición. Me explico, entendo agora que, seguramente, non era o procedemento, mais estiven mirando a frase que fai refeerencia a que obtivera o Premio Nacional de Investigación en 1977, que ti referenciaches no Diccionario Biográfico Español. O problema é que na páxina dos Premios Nacionais de Investigación, no comezo do segundo parágrafo, se afirma que se crearon en 1982, e mirando na rede non atopei nada que apoiara o que se afirma no Diccionario. Por iso entendera que era un erro e que o Diccionario tiña que estar equivocado. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de decembro de 2019 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Si, MAGHOI, entendín perfectamente a túa edición, e lin a páxina que indicas, máis, como é o que di o DBE da RAH, optei por reverter e poñer a referencia. --. HombreDHojalata.conversa 7 de decembro de 2019 ás 20:31 (UTC)[responder]
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de decembro de 2019 ás 20:31 (UTC)[responder]
Ola boas. Vin que colaborache no artigo creado por min. O artigo de Rubén Pérez Mínguez. Fíxeno o mellor posible. Sei que faltan cousas, pero quero que me dedes un voto de confianza e tanto o artigo de David Pérez Doval, coma o de Rubén Pérez Mínguez, máis un que teño pendiente de facer, sobre Adrián Pirata (xogador do Santiago Futsal, e campeón europeo coa selección galega sub-18) vou ilos perfeccionando pouco a pouco e añadindo máis información que vaia conseguindo... Se me axudas ti, máis algún que outro usuario, estaría xenial para seguir aprendendo... solo quero demostrar que podo facer artículos de boa calidade. Só necesito dun voto de confianza e verás como estos 3 artigos nunhos meses van estar completos ao 100%!! Un saúdo, e espero resposta! --Rlopglez (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 00:17 (UTC) Rlopglez[responder]
Ola boas! O artículo que creei sobre Jacobo Vilariño é apto? --Rlopglez (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 22:57 (UTC) Rlopglez[responder]
- Ola Rlopglez.
- No historial de edición de Rubén Pérez Mínguez (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) podes ver as melloras que se lle foron aplicando, ou en calquera outro artigo similar (p. ex. en: Categoría:Xogadores do Real Valladolid B ou Categoría:Xogadores do CF Palencia… etcétera) ver o formato máis acaído, e irllo aplicando, ti mesmo, aos artigos iniciados por ti.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de decembro de 2019 ás 10:22 (UTC)[responder]
Ok. E o artigo de Jacobo Vilariño é apto? Rlopglez (conversa) 11 de decembro de 2019 ás 20:03 (UTC)[responder]
Ola!Non estou moi de acordo cos cambios que fixeches nas categorías Categoría:Días de homenaxe e Categoría:Días festivos. Pero o certo é que estou sudando un pouco para organizar unha árbore coherente. Douche a miña explicación a por que non estou dacordo, pero agradeceríache suxestións neste tema, dada a prolongada experiencia que tes na xestión de categorías.De Eventos colgarían:
- Días de homenaxe- entendidos estos como homenaxe a unha efeméride concreta, poñamos centenarios históricos etc. A denominación e a categoría xa existían e resultan algo ambiguas, pero o certo é que o que entendo é que o peso recae normalmente no evento histórico/ simbólico e no seu nome non se inclúe a palabra "día de". Distinguiríanse das efemérides no sentido en que implican un evento "físico" de homenaxe baseado na efeméride. Non todas as efemérides se conmemoran polo feito de existir...
- Días de celebración. Vén da correlación con observances (inglés). Os días en que se celebra algo convertíndose en "día de". Os días mundiais e internacionais da ONU serían unha subcategoría deste. Son días de sensibilización o de loita contra algo ou de concienciación. Por veces nacen dunha data concreta, si, pero moitas outras vces non, xa que algúns son de datas variables (segundo martes de un mes, por exemplo).
Agora ben, un día festivo, segundo a entrada que temos ha ser realmente festivo (non laborable). Quere isto dicir que hai días de celebración que ademáis son festivos e outros non. Nos días mundiais de algo adoitase traballar en mil lugares do mundo. É por iso que entendo que o día festivo non pode ir como categoría superior a días de celebración porque implicaría que todos os días das súas subcategorías o son. Pero que facer cos días das comunidades autónomas? Eu creo que a solución sería por país/España. O conflito reside en días de que son días de homenaxe (acaso as Letras galegas non o son?) e que ademáis son festivos e días como "Día de andalucía" que tamén se chaman "día de" ( que descoñezo se se poderían considerar de homenaxe), que tamén son festivos e os internacionais, tanto oficiais como "informais" (día da Toalla etc) que practicamente nunca son festivos. Por outra banda este nivel de granularidade varía dunhas wikipedias a outras, co que é un caso no que Wikidata máis que axudar, confunde. Por todo isto se me podes indicar o porqué as observances (días de celebración) consideras que deben ser subcategoría de días festivos e non ao revés ou calquera outra observación sería de gran axuda. Moitas grazas de antemán.--Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2019 ás 00:37 (UTC)[responder]
- Ups, descúlpame. Eu cría estar aplicando o teu criterio e completando un traballo que esqueceras! (pensei iso porque quedara unha categoría sen "categorías-nai" nin interwikis).
- É verdade que procurar a estrutura ou estruturas lóxicas para todo iso (e integralo coas correspondentes ligazóns interlingüísticas) é unha boa lea. Eu non teño criterio ningún, e é un tema que me resulta confuso e nada atractivo, síntocho. Por favor, desfai as edicións miñas que vexas desafortunadas. O único que se me ocorre aconsellarte é que o expoñas na taberna, a ver se algún compi bota luz. --. HombreDHojalata.conversa 13 de decembro de 2019 ás 08:29 (UTC)[responder]
- Ningún problema. Bueno, si, que que lioso é o tema...Fixeches ben se viches que quedaba unha sen interwikis e orfa de categoría. Penso que sei cal era, non debín deixala así, certamente. Case que é mellor que teña algo que nada. Culpa miña, porque teño menos tempo nos últimos meses e cando me poño con este tema corre que dá gusto. Voulle dar unha voltiña nuns días e si, se non lle atopo volta levareino á Taberna a ver se dou con fans dos días de. Outra cousa: vin que andas a facer categorías para efemérides en Galicia. Moi ben! Se algún día dou rematado cos días de celebración estaremos a un pasiño de ter a posibilidade de automatizar un pouco as efemérides destacadas...non?. Bueno, grazas de todos xeitos, imos falando. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2019 ás 23:59 (UTC)[responder]
Boas, o artigo Félix Pons, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 14 de decembro de 2019 ás 23:31 (UTC)[responder]
Graciñas polos avisos. Así que teña tempo, poreime aos poucos con eles. Saúde e boas festas. --Atobar (conversa comigo) 16 de decembro de 2019 ás 11:15 (UTC)[responder]
Por que rebirtes todos os cambios que fago nos meus artigos? --Rlopglez (conversa) 16 de decembro de 2019 ás 23:24 (UTC) Rlopglez[responder]
- Perdón pola intromisión, HombreDHojalata, pero vou contestar aquí para que quede constancia. Rlopglez, unha reversión significa desfacer a última ou últimas edicións. Normalmente os administradores podemos revertir varias edicións xuntas, na acción chamada reverter, mentres que o resto de editoras só poden desfacer, é dicir, restaurar a versión inmediatamente anterior á última edición. Se son varias, desfanse de unha en unha. Que é unha versión? Pois indo a pestana de historial nun artigo verás unha lista de entradas que indican a data e hora de cada modificación no artigo, quen a fixo, o resumo de edicións que fixo constar e as diferenzas coa anterior.
- Dito isto, este usuario só desfixo unha edición, concretamente para corrixir unha falta ortográfica da edición anterior, como podes ver aquí e outra máis vella relacionada co Modelo:vpb no artigo de David Pérez Doval. Noutros artigos como Jacobo Vilariño Sobrado e especialmente en Rubén Pérez Mínguez o que fixo é colaborar na edición, mellorando, ampliando ou indicando que cousas habería que mellorar. É normal que por erro borremos inadvertidamente algún campo na parte da ficha do futbolista (mellora indicada en Jacobo Vilariño) ou que erremos ao poñer (ou non poñer) as categorías (melloras realizadas en Rubén Pérez). A Galipedia é un proxecto colaborativo, quere isto dicir que o contido o escribimos entre todas. Invítote a revisar, ademais das ligazóns e as ferramentas que se indican no cadro de Benvida da túa páxina de conversa, o historial das páxinas, especialmente daquelas que edites. Eu persoalmente aprendín moitísimo grazas as correccións que outros editores foron facendo logo das miñas acchegas e mirando os historiais e os resumos de edición. Se polo que fose precisas un tempiño no que non queres que ninguén entre a editar mentres non rematas o artigo, podes colocar este texto ao inicio do artigo: {{en uso}}, que remite ao Modelo: En uso.
- Por outra banda penso que poden ser do teu interese, entre outras cousas para aclarar o tema do que se considera reversión e colaboración, as seguintes páxinas: WP:PROP, WP:G e WP:CONDUTA. Un saúdo e a seguir!-- Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2019 ás 23:27 (UTC)[responder]
Vamos a ver se xogou no lega b por que revirtes os cambios e pos no leganes a secas? Rlopglez (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 18:15 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata.
Desculpa pola tardanza en responder. Entendo que a túa mensaxe está relacionada coa mina resposta a Rlopglez por unha pregunta que el te fixo e que non quixeches contestar (considérote unha persoa intelixente para saber a que se refería Rlopglez ao falar dos "seus artigos").
Ben, o meu comentario está escrito nun ton correcto, en ningún momento te faltei ao respecto e, de feito, indícolle que as túas reversións son correctas (as que eu vin). Logo explícolle como expresarse en vista a que ti non quixeches contestarlle (véxase que en ningún momento afirmo isto na súa conversa, senon que falo dunha aparencia) polo xeito de expresarse, porque ben podías terlle contestado e el podería ir mellorando cos consellos dunha usuaria experimentada coma ti.
Non creo que non contestar ás preguntas dunha usuaria nova sexa en absoluto positivo, o feito de que vexan que se elude contestar ás preguntas que fan pode levar a que se desencanten co proxecto, que perciban desinterese polo seu traballo, e que finalmente deixen o proxecto (cando precisamos de moitas máis mans, xa que como sabes non imos precisamente sobradas).
Non vou deixar de facer alusións a quen sexa cando considere oportuno (do mesmo xeito que ti fixeches alusións a esta persoa durante a votación, acusándoa inequivocamente de editar a Galipedia con intencións ocultas), sempre dende o respecto, como neste caso.
Un saúdo e boa entrada no 2020, Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 20:54 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Bótalle unha ollada ás últimas imaxes engadidas polo usuario Ocarteiro. A ver que opinas ti. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 9 de xaneiro de 2020 ás 11:34 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata, unha pregunta porque o Nilo Branco non é río? xa que o resto de ríos si o són (Río Amazonas, Río Xordán, Río Nilo, Río Anllóns, Río Sil, etc)--Alfonso mande 11 de xaneiro de 2020 ás 20:45 (UTC)[responder]
- Boa noite, Alfonso.
- Por suposto, o Nilo Branco é un río, mais é una especificación innecesaria no título. De feito éramos a única Wikipedia de máis de 60 Wikipedias (d:Q4814791) que incluíamos "Río" no nome do artigo.
- No caso doutros ríos o nome resulta polisémico (p. ex. Amazonas, Anllóns...) e precisa de máis concreción.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2020 ás 21:09 (UTC)[responder]
Boas, HdH. Como sabes non estou moi activa nestes momentos. Recibín esta consulta en relación ao marcador que puxeches ti. Poderías, por favor, revisar o tema e respostar a pregunta feita por Usuaria:CoroRP? Grazas!
.Ola!Temos unha dúbida respecto aos artigos que imos revisando e correxindo da lista de artigos que requiren atención. En concreto, os artigos Ama de casa e Rosario de Acuña. Podemos eliminalos das listas directamente ou como se fai?
Saúdos.--Maria zaos (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 10:45 (UTC)[responder]
- Ola Maria, Coro e Amelia.
- Fixen algúns retoques máis en Rosario de Acuña (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). Queda pendente traducir algunhas citas e notas. Polo demais, por min, poden retirarse os carteliños. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xaneiro de 2020 ás 22:46 (UTC)[responder]
Onde cres que podemos aquelar isto? Saúde! --Atobar (conversa comigo) 21 de xaneiro de 2020 ás 12:24 (UTC)[responder]
- Alex: non sei se entendo ben a pregunta. Mais, como é sabido, o autor é Salvador Mosteiro Pena (†1982), e en España as cousas pasan ao dominio publico aos 80 anos do pasamento do/s autor/es.
- Para subir o PDF toca agardar ata 2062. Lémbramo daquela ;-) --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2020 ás 20:22 (UTC)[responder]
- Certo, certo. Eu referíame simplemente a vinculalo dentro dun Véxase tamén/Ligazóns externas, pero en que artigo? Dígoo con vistas a aproveitalo e non o perder de vista... entrementres non estea creada a entrada Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala. --Atobar (conversa comigo) 22 de xaneiro de 2020 ás 11:20 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Escríboche pola mensaxe que me deixaches no meu usuario, por mor de un posible conflicto de intereses. Simplemente foi un cambio obxectivo dos datos e historia da empresa, con referencias externas (prensa maiormente, e algún libro). ¿Podes indicarme qué tiña mal?
Saudos, --Davidg2603 (conversa) 27 de xaneiro de 2020 ás 08:56 (UTC)[responder]
¿Ten algo que ver a mensaxe que me deixaches agora co voltar cara atrás a edición do venres?
Saudos --Davidg2603 (conversa) 27 de xaneiro de 2020 ás 09:03 (UTC)[responder]
Grazas polas recomendacións. Teño un problema coa tradución de Ages Pockels e as referencias, non vexo o que está mal. Poderías axudarme? Saúdos --Fis-mulleres (conversa) 8 de febreiro de 2020 ás 15:43 (UTC)[responder]
Tes a miña promes de que esta semana póñome. Grazas por avisar.--Agremon(contacto) 9 de febreiro de 2020 ás 21:22 (UTC)[responder]
Bo día hombre DHojalata, eliminei contido (os artigos de prensa) e penso que o artigo queda mellor asi pero non podo suprimir os simbolos </ref> no apartado de "libros". Podes botar unha man ou dicirme como se fai? Tampouco podo subir a foto. Non coñezo moi ben o tema pero penso que tes que ser ti por un tema de autorizacións. Isto non e nada doado. Xa me dis, Saudos, Máximo Albedo (conversa) 11 de febreiro de 2020 ás 13:22 (UTC)[responder]
Boas, o artigo Antonio de Puga, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2020 ás 22:41 (UTC)[responder]
Boa tarde, Estiven intentando introducir o control de autoridades na páxina de Chen Wei pero non funciona. Poderías decirme que estou facendo mal, grazas por adiantado. Saúdos cordiais --Fis-mulleres (conversa) 20 de marzo de 2020 ás 17:13 (UTC)[responder]
- Ola Fis-mulleres.
- Simplemente tes que poñelo así [1], escribindo
{{Control de autoridades}}
. - Ya está posto, porén, non aparece a barra con ningunha autoridade porque na súa ficha de wikidata (d:Q16907963) non consta ningunha autoridade.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de marzo de 2020 ás 21:58 (UTC)[responder]
Efectivamente esta obra industrial non foi construida "de base" por ningún dos Jenaro de la Fuente (nin pai nin fillo). Pero non merece ser nomeado Jenaro de la fiente y Dominguéz, o pai, o pola súa ampliaciónno ano 1917? E no ano 1938 por Francisco Castro. Os planos das ampliacións pódense mirar na páxina 113 de "Vigo la ciudad que se perdió" de Jaime Garrido Rodriguez. Grazas--Faia Costeira (conversa) 11 de abril de 2020 ás 20:44 (UTC)[responder]
- Si, Faia, de feito xa o puxeches ti o 25 de marzo e aí sigue posto. Non entendo a que ven agora a pregunta (por certo, coñezo o Garrido 1991, teño un na miña biblioteca persoal, nel di "con intervención de" e dos dous planos ningún é de JFD, un é de Barreras Massó e o outro de Francisco Castro).--. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2020 ás 21:01 (UTC)[responder]
Ola, vexo que andas a traballar con cousas ubicadas nesta provincia, como anteriormente fixeches coa de Pontevedra. Parabéns por todo ese traballazo!!. Como fixen con Pontevedra cando vin que remataras, mudei de novo a etiqueta Provincia de Pontevedra a Pontevedra (a etiqueta so debe recoller o nome, e a descrición o tipo de entidade), esta vez con Lugo, pensando que xa remataras. Desculpas. Polo si ou polo non, eu entendo que para facer consultas é máis sinxelo "provincia de", así en xeral, pero hai un truquiño para iso, que é a configuración da linguaxe de uso. Eu por exemplo no WD Query Service comezo por cambiarlle o idioma, porque como temos menos cousas en galego saen menos suxestións ou máis atinadas, se se quere. Onde o fago? no cadro, na esquina superior dereita pódese cambiar premendo na pestana de idioma. Semellase que o galego non vai aparecer nunca, porque hai que ir ata linguas europeas e buscar un pouco, pero aí está. En teoría coa configuración das túas preferencias en galego, para o resto das cousas en WD xa che quedarían en galego prioritariamente. Se é que andas a traballar con outra ferramenta e isto non funciona ou non é práctico, podemos investigar entre os dous como dar cunha solución ou en último -e en todo caso máis práctico- revirtes a miña edición e volves poñer Provincia de Lugo mentres o necesites. Ou millor, dime e desfago eu, que non quero que poidas ter problemas pola miña culpa. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2020 ás 17:37 (UTC)[responder]
- Grazas, María. Non entendo gran parte das cousas que dis. Non estou moy familiarizado co tal WD Query Service. En calquera caso, a cousa é que eu considero que o nome da Provincia de Lugo, por exemplo, é xusto ese: "Provincia de Lugo", non "Lugo". En Wikidata practicamente tódolos nomes en galego de tódalas provincias (agás as catro que mudaches ti) seguen ese criterio [2]. Tamén comprobei nunha ducia de elementos de provincias, escollidos ao azar, que en castelán e en moitas outras linguas, tamén fan o mesmo. Porén, o caso concreto do catalán é moi curioso, chaman "Provincia de ..." unicamente ás provincias de Cataluña e ao resto polo nome curto "Toledo", "Alacánt", ... xustiño ao revés do que estamos facendo nós agora mesmo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de abril de 2020 ás 20:56 (UTC)[responder]
- Vale, discutible se queres. A min tanto me ten un nome ou outro, pero a convención, sen ir máis lonxe en WD en español é a que che dixen e pola que me guiei. A provincia no Nomenclátor en todo caso tampouco é provincia de. Por que os wikidatistas en español non seguen a súa propia convención? Pois nin idea. Por que noutras linguas poñen provincia de? Penso que basicamente porque as denominacións das súas entidades administrativas son diferentes moitas veces ás doutros paises, en primeiro lugar, e logo por o tema de replicación/tradución automática das etiquetas polos bots, o máis probable. Como dixen, éme indiferente,temos só catro, non vai ser difícil recuperalas nin dunha maneira nin da outra, pero a razón é a estrutura de datos : unha cousa é unha etiqueta (maria zaos) e outra a descrición da entidade. Ninguén vai por aí necesitando chamar pola "persoa Maria", chala por "María".O nome é unha cousa que se usa para refirirse a algo, non a cousa en si mesma. E nalgunhas linguas verás que neste caso ou casos semellantes a definición do que é etiqueta e do que é descrición do tipo de entidade si se cumple. Wikidata non é perfecto tampouco. Saúdos..~~ Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2020 ás 21:08 (UTC)[responder]
Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Poderías mirar en que páxina aparece esta cita sobre Xosé Baldomir en "Viqueira, Xoán Vicente: Ensaios e poesías. Nós, Pubricazóns Galegas e Imprenta. A Coruña. 1930"? Aparece citada na obra de Margarita Viso sobre o compositor coruñés, pero preferiría poñer a fonte orixinal e non a referencia á obra que a cita. A cita é a seguinte: "Felizmente nos ha dejado [Adalid] un discípulo, el mejor de los compositores actuales de Galicia: Baldomir. Digno discípulo de su maestro, ha mostrado este compositor de lieder un firme sentido para la música gallega. Puramente ha seguido en la elección de los motivos y de los ritmos a Adalid. Así Baldomir es genuinamente gallego, radicalmente gallego." Graciñas, Piquito (conversa) 23 de abril de 2020 ás 21:03 (UTC)[responder]
<ref>{{Cite book |title=Ensaios e poesías |chapter=La canción gallega |first=Xohán |last={{Smallcaps|Vicente Viqueira}} |author-link=Xoán Vicente Viqueira |year=1974 |publisher=[[Editorial Galaxia]] |language=es |page=213 }} [[Special:BookSources/84-7154-222-C|ISBN 84-7154-222-C]].</ref>
--. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2020 ás 21:46 (UTC)[responder]
Ola!
Unha dúbida respecto a Manuel Rabanal Álvarez; no artigo pon que estudou en Salamanca e Madrid, pero en Wikidata pon que estudou en Comillas. Cal é correcta? Respecto ao cabezallo: se era da provincia de León, non era castelán; en todo caso sería castelán-leonés, considerando desde 1978, ou leonés (eu prefiro isto) ao nacer na Rexión de León.
Grazas por creares o artigo! Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de abril de 2020 ás 16:44 (UTC)[responder]
- No hay de que.
- Segundo Couceiro, estudou nas dúas. En canto á filiación, deixeino en "español". --. HombreDHojalata.conversa 26 de abril de 2020 ás 17:39 (UTC)[responder]
Tiña máis ben intención de ser desambiguación, pero quedou un pouco a medio camiño. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 28 de abril de 2020 ás 02:19 (UTC)[responder]
Grazas polas túas palabras, HombreDHojalata. Quixera amplialo, pero é que o artigo aínda non está rematado nin moito menos. Deixeino en 1938. Aínda me falta por desenvolver a meirande parte da súa vida, pero me atopei cun montón de traballo nestes meses e non puiden continuar. Podes ver que apenas estou traballando ultimamente na Galipedia, aínda que boto unha ollada de cando en vez. Como non sabía exactamente onde ía parar a miña investigación, deixei a intro así de curta. Pensei que alguén retomaría todo (aumentando os contidos) e correxiría pouco a pouco os erros de estilo. Porén, sei que Rosario Sarmiento está precisamente a piques de sacar unha biografía de Lolita Baliño e quizais sexa interesante saber que é o que nos pode contar, para así crear un artigo cunha división de temas máis atinada, porque a que eu emprego é puramente cronolóxica. Apertas!!!--Castelao (conversa) 30 de abril de 2020 ás 15:36 (UTC)[responder]
Boas tardes. Creo lembrar que tes a posibilidade de borrar imaxes en commons, e necesito que borres esta: File:Caldas 07-04a.jpg. A fotografía inclúe a matrícula do coche e o nome e teléfono do anuncio dunha podóloga, e non me parece correcto. Xa subín a mesma fotografía borrando estes datos, e co nome Ficheiro:Caldas 07-04r.jpg, e xa a cambiei no único artigo que empregaba esa fotografía (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller), así que pode borrarse a primeira sen problemas. Grazas e un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de maio de 2020 ás 13:44 (UTC)[responder]
- Boas, Pedro.
- O único "privilexio" que teño en Wikimedia Commons é o de poder renomear os ficheiros. Con todo, trasladei a unha administradora de alí, Cookie (que é moi amable e dilixente), a túa solicitude [3]. --. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2020 ás 15:22 (UTC)[responder]
- Feito! por Cookie. --. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2020 ás 09:01 (UTC)[responder]
- Grazas ós dous. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de maio de 2020 ás 16:01 (UTC)[responder]
- Feito! por Cookie. --. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2020 ás 09:01 (UTC)[responder]
Dubidas sobre as fontes
[editar a fonte]Boa tarde, son nova nisto de editar na galipedía, gustaría saber se cando escribo algo como poden ser biografías de veciós relevantes do meu pobo, o podo facer citando as fontes vivas, é dicir, a non hai nada escrito sobre estes epersoeiros, e a información a saco de veciños maiores que coñeceron a esas persoas, citar o nome desas persoal valdría. Grazas de Anteman
Boas:
Como teño entendido que estás máis ou menos preto de Redondela, preguntábame se lle poderías tirar unha foto a este escudo de Castelao: [4]. Saúdos. One2 (conversa) 11 de maio de 2020 ás 19:48 (UTC)[responder]
- Ola One2.
- Non sei se te valerán estas. Lamento o atraso e a mala calidade. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de decembro de 2020 ás 19:40 (UTC)[responder]
Xenial, moitas grazas. Vai perfecto para ilustrar o artigo do escudo. Tamén podería ir no de Castelao. One2 (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 14:45 (UTC)[responder]
Corrixín o artigo. Grazas polo aviso.--Wikipraedicare (conversa) 18 de maio de 2020 ás 09:29 (UTC)[responder]
Ola! Mar da China é de desambiguación, e non ten o marcador de curto.--Agremon(contacto) 23 de maio de 2020 ás 13:01 (UTC)[responder]
Bos días, HombreDHojalata
Hoxe molesteime en categorizar todos os artigos e imaxes da Galipedia. Nos casos que vin que xa tiñan categorías, (nalgúns artigos tres ou catro), quitei o modelo Sencat. Revertíchesme 8 edicións, nalgúns casos, 3 por minuto, o que dame a sensación de que nin siquera te molestaches en mirar as diferenzas Nesta edición (por pór un exemplo) arreglei unha ligazón a unha desambiguación e puxen unha categoría e revertíchela sen xustificación e da a sensación que sen mirala.
Espero contestación Usuario Sin Identidad (conversa) 30 de maio de 2020 ás 12:42 (UTC)[responder]
- Ola, compañeiro USI.
- Revertín esas edicións túas porque foron incorrectas. Un artigo dunha biografía debe ter máis categorías que "nado en…" ou "finado en…". Para facer unha categorización máis axeitada hai que considerar que unha persoa non ten artigo de seu nunha enciclopedia polo mero feito de nacer ou morrer nun ano ou lugar determinados. Hai que preguntarse o motivo do artigo e a resposta dará a orientación de cal é a categoría que lle é acaida. Unha categorización correcta e completa é útil. Unha categorización incorrecta, superflua e incompleta é inútil e difícil de detectar e solucionar posteriormente. Sobre este tema tes máis información en Wikipedia:Categorías.
- Por seguir o exemplo que puxeches, categorizaches EN 62262 dentro dunha Categoría:Aparellos e sistemas do corpo humano, un sinsentido.
- Así e todo, non te desanimes. Como en case tódalas cousas, irás colléndolle o truco a medida que vaias adquirindo máis experiencia de edición. Ben se ve que tes interese e capacidade para chegar a ser un bo contribuidor da wiki. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2020 ás 13:52 (UTC)[responder]
Vale, entendo. Disculpa, non sabía Usuario Sin Identidad (conversa) 30 de maio de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Vin que hai tempo creaches o artigo de Ricardo Courtier (grazas) e engadiches unha lista de obras. Agora mesmo estou a traballar na ampliación e referenciación do artigo (que carecía por completo de referencias), poderías engadir unha referencia a estas obras que engadiches ao artigo? Se non tes a referencia creo que o mellor é eliminar a lista do artigo (o seu sería de feito que non houbera ningunha lista no artigo e as obras foran a outra páxina) e deixala na páxina de conversa, estaría ben indicar tamén por que se inclúen esas obras e non outras (indicar se son as máis interpretadas, as obras editadas en vida do compositor... o que sexa para que non semelle unha lista aleatoria). Grazas de antemán, Piquito (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 22:13 (UTC)[responder]
- Grazas polo teu comentario, compañeiro (inda que veña cunha pulla ).
- Teño as referencias, teño, na miña biblioteca, aquí, aou meu carón. A información que puxen no artigo ven das fontes acreditadas das que deixei constancia no mesmo no seu día.[5] Precisamente a selección das obras de Courtier non é cousa miña, é cousa dos autores desas fontes, que son persoas moito máis capacitadas ca min. Son fontes moi comúns, que seguramente poderás contrastar na maioría das bibliotecas públicas de Galicia.
- Espero, por favor, que non se che ocorra eliminar a lista de obras do artigo. Engade o que queiras, mais non elimines información procedente e contrastada. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2020 ás 22:40 (UTC)[responder]
- Non sei de que pulla falas, a excepción das obras a túa edición non achega nada que calquera non poida encontrar nunha procura rápida en Google.
- Certamente non consigo entender que motivos pode ter alguén para, tendo as obras ao alcance da man, non achegar as referencias que outra persoa lle pide para a mellora do artigo, non se me ocorre ningún motivo lóxico nin racional para dicirlle a outra persoa que se vaia a unha biblioteca a consultar as fontes que ten simplemente estirando o brazo, un traballo que a ben seguro non tardaría en facer nin cinco minutos, xa que sabe en que obras concretas das citadas mirou. De feito nin sequera coñeces a miña situación, non sabes se teño que facer un longo desprazamento en coche porque vivo lonxe dunha biblioteca, non sabes se teño algún problema de mobilidade, se non vivo en Galicia... sinceramente paréceme unha falta de respecto e espero que me expliques por que actuaches así (coñecendo a túa traxectoria sinceramente non creo que vaias contestar a isto, moito menos desculparte ou explicar nada), de feito estou 100% seguro de que non actuarías así se cho pedira outra persoa.
- Por último, a lista en si non achega información relevante que non estea redactada na sección correspondente, o único interesante da lista son as formas ou tipo de obras que escribiu, e iso xa está na sección ou no resto do artigo, de feito engadín información moito máis relevante que saber se un valse se chamaba X ou Z. As obras da lista nin sequera presentan ano de composición, agrupación para a que foron compostas, ano de publicación (se é que foron publicadas, ou das que o foron), arquivo no que se encontran, data de estrea (se é coñecida) e outros datos da mesma (se son coñecidos)... Todas esas carencias fan da lista unha simple anécdota de que nomes lle puxo ás súas composicións (nomes que ben podían ser outros), un dato que pode ser útil para atopar as obras nun arquivo a quen as queira tocar, pero para nada máis. O habitual nos artigos de personalidades da composición musical é crear artigos sobre a lista das obras porque adoitan ter unha produción considerable (sería ridículo engadir unha lista completa das obras de Bach, de Mozart, de Haydn, de Telemann... non cres?), así se está a facer aquí con todos os artigos destacados sobre ese tema (coa única excepción de Rebecca Clarke, que aínda así presenta máis información útil que a lista que queres manter). Dime ti agora os teus argumentos para manter a lista, que datos relevantes achegan á biografía desta persoa?
- Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de xullo de 2020 ás 21:59 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai?
Pensei que igual che interesaba botarlle un ollo a isto. A raíz deste texto publicado hoxe, mirei na páxina de conversa do artigo pt:Aristides de Sousa Mendes o modelo Nota de imprensa; cres que sería útil adaptalo para a gl.wiki? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de xuño de 2020 ás 15:53 (UTC)[responder]
- Si. É, cando menos, moi curioso. O seu uso en, por exemplo, a Wikipedia en inglés (en:Template:Press) asemella moi estendido. É cuestión de tempo que alguén o adapte á gl.wiki. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xuño de 2020 ás 17:40 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Estou revisando o artigo toalla; substituín rodillo por rodete e fixen algúns arranxos máis. Deixei "muesca" porque non sei como se traduce, poderías dicirme como é? --Mark Gasoline (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 10:08 (UTC)[responder]
- Deixei tamén; Material: 100% "rayón". Non sei como se lle chama en galego a este material. --Mark Gasoline (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 10:17 (UTC)[responder]
- Ola Mark
- Quizais fenda (ou algún dos seus sinónimos) e sen dúbida raión.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xuño de 2020 ás 10:43 (UTC)[responder]
- Acabo de facer tres melloras máis. Bótalle unha ollada cando poidas, creo que xa está corrixida a ortografía e a gramática. O problema é atopar fontes en castelán, até agora non conseguín atopalas. --Mark Gasoline (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 10:55 (UTC)[responder]
Querido editor. Á vista do número razoable de ligazóns internas que ten o artigo, ¿cantas ligazóns internas require a Wikipedia en galego para eliminar a marca? Fabiojrsouza (conversa) 15 de xullo de 2020 ás 20:51 (UTC)[responder]
- Ola, estimado compañeiro.
- A resposta é: as que sexan precisas.
- Neste artigo, por exemplo, poderían, e deberían, levar ligazóns internas os nomes das universidades, os topónimos... Observa o homónimo da Wikipedia en lingua portuguesa, do que foi traducido. Ves que leva moitas máis ligazóns internas? Case todas son a artigos que hai en varias linguas. Non hai motivo para que artigo da Wikipedia en galego non as leve.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xullo de 2020 ás 21:03 (UTC)[responder]
- A cuestión é que un artigo non debe estar tan abarrotado de ligazóns internas que sexa capaz de tropezar sobre elas. Pero colocarei todas as conexións posibles.Fabiojrsouza (conversa) 15 de xullo de 2020 ás 21:08 (UTC)[responder]
Boas! Vin que crearas ti esta páxina. É posible que teñas a man o libro físico? Se é así poderías indicarme se na entrada de Tareixa Navaza aparece a data de nacemento completa e indicarma? Moitas grazas.--Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2020 ás 12:20 (UTC)[responder]
- María, contesteiche empregando "Enviar un correo electrónico á usuaria". --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2020 ás 20:47 (UTC)[responder]
- Moitísimas grazas!-Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2020 ás 21:16 (UTC)[responder]
Ola! Rematan de poñerme o aviso que incorporo. Resulta que só mo poñen do PP e só para esas eleccións na provincia de Lugo. Non teño moi claro o que facer para que non o borren. Ideas? Interacción?
Como puxeches o aviso da categoría das papeletas, por se acaso... --Agremon(contacto) 24 de xullo de 2020 ás 10:46 (UTC)
- Ola user:Agremon. Sobre isto, tiña pensado pedir axuda a algúns veteranos de Wikimedia Commons. Porén, asemella que User:Xabier Cid xa o solucionou rapidamente (grazas). Eu, pola miña banda, engadín agora algúns marcadores e categorías. Haberá que estar atentos. Se detectas calquera outra incidencia avisa, por favor. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xullo de 2020 ás 21:12 (UTC)[responder]
Dez días despois, parece que todo está calmo espois da intervención de Ramón Cid.--Agremon(contacto) 3 de agosto de 2020 ás 18:37 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Non sei se estarás de vacacións pero, se podes, agradeceríache moito que mirases Gaián, xa que, ao pretender facer unha (creo que innecesaria) páxina de homónimos, creei un conflito polo que non podo editar a nova páxina Gaián, peixe da familia dos lábridos. --XoioÉche o que hai 10 de agosto de 2020 ás 13:21 (UTC)[responder]
Ola, poderías axudarme a fusionar duas entradas en Wikidata. Ao crear a de Carmen García Mateo atopeime con esta outra que puña C Garciá-Mateo (Q73507704. Grazas. Saúdos. Fis-mulleres (conversa) 14 de agosto de 2020 ás 15:15 (UTC)[responder]
- Feito! pola propia Fis-mulleres. --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2020 ás 17:16 (UTC)[responder]
Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.
Ola. Unha dúbida moi concreta: ti saberías dicirme se as ilustracións de Frederic Dorr Steele (falecido en 1944) para unha obra publicada en 1901 (dun autor estadounidense finado á súa vez en 1916) teñen dereitos ou se están no dominio público? Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 28 de agosto de 2020 ás 17:03 (UTC)[responder]
- Ola Alex. Dominio público, sen dúbida, o marcador que le vai máis acaído podería ser: {{PD-old-70-expired}}. --. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2020 ás 09:54 (UTC)[responder]
Buonas noches, querido HombreDHojalata, como estàs?
Aqui yo y mi familia vamos bien! Esperamo que todo passe luego!!!
Por favor, podrias dar una visita en esta pagina que he abierto ahora, para controlar si està todo certo? Muchas gracias por todo, y esoy disponible en te contextar en Italiano.
Hasta luego!
Rei Momo (conversa) 6 de setembro de 2020 ás 22:44 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Unha dúbida sobre a cuestión das imaxes e os dereitos. Teño entendido que as imaxes publicadas na web da Xunta (ou das administracións públicas), como os textos están no dominio público e, polo tanto, pódense empregar libremente na Galipedia. É así? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 09:08 (UTC)[responder]
- Mmm, non o teño tan claro. Chamo a consultas a User:Elisardojm, que teño idea de que el pilota dese tema en concreto. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2020 ás 09:28 (UTC)[responder]
- MAGHOI, sobre os contidos da web da Xunta, e outras webs asociadas que utilizan a súa mensaxe de aviso legal, eu antes pensaba que si, e de feito hai bastantes contidos en Commons baseándose nisto e eu tamén subín algúns, por exemplo File:Xunta setembro 2018.jpg, pero hai un tempo borráronme algúns ficheiros porque dixeron que a cláusula "Non desnaturalizar o sentido da información" non permite a creación libre de obras derivadas, dereito que debe estar liberado para que se poidan subir contidos a Commons. Como o que creou o modelo da licenza da Xunta en Commons non dixo nada nin outra xente protestou, alá foron as fotos. Por iso dende aquela non subo máis imaxes desa web.
- Sobre outras administracións públicas, iso xa depende moito do sitio pero a maioría teñen copyright por defecto, agora mesmo non me dou conta de ningunha web de concello galego que teña licenza libre compatible con Commons, por exemplo. O que si está en dominio público é o que se publica no DOGA. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 10:52 (UTC)[responder]
- @Elisardojm (conversa). Pois unha mágoa. Porque quedamos sen fotos dos conselleiros e demais. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 11:01 (UTC)[responder]
Grazas polas recomendacións. Neste caso tratábase de contidos obtidos do historial da Galipedia, xa non visibles porque se borraron, que no momento en que se engadiron non contaban con referencias. Gostaríame engadir referencias a aqueles artigos que non o teñen pero apenas teño tempo para adicarlle á Wikipedia e moitas veces teño que facelo mínimo, coa idea de outro día sacar tempo para melloralo. Ó extraelo de outro artigo intento referenciar de que artigo o obtiven no comentario da versión para que así poidan respetarse os dereitos do autor orixinal. Esta é unha dúbida que levo tido por anos pero supoño que non hai mellor forma de facer isto. -- Stoni (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 13:36 (UTC)[responder]
- Nestes caso adoito facer un xuizo rápido de se a aportación cumpre os requisitos mínimos e de se a Galipedia está mellor con ou sen ela. No caso de contidos novos procuro que ainda que o deseño non sexa ideal o contido esté referenciado. Neste caso eran contidos antigos. -- Stoni (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 13:39 (UTC)[responder]
Grazas. Lles (conversa) 8 de setembro de 2020 ás 08:09 (UTC)[responder]
Grazas polas túas suxerencias coma sempre. Como estou traballando nos artigos de Zeltia e as súas filiais en 3 wikipedias á vez deixo as referencias sen metadatos porque traducir coas referencias ocupando 5 liñas no editor de código é case imposible. Esa é a razón pola que o fago así. Unha vez vexa que non vou tocar máis o artigo polo menos nunha tempada engadirei tódolos metadatos. -- Stoni (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 23:19 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Engadín unha ligazón en Ciudadanos en Blanco a Voto en branco computábel. Non atopei máis páxinas, é suficiente para quitar o marcador? --Mark Gasoline (conversa) 21 de setembro de 2020 ás 11:11 (UTC)[responder]
- Suponse que si, claro. Retirado. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2020 ás 13:48 (UTC)[responder]
Hello HombreDHojalata/Arquivo 18,
Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.
You can see my explanation here.
MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]
Páxina Antonio Gómez García
[editar a fonte]É certo que os datos que obran nesta páxina da Galipedia están traducidos da ficha de Antonio Gómez García da Asociación de Escritores Extremeños, da que Antonio Gómez é socio e fundador. Coido que a meirande parte deses datos, que son todos concernintes á súa obra e traxectoria artística serían facilitados polo propio autor, e que se están nunha páxina web dunha asociación da que é membro é para divulgar a súa obra. Por máis que leo o engadido non vexo que é o que pode estar sometido a dereitos de autor, non engadín ningún poema discursivo, nin tampouco ningún visual. Prego que se me indique que é o que hai que retirar por non atender á política da Galipedia no concerninte aos dereitos de autor e retíroo sen ningún problema. Penso que a páxina non debería ser eliminada sen máis. Antonio Gómez é unha figura destacada e recoñecida a nivel internacional. Saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pementa (conversa • contribucións) 26 de setembro de 2020
Ola, HombreDHojalata. Onte fixen unha corrección na páxina César del Caño, que foi revertida. A corrección consistía en suprimir a data de nacemento do persoeiro. Fixen esto a petición do propio interesado, quen me comunicou que non desexa que apareza na wikipedia este tipo de datos persoais. Pido desculpas se contraviñen algún tipo de protocolo. Cal é a maneira correcta de podelo facer? Grazas por adiantado. --Dianaoxea (conversa) 14 de outubro de 2020 ás 15:42 (UTC)[responder]
- Ola Dianaoxea. A información retirada cumpría coas nosas políticas (WP:BIO, WP:CITE, WP:FF, WP:V...), por iso desfixen a túa edición. A información non debe borrarse do artigo. Por outra banda, volvo a pedirche que teñas en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses e que, en consecuencia, nin ti, nin Cesar del Caño, nin ninguén que teña con vós relación persoal ou profesional, editen o artigo.
- Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 14 de outubro de 2020 ás 20:07 (UTC)[responder]
- Entendido pola miña banda, HombreDHojalata. Pido desculpas.
- --Dianaoxea (conversa) 14 de outubro de 2020 ás 20:57 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Chegoume un aviso en relación á fotografía da escultura de Cuqui Piñeiro. Te escribo por aqui porque non sei onde foi a parar a resposta que enviei desde Commons. A verdade é que aínda me costa conversar e ás veces non atino onde e como deixar as mensaxes. Decía que eu creo que non incurre en ningunha violación pois a foto é da miña autoría. Creo que será o mesmo caso dunha foto feita a outras obras de arte como pode ser,por exempo, unha catedral ou unha escultura nunha rúa. De todos xeitos, como non o teño moi claro, espero que alguén con maís coñecementos sobre o tema mo poda confirmar. Grazas e un saúdo--CoroRP (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 20:35 (UTC)[responder]
- Verás Usuario:CoroRP, a túa fotografía, sobre a que ti tes os teus dereitos, é unha obra derivada doutra obra de arte sobre a que outra autora ten os seus dereitos.
- Non afecta no caso das catedrais, porque normalmente os dereitos dos autores orixinais, que hai moito que morreron, expiraron. Neses casos dicimos que esas obras pasaron ao dominio público.
- Tampouco afecta ás esculturas da rúa feitas para ser exhibidas na rúa permanentemente, en España e noutros países, pola liberdade de panorama .
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2020 ás 20:46 (UTC)[responder]
- Grazas Usuario:HombreDHojalata. Pois elimino a foto do artigo. Teño que facer algo en commons ou xa se encargan de eliminala? --CoroRP (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 20:53 (UTC)[responder]
- O proceso é automático. --. HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2020 ás 20:58 (UTC)[responder]
- Grazas Usuario:HombreDHojalata. Pois elimino a foto do artigo. Teño que facer algo en commons ou xa se encargan de eliminala? --CoroRP (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 20:53 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai a cousa?
Quería pedirche axuda. Hai varios modelos, como Modelo:Álbum da Ciencia, que non inclúen apartado para autor/a; sería posible engadilo? Isto sería guai facelo cos outros modelos dos álbumes do CCG, pero sería útil tamén en Modelo:Patrimonio Galego, por exemplo. Como o ves?
No artigo de Ángeles Alvariño a primeira referencia é tomada do Álbum da Ciencia, pero aparece como {{Cita web}}, cando podería empregarse {{Álbum da Ciencia|74|Carolina Borrazas|2007}} (non sei se me estou a explicar).
Xa me contarás como ves o tema, e se é viable. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 31 de outubro de 2020 ás 23:22 (UTC)[responder]
- Ola Adrián. Enténdote perfectamente.
- Antes de nada, viches que hai artigos que teñen varios autores?:
Bermejo Patiño, Manuel; Sisto Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón ([2013], “Antonio Brunet y Talleda”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 01/11/2020] [URL: http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=439&autor=Antonio%20Brunet%20y%20Talleda ]
- A cuestión é que se seguimos engadíndolle cousas (nome1, apelidos1, nome2, apelidos2, nome3, apelidos3, ligazónautor1, ligazónautor2, ligazónautor3, lugar, data de consulta, urlarquivo, dataarquivo, cita...) do {{cita web}} ao {{Álbum da Ciencia}} e compañía... acabamos convertendo os modelos "Álbum da Ciencia"... no modelo "cita web", cousa que non ten moito sentido, porque para iso xa temos o modelo "cita web", que é perfectamente válido [6].
- Amais, agora, nos modelos máis complexos (e estamos falando de aumentar a complexidade) empréganse módulos feitos en Lua, e ese xa é un campo que non domino. --. HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2020 ás 10:27 (UTC)[responder]
Xa me pasara por diante un par de veces. Póñome con el logo. Grazas. Xas (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 22:01 (UTC)[responder]
Edita o que queiras sen problema!. Só coloquei o "enuso" para que conste que non o vou deixar así. Saúdos...-- Cossue (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 20:13 (UTC)[responder]
Ola. Agora xa é algo tarde, outro día volvereino a editar e despois avísoche. Saúdos. --Mark Gasoline (conversa) 18 de decembro de 2020 ás 22:09 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. A ver se agora quedou mellor o artigo e pode quitarse a indicación de eliminación. --XoioÉche o que hai 26 de decembro de 2020 ás 19:36 (UTC)[responder]
- Ola Xoio.
- Non. O plaxio non debe quedar nin no historial consultable.
- Debe eliminarse e refacerse de novo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2020 ás 20:50 (UTC)[responder]
- Entendido. Pero agora, ademais de suprimir o plaxio, refixen o artigo. Pero, como non se quen de eliminar o artigo e facer outro, como se podería amañar isto? --XoioÉche o que hai 26 de decembro de 2020 ás 20:56 (UTC)[responder]
Hai que agardar a que un administrador elimine a páxina (unicamente os administradores poden eliminar páxinas) e despois volver a iniciala (sen plaxios). --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2020 ás 21:05 (UTC)[responder]
- E, como gardo o que xa fixen? --XoioÉche o que hai 26 de decembro de 2020 ás 21:29 (UTC)[responder]
O que queiras conservar podes copialo e gardalo no teu ordenador. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2020 ás 21:34 (UTC)[responder]
- OK. Grazas. --XoioÉche o que hai 27 de decembro de 2020 ás 15:17 (UTC)[responder]
Boas tardes HombreDHojalata. Xa ampliei o artigo sobre Jesús Cintora; bótalle unha ollada. --Mark Gasoline (conversa) 27 de decembro de 2020 ás 15:45 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Grazas pola túa mensaxe. Porén, nin entendo moi ben por que ma dis a min :), nin estou de acordo co que dis. Quero dicir, non ten sentido crear redireccións que non teñen uso e que non responden a necesidades de busca. Apertiñas --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de decembro de 2020 ás 17:36 (UTC)[responder]
Hahaha, moi ben, pois como coello de indias está ben. Agradézoche a escolla. :)
De todos os xeitos, non é como ti dis. Na política de redireccións non se di que haxa que inzar os artigos de redireccións. De feito, que haxa unha parte da política dedicada a, precisamente, os límites a poñer redireccións, é unha boa pista de que o recurso á redirección hai que tomalo con prudencia. Iso é o que di a política, no seu texto e no seu espírito.
Dito isto, e indo ao que é importante, unha cousa son os vicios e manías de cada editor particular (e cadaquén temos as nosas), e outra ben distinta que eses vicios teñan que impórselles (ou aconsellárselles) aos demais. Neste caso, se ben non vou ir atrás das redireccións que crees para peneirar as que son excesivas, creo que é lóxico que ti tampouco andes a promover algo que non é necesario (e de feito, nalgúns casos é incorrecto), e en particular apoiándoo nunha política de redireccións. Ou sexa, e con toda a franqueza, bonhomía e espírito construtivo que poidamos imaxinar, creo que se mandases correos onde dixeses "Ola, a min paréceme que deberíamos facer máis redireccións. Creo así por A e por B. Como ti adoitas escribir bios, quizais che interese facelo. Se queres saber máis de como funcionan as redireccións, aquí tes a política." Deste xeito, quedaría claro que esa mensaxe que mandas mándala ti, e non é unha norma da wikipedia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de decembro de 2020 ás 07:27 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Grazas de novo pola túa mensaxe.
Volvín ler todo dende o principio, xa que me amosabas perplexidade en que entedésemos cousas distintas. E ben, o certo é que eu entendín mal a túa mensaxe, así que pido desculpas. Ou sexa, non é que a entendese mal de todo, pero si que a vin máis esaxerada e, se me permites, impertinente, do que realmente era. Porque en realidade o que che contestei eu tampouco difire tanto do que ti me dis. Así que volvín ler un par de veces máis para tentar entender onde estivo o meu erro.
- empezando polo acordo, os dous cremos que hai que facer redireccións. Tampouco importa moito o que creamos, porque é o que din as normas (non vou entrar agora no nivel de estrito cumprimento das normas, e como difiren niso por exemplo a en.wiki e a nosa). Pero ademais, estamos de acordo.
- discrepo coa necesidade de crear 16 redireccións para Rosalía de Castro co nome que lle daba a veciña. De feito, creo que é un erro, e que se ben nese caso non reviste maior problema (nunca ninguén vai procurar por Rosalía Rita Elisa María de Castro de Murguía, nin para ben nin para mal), noutros casos si ten indesexadas consecuencias. Por exemplo: crear páxinas de desambiguación para rutas cun nome claro (pero para que é necesaria a desambiguación por unha remota ocorrencia da terceira variante dun nome). Outro exemplo, esaxerando o nivel de importancia dunha persoa nos resultados da busca. Por exemplo, se dunha persoa listamos 12 nomes (penso por exemplo nos monarcas), vai facer que aparezan demasiados resultados de busca, e que incluso algúns resultados menores pasen por diante dos máis importantes como consecuencia disto.
- e discrepo, e creo sobre todo que foi o que me desconcertou, coa primeira frase. O "hai que". Non hai que. Estaría ben, sería xenial, pareceríanos oportuno... E eu creo que niso os dous concordamos. No primeiro exemplo que pos concordamos ao 100% e no segundo... concordamos parcialmente. Pero por que me enfurruñei cando o vin? Pois non o sei, pero reléndoo, creo que é porque a mensaxe me "obrigaba" a facer unha cousa que non é obrigatoria (e que eu en concreto xa fago cando son exemplos obvios). Despois dixéchesme que efectivamente eu era un coello de indias, e paréceme xenial (sempre ben para axudar), pero o enfurruñe ou máis ben, a lembranza do enfurruñe, quedoume. Síntoo por iso.
Se isto que che mando che serve de axuda para algo, ben sexa. Un saúdo.--Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de decembro de 2020 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Un apontamento Xabier Cid, a forma de chegar aos artigos non é unicamente a caixa de busca. Eu, por exemplo, adoito escribir directamente na barra de enderezos o termo a buscar (despois de https://gl.wikipedia.org/wiki/, que me aparece automaticamente), de xeito que se aforra a carga dunha páxina. E non teño porque lembrar se era Rosalía Castro de Murguía ou Rosalía Castro Murguía, redirección que agora mesmo non existe, dicíndome que non existe o artigo. É máis, iso de Rosalía Castro Murguía poderíao ter copiado dalgunha web e eu, querendo saber quen é esa muller, non atoparía o artigo. As 16 redireccións non foron dabondo. Xa me ten pasado con outros persoeiros. E é que na Galipedia en xeral coido que se fai un infrauso das redireccións se se compara con outras wikipedias. One2 (conversa) 31 de decembro de 2020 ás 11:30 (UTC)[responder]
- Xa, ho, One2, pero o caso é que empezarías a escribir na barra a forma máis común, ou a forma alternativa, ou a segunda forma alternativa, pero non a 16ª forma alternativa (que ademais debe ter, para que haxa un problema, unha estrutura tan completamente diferente das 2 ou 3 máis comúns como para que non as identifiques na lista. Sinceramente, este eu diría que é un problema inexistente.--Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de decembro de 2020 ás 16:36 (UTC)[responder]
- Grazas aos dous (@Xabier Cid: e @One2:).
- Xabi, non te enfurruñes (xa estaba eu pensando que o coello me saíra ra ).
- Procedo a mudar "hai que preguntarse" por "quizais haxa que preguntarse", elevando o nivel de sutileza da mensaxe de marras, que nin era nin é, opino, para nada impertinente ou imperativa, máis ben eu diría que é unha axuda a edición, igual que temos moitas outras, e un xeito de ter unha mensaxe predefinida que preferiría non ter que redactar unha e outra e outra vez cada vez que penso en explicarllo a algún compañeiro.
- Nótese que este tipo de mensaxes (son autor de varias delas), e que son un recurso que se emprega en varias wikis, están feitas para ir asinadas. Cando eu deixo unha mensaxe desas a alguén, estou a facer meu o que digo e estou a facerme responsable, eu, do que digo. E eu non son autoridade ningunha neste proxecto. Todo o que digo o digo dentro dun marco de colaboración entre voluntarios nun proxecto común. Eu non pretendo obrigar a ninguén a nada, dios me libre! (nin podería facelo inda que quixera). As tales mensaxes están aí para quen queira empregalas, non é obrigatorio o seu uso. De feito, poucos usuarios as empregan e, se hai conflito, estou disposto a movelas a unha miña subpáxina de usuario, e morra o conto.
- Procuro, sempre, que as mensaxes inclúan unha ligazón, ou varias, ás correspondentes páxinas de axuda e políticas. Ao destinatario chégalle unha mensaxe cun texto meu (asinado por min) e unha ligazón a páxinas explicativas consensuadas pola comunidade. Penso que é doado distinguir, por calquera, que é o que di HdH e que é o que di a política oficial.
- A nosa política de nomear biografías é "polo nome máis común". Non é así en moitas obras galegas de consulta de referencia. Por poñer un exemplo, se procuras a Risco, a Castelao ou a Reixa por "Risco", "Castelao" ou "Reixa" no DBdG, non os vas dar atopado na vida. Vemos facendo, dende hai tempo, páxinas que son listaxes que nos axudan enormemente no traballo da Wiki:
Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega, Wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores, Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia, Wikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI, Wikipedia:Entradas de Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia, Wikipedia:Entradas do Dicionario de mulleres galegas, Wikipedia:Entradas do Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega... - Quedarías pampo, Xabi, se vises a cantidade que hai de ligazóns vermellas a persoas que si teñen artigo na Galipedia (teño dedicado algunhas horas a comprobalo e a facer as correspondentes redireccións).
- Agardo non ter foreado demasiado. Feliciano. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2020 ás 13:52 (UTC)[responder]
- Moitísimas grazas a ti, HombredDHojalata. Non, non son consciente dese problema ou, ben, si, atopeino algunha vez, pero é fundamentalmente non porque haxa unha ausencia de redirección, senón sobre todo porque hai erros na escrita (ou, maiormente, porque son nomes propios de persoas das que só se lle pon o apelido que é, vamos, outro erro: ou sexa "o goberno de Fraga"; o problema non se debe atallar con redireccións a páxinas de homónimos, na miña opinión, senón con ligazóns correctas). Pasade moi feliz ano os dous. Unha apertaza. --Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de decembro de 2020 ás 16:36 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso HombredeHojalata. Foi deses artigos que creéi ao revisar outros e atopar ligazón vermella, para que hubera algo. Claro que precisa ampliación, moita. Como é un tema que me interesa especialmente en canto teña tempo póñome con el e outros relacionados. Agora estou liado con outros asuntos. Deixeite unha mensaxe no correo, non sei se a viches. Saúde. --Viascos (conversa) 29 de decembro de 2020 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Entendido. Preguntaréi ali, coñezo menos xente pero é cuestión de preguntar. Boas Festas. --Viascos (conversa) 29 de decembro de 2020 ás 21:19 (UTC)[responder]
Boas HombredDHojalata, sobre o teu comentario na votación sobre a nacionalidade, non vexo o que fixen mal. Onde é que tiña que anunciar a votación? Saúdos - Cossue (conversa) 5 de xaneiro de 2021 ás 14:00 (UTC)[responder]
- Pois, nalgunha sección da Taberna, non?
- Sospeito que a maioría dos membros da comunidade nin saben da existencia da votación. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2021 ás 21:16 (UTC)[responder]
Boas, grazas por engadir asteriscos nun artigo que fixen. Non che dan nunca problemas na Wikipedia? Eu ás veces non podo engadilos. Fanme ̈ Lles (conversa) 6 de xaneiro de 2021 ás 10:48 (UTC)[responder]
- Pois non, non me dan problema . HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2021 ás 11:10 (UTC)[responder]
Ok, HdH, entendido. Nunca antes me pasara, por iso non me decatéi do significado do marcado en amarelo ainda que xa teño marcado a detección de homónimos. Ten todo o sentido, espero que non volva pasar. Adiantácheste co resto dos arranxos, ainda non rematéi a ampliación do resumo do artigo Gravidade, pero xa queda feito. Grazas. --Viascos (conversa) 6 de xaneiro de 2021 ás 13:44 (UTC)[responder]
Bo día, HombreDHojalata. Sería desexábel, se podes modificar o nome da páxina "Vello Aceredo" por "Aceredo asolagado", é máis axeitado para referirse a aldea asolagada do concello de Lobios. A min tampouco me deixa engadir na parroquia de Manín, a aldea de Cimadevila, que falta, e sería desexábel que aparecese tamén Aceredo (asolagado). Grazas
- Ola, Pementa.
- Podes mover ti mesmo o contido dunha páxina a outro nome. Tes as instrucións en: Axuda:Como trocar o nome dunha páxina.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xaneiro de 2021 ás 11:03 (UTC)[responder]
Ola, HDH. Veño de rematar o artigo de José Lázaro Galdiano pero no apartado de Notas sáeme unha indicación en vermello que non consigo corrixir. Poderíaslle botar un ollo? Graciñas.--MAGHOI (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 20:14 (UTC)[responder]
- Feito! o problema estaba en que había unha referencia dentro doutra, aquí:
- <ref group="Nota">("O coleccionista tenta racionalizar o subxectivismo das súas preferencias coa obxectividade do seu valor de mercado. O concepto de mercado da arte inclúe: o creador de artistas, o coñecedor da información de mercado nas canles de distribución (concesionario) e o comprador ou coleccionista final. Pola súa banda, o coleccionista adquire o produto artístico por espírito de coleccionista ou con fins de prestixio, estética ou, de novo, especulativos. No comercio da arte, só as canles de distribución teñen boa información veraz sobre o que está a suceder no mercado; os artistas e coleccionistas teñen información imperfecta e defectuosa. Isto leva a unha especulación máis fría e provoca un xuízo deficiente por parte dos compradores e unha inestabilidade do mercado".){{Sfn|Peraza|Iturbe|1990|p=17}}</ref> . HombreDHojalata.conversa 13 de xaneiro de 2021 ás 20:48 (UTC)[responder]
Retoqueino empregando {{Harvsp}}.
{{Harvsp}} podes empregalo dentro das etiquetas <ref></ref>.
O {{sfn}} non podes empregalo dentro das etiquetas <ref></ref> porque xa inclúe as súas propias no seu propio código. --. HombreDHojalata.conversa 13 de xaneiro de 2021 ás 21:01 (UTC)[responder]
Entendo. Máis, cal é o nome máis coñecido de "Mini"? A min paréceme máis correcto chamarlle (todo un parlamentario como é) polo seu nome e redireccionar sobre o alcume. Cando menos así é como figura marioritariamente na internet:
https://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/xos%C3%A9-luis-rivas-cruz-mini
http://galegos.galiciadigital.com/gl/jos%C3%A9-luis-rivas-cruz
https://www.nosdiario.gal/opinion/autor/542/xose-luis-rivas-mini
https://www.parlamentodegalicia.gal/Composicion/Deputados/390/xose-luis-rivas-cruz
En calquer caso, podemos revertir se é preciso... -- Cossue (conversa) 26 de xaneiro de 2021 ás 10:19 (UTC)[responder]
Ola, . HombreDHojalata.. Desculpa que me meta polo medio da conversa que tes co usuario:Xabade. Non sei moi ben por que lle puxeches este aviso de que faltan referencias. Gustaríame botarlle unha man agora que está empezando, pero vexo que os artigos que creou teñen bastantes referencias... non entendo o teu aviso. Hai algo que se me pasou? Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2021 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Ola Xabi. A mensaxe que lle deixei a Xabade era procedente no momento que lla deixei (25 de xaneiro de 2021 ás 21:41, hora da Wikipedia), por exemplo neste caso. Xabade tivo a amabilidade e dilixencia de atendela e inmediatamente comezou a incluír referencias [7]. Ben por Xabade! --. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2021 ás 20:15 (UTC)[responder]
Ola, . HombreDHojalata.. Desculpa que me meta de novo. O usuario Xabade, que coincide que é moi amigo meu, está facendo un (creo) bo traballo. Lévalle o seu tempo, e vai pouco e pouco, pero fai as cousas ben. Por exemplo, fixo un artigo con referencias, e cando estaba facendo outro, antes de que lle dese tempo a pór referencias, caeulle un aviso de "pon referencias" (dito sexa de paso, un aviso moi grande con moita información, como se fixese algo moi malo). Despois fixo varios artigos, en xeral cunha calidade de galego bastante boa (moi boa, de feito), e caeulle un aviso de "corrixe a túa ortografía" (de novo, un aviso xenérico, sen explicarlle cal era o problema ortográfico que tiña.
Entendo que non te deas de conta, e sei sen dúbida que o fas coa mellor intención, pero o resultado do que fas non está conseguindo os resultados desexados. En vez de premiar os usuarios noveis moitas veces os administradores damos chaparretas (e métome tamén eu no saco). Isto dígoo non porque o susuario sexa amigo meu, senón porque grazas a que é amigo meu estou vendo de primeira man o que pasa do outro lado. E máis nada. Calquera dúbida que teñas sobre isto, por favor, pregúntame. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de xaneiro de 2021 ás 05:41 (UTC)[responder]
- Non comparto, en absoluto, a túa (moi subxectiva) interpretación das cousas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2021 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Non se trata de compartir, ou non, a miña interpretación das cousas, HombreDHojalata. É que por dúas veces ese editor estivo a piques de tirar a toalla. Non é a miña opinión, é a del. Como non creo que sexa a túa intención que os editores noveis se desanimen e deixen de editar, por iso cho digo. O único que fixen ata agora é de búffer, explicando a túa maneira de actuar para que sexa máis dixerible e expoñendo con boas palabras o que me rebotan desde o outro lado. E eu, se me desculpas, deixo isto aquí. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de xaneiro de 2021 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Grazas Xabi por "explicar a miña maneira de actuar a outras persoas, para que sexa máis dixerible". Bágoa que o deixes aquí. Cando che apeteza volver facelo ... aquí estamos. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2021 ás 20:15 (UTC)[responder]
- Non se trata de compartir, ou non, a miña interpretación das cousas, HombreDHojalata. É que por dúas veces ese editor estivo a piques de tirar a toalla. Non é a miña opinión, é a del. Como non creo que sexa a túa intención que os editores noveis se desanimen e deixen de editar, por iso cho digo. O único que fixen ata agora é de búffer, explicando a túa maneira de actuar para que sexa máis dixerible e expoñendo con boas palabras o que me rebotan desde o outro lado. E eu, se me desculpas, deixo isto aquí. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de xaneiro de 2021 ás 16:22 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Acabo de enviarche un correo sobre unha cuestión allea á Wikipedia (cunha dúbida sobre os dereitos dunha obra). Bótalle unha ollada cando poidas. Moitas grazas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 9 de febreiro de 2021 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Ola. Confírmame tan só que che chegou o correo, non vaia ser o demo. Grazas! --Atobar (conversa comigo) 13 de febreiro de 2021 ás 09:53 (UTC)[responder]
Ola HdH. Estiven mirando o artigo de Terra porque dá un erro cunha referencia, pero non consigo atopar onde está o problema. Poderíaslle botar un ollo? Graciñas. --MAGHOI (conversa) 22 de febreiro de 2021 ás 13:59 (UTC)[responder]
- Ola @MAGHOI:, o problema está na cadea
<ref group="n" name="space_debris" />
- amais
"space_debris"
non está definido en ningures. Posiblemente a definición de"space_debris"
estará nalgún dos artigos nos que se dividiu este (vou xantar). --. HombreDHojalata.conversa 22 de febreiro de 2021 ás 14:11 (UTC)[responder]
Referencias Larouco
[editar a fonte]Buenos días. Hice un pequeño resumen del apartado de los primeros pobladores, concretamente de los asentamientos castrexos. Es cierto que lo de geografia me equivoqué en el enlace, que no es del mismo libro.
Boa noite, podes mudar o nome da páxina. Non me din conta de que non estaba traducida. Grazas. SaúdosFis-mulleres (conversa) 17 de abril de 2021 ás 20:34 (UTC)[responder]
Ola HdH. Carlos Méixome ven de publicar neste artigo a identidade da única persoa que faltaba por identificar na fotografía dos asistentes á IV Asemblea das Irmandades da Fala. Trátase de Xosé María Calviño Mariño. Coméntocho porque fuches ti quen fixeches as identificacións dos que aparecen na fotografía, e por se ti podes sinalalo na imaxe de commons, pois eu non sei manexarme niso. Grazas.
Ah, tamén di que a persoa que temos identificada na fotografía como Ángel Casal, pode ser Ángel Casal ou Peña Novo... Xas (conversa) 16 de maio de 2021 ás 16:38 (UTC)[responder]
- Ola Xas. Lin onte á noitiña o artigo de Meixome e agora acabo de ler o teu, ben interesantes, si señor. Moitas Grazas. Ei ler tamén o de Arias.
- Un detalliño, non tes un lapsus linguae cando falas de "Antón Risco"? ("... foi un dos participantes na Sociedade Galega de Pubricacións Nós, constituída para poñer en marcha o boletín Nós, que presidida por Antón Risco, estaba integrada tamén por Otero Pedrayo,..."). Puxeches o nome do fillo en lugar do do pai, non si?
- Sobre "engadir unha nota" tes axuda en Commons:Help:Gadget-ImageAnnotator/es.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2021 ás 22:07 (UTC)[responder]
- Efectivamente, HdH, hai un lapsus linguae ao falar de Antón Risco... Si que puxen o nome do fillo en lugar do do pai. Acabo de corrixilo. Grazas! E grazas tamén polos consellos para "engadir unha nota". Saúdos. Xas (conversa) 20 de maio de 2021 ás 21:08 (UTC)[responder]
Feito! --Chairego apc (conversa) 4 de xullo de 2021 ás 17:44 (UTC)[responder]
Ola, HDH! Como vai todo?
Quería pedirche unha imaxe. Il poderás achegarte á rúa México e tomar unha foto da nova sede da Fundación Euseino? Fica xusto fronte á entrada do aparcadoiro do Corte Inglés. Se che apetecese e tiveses vagar, tamén era interesante facer fotos das sedes de Xerais (Doutor Marañón 12) e Galaxia (Avda. de Madrid 44). Moitas grazas! :) --Estevo(aei)fálame aquí 8 de xullo de 2021 ás 10:54 (UTC)[responder]
- OK, apunto para cando colla vacacións. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2021 ás 21:27 (UTC)[responder]
- Adrián: fun facer os mandados. Non quedaron moi aló, pero estou aforrando para unha cámara nova : --. HombreDHojalata.conversa 29 de xullo de 2021 ás 20:00 (UTC)[responder]
- Jobá, quedaron moi aló e ben aló! Gústame especialmente a do edificio de Galaxia pola perspectiva desde as escaleiras. Apertas! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xullo de 2021 ás 21:46 (UTC)[responder]
Ola HdM. Metinme neste artigo sen ver que tiña o marcador "enuso". Perdoa. MAGHOI (conversa) 10 de xullo de 2021 ás 12:34 (UTC)[responder]
Ola, HdH. Revertiches unha edición miña en Xosé Baldomir. Cal era o erro? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 17 de xullo de 2021 ás 22:23 (UTC)[responder]
- Ola @MAGHOI: O parágrafo di: "En 1895 ... O ano seguinte, con todo, Baldomir foi elixido director do orfeón coruñés e a finais dese mesmo ano organizou un concerto a beneficio dos feridos e enfermos da guerra de Cuba"
- O ano seguinte é o ano 1896.
- Ti muchaches a ligazón
[[Guerra de Independencia cubana|guerra de Cuba]]
(de 1895-1998, d:Q1514908) por[[Guerra hispano-estadounidense|guerra de Cuba]]
(de 1898, d:Q12583). - Non pode ser, Baldomir non tiña poderes adiviñatorios. Non puido facer en 1896 nada benéfico a prol dos feridos e enfermos dunha guerra do (seu) futuro (1898).
- Exactamente a fonte (Margarita Viso) di: "É elixido novamente director en 1896 e a finais dese ano organízase a instancias de Baldomir un concerto no Teatro Principal a beneficio dos feridos e enfermos procedentes da campaña de Cuba. Concerto que ten lugar o 10-I-1897" e pon como referencia a seguinte: "La Voz de Galicia, «A beneficio de los soldados. El concierto de anoche», 11-I-1897." --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2021 ás 09:30 (UTC)[responder]
- Entendido. Graciñas. Un saúdo MAGHOI (conversa) 19 de xullo de 2021 ás 08:50 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai agosto?
Vin que tomaches en Pereiró a foto da tumba de ca:Tomàs Mirambell i Maristany, e pensei que igual che apetecía traducir do catalán este artigo. Se non é así, desculpa :)
Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de agosto de 2021 ás 20:45 (UTC)[responder]
Olá, HombreDHojalata, como vai? Obrigado pela mensagem! Acrescentei a filmografia ao artigo sobre Maurice Chevalier, que estava muito curto. Estou há tempos afastado da Galipedia e tenho me dedicado à Wikipedia em Ido, na qual sou administrador e há pouquíssimos colaboradores. Um grande abraço a ti desde São Paulo, Brasil, Joao Xavier (conversa) 19 de agosto de 2021 ás 12:14 (UTC)[responder]
HombredeHojalata. O artigo sobre Antón A. Rodríguez Casal non é algo "en progreso". Unha liña de texto non é un esbozo, é pura e simplemente falta de información porque o catedrático aínda non ten bagaxe de abondo para ter artigo de seu. Por esta razón desfixen a túa edición modificando a miña calificación de lixo. E aínda por riba, en castelán ("de la Universidad..."). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 2 de setembro de 2021 ás 21:25 (UTC)[responder]
- Acouga, Pedro. --. HombreDHojalata.conversa 2 de setembro de 2021 ás 21:26 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata. Grazas por compartilo comigo, intentarei facer todas as ligazóns vermellas que poida. Gran traballo o teu. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 2 de outubro de 2021 ás 14:21 (UTC)[responder]
Vaia, veño de ver isto. Pois mira que busquei e non dei coa fonte para a categoría. Se tes un momento poderías dicirme onde consultas estas cousas? Só por curiosidade de cara ao futuro, non ten présa. Graciñas pola corrección. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 15 de outubro de 2021 ás 23:00 (UTC)[responder]
- Ok. Xa o vin. Graciñas. Queda apuntadiño. -- Maria zaos (conversa) 15 de outubro de 2021 ás 23:01 (UTC)[responder]
boas, por non molestar. Podes poñer o seguinte na entrada? (Deume conflito de edición) [1] Modifico porque estas son as páxinas realmente dixitalizasas porque falta a portadilla na dixitalización de Galiciana (igual é porque só existe na separata, non sei) Grazas! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 13:46 (UTC)[responder]
- Vale, vexo que o eliminaches. Bueno, non vou discutir por isto. Pero as ligazóns a Google Books como a que colocaches adoitan romperse ; amais, en calquera momento poden deixar de estar abertas, cousa que non pasa con proxectos públicos pagados pola cidadanía como Galiciana. Como a revista Nós está en dominio público a min persoalmente o de poñer as ligazóns a Google Books neste caso dáme arrepío, pero é unha opinión. Desculpa a molestia, entón. Saúdos Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 17:01 (UTC)[responder]
- Ben, non é Google Books, é Google Sites. Vale. Pode que muden menos de ligazón aí que en Galiciana, iso teño que recoñecelo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversa • contribucións) 20 de outubro de 2021 ás 19:07
Referencias
- ↑ páxinas 3-6 ;11, dixitalizadas en Galiciana, Biblioteca dixital de Galicia
Ola! quería preguntarche como é o proceso para mover artigos que están marcados como investigacións orixinais ou texto orixinal a Galilibros e Galifontes. Vexo que non hai administradores en Galilibros. Con quen podería falar ou onde podería lelo para saber máis? Grazas! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 16:56 (UTC)[responder]
- @Maria zaos: no tocante a Galifontes, dimo. Eu son administrador alí e podo importar a/as paxina/s.
- Certamente, en Galilibros non hai administradores. Terás que copiar-pegar, deixar constancia no resumo de edición da procedencia e copiar na páxina de conversa o historial completo. --. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2021 ás 19:37 (UTC)[responder]
- copiar como cortar-pegar?@HombreDHojalata Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 22:27 (UTC)[responder]
Buenas noches, soy la autora del artículo sobre Xosé Alfredo Oliveira Pérez, un artículo que tú editaste en su momento. Yo creé este artículo como un trabajo para una asignatura de la especialidad de Musicología en el conservatorio superior de música de Vigo. Se hizo a través de una entrevista personal al compositor y director coral vigués y fue un artículo revisado por el propio departamento, así como estudiando en profundidad su obra y los artículos que había en prensa o documentos sobre él. A día de hoy y debido a que aparecen desde hace un año y medio unos avisos de que se eliminará el artículo por dudar de la veracidad de sus datos, Xosé Alfredo Oliveira se puso en contacto conmigo solicitando la eliminación de estos avisos o bien la eliminación del artículo, ya que da una imagen sobre él con esos avisos que no es cierta. Además de esto no he sido capaz en ningún momento de solucionar este problema. Me han dicho que contactara contigo para la eliminación del artículo o bien para la eliminación de estos avisos. Un saludo, Livia Leal Caneiro--213.177.214.106 25 de outubro de 2021 ás 21:20 (UTC)[responder]
Boas. No artigo sobre Emilia Pardo Bazán que estás a editar hai unha imaxe do monumento situado na Coruña. Vin que volviches poñer unha imaxe coa réplica de bronce da estatua que se colocou no monumento en 2007. Non obstante, desde novembro deste ano volve estar colocada a estatua orixinal, polo que penso que sería máis lóxico utilizar unha imaxe dela e por iso a cambiara eu. Un saúdo--Jglamela (conversa) 5 de decembro de 2021 ás 18:20 (UTC)[responder]
- @Jglamela: Mmm, non vexo o porqué, a verdade. Era consciente do que comentas cando mudei a foto. A finalidade da inclusión da imaxe no artigo non é reflectir a actualidade do monumento. Non sei se me entendes. O que procurei foi poñer unha imaxe nítida. En todo caso, vólvoa mudar. Dime se che parece ben como queda agora. --. HombreDHojalata.conversa 5 de decembro de 2021 ás 18:49 (UTC)[responder]
- Pensei que podía ser pola calidade da foto e por iso non a mudei eu. Por min está ben como está agora, pero pon a que consideres, só era un comentario por se non sabías que se retirara a réplica.--Jglamela (conversa) 5 de decembro de 2021 ás 20:30 (UTC)[responder]
Hello.
Can you update the chronology section of Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción by translating and adding from es:Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción? The Spanish language article is updated. No updates have been made in the Galician language article about the chronology of the eruption since 24 October. The volcano has not been active since 13 December.
Yours sincerely, 31.200.14.248 21 de decembro de 2021 ás 08:08 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Vin o comentario que fixeches na votación de Rossini, revisarei o artigo nestes días, mais a miña mensaxe non vai por ese comentario senón polo outro. Podo entender que non te guste que poña o da Galipedia e a Wikipedia en lingua castelá, e se te sintes incómodo participando nunha votación plantexada non sei de que xeito pensas ti (a votación está plantexada polo exposto, isto é, completo, ben referenciado, e trátase dunha personalidade relevante da historia da música, como é sabido) é tan fácil como non participar (de feito case nunca participas nas votación que abro eu)... contéstoche na túa páxina porque esa mensaxe non ten absolutamente nada que ver coa votación en si, e se o pensas que esa frase sobra (xa apareceu noutras) podes expoñerme os motivos na miña páxina de conversa e se os considero coherentes a retirarei. Sei que non tes simpatía por min nin valoras o meu traballo na Galipedia (iso polo menos é o que parece polo trato que recibo habitualmente de ti), pero non é necesario que o fagas público, con sabelo eu creo que é abondo. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2022 ás 15:54 (UTC)[responder]
Hola, perdona que te moleste. Estoy intentando proponer el artículo Lingua occidental como destacado pero no sé cómo hacerlo. He creado esto pero no sé qué más tengo que hacer. --Caro de Segeda (conversa) 22 de xaneiro de 2022 ás 21:06 (UTC)[responder]
- Esta ben, nada máis. Porén, non cumpres os requisitos especificados en Wikipedia:Votacións#Quen pode votar?, síntocho. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xaneiro de 2022 ás 23:51 (UTC)[responder]
- Vexo que non podo votar pero podo propoñer? Caro de Segeda (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 09:31 (UTC)[responder]
- Ah, pois revisando, tampouco podes propoñer. A política dí: "Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar." --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2022 ás 09:36 (UTC)[responder]
- E poderías ti propoñelo, por favor? Caro de Segeda (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Preferiría non facelo. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2022 ás 09:44 (UTC)[responder]
- E poderías ti propoñelo, por favor? Caro de Segeda (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Ah, pois revisando, tampouco podes propoñer. A política dí: "Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar." --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2022 ás 09:36 (UTC)[responder]
Vi que as condicións son
- Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos.
- Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.
polo que se fago máis edicións e deixo pasar o tempo, ao final podería propoñelo en dous meses, non? --Caro de Segeda (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Estimado compañeiro. Vexo que a túa é unha conta de propósito único (en:Wikipedia:Single-purpose account). Preferiría non participar en perfeccionala.
- Por favor, se tes máis dúbidas diríxete á Wikipedia:A Taberna (xeral).
- Abur. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2022 ás 10:06 (UTC)[responder]
- Ok, grazas de todos os xeitos Caro de Segeda (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 10:11 (UTC)[responder]
Hola, querido HombreDHojalata, como estàs?
Yo bien, aquì es un inferno, como penso tanbièn en España, y no sabemos quando terminarà.....
Por favore, quando tienes 3 minutos, te pido un contexitito en esta nueva pagina que he abierto ahora. No es grande, 3-4 minutos. Muchas gracias por tu disponibilidad, y se quieres te contexto en Italiano.
Hasta luego
Rei Momo (conversa) 24 de xaneiro de 2022 ás 10:37 (UTC)[responder]
- Grazie mille, hasta luego!!! Rei Momo (conversa) 24 de xaneiro de 2022 ás 12:13 (UTC)[responder]
Por favor, respecta os marcadores en uso. Isto inclúe o uso Hot-cat, especialmente nos artigos que ligan ao proxecto pedagóxico sen facer ningunha indicación ás persoas editoras. Cando remate o tempo do proxecto ou non exista marcador haberá tempo de mellorar eses artigos. Un saúdo.-- FormacionWiki (conversa) 22 de febreiro de 2022 ás 13:27 (UTC)[responder]
- FormacionWiki. Metín a zoca. Sen decatarme, modifiquei as categorías que tiña un artigo que está nunha subpáxina de usuario. Síntoo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2022 ás 19:31 (UTC)[responder]
- Graciñas por avisar. Non te preocupes. Un saúdo! FormacionWiki (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 22:44 (UTC)[responder]
- FormacionWiki. Metín a zoca. Sen decatarme, modifiquei as categorías que tiña un artigo que está nunha subpáxina de usuario. Síntoo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2022 ás 19:31 (UTC)[responder]
Ola @HombreDHojalata. Por se non o sabías, o espazo da radio está aberto a suxestións que a presidenta de WMES Florenciac seguro toma en consideración. Algún tema da Galipedia a salientar? Moniquiña.
- Non me ven nada á mente, agora mesmo. Mais tereino en conta. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 25 de febreiro de 2022 ás 10:12 (UTC)[responder]
Buenas dias, querido HombreDHojalata, como estàs?
Yo y mi familia vamos bien!!!
Por favor, podrias dar un contextito en esta pagina que he abierto ahora? Solamente 3 minutos, por favor.
Muchas gracias y Feliz Pascoa para usted!!! Hasta luego
Rei Momo (conversa) 11 de abril de 2022 ás 10:28 (UTC)[responder]
Ola, HdH! Como vai todo?
Quería facerche unha solicitude. Acabo de crear a Categoría:Centros de estudos locais de Galicia, e quería animarte a crear o artigo do Instituto de Estudios Vigueses, se che apetecese. Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de abril de 2022 ás 16:03 (UTC)[responder]
Boas, o artigo Carmen Posadas, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 6 de maio de 2022 ás 19:36 (UTC)[responder]
Ola! Moitas grazas por dar con isto : https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:LintErrors/multiline-html-table-in-list. Xa me decatara no proceso co bot e ía corrixindo a man cando confluían outros grupos de chaves, pero a pantalla de edición é bastante anana e polo que se ve pasáronme outros poucos. Graciñas! Xa está a lista limpa. O do retorno (liña á parte) é un tema, porque aparentemente o bot non deixa substituír incluíndo liña á parte (ou eu non sei como, hei de preguntar a Elisardo). Preguntiña: como podería ver máis claro os erros de ccódigo HML5? é dicir, pódese traballar vendo toda a Wiki en código? ou só se pode traballar o mantemento dende estas categorías: https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:LintErrors?. Xa me contas. Graciñas de novo. Aperta!.--Maria zaos (conversa) 19 de maio de 2022 ás 19:35 (UTC)[responder]
- @Maria zaos: Grazas a ti. Non sei a resposta a túa pregunta. Non teño formación. Son autodidacta en vou aprendendo algunha cousiña mentres vou trasteando. O que sabe diso e Banjo (conversa · contribucións), pero anda inactivo. --. HombreDHojalata.conversa 19 de maio de 2022 ás 19:55 (UTC)[responder]
Boas tardes, HombreDHojalata. Vin a túa última reversión do artigo IES Perdouro, retirando a mención ao Ciclo de Mecatrónica. Quería saber a túa opinión: quizais sería máis adecuado esperar a mencionalo ao curso que ven (como un ciclo máis, dentro do que imparte o centro), non? Un saúdo. Drow male (conversa) 23 de xuño de 2022 ás 10:51 (UTC)[responder]
- Ola @Drow male:. Revertín por non estar en lingua galega.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xuño de 2022 ás 11:04 (UTC)[responder]
- Ok, revisareino despois e corrixirei todos os erros que tivese antes de poñelo.
- Un saúdo e grazas. Drow male (conversa) 23 de xuño de 2022 ás 11:12 (UTC)[responder]
Ola @HombreDHojalata. Vin que revertiches a miña edición. Por que o nome dun poema en castelán non vai en cursiva? O criterio é deixar entre aspas sen cursiva o nome dun poema, sexa cal for a lingua, e en cursiva os títulos? Tamén se aplica a cancións? Por exemplo Like a Rolling Stone leva o título en cursiva e sen aspas. Saúdos. Gasparoff (conversa) 25 de xuño de 2022 ás 13:25 (UTC)[responder]
- Ola @Gasparoff:.
- Tes información sobre iso na política oficial: Wikipedia:Libro de estilo.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xuño de 2022 ás 14:18 (UTC)[responder]
Si; moitas grazas, téñoo pendente. Nas traducións ao galego que fixen ó castelán é verdade que faltan referencias. O peor é que no artigo en castelán tamén. Vaime boa! Grazas, Gaescribe (conversa) 3 de xullo de 2022 ás 17:22 (UTC)[responder]
- Ola, @HombreDHojalata, xa pusen varias referencias no artigo The battle of Labyrinth, que era un deses artigos aos que tiña que poñerllas. Gustaríame saber se se pode quitar a plantilla. Un saúdo, Gaescribe (conversa) 4 de xullo de 2022 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Ola @Gaescribe:. Grazas. Déixoo ao teu criterio. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2022 ás 11:34 (UTC)[responder]
Boas!! Poderías actualizar as cores dos seguintes concellos do Wikiproxecto de fotos de parroquias? Son os de Montederramo (marrón) e Cualedro (amarelo). Moitas grazas! Chairego apc (conversa) 3 de xullo de 2022 ás 17:53 (UTC)[responder]
No artigo Lei Xeral de Educación, a imaxe conmemorativa sobre Villar Palasí é a única que topei. É o ministro que asinou a lei. Vou pór outra de Infantil. Graciñas por estar pendente! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 12 de agosto de 2022 ás 16:52 (UTC)[responder]
Ola! Creo que ti podías mudar os nomes de ficheiro en Commons, non? O caso é que subín do Flickr imaxes da noite de San Xoán e algunhas, comprobando as coordenadas, semella que tiñan os nomes e descricións intercambiados. Nas fotos en que pasa isto, que eu vira, son as de 2012 en 2012 in Baiona e 2012 in Vigo. Polo que se che apetece corrixir ficheiros, xa sabes xD Saúdos e grazas. One2 (conversa) 15 de agosto de 2022 ás 13:59 (UTC)[responder]
- @One2: Claro. Pero a que lle facemos caso? ás coordenadas ou aos títulos? Habería que preguntarlle a Contando Estrelas no Flickr. --. HombreDHojalata.conversa 15 de agosto de 2022 ás 17:09 (UTC)[responder]
- Ah, pois si que estaría ben confirmalo. Eu é que supuña que as coordenadas se puñan de xeito automático. One2 (conversa) 15 de agosto de 2022 ás 19:01 (UTC)[responder]
Bos días! Adín o artigo Eva Cárdenas, no que participaches, ao proxecto Translation of the week en Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar nele aquí para que haxa máis posibilidades da proposta saír para adiante e pois o artigo ser traducido a máis linguas. Moitas grazas! --Brunnaiz (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 15:36 (UTC)[responder]
Boas, HombreDHojalata. Vin a túa reversión da miña edición de Wikipedia:Sobre Galicia. No seu momento, engadín o resumo do artigo do Aquarium Finisterrae, que recentemente foi votado como destacado sobre Galicia, porque pensei que era o procedemento correcto, aínda que non sei se debín comentalo previamente na conversa. Se me podes comentar que fixen incorrecto, actuarei en consecuencia para non volvelo a facer. Un saúdo. Drow male (conversa) 22 de setembro de 2022 ás 20:17 (UTC)[responder]
- Ola Drow. Non te preocupes, todo está ben.
- En WP:SG, que é unha páxina interna, de traballo da wiki, adoitamos amosar o resumo do artigo do mes en curso, o próximo e o seguinte, non máis, igual que en WP:DT. Non ten moito sentido ir máis lonxe no tempo nesa sección. De feito moitas veces estará incompleta ou baleira (véxase agora mesmo o contido de WP:DT) e máis tendo en conta que xusto a continuación vai outra sección con tódolos títulos e ligazóns do ano en curso, o precedente e o vindeiro, así como ligazóns a Wikipedia:Sobre Galicia/Arquivo e Wikipedia:Artigos da portada.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2022 ás 20:49 (UTC)[responder]
- Ok, grazas pola resposta. Puidome a euforia tras o recoñecemento do artigo. Un saúdo.--Drow male (conversa) 22 de setembro de 2022 ás 20:56 (UTC)[responder]
Ola, HdH. Grazas pola axuda en Alavivo. Pero eu o que pretendía, como pasa noutros artigos, é que nese espazo das notas aparecese o número da referencia; e esta {Hughs 2013, p. 153} no apartado de referencias (por exemplo: |25 Hughs 2013, p. 153). Así é como está, no artigo de Robert Oppenheimer: na nota c, aparecen as referencias 4, 5, 6 e 3. Semella como que é código copiado, pero non o consigo transpoñer. Pero se non se pode ou resulta moi complexo, miraría de facelo doutro xeito.
Por certo, aproveito para preguntarche unha dúbida de hai tempo. No artigo Xeberico, na parte final do artigo, o "StarBox" está ben aliñado pero, curiosamente, pero curiosamente en Aorico e en moitos outros artigos, a cela da dereita (onde pon "sucesor") aparece case sempre descuadrado. Iso ten solución?. Grazas por todo. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 29 de setembro de 2022 ás 14:38 (UTC)[responder]
- @MAGHOI: Ah! Entendo. Mira a ver agora.
- Por certo. Fixen unha petición aquí, que no atendestes ningún dos admín.
- Tamén solicitei a intervención dun terceiro aquí e ninguén acudiu.
- Que pasou? --. HombreDHojalata.conversa 29 de setembro de 2022 ás 17:05 (UTC)[responder]
- Ola, de novo. Xa están feitos os avisos anteriores. Pero algo debeu pasar porque os teus avisos coa @ a min non me chegaron e supoño que tampouco ós outros administradores. De certo, fun mirar á páxina de conversa de Estevo porque me estrañaba que non contestase e vin a túa participación. Decidín mandarche directamente o recado (esta sección sobre Alavivo) e, repito, non me chegou nada sobre os teus avisos. Esta mañá, vin esta túa resposta anterior e procedín a atender os teus avisos. E grazas polas correccións que che pedira. Unha sorte contar contigo. Saúdos.MAGHOI (conversa) 30 de setembro de 2022 ás 09:43 (UTC)[responder]
Ola, grazas polas correccións no artigo Bosque Vello. Non coñecía esa regra para "gran/grande". Consultei as Normas ortográficas e morfolóxicas e non atopei nada ao respecto, pero vexo que no dicionario da RAG si aparece. Vexo que tamén modificaches as etiquetas das notas cara ao final. Copieinas doutro artigo, había algún erro? Un saúdo. Manudosde (conversa) 18 de outubro de 2022 ás 14:22 (UTC)[responder]
- Ola @Manudosde:. Grazas. A estrutura de "notas", a orde das seccións etc., púxena no formato habitual. Podes informarte máis sobre iso no Wikipedia:libro de estilo e en Modelo:Listaref/uso. Agora mudeille o "group T" polo "lower-alpha", para que vaian distintas as notas das referencias, as primeiras con letra e as segundas con número. --. HombreDHojalata.conversa 18 de outubro de 2022 ás 20:16 (UTC)[responder]