Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 1
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ola, HombreDHojalata, benvido á Galipedia. Aproveito o saúdo para avisarche de que fixeches algo mal (tranquilo, nada gravísimo), :). Editácheslle a páxina do usuario:Mglovesfun para corrixirlle uns verbos. Seguro que a el non lle importa, e a corrección está ben feita, pero nas páxinas de usuario non se deben facer correccións porque son as únicas páxinas que edita un único usuario, con cousas que decide un para si e... bueno... os seus motivos terá, non? :) Non lle deas máis importancia, pero é un aviso para o futuro, ok? :)
Xa de paso, déixoche aquí unha caixa con axuda, onde poderás atopar cousas que se cadra che fan falla. Calquera cousa que queiras saber, xa sabes: todos os demais usuarios e usuarias estamos para axudarte. --Xabier Cid Conversa 19:31, 14 xaneiro 2009 (UTC)
Benvido á Galipedia, HombreDHojalata!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 19:31, 14 xaneiro 2009 (UTC)
IMELGA
[editar a fonte]bon día, Hombre de Hojalata!
Mudei a ligazón de "A Coruña" a "Coruña" por unha tontería persoal: cuestión de economía, para aforrar caracteres; 8 bytes nun artigo non é moito, pero ó longo de moitos artigos, afórrase bastante. O cambio, ao meu entender, é intrascendente, pois o texto que aparece visible é o mesmo, e a redirección non dá maiores problemas.
O marcador de "seniw" significa que o artigo non ten correspondencia (que non está traducido) noutras wikipedias.
O marcador de "sencat" significa que aínda non está en ningunha categoría.
Parabéns polo artigo. Moi completo e ben redactado.
Para calquera dúbida, non dubides en preguntar, ben comigo ou outro usuario, ben con calquera administrador.
Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 09:45, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Montserrat Caballé
[editar a fonte]Xa lle botei unha ollada ao teu artigo na wikiquote ;). Para calquera outra cousiña que queiras só tes que mo dicir. Saúdos compañeiro! --Nonso91 Conversa 22:31, 6 novembro 2009 (UTC)
Mover artigos
[editar a fonte]Ola, para que non se perda o historial dos artigos hai que premer en mover para cambiarlle o título se o redirixes pérdese todo o historial do artigo, non te preocupes polo erro, é fácil corrixilo, é a típica cousa na que é fácil equivocarse. Saúdos.--RNC 12:33, 5 decembro 2009 (UTC)
Consellos
[editar a fonte]Moitas grazas, a verdade é que son novo na configuración e edición de artigos na wikipedia e aínda se me escapan moitas cousas. Un saúdo!--Jillerme 00:18, 6 decembro 2009 (UTC)
Nino Bravo
[editar a fonte]Moitas graziñas por falarme na miña conversa, intentarei traducir o artigo mellor posible, aínda que poida cometer algúns erros, agradezóvos toda a vosa confianza en mi, faltame traducir duas parrafos, tambem descolpas pola cantidade de lusismos no artigo, intentarei mellorar xD. --Ravave 18:13, 28 decembro 2009 (UTC)
A mensaxe non ten sentido :S Estás a sinalar que pensas que cómpre fusionar a categoría consigo mesma. Proba {{fusión|artigo no que poñer o contido do que ten este marcador}} ou {{fusióndesde|artigo cuxo contido ha quedar no artigo qeu ten este marcador}}. (nota: podes contestarme aquí mesmo) --GallaecioE logo? 12:31, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- O raro é que agora tanto nunha coma noutra categoría tes o mesmo modelo. Na que consideres que debe prevalecer (eu opino que a de GNU/Linux, pero supoño que é discutible), haberá que usar o modelo {{fusióndesde|artigo que debería desaparecer}}. Un saúdo! --GallaecioE logo? 13:04, 3 xaneiro 2010 (UTC)
dosmasunoarquitectos
[editar a fonte]Estimado hombre de Hojalata. Todos os datos aportados ao artigo son certos. O enlace á es.Wiki inda non está porque pensaba traducilo en breves. En canto á dúbida sobre a importancia deste estudio de arquitectura, na es.Wiki hai artigos sobre Carlos Arroyo, Francisco de Asís Cabrero, José Miguel Ávila Jalvo, Pedro Bidagor, Alberto Campo Baeza, Félix Candela, Julio Cano Lasso, Fernando Chueca Goitia, José Antonio Corrales, Francisco de Cubas, Antonio Fernández Alba, José Luis Fernández del Amo, Luis Ferreres Soler, Miguel Fisac, Jerónimo de la Gándara, José Ramón García Antón, Fernando García Mercadal, Luis Javier Gayá, Juan Herreros, Fernando de Higueras, Francisco Íñiguez Almech, Andrés Jaque, Francisco Jareño y Alarcón, Luis Lacasa Navarro, Rafael de La-Hoz Arderius, Rafael de La-Hoz Castanys, Guillermo Langle Rubio, Modesto López Otero, Eloy Maquieira, Jesús Martínez del Vas, Rafael Moneo, Luis Moreno Mansilla, Pedro Muguruza, Juan Navarro Baldeweg, Antonio Palacios Ramilo, Francisco Javier Sáenz de Oiza, Manuel Sánchez Arcas, Federico Soriano, Alejandro de la Sota, Leopoldo Torres Balbás, Emilio Tuñón Álvarez, Salvador Valeri i Pupurull, Ramón Vázquez Molezún, Alejandro Zaera Polo e Horacio Fernández del Castillo, todos eles compañeiros de carreira e de docencia dos integrantes de dosmasunoarquitectos e de nivel comparable a eles. Entendo que ao haber só 3 entradas destes personaxes na gl.Wiki, che pareza sospeitoso este artigo, pero tendo en conta que no campo da arquitectura contemporánera a gl.Wiki está valeira, por non haber non hai nen unha categoría, permíteme que discrepe. Na gl.Wiki non hai nin unha entrada da Escola de Arquitectura de Madrid (onde se formaron o 90% dos arquitectos contemporáneos que hoxe en día teñen sona), e dise que é unha das mellores españolas e de europa, xunto coa Escola de Barcelona. Por iso, pediríache que antes de por en dúbida o artigo, buscases información sobre eles, que son publicados a nivel mundial e que dan conferencias en moitos lugares. Ademáis, dicirche tamén que a ausencia de artigos sobre arquitectura contemporánea é un pouco preocupante, tendo en conta a ausencia de información sobre Alberto Campo Baeza, Amid, Noguerol, entre moitos outros. Únicamente hai entradas de algúns arquitectos extranxeiros. Incluso, MVRDV, un estudio importantísimo holandés, que se pode equiparar a Rem Koolhaas, tampouco ten un artigo nesta Galipedia. Por todas estas razóns, pregaríache que me deixases completar a nosa enciclopedia neste campo.
Atentamente, SalvoraCóntame 21:48, 5 xaneiro 2010 (UTC)
Grande Esfinxe de Ginza
[editar a fonte]Perdóame por voltar a por a ligazón a google maps, pois cando cliquei nas coordenadas que puxeras non me funcionaron e pensei que estaba roto o link ou algo. Agora estou a mellorar un artigo de Le Corbusier pero cando o remate votareille un ollo aos artigos das pontes.
Unha aperta agarimosa, SalvoraCóntame 17:12, 6 xaneiro 2010 (UTC)
Le Corbusier
[editar a fonte]Moitas grazas pola imaxe. A miña facíame máis ilusión pero é certo que é mellor.
SalvoraCóntame 15:57, 7 xaneiro 2010 (UTC)
Re: Ampliar Modelo:DistroLinux
[editar a fonte]Por min perfecto. Para mellorar e completar cousas xa non fai falla nin que mo pidas. Adiante! Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:22, 7 xaneiro 2010 (UTC)
Benvida
[editar a fonte]Grazas pola benvida á Galipedia, Home de Folla de Lata! ;-) –Enric 12:02, 8 xaneiro 2010 (UTC)
Problemas con Image:Mapa IXP Pataca de Galicia.png
[editar a fonte]Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.
Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.
En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.
Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo Lmbuga / Conversa comigo 20:29, 8 xaneiro 2010 (UTC)
- O texto que che enviei é automático, o texto está preescrito. Non observei que podía non adecuarse ás circunstancias, xa que pensei que a imaxe era plenamente túa, non unha obra derivada.
- Se a imaxe é unha obra derivada (tes información en Commons:Obras derivadas), para poderse manter na Wikipedia, teñen que darse dúas condicións:
- Que o orixinal do que partes teña unha licenza que permita a realización de obras derivadas e uso comercial. Isto non ocorre practicamente nunca: Non se poden facer obras derivadas das imaxes de libros, enciclopedias e case tódalas páxinas web (pois as que non poñen nada teñen tódolos dereitos reservados). Si podes facela partindo desta imaxe: File:Galicia municipalities.png.
- Que edites a foto e xa que a imaxe non é túa, en vez de poñer "obra propia", escribas algo así como "variación realizada por min do mapa presente en...'" (isto é o que chamamos orixe da foto). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 18:05, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Pensei que non entendías nada, como dicías, pero parece ser que entendes. Vin a páxina e non vexo o que dis. ¿Ti miras esta páxina?. Ponme ligazón se non é esa a imaxe da que falamos. Ó mellor ando despistado
- Por certo, pensando en que a imaxe de orixe ía ter tódolos dereitos reservados, preocupeime por facerche eu unha imaxe paralela, igual ca esa máis ou menos e xa a subín. Tela aquí. Podo deixala mellor, só me levou 2 minutos, pois pensei que ías responder inmediatamente. Grazas e un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 18:36, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Xa o vin. Colocáchelo no recadro da licenza, síntoo, pero aí non o esperaba. Vino porque editei a imaxe agora mesmo, por ver se escribiras algo e quedaba oculto. Vou colocar os datos correctamente e reparar na orixe.-- Lmbuga / Conversa comigo 18:52, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Xa está. Creei a caixa de datos. Só había unha incorrección e corrixina: A licenza da imaxe orixinal obriga a nomear o autor. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 18:59, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Mentres ti redactabas, xa que me dera de conta de que faltaba unha parte no mapa, incorporeina facendo de novo o mapa. ¿Podes mirar se está ben?-- Lmbuga / Conversa comigo 19:12, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Xa vin que me deixaras a información da que partiches (co apuro de editar non lera detidamente esas dúas liñas), xa non fai falla que revises nada, Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo 19:53, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Re: Retratos de familia
[editar a fonte]Vale, xa puxen unha imaxe na miña páxina. A ver se che serve. Un saúdo. --Xas (fálame) 19:44, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Eu tamén che deixei unha das miñas debilidades, desas que a min me perden! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:40, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Imaxe de Sargadelos
[editar a fonte]Solicitei o borrado da imaxe de Sargadelos que tes na túa páxina de usuario. Fora subida por min en agosto de 2005 (daquela andaba empezando). Non estaba sendo empregada en ningún artigo e non sabía dela. É unha violación dos dereitos de autoría. Subira moitas outras e ou ben as borrei eu ou ben solicitei o seu borrado. Sinto as molestias. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 15:37, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Imaxes de familia
[editar a fonte]Non hai razón algunha para que me pareza unha parvada. Adiante! De empregar algunha eu usaría Ficheiro:Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto).JPG, foi a miña primeira imaxe da semana. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 17:51, 11 xaneiro 2010 (UTC)
- Como xa te avisou Lmbuga, borrei a imaxe da máscara de Sargadelos, así que terás que substituíla por outra. Canto ó teu album de fotografías de familia hei de recoñecer é unha curiosa idea esta de identifica-los cunha imaxe. O caso é que a que colleches da miña páxina, ese dragón de Gaudí, vén dunha época na que eu colocaba na miña páxina o que viría sendo a "miña" imaxe da semana (miña no sentido de que me gustaban a min, non se trataba de fotos miñas). Esa idea quedou parada hai tempo e ese dragón quedou aí un pouco colgado. Se podo escoller, prefiro que me identifiques con estoutra fotografía: Ficheiro:Pedra cabaleira 2.JPG. Esta sí que é miña e recolle un con que temos no Grove, coa súa carga mitolóxica incluída. Desde logo, a páxina é túa e podes poñe-la que queiras, pero eu son máis ese con máxico que ese dragón (por fermoso que sexa). Veña, un saúdo e a seguir ben. Pedro --Lameiro (conversa) 18:51, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Re:Fotos de Flickr
[editar a fonte]Abofé que che boto unha man.
Xa a subo eu. Eu vouna subir a Commons e non á Galipedia (por varios motivos que che podo explicar se che interesan). Como as imaxes subidas a Commons poden empregarse coma se fosen subidas a Galipedia, a tódolos efectos dá practicamente igual.
Se queres saber cómo subir unha imaxe de Flickr podes ler esta páxina do meu grupo de Flickr (se tes dúbidas ou problemas, dimo).
Logo che digo con que nome a subo. -- Lmbuga / Conversa comigo 22:06, 13 xaneiro 2010 (UTC)
- Subina: File:Ponte romana de Monforte de Lemos. 11 Abr 09.jpg-- Lmbuga / Conversa comigo 22:16, 13 xaneiro 2010 (UTC)
- Non sei exactamente cómo funciona o das marcas en Commons, pero entendo, pois eu xa deixei máis dunha imaxe con marca, que ese non é nunca motivo de borrado. Con todo, se queres subir unha imaxe con marca (ou subir unha sen ela), dimo e súboa eu. Súboa antes ou despois e retiro a marca, pero máis ben antes, pois son 10 minutos como moito. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 23:27, 13 xaneiro 2010 (UTC)
ola! veño de traducir do castelán o artigo Ponte Maior de Ourense; Se o completas, como estás a facer co resto de pontes, sería fantástico. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:07, 22 xaneiro 2010 (UTC)
Sinatura nas páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola, tes razón esquecín asinar. O Alzheimer avanza a pasos axigantados. Xa o arranxo.--Calrosfking (FÁLAME) 12:35, 27 xaneiro 2010 (UTC)
La Pobla de Vallbona
[editar a fonte]Hola :) Gracias por el consejo. Resulta que yo no soy gallego, y mi nivel es muy bajo. Una amiga gallega que tengo me ayudará a traducir el articulo de la viquipedia al galego y lo pondré en cuanto pueda ;)
Saludos
Marcadores
[editar a fonte]HombreDHojalata: o marcador para indicar que non hai fotografía estaba ben posto se un se cingue as normas. É dicir, fáltalle a fotografía. Pero non vexo que sexa necesario, pois, como dixen, un 90% dos artigos similares (e revisándoo agora creo que quedei curto) non teñen foto e tampouco non levan o marcador. Tes razón ti, e creo que tamén teño razón eu. Ao meu ver, o marcador de enprogreso si resulta moi útil, e tamén por suposto os marcadores seinw e sencat. Do resto, iría caso por caso. E deste senfotografía non atopo o sentido, sendo, como somos, unha wikipedia que traballa moito, é certo, pero que é pequerrechiña no número de editores, é dicir, cunha carga de traballo limitada. En resumo, coido que meterlle ese marcador só contribúe a darlle un aquel de provisorio a un artigo que en certa maneira é terminadao (terminado é un falar, todo está por terminar, ben o sabes). Se che parece, podemos comentar o asunto na taberna e que decidan alí. O que digades, para min está ben. Copia este textiño alí se queres engadir a miña opinión ao canto da túa. Un saúdo e bo traballo. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 13:42, 7 febreiro 2010 (UTC)
RE: Importación
[editar a fonte]A ver, o caso é que o traslado de páxinas ao Galizionario cómpre que o faga un administrador daquel wiki (mediante a páxina Especial:Importar), polo que eu non podo axudarche niso. Xa sei que hai páxinas que levan moito tempo así, pero o proceso a seguir é ese. Pídelle a algún administrador do Galizionario que faga esta tarefa por ti. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:25, 17 febreiro 2010 (UTC)
- No caso do artigo "busto", coido que podemos borrar a páxina que temos aquí na Galipedia porque non achega nada novo ao que hai no Galizionario (de feito, vouna borrar agora). Nos demais casos, non pasa nada, simplemente se van engadir o resto de edicións ao historial que polo de agora só mostra o teu nome de usuario. Lembra que a norma é conservar os historiais de edicións para recoñecer o traballo que fixeron outras persoas e poder recuperar versións vellas de páxinas. Non sei se me explico ben. --Toliño Fala aquí comigo 14:50, 17 febreiro 2010 (UTC)
- Noutros casos como en "pobo", que tamén existe alí, primeiro cómpre engadir a información recollida aquí que non estea alí (respectando sempre o formato, que varía segundo o proxecto). Logo faise a importación e listo. Só unha nota: se despois de facer a importación vólvese a unha versión anterior, quizais faga falla desfacer a última edición que apareza no historial. De todos os xeitos, se tes calquera dúbida unha vez realizado o proceso, dáme un toque e bótolle unha ollada. --Toliño Fala aquí comigo 14:57, 17 febreiro 2010 (UTC)
- Ola, son administrador mais nunca importei artigos e na ligazón de que deixou Toliño dáme erro e dime que está reservada a administradores e sae a lista dos administradores da Galipedia. Entón, non sei como se fai para o traslado. --Xoán Carlos Fraga 20:54, 17 febreiro 2010 (UTC)
- ¿Xa non anda Sobreira por alí? ¿Ou Prevert? Hai moito que non traballo no Galizionario (e prometo recupera-la atención que se merece) pero creo lembrar que eses traslados de historiais os facía Prevert. Falo de (mala) memoria. Pedro --Lameiro (conversa) 22:20, 17 febreiro 2010 (UTC)
- O problema foi que Xoán Carlos seguiu a ligazón "Especial:Importar" da Galipedia, e á que ten que acceder é á do Galizionario, é dicir, estoutra. De aí que lle dea o erro. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:39, 18 febreiro 2010 (UTC)
Sen referencias e iw
[editar a fonte]Ola, HombreDHojalata. Canto ao tema das interwikis, seguramente cometín algún erro nalgún momento, pero non sei agora mesmo a qué artigo(s) te refires. En calquera caso, como digo, se lle metín un seniw a un artigo demasiado local, corríxeo sen problema, que o debín de facer sen caer na conta de que era innecesario. Erro meu, supoño. Despois, canto ás referencias, puntualizo: non retieri o marcador sen máis, para nada; pois escribín no cadro de resumo que resulta moito máis útil marcar que frases considera o editor que precisan unha referencia, e aí xa buscalas. A cuestión do referenciado, en calquera caso, e un dilema que xa vén de vello. O usuario Lameiro e mais eu témolo comentado en varias ocasións. Coido que non ando moi descamiñado se che digo que é moito máis necesario referenciar artigos polémicos ou de especial interese que andar a pedir referencias dun artigo mínimo e que pertence a un categoría no que ningún outro as ten. Olla para aquí e verás a que me refiro: de 31 artigos ningún ten o marcador de senreferencias, e só 4 desa trintena dispoñen de notas. Amais, de haber algún que as precise, que o haberá, dende logo non parece que sexa o de Miranda, que pode pasar sen maior problema. Que facemos logo, metémoslle o marcador a todos? Evidentemente, non. Con todo, o que si é bo facer, como xa che dixen que escribín no cadro de resumo ao retirar o marcador, é sinalar o lugar exacto que precisa dun referenciado, co cómprereferencia. Máis nada. E se polo que for non te convence o que digo, non dubides en escribir máis na miña páxina de conversa ou mesmo, se o cres necesario, pasa e expolo na taberna para que opine a comunidade. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:21, 20 febreiro 2010 (UTC)
Pemento
[editar a fonte]Perdoa a miña metedura de gamba. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:56, 21 febreiro 2010 (UTC)
Bots
[editar a fonte]HombreDHojalata, para as substitucións mecánicas que é mellor (máis fácil e rápido) facer cun bot que a man, os usuarios Prevert e Albert galiza teñen uns bots que puñen a funcionar cando alguén llelo pide. Dígocho para que para a próxima xa saibas a quen llo dicir. Un saúdo e a seguir choiando. Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:03, 22 febreiro 2010 (UTC)
Thanks!
[editar a fonte]Thank you for your welcome note. ■ MMXX talk 00:29, 24 febreiro 2010 (UTC)
Arranxo.
[editar a fonte]Recoñezo que non o tiña previsto. Vou ver se ten arranxo. Grazas por avisarme. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:50, 24 febreiro 2010 (UTC)
Aclis ascaris
[editar a fonte]Ola, as veces cando se fala de profundidades se usa o signo negativo (normalmente se sobreentende e non se pon) tomando como referencia 0 que é o nivel do mar propiamente dito, pero é que algúns moluscos poden vivir parte da súa vida por riba do nivel do mar no tamén chamado nivel supramareal, que en teoría debería levar un signo positivo que tampouco se pon. Ex:Litttorina neritoides pasa case toda a súa vida fora da auga e so precisa que de cando en vez algunha onda o salpique. En definitiva, non pasa nada por poñer ou non poñer o signo. --Calrosfking (FÁLAME) 18:36, 25 febreiro 2010 (UTC)
web de Briga
[editar a fonte]Ola!
Creo que o marcador de {copyright} non é o máis axeitado para o artigo de Briga, dado que na súa web non se menciona que estea protexida por copyright. En todo caso cumpriría mencionar a orixe dos datos na páxina de conversa do artigo, pero se a web non ten dereitos de autor, o contido poderíase usar, sempre e cando se mencione a orixe (creo).
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:51, 27 febreiro 2010 (UTC)
- Ola! Para outra ocasión, anímote a mellorar os artigos de forma construtiva. Por exemplo, onte un usuario novo creou The Codename cun texto copiado dunha web, e a partir diso, en vez de marcalo como lixo, melloreino e wikifiqueino a partir doutras fontes. Deste xeito @s nov@s usuari@s poden coñecer como se edita segundo o formato wiki (aprender facendo). Foi unha pena o borrado do artigo de Briga, porque se podía adaptar, e era bastante neutro, con frases (aínda que calcadas) obxectivas.
Encol do marcador de {seniw}, adoito usalo cando atopo un artigo que, ou ben é unha tradución doutra wiki, ou ben é moi probable que exista noutras wikis. O de usalo en artigos propios de Galiza débese a que hai casos en que se traducen a outras wikis de xeito específico (petróglifos, igrexas, castelos...) ou de xeito xeral (por exemplo na wiki en piamontés, adoitan traducir os artigos das parroquias galegas, non sei moi ben o motivo).
Seghimos traballando. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:23, 27 febreiro 2010 (UTC)
- Ola! Beizóns por facer esa análise da situación dos artigos con problemas da galipedia, e por compartila co resto de usuari@s. Agardo que sirva de reflexión para mellorar os contidos.
Unha pequena reflexión: eu non considero os artigos {en progreso} no mesmo nivel de problemáticos ca outros. Cando reviso artigos, adoito poñer marcadores segundo o criterio correspondente:
- O marcador de {lixo} se non hai por onde collelo; se vexo que ten certas posibilidades de recuperación, chúzolle o {atención|por tal motivo...}, o {formatoWiki}, ou o que sexa.
- O marcador de {enprogreso} acostumo poñelo, por exemplo, cando o artigo é unha tradución moi parcial doutro artigo, cun contido mínimo. na medida do posible, intento evitar o marcador xenérico {enprogreso} e prefiro usar os concretos (por exemplo, {astronomía en progreso}).
- Hai moitos casos de escritores, actores... (por exemplo Viggo Mortensen) en que os títulos das obras aparecen traducidas ao galego sen que exista versión. Neses casos, poño o marcador {atención|cómpre revisar os títulos das películas sen tradución ao galego}.
Concordo contigo en valor máis a calidade que a cantidade. Outra das arroutadas que me deu (xa hai case dous anos, jasús!) foi revisar os artigos curtos de máis; en moitos deles puxen marcadores, algúns amplieinos (e chuceilles iws), e outros marqueinos para lixo ou para mover a galizionario.
Consello (desde a experiencia persoal, vaia): Non te estreses. Tómao con calma, e coa intención de aprender. É mellor ser optimista e aprender lendo os artigos revisados, ca cabrearsepola existencia dos mesmos.
Un saúdo, e ánimo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:03, 28 febreiro 2010 (UTC)
Táboa comparativa de mantemento
[editar a fonte]HombreDHojalata, moi bo traballo. Ao correr desta semana se che parece ben hei coller os datos que escolmaches e tratar de facer unha lectura, engadíndolle pequenos miudallos que boto a faltar. Tal como está agora dá un poquiño a sensación de que fomos a menos, cando é xustamente ao contrario. Agora o proxecto é moito máis sólido e iso implica que se pida máis rigor. O dito, parabéns e co teu permiso hei coller os datos que das e tratar de interpretalos. Saúdos e a seguir choiando. --Atobar (conversa comigo) 12:56, 28 febreiro 2010 (UTC)
Clint Eastwood
[editar a fonte]Compañeiro, sobre ese artigo, que en efecto, non hai por onde collelo, o principal do que dixen é que a usuaria que o creou é nova e que hai que deixarlle tempo a ver se é quen de sacar de aí algo "wikipédico". Xa ten recibido todo tipo de indicacións doutros usuarios e cónstame que está en comunicación con algúns deles sobre este tema.
Quéresme dicir que foi túa muller quen escribiu o artigo Orella (doce)? Cun par de fotos, unha división en apartados, unhas ligazóns e unhas interwikis fágoche eu outro igual co papel maché. Xa vin as túas contas sobre os artigos con problemas (logo habereiche consultar algo sobre iso), e precisamente dou a murga porque creo que de aquí pode saír un artigo ao mesmo nivel que moitos que agora non levan marcador ningún: olla para aquí, aquí, aquí, aquí ou aquí se queres ver exemplos.
Sobre a outra cuestión, a da excesiva celeridade cos borrados, concordo contigo en que non debín dicilo, alomenos non na páxina de conversa do artigo, debín expolo nalgún foro máis xeral, tipo taberna ou cousa semellante. Pero insisto en que me parece que as veces os dedos andan demasiado lixeiros sobre os gatillos, pero esta é unha apreciación demasiado persoal, demasiado subxectiva e demasiado vaga para poder sometela a discusión.
Por último, <Clint Eastwood> non te tes que dar por aludido, non son amigo das indirectas, se quixese dicirche algo diríacho claramente </Clint Eastwood>. --Xoacas(Góstache o pemento?) 12:19, 1 marzo 2010 (UTC)
Balón da Champions League, votación para borrar
[editar a fonte]Grazas polo aviso, veño de votar arestora. --Nonso91 12:57, 2 marzo 2010 (UTC)
Mover entradas ao Galizionario
[editar a fonte]- Estouno intentando, pero non o debo estar facendo ben porque ao poñerlle o nome da páxina dime que non hai ningunha páxina para importar. Por exemplo eu poño en Importar páxina desde a ligazón que me deixache http://gl.wiktionary.org/wiki/Especial:Importar e aí escribo por exemplo "http://gl.wikipedia.org/wiki/Acromion" e non mo acepta. Non sei que poño de máis ou de menos. --Xoán Carlos Fraga 12:05, 3 marzo 2010 (UTC)
Hartismo
[editar a fonte]- Deille un toque ao usuario, para que opine. Cómpre agardar. Présa non hai. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 11:32, 4 marzo 2010 (UTC)
- Carafio. Daquela deámoslle dous días de marxe e logo xa se resolve o tema. Prés, insito, non hai. Aínda non pasou unha semana. --Atobar (conversa comigo) 11:40, 4 marzo 2010 (UTC)
Estadísticas.
[editar a fonte]Penso que o cálculo estadístico que fixestes era preciso, hai que buscar o xeito de ter unha perspectiva máis ampla que o día a día de traballar e pouco máis. Estiven facendo catro contiñas coas poucas ferramentas intelectuais que me deu o meu BUP de letras, e algunha conclusión tirei:
Temos un 17,08 % de artigos con algún tipo de problema, que se poden desglosar entre un 15,51 % que están na categoría:wikipedia:En progreso e un 1,57 % que teñen outro tipo de problemas. Por tomar un punto co que se poida facer unha comparación, as contas de Xabier Cid (2008) presentan resultados equiparables: 19,34 % de artigos con problemas, dos cales 17,57 % na categoría:wikipedia:En progreso e 1,77 % con problemas doutro tipo.
Falando con propiedade, a proporción de artigos con problemas ascendeu algo máis de 2 puntos, pero a categoría de artigos en progreso só ascendeu dúas décimas.
Estes matices, manexando centésimas e décimas de centésimas, están ben para os economistas, porque para os seres humanos as cousas están agora como estaban no 2008. O que xa non sei é se a situación é catastrófica ou para congratularse, pero saquei en conclusión que ti a vías pouco satisfactoria, e por máis voltas que lle dou non termino de ver claro o teu punto de vista.
E xa está, que é moi tarde. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:25, 6 marzo 2010 (UTC)
Mover conversa
[editar a fonte]E se quero mover arquivos por mes? Por exemplo, por un lado os de marzo de 2007, por outro os de xaneiro de 2008... Un saúdo e grazas. --Davazpe 14:36, 6 marzo 2010 (UTC)
Ref.
[editar a fonte]Tomo nota. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:34, 14 marzo 2010 (UTC)
- Por certo, xa vin que te apercibiches de que traballei sobre os teus datos e outros doutros usuarios. Hoxe mesmo, subín a análise final (ou case) e xa a tes no sitio, por se che interesa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:22, 14 marzo 2010 (UTC)
Re: Arturo Regueiro
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata, creo que son dúas cousas distintas: Cartografía (ISBN 978-84-86046-65-1), publicado en 1994, foi o poemario que quedou finalista no Esquío e o relato de 1998 foi publicado por Alfaguara no libro Un manantial en la noche y otros relatos : 1er certamen Premio Relatos con Clase (ISBN 978-84-204-4928-9), aparecido en 1999. Iso si, descoñezo se o relato orixinal estaba en galego ou en español. Saúdos. Xas (conversa) 14:18, 19 marzo 2010 (UTC)
Ola. Antes de nada, parabéns polo artigo, esta quedando moi completo. Pero, sobre a interwiki, anque o artigo ligado é o máis próximo a éste na wk.es, se non tratan do mesmo penso que non deberían enlazarse. --Iago dime 13:06, 27 marzo 2010 (UTC)
O rapto de Europa
[editar a fonte]Deixeiche unha preguntiña na páxina de Conversa:O rapto de Europa, a ver que me dis. --Xoacas(góstache o pemento?) 21:44, 27 marzo 2010 (UTC)
Categorías sen categorías
[editar a fonte]Agora me poño con iso :) ─ GallaecioE logo? 11:36, 28 marzo 2010 (UTC)
Acertache! :)
[editar a fonte]- Esquecerame votar, si :). Grazas polo aviso meu. Saúdos! ----☣Banjo tell me 07:10, 29 marzo 2010 (UTC)
- Respondido! Grazas por darlle caña ao artigo :) Un saúdo. --☣Banjo tell me 09:17, 29 marzo 2010 (UTC)
- Eu tamén pronuncieime. Obrigado. Chao. --Xoacas(góstache o pemento?) 14:10, 29 marzo 2010 (UTC)
Imaxe proposta para borrar
[editar a fonte]Do que se falou na páxina de Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Aguiar.jpg, saco en conclusión que eliminando o marco non habería problema para manter a imaxe. Estou errado? De ser certo, a solución será ben doada. --Xoacas(góstache o pemento?) 14:28, 29 marzo 2010 (UTC)
Cŕeditos 'A ciencia ten nome de muller'
[editar a fonte]Grazas polo aviso! --Agremon(contacto) 18:14, 30 marzo 2010 (UTC)
Perdón
[editar a fonte]Ola, gustaríame pedir perdón por tratar de redireccionar a páxina dese xeito, pero é que non consegín facelo doutro modo. Un saúdo e desculpas outra vez se causei algunha molestia.--88.11.185.111 19:25, 30 marzo 2010 (UTC)
- De todos modos, poderías cambialo ti? se non é moita molestia?--88.11.185.111 19:35, 30 marzo 2010 (UTC)
Discusión
[editar a fonte]Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:36, 30 marzo 2010 (UTC)
Los Cafres
[editar a fonte]Por min encantado, pero coido que non podo nin debería facelo xa que coñezo persoalmente a un dos membros da banda. --Beninho 12:11, 31 marzo 2010 (UTC)
- Pode intentarse e que despois se decida se pode ou non pode quedar. De todas formas a información que hai por aí é moi escasa, nas dúas ligazóns que me pasache nin sequera se fala do membro que coñezo, Toni Lápidas, aínda que si sae na foto en branco en negro. Foi dos fundadores da banda e seica tivo que deixala ás poucas semanas da gravación do disco por mor dunha enfermidade do seu fillo. Boterei un ollo e tentarei crear un bosquexo. Un saúdo. --Beninho 12:26, 31 marzo 2010 (UTC)
Ditadura
[editar a fonte]HombreDHojalata: (...) creación de un régimen político basado ideológicamente en el neotradicionalismo, en los conceptos joseantonianos y como coronación la instauración que no restauración de la Monarquía. Cuando todo eso estuviera logrado llegaría el momento del relevo(...). É dicir, si anunciou a instauración dun réxime ditatorial; Outra cousa é que nin Obiang, nin Hitler nin Franco nin Castro se chamasen ditadores a si mesmos. En fin, Galicia Bilingüe chámase bilingüe, e o partido de Berluconi chamase non sei que da liberdade. Hai o que hai. Canto á razón da mudanza, foi para evitar que parecese unha guerra entre dúas forzas, porque a realidade era que por unha banda había un goberno lexítimo e pola outra, os gañadores, un sublevados. Moitas veces estas ambigüidades ao respecto do franquismo veñen dadas na Galipedia por traducións de es.wiki. Se con estes novos datos, queres repoñer a miña edición, ben. E se non, tamén sen problema. Non hai máis onde rañar. --Atobar (conversa comigo) 12:21, 31 marzo 2010 (UTC)
- Non vira esa frase do artigo 1 de abril. Posta queda. --Atobar (conversa comigo) 13:32, 31 marzo 2010 (UTC)
Meses na portada
[editar a fonte]Ben, ben. A min váleme ben, HombreDHojalata. Cambiaría unha soa cousa: o vexa por véxase, por dúas razóns: (1) que vaia acorde co véxase tamén que lle chantamos aos artigos para despois sudividir en outros artigos/ligazóns externas/biliografía... e (2) para que non haxa partes da portada que atúen e outras que usen o tratamento de cortesía. E un miudallo, se o das centrada xuto no medio do recadriño e non tan arriba, mellor que mellor. Cando o teñas listo, de igual xeito que mo comentaches a min, deixa a proposta na páxina de conversa da portada para que opinen os demais. O meu concordo telo. Bo traballo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:19, 31 marzo 2010 (UTC)
- Tes razón. Ando aparvado. --Atobar (conversa comigo) 21:34, 31 marzo 2010 (UTC)
Xoán I de Inglaterra
[editar a fonte]Ola, xa engadín as referencias ó artigo. Grazas por avisar. Un saúdo--AMPERIO 15:17, 2 abril 2010 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Non destrúo o teu traballo, HombreDHojalata. Como deixei dito na páx. de conversa dese artigos non se pode facer tan pesada a lectura cargándoa de imaxes. As imaxes ilustran e alixeiran, pero en ningún caso deben desvirtuar o artigo. Se queres cambiar a imaxe de Alonso por calquera outra tocante aos acontecementos, adiante. A min Alonso nin me vai nin me vén, pero como as outras dúas imaxes (as que considerei máis relevantes) eran de dous norteamericanos, parececeume correcto meter unha de Alonso, malia que nin me guste Alonso nin me guste o automobilismo. En calquera caso, aquí nada está rematado así que se atopas outra imaxe dun acontecemento que creas máis relevante ou acaído, adiante co varal. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:15, 2 abril 2010 (UTC)
- Cito textualmente: Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan.[1]. Por se había dúbidas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:32, 2 abril 2010 (UTC)
- Expuxen o asunto tanto na páx. de conversa do artigo como na Taberna (imaxes). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:57, 2 abril 2010 (UTC)
- Non entendo a que te refires. Que é o que non podes crer? --Atobar (conversa comigo) 20:20, 2 abril 2010 (UTC)
- Expuxen o asunto tanto na páx. de conversa do artigo como na Taberna (imaxes). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:57, 2 abril 2010 (UTC)
Licenza
[editar a fonte]Grazas polo aviso HombreDHojalata. Sei que non debe ser así, pero moitas veces póñome a facer artigos moi de seguido e pasáseme poñelo, pero tentarei poñelo sempre, e poñelo naqueles artigos que me esquecera. Un saúdo e bo traballo.--Adorian (fálame) 11:51, 3 abril 2010 (UTC)
TUSC token b7e9586c0f50286c9cd8a5206d41a73f
[editar a fonte]I am now proud owner of a TUSC account!
Galencontro e skype
[editar a fonte]Boas, onte recibín o teu aviso no skype, xa che agreguei ós meus contactos así que, si funciona ;), poderás participar con iso no encontro. Só tes que estar en liña e un pouco antes de comezar a reunión abrirei a conexión de multiconferencia. Saúdos, --Elisardojm 07:46, 6 abril 2010 (UTC)
Diccionario visual da construcción
[editar a fonte]Grazas pola ligazón, pero non sei que pasa que me da un erro canto intento entrar. De todos os xeitos xa o teño localizado, seguirei probando. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 09:44, 6 abril 2010 (UTC)
Grazas mil. Xoacas(góstache o pemento?) 12:50, 6 abril 2010 (UTC)
RE:Artigos con problemas
[editar a fonte]Claro, sen problemas. Saúdos. --Iago dime 19:02, 6 abril 2010 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]Grazas pola tua mensaxe. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.41.144.43 (conversa • contribucións) 04:08, 8 abril 2010
re: En tradución desde 2006
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata.
Xa o sei.
Un saúdo.-- Fryant 04:23, 9 abril 2010 (UTC)
Fórmula 1: escuadra
[editar a fonte]- A verdade é que o VOLGA non recolle escudería nin escudaría. Escuadra é a solución válida (sinónimo: equipo). Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 10:30, 10 de abril de 2010 (UTC)
Nomes
[editar a fonte]Se andas moi liado coa Lista de nomes femininos en galego, pódome meter eu co de Lista de nomes masculinos en galego, e así pasamos a tarde de sábado, facendo encaixe de bolillos. Espero a túa venia. Xoacas(góstache o pemento?) 17:05, 10 de abril de 2010 (UTC)
- Deixarémolo para mañán, lo. Xoacas(góstache o pemento?) 17:33, 10 de abril de 2010 (UTC)
É unha mágoa, pero o que me pides non é posible. Síntocho. Non podo copiar un historial (manténdoo nesa páxina) no doutra páxina: é dicir, ter dúas páxinas co mesmo historial. Na miña humilde opinión, coido que o mellor é conservar o historial completo nos homónimos, Lista de nomes en galego, convertela en páxina de homónimos dicindo no resumo que se vai dividir en dúas páxinas e crear estas dúas páxinas cos historiais que vaias deixando ao ir modificándoas. Se non entendes algo, dimo que cho volvo explicar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:09, 10 de abril de 2010 (UTC)
- Ben xa está, a lista que tiñas actualmente en Lista de nomes masculinos en galego coa que estabas a traballar consérvase nesta revisión. Terás que crear de novo a páxina e indicar no resumo a división que estás facendo. Vou borrar a páxina cos nomes femininos para que a crees do mesmo xeito tamén. --Toliño Fala aquí comigo 18:19, 10 de abril de 2010 (UTC)
Categorías erróneas abandonadas
[editar a fonte]Ola! Perdoa, o que pasa que pensaba que ao quedarse se artigos deixaba de existir, desculpas. A partir de agora lembrareime de poñelo sempre, tamén mirarei se deixei algunha que aínda non se borrou. Grazas, un saúdo e bo traballo.--Adorian (fálame) 17:44, 11 de abril de 2010 (UTC)
Gracias
[editar a fonte]Pois iso, que gracias pola túa advertencia. Pouco a pouco vaise aprendendo. --Xoacas(non che sinto?) 20:04, 11 de abril de 2010 (UTC)
Se mo pides con eses olliños non podo negarme. --Xoacas(non che sinto?) 20:31, 11 de abril de 2010 (UTC)