Distrito Butaleja
Epónimo | Butaleja (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Butaleja (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua masaba (pt) | ||||
Creación | 1 de xullo de 2005 | ||||
ISO 3166-2 | UG-221 e UG-219 | ||||
Páxina web | butaleja.go.ug |
Butaleja District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Butaleja.
Limita co Distrito Budaka polo norte, co Distrito Mbale polo leste, co Distrito Tororo polo sueste, co Distrito Bugiri polo sur e co Distrito Namutumba polo oeste.
Este distrito entrou en funcións o 1 de xullo de 2005. Anteriormente era coñecido como Condado Bunyole e formaba parte do Distrito Tororo. O grupo étnico predominante no distrito (85%) son os banyole, unha tribo bantú que fala o lunyole. O lunyole foi listado polo Instituto das Linguas de Uganda da Universidade de Makerere entre as linguas minoritarias en perigo de Uganda. A principal comida dos banyole faise cun tipo de millo miúdo e denomínase obusiima. Outro prato tradicional é o mollo de cogomelo.
Outros grupos étnicos do distrito (15%) son os jopadhola, os bagisu, os basoga, os iteso, os karimojong e os bagwere.
Hai dúas municipalidades no distrito; Butaleja, a capital, e Busolwe, onde se atopa o hospital de Busolwe, unha institución pública con 120 camas. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de aproximadamente 157.500 habitantes.
Como a maioría de Uganda, a agricultura de subsistencia é a actividade económica principal do distrito.