Distrito Tororo
Epónimo | Tororo (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Tororo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua adhola Língua nyole (pt) Língua ateso (pt) | ||||
ISO 3166-2 | UG-212 | ||||
Páxina web | tororo.go.ug |
Tororo District é un distrito da Rexión Oriental da Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Tororo.
Limita co Distrito Mbale polo norte, co Distrito Manafwa polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Busia polo sur, co Distrito Bugiri polo suroeste e co Distrito Butalejat polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación estimada de 398.600 persoas.
Hai un gran variedade de etnias, como son os jopadhola, os iteso, os samia, os bagwere e os banyoli. As linguas que se empregan están correlacionadas coas etnias, e así existen as linguas dhopadhola, lusamia, ateso, lugwere e lunyoli. Nos centros urbanos, o inglés, o suahili e o luganda son as linguas habituais.
A agricultura é o piar económico do distrito, e a maioría do que se produce nel é consumido no mesmo. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Tororo District". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 03 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Programa de Desenvolvemento Rural de Orfos de Uganda (con base en Tororo) (en inglés)
- Páxina do Hospital de Tororo