Distrito Pader
Epónimo | Pader (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) | ||||
Capital | Pader (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua acholí | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.362,5 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-312 | ||||
Pader District é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así por Pader, a capital.
Limita co Distrito Lamwo polo noroeste, co Distrito Kitgum polo nordeste, co Distrito Agago polo leste, Distrito Otuke polo sueste, co Distrito Lira polo sur, co Distrito Oyam polo suroeste e co Distrito Gulu polo oeste.[1] Pader, a capital, atópase aproximadamente a 130 km ao nordeste de Gulu, a principal cidade da subrexión.[2].
O distrito é relativamente recente, tendo sido anteriormente parte do Distrito Kitgum. En decembro de 2001, o condado de Aruu e o de Agago foron separados do Distrito Kitgum para formar o Distrito Pader. A cabeceira do distrito, Pader, atópase no centro do distrito. O distrito, canda o de Amuru, o de Agago, o de Gulu, o de Lamwo, o de Nwoya e o de Kitgum, constitúe a subrexión acholi, considerado o territorio histórico dos acholi, e lar dunha poboación dun millón de habitantes.
O censo do ano 2002 dáballe unha poboación estimada ao distrito de aproximadamente 142.320 habitantes. Na maior parte da primeira década dos 2000, a maioría da poboación dentro do distrito viviu en campos de refuxiados, por culpa da Guerra de Resistencia do Señor. Co cesamento de hostilidades entre o LRA e o UPDF no 2006, moita xente dos campos de refuxiados regresaron aos seus lares.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Pader District at Ugandatravelguide.com Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.