Distrito Iganga
Epónimo | Iganga (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Iganga (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua lusoga (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 1.138 m | ||||
ISO 3166-2 | UG-203 | ||||
Iganga District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Iganga.
Limita co Distrito Kaliro polo norte, co Distrito Namutumba polo nordeste, co Distrito Bugiri polo leste, co Distrito Mayuge polo sur, co Distrito Jinja polo suroeste e co Distrito Luuka polo oeste.
O distrito atópase na zona sur do leste de Uganda, sobre uns 25 km ao norte do Lago Vitoria. Atópase a unha altitude de 1.138 m sobre o nivel do mar e xusto ao norte do Ecuador. Atópase partido pola principal estrada da África Oriental que vai desde Kenya até Kampala, a capital ugandesa, como tamén aos países da África Central de Ruanda, Burundi e a República Democrática do Congo. Forma parte da subrexión Busoga, lar duns dous millóns e medio de persoas.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada duns 335.500 habitantes.
A lingua tradicional de Busoga é o lusoga, amplamente usado, que é unha lingua bantú, próxima ao luganda, que é amplamente usado na Uganda Central e nos medios.
Economicamente, o distrito está marcado polo seu carácter rural, practicando a maioría dos habitante agricultura de subsistencia.