Saltar ao contido

Distrito Mayuge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Mayuge

EpónimoMayuge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°15′S 33°35′L / -0.25, 33.58
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalMayuge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua lusoga (pt) Traducir
Kenyi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie9.948,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.350 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-214 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmayuge.go.ug Editar o valor en Wikidata

Mayuge District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Mayuge.

Limita co Distrito Iganga polo norte, co Distrito Bugiri polo nordeste e leste, co Distrito Namayingo polo leste, coa República de Tanzania polo sur, e co Distrito Jinja polo leste.

Antes do ano 2000, o Distrito Mayuge era denominado Bunya County e formaba parte do Distrito Iganga. Este distrito, canda Iganga, Kamuli, Jinja, Kaliro e Bugiri, constitúe o Reino Busoga.

7.660,4 km2 da superficie total son augas do Lago Vitoria, que representa un 77% do total do territorio. Outro 10% é bosque protexido. En total ten unha área de 9.948,6 km2.

O distrito ten moitas illas que están ocupadas de xeito permanente ou migratorio por pescadores. Entre estas illas están Seguti, Dagusi, Vumba, Kaza, Nambuga e Simu.

A poboación segundo o censo do ano 2002 estaba estimada en 326.600 habitantes.

A súa economía baséase no seu potencial agrícola, dado as súas fértiles terras e ao seu clima, aínda que sen pasar do nivel da subsistencia. A pesca tamén é outra actividade amplamente practicada, que, de certo, é a actividade que xera máis ingresos. Nas súas augas péscanse percas do Nilo, tilapias, clarias, protopterus, mukenes... Recentemente, a produción de mel, tamén se tornou en actividade a destacar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]