Distrito Namutumba
Epónimo | Namutumba (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Namutumba (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua gwere (pt) Língua ateso (pt) Língua lusoga (pt) Língua masaba (pt) | ||||
ISO 3166-2 | UG-224 e UG-222 | ||||
Namutumba District, ás veces referido tamén como Busiki District[1] é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Namutumba. O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito en 169.200 habitantes. A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.
Limita co Distrito Pallisa polo norte, co Distrito Kibuku polo nordeste, co Distrito Butaleja polo sueste, co Distrito Bugiri polo sur, co Distrito Iganga polo suroeste e co Distrito Kaliro polo noroeste.
Foi creado no ano 2005 polo parlamento, tornándose operacional o 1 de xullo de 2006. Anteriormente formaba parte do Distrito Iganga e era coñecido como Condado Busiki. O Distrito Namutumba forma parte da subrexión Busoga, canda os distritos Bugiri, Buyende, Iganga, Jinja, Kaliro, Kamuli, Luuka, Mayuge e Namayingo. Segundo o censo do ano 2002, esta subrexión era lar de dous millóns e medio de persoas.
O Distrito Namutumba divídese nas seguintes unidades administrativas:
- Sub-condado Bulange
- Sub-condado Ivukula
- Sub-condado Kibaale
- Sub-condado Magada
- Sub-condado Namutumba
- Concello de Namutumba
- Sub-condado Nsinze