Saltar ao contido

Distrito Kamuli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Kamuli

EpónimoKamuli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°00′N 33°10′L / 1, 33.17
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalKamuli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaKumam (en) Traducir
Língua langu (pt) Traducir
Língua ateso (pt) Traducir
Língua lusoga (pt) Traducir
Kenyi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.301,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.100 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-205 Editar o valor en Wikidata

Kamuli District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Kamuli.

Limita co Distrito Buyende polo norte, co Distrito Luuka polo leste, co Distrito Jinja polo sur e co Distrito Kayunga polo oeste.

No ano 2002 o Distrito tiña unha poboación estimada dunhas 712.000 persoas. Tiña unha área de 4.301,5 km².

No ano 2006, o Distrito Kaliro, cunha poboación estimada de 153.513 persoas no 2002, saíuse deste distrito para formar un diferente, polo que deixaba ao distrito cuns 558.487 habitantes. No 2010, o Distrito Buyende, que no 2002 tiña unha poboación de aproximadamente 191.266 habitantes, foi tamén sacado deste distrito para formar outro, polo que, facendo cálculos, o actual terreo do Distrito Kamuli, no ano 2002 tería 372.221 habitantes.

O Distrito posúe unha sociedade multiétnica, sendo o principal grupo étnico o basoga, que abrangue o 76% da poboación. O pobo iteso abrangue o 3,9% e o banyoro e o bagungu conxuntamente fan o 1,8% da poboación. O resto, o 18,3% estaría feito doutros grupos étnicos. A principal lingua do Distrito é o lusoga, como tamén o luganda e o inglés.

O distrito forma parte da subrexión Busoga que é coincidente co Reino de Busoga, que no 2002, era lar de 2,5 millóns de persoas.

As principais actividades económicas do lugar son a pesca polo río Nilo, a gandaría, a agricultura, a acuicultura, a apicultura e a venda nas feiras dos centros urbanos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]