Distrito Sembabule
Epónimo | Sembabule (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Central (pt) | ||||
Capital | Sembabule (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 184.178 (2002) (74,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.470,5 km² | ||||
Altitude | 1.200 m | ||||
ISO 3166-2 | UG-111 | ||||
Páxina web | sembabule.go.ug |
Sembambule District é un distrito da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Sembabule.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Limita co Distrito Mubende polo norte, co Distrito Gomba polo nordeste, co Distrito Bukomansimbi polo leste, co Distrito Lwengo polo sur, co Distrito Lyantonde polo suroeste e co Distrito Kiruhura polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 180.000 persoas.
O Distrito Sembabule formouse a partir dun anaco do Distrito Masaka en 1997. A gandaría e, a pesar das súas relativamente baixas precipitacións, a agricultura, son os principais piares económicos do distrito. Así mesmo, tamén existe unha incipiente acuicultura in crescendo.
Na contorna de Bwera, hai un lugar coñecido como Bigo bya Mugenyi, que parece ser a localización dun asentamento datado da Idade de Ferro (1200 - 1000 adC). As escavacións no lugar sacaron á luz follas de ferro (probablemente para segas), cerámicas con ornamentacións simples, estrume de gado e buratos para estacas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial gobernamental
- Información sobre o distrito Arquivado 01 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)