Saltar ao contido

Fillas de Breogán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fillos de Breogán
NomeA Coruña Fillas de Breogán
Alcume(s)Fillas
Fundación2010
SedeA Coruña, Galicia Galicia
Estadio(s)Cidade Deportiva da Torre de Hércules
Capacidade1 500 espectadores
Liga(s)Liga Ibérica
Liga Galega de Fútbol Gaélico
Casa
Fóra
Na rede
http://www.fillosdebreogan.com/

A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA, máis coñecido como Fillas de Breogán é un equipo feminino de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Igual que o equipo masculino, os Fillos de Breogán, o equipo foi fundado en 2010, sendo o primeiro equipo feminino de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.

En 2015 debutou no Campionato Paneuropeo disputado na Estrada, repetindo nas edicións de 2017 (Maastricht), 2019 (Viena), 2022 (A Coruña), 2023 (A Haia) e 2024 (Lión).

Ao longo da súa historia o equipo conseguiu numerosos títulos, salientando os tres títulos no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico (todos eles conseguidos de xeito consecutivo), ou os dous títulos na categoría "Intermediate" do Campionato Paneuropeo en 2019 e 2024, así como diversos títulos nas competicións organizadas pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. As Fillas de Breogán son o único equipo galego que se alzou co campionato ibérico, así como o único que conseguiu un título continental de fútbol gaélico.

En 2015 debutou no Campionato Paneuropeo que se celebrou na localidade galega da Estrada.[1]

O 3 de xuño de 2017 o equipo revalidou o título ibérico ao gañar a fase final do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico que se disputou na Cidade Deportiva Municipal da Torre da Coruña, e na que todos os equipos participantes foron galegos, coa excepción das Madrid Harpettes. As coruñesas superaron a fase de grupos, o que lles deu o pase á final, na que se impuxeron ás Irmandinhas da Estrada.[2]

O equipo das Fillas de Breogán coa copa do Torneo Paneuropeo en 2019.

En outubro de 2019 chegou o primeiro título continental do equipo logo de conquistar a Copa Intermediate do Campionato Paneuropeo que se celebrou en Viena (Austria) no marco dos Gaelic Games Europe. As Fillas contaron todos os seus partidos por vitorias, tanto na fase de grupos, na que se impuxeron aos equipos das Prague Hibernians, Vienna Gaels e Cumann Garszawa, como nas semifinais fronte ás Munich Colmcilles, e na final fronte a unhas das grandes favoritas a alzarse co título, as francesas do Paris Gaels.[3]

Logo do campionato no Paneuropeo de 2019 a competición parou durante dous anos pola pandemia de COVID-19. A competición continental regresou en 2022, cando A Coruña organizou o campionato, do que se acabaron proclamando campioas as xogadoras do Belgium GAA ‘B'.[4]

En 2024 o equipo coruñés trasladouse a Lión para disputar unha nova edición do Campionato Paneuropeo que se celebrou na cidade francesa o 19 de outubro e que supuxo a súa sexta participación na competición continental.[1] As Fillas conseguiron o seu segundo título continental na categoría "Intermediate" logo de clasificarse como segundas de grupo logo de impoñerse ao Brest (17-4) e ao Clermont (11-4), e perder co Nantes (10-13). Nas semifinais as coruñesas derrotaron ao Copenhague, un equipo que adoitaba disputar as finais, ao que derrotaron por 10-8. No partido decisivo se enfrontaron novamente ao Nantes, que se proclamara campión en varias edicións anteriores, ao que se impuxeron por igualmente por 10-8.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "O equipo coruñés Fillas de Breogán viaxa a Lyon para disputar o Paneuropeo de fútbol gaélico". DxT (en castelán). 14 de outubro de 2024. Consultado o 19 de xaneiro de 2025. 
  2. "Madrid Harps y Fillas de Breogán, vencedores". DxT (en castelán). 3 de xuño de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2025. 
  3. "As Fillas de Breogán conquistan o Paneuropeo de fútbol gaélico". Nós Diario. 27 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2025. 
  4. "Ladies Football (9-a-side)" (en inglés). gaelicgameseurope.com. Consultado o 19 de xaneiro de 2025. 
  5. Ameneiro, Raúl (21 de outubro de 2024). "Las coruñesas Fillas de Breogán se proclaman campeonas del Paneuropeo de fútbol gaélico". El Español (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2025. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "COMPETICIÓNS". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Consultado o 11 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]