Saltar ao contido

Henrique de Trastámara (infante de Aragón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenrique de Trastámara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1400 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Medina del Campo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1445 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Calatayud, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Poblet Editar o valor en Wikidata
31º Conde de Empúries
1436 – 1445
← Afonso V de AragónHenrique de Aragão e Pimentel (pt) Traducir →
38º Gran Mestre da Orde de Santiago
1409 – 1445
Lord lordship of Segorbe (en) Traducir
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncabaleiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor de Segorbe
Duke of Villena (en) Traducir
Infante of Aragón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz Pimentel (1444 (Gregoriano)–)
Catarina de Castela e Lancaster (1420 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosHenrique de Aragão e Pimentel
 () Beatriz Pimentel Editar o valor en Wikidata
PaisFernando I de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Leonor Urraca de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsLeonor de Aragón
María de Aragón
Sancho of Aragon
Pedro de Aragón, conde de Alburquerque
Afonso V de Aragón
Xoán II de Aragón Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1777510 WikiTree: Aragon-81

Henrique de Trastámara, nado en Medina del Campo, Reino de Castela en 1400 e finado en Calatayud, Reino de Aragón o 15 de xuño de 1445, a causa das feridas recibidas na batalla de Olmedo), foi un nobre castelán e infante de Aragón, que ostentou diversos títulos dos reinos de Castela e de Aragón, e que foi mestre da Orde de Santiago até a súa morte.[1][2][3][4]

Foi fillo de Fernando de Antequera e da súa esposa Leonor de Alburquerque,[1][2][3][4] filla segundoxénita do infante de Castela e conde de Alburquerque, Sancho Afonso,[5] e da súa muller Beatriz de Portugal.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Herique foi o terceiro fillo do daquela infante castelán Fernando de Antequera, futuro rei de Aragón tras o Compromiso de Caspe (co nome de Fernando I),[1] e de Leonor de Alburquerque. Pese a iso, e grazas ás posesións legadas pola súa familia, o seu principal campo de acción estivo no Reino de Castela, onde, segundo os plans de seu pai, debería ser a cabeza visíbel da familia, dado que o seu irmán primoxénito Afonso herdaría o trono de Aragón (Afonso V), e o segundo irmán, Xoán, acabaría srendo rei de Navarra (Xoán II de Navarra).

Seguindo as disposicións paternas, Henrique entrou moi novo na corte castelá do seu primo irmán o xove rei Xoán II de Castela, en cuxo Consello Real tiña un posto asegurado polo testamento do su tío Henrique III o Doente.

Ben pronto, á morte en 1409 de Lorenzo Suárez de Figueroa, mestre da Orde de Santiago, seu pai logrou, pese ás prevencións da súa cuñada a raíña nai Catarina de Lancaster, e pese a ter soamente nove anos de idade, que os freires aceptaran ao pequeno Henrique como o seu sucesor.[1]

En 1416, cando tiña dezaseis anos, morreu seu irmán Sancho, o mestre neno da Orde de Alcántara, sendo sucedido por Xoán de Sotomaior (1416 - destituído en 1432), o factotum efectivo na administración da Orde de Alcántara, quen tivo moito coidado de non molestar ao infante Herique, o mestre neno da Orde de Santiago, pese á morte ese mesmo ano do influiente pai de ambos os infantes, o rei Fernando I de Aragón.

Morta tamén a raíña nai Catarina de Lancaster e apenas xurado Xoán II nas Cortes de Madrid, a ambición de Henrique e a convicción de que a debilidade do seu primo para o cargo era insuperábel, fíxoo aspirar a controlar o poder castelán de forma case completa. Para iso non dubidou en opoñerse ao rey mesmo coas armas, en forzar a política por medio de alianzas con poderosos nobres e en protagonizar o golpe de Tordesillas, por medio do cal exerceu o poder desde o 14 de xullo de 1420.[7]

En novembro daquel mesmo ano Hernique casou en Talavera de la Reina coa súa curmá a infanta Catarina, irmá máis nova do rei castelán e V Duquesa de Villena, matrimonio que acrecentou o seu poder, de xeito que o rei empezou a temer polo seu trono. Xoán II tivo que buscar o apoio dun cortesán de segundo nivel, Álvaro de Luna, con quen fuxiu desde Talavera a noite do 29 de novembro de 1420, ao castelo de La Puebla de Montalbán, onde se fixeron fortes.

Henrique, axudado polo entón condestábel de Castela Ruy López Dávalos e algúns outros nobres, como Íñigo López de Mendoza y de la Vega, marqués de Santillana, e señor de Hita e Buitrago, puxo cerco ao castelo exixindo a entrega do rei, a quen consideraba secuestrado por Álvaro de Luna. Pasados uns días, producíronse baixas nos sues apoios e viuse obrigado a levantar o cerco e fuxir.

Mentres o condestábel Ruy López Dávalos e a esposa de Henrique, a infanta Catarina, fuxían a Aragón, Henrique foi arrestado e, acusado de traizón, posto en prisión no castelo de Mora polo seu primo Xoán II e o seu xa afianzado valido Álvaro de Luna. Grazas á presión diplomática do seu irmán Afonso V de Aragón (que mesmo ameazou con in vadir Castela), foi posto en liberdade e se lle restitiíron todos os seus títulos, marchando, porén, ao exilio.

Máis tarde, xa en 1427, caído en desgraza Álvaro de Luna, Henrique recuperou o seu antigo poder e regresou a Castela coa súa esposa r lle reclamou ao rei, para ela, a parte da herdanza que lle correspondía do seu sogro, o rei Henrique III de Castela. Xoán II doulles as vilas de Trujillo, Alcaraz e Andújar, e de seiscentos peiteros en terras de La Alcarria, que se traduciron, en marzo de 1428, na cesión adicional de doce aldeas.

En xuño de 1429, os seus irmáns os reis de Aragón e Navarra declararon a guerra a Castela, e os seus exércitos unidos entraron até Jadraque. Sen chegar a iniciar batalla retiráronse aos poucos días debido á intercesión da irmá de todos eles María de Aragón, esposa do rei de Castela.

Henrique tivo que volver ao exilio e pasou ao reino de Nápoles, onde residía daquela o seu irmán Afonso V de Aragón, e alí estivo involucrado en agosto de 1435 na xornada de Ponza, retratada maxistralmente polo marqués de Santillana. Apresado naquela batalla quedou encarcerado, xunto aos seus irmáns os reis de Aragón e Navarra, no castelo de San Vicente de Nápoles, até xaneiro de 1436, data en la que os Infantes de Aragón lograron negociar a súa liberdade.

Tras a súa derradeira volta a Castela, aproveitando a rebelión nobiliaria de 1438, participou outra vez activamente nas loitas políticas chegando, de novo, ao enfrontamento armado co seu primo o rei.

En outubro de 1439 faleceu a súa esposa Catarina de parto, e Henrique volveu a casar pouco despois con Beatriz Pimentel.

Volta a ser invadida Castela por navarros e aragoneses, Henrique participou activamente na batalla de Olmedo, en maio de 1445. Alí foi ferido nunha man, ferida que se infectou e, ao cabo de poucas semanas faleceu en Calatayud, Reino de Aragón. Está enterrado no Mosteiro de Poblet.

Así pasou polo mundo este infante, o único dos infantes de Aragón que non chegou a reinar. Existe, porén, unha teoría historiográfica defendida por Emilio Cabrera, que di que antes da súa morte houbo un plan apoiado polo infante Xoán II de Aragón (tamén rei de Navarra), polo cal a metade sur do Reino de Castela sería separada para ser outorgada a Henrique co título de rei (ou de vicerrei), quedando a metade norte para o rei Xoán II de Castela baixo a tutela do seu primo o rei de Navarra.

Pese a todo, Henrique deixou a súa fama impresa nas páxinas dos mellores escritores daquel século prerrenacentista: o preclaro poeta castelán Jorge Manrique inmortalizouno nas célebress Coplas a la muerte de su padre, e o marqués de Santillana na súa Comedieta de Ponza.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu segundo matrimonio con Beatriz Pimentel deixou un fillo póstumo:

Antepasados de Henique de Trastámara

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Afonso XI de Castela (=12)
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Guzmán (=13)
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Don Juan Manuel
 
 
 
 
 
 
 
9. Xoana Manuel de Villena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Blanca Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
 
2. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Teresa de Entenza
 
 
 
 
 
 
 
5. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
11. Leonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
1. Infante Henrique de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Afonso XI de Castela (=16)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Constanza de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
6. Sancho de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Pedro Núñez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
13. Leonor de Guzmán (=17)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Xoana Ponce de León
 
 
 
 
 
 
 
3. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Afonso IV de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
14. Pedro I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Beatriz de Castela
 
 
 
 
 
 
 
7. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Pedro Fernández de Castro
 
 
 
 
 
 
 
15. Inés de Castro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Aldonza Lorenzo de Valladares
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Lorenzo Suárez de Figueroa

Mestre da Orde de Santiago

1409 - 1445
Sucesor:
Álvaro de Luna
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Reis de Aragón (en inglés).
  2. 2,0 2,1 Casa de Ivrea- xenealoxía Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. 3,0 3,1 Henrique de Aragón (en inglés).
  4. 4,0 4,1 Ferdnando I de Aragón Arquivado 09 de agosto de 2004 en Wayback Machine. Genealogie Mittelalter (en alemán).
  5. Sancho Afonso era fillo do rei de Castela e León, Afonso XI, e da súa amante Leonor de Guzmán.
  6. Beatriz de Portugal era filla do rei de Portugal Pedro I e da súa amante e despois muller secreta, Inés de Castro.
  7. González Sánchez, Santiago (2013): "Un «golpe de estado» y sus consecuencias: el gobierno del infante don Enrique en Castilla (julio-diciembre de 1420)" En la España Medieval, vol. 36, pp. 155-181.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Benito Ruano, Eloy (1952): Los Infantes de Aragón. Madrid: Real Academia de Historia. ISBN 84-7846-781-5.
  • Cabrera Muñoz, Emilio (2001). "Andalucía y los Infantes de Aragón". Acta histórica et archaeológica medieaevalia (22): 699–720. ISSN 0212-2960. 
  • González Sánchez, Santiago (2013): "Un «golpe de estado» y sus consecuencias: el gobierno del infante don Enrique en Castilla (julio-diciembre de 1420)", En la España Medieval, vol. 36, pp. 155–181.
  • Suárez Fernández, L. (1964): "Los Trastámaras de Castilla y Aragón en el siglo XV (1410-1474), en Ramón Menéndez Pidal, Historia de España. Tomo XV. Madrid: Espasa-Calpe, S. A.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]