Saltar ao contido

Departamento de Reunión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Réunion»)
Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Reunión
La Réunion (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Florebo quocumque ferar (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°06′52″S 55°31′57″L / -21.114444444444, 55.5325
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalSaint-Denis Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación871.157 (2021) Editar o valor en Wikidata (346,8 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
crioulo de Reunião (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.512 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPiton des Neiges (pt) Traducir (3.070 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación21 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoHuguette Bello (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.re Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+262 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísRE Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-974 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFRA4 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE974 Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir04 Editar o valor en Wikidata

Páxina webregionreunion.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: regionreunion Twitter: Region_Reunion Instagram: region_reunion BNE: XX453565 Editar o valor en Wikidata

Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique. A súa capital é Saint-Denis.

Ten estatuto de rexión administrativa, así como Martinica, Guadalupe e Güiana.

Coa creación do seu parque nacional, a illa foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o luns 2 de agosto de 2010. Nomeouse como Os pitóns, circos e escarpas da Illa da Reunión.

Xunto á Illa Mauricio (ex-colonia francesa antes chamada Île de France) conforma o arquipélago das Illas Mascareñas. Os navegantes árabes chamárona Dina Morgabin (Illa occidental). Cando chegaron os portugueses en 1513 atopárona deshabitada e chamárona Santa Apolonia.

En 1638 foi ocupada por Francia. En 1642, por decreto do rei Lois XIII a illa pasa a chamarse Île Bourbon. Durante a Revolución francesa recibiu o seu nome actual.

Desde os séculos XVII a XIX, a inmigración francesa completouse con aquelas provenientes de África, a China, Malaisia e a India, dándolle á poboación o carácter diverso que hoxe ten. A apertura da Canle de Suez en 1869, restou importancia estratéxica á illa como base de aprovisionamento na ruta marítima a Asia.

A Reunión converteuse en Departamento de Ultramar o 19 de marzo de 1946.

Política

[editar | editar a fonte]

Administrativamente, Reunión divídese en 24 communes (concellos) agrupados en catro arrondissements (distritos). Tamén se subdivide en 25 cantóns, que só teñen sentido para fins electorais a nivel departamental ou rexional.[1] É un departamento francés de ultramar, e tamén unha rexión de Francia. Constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. A súa capital, San Denis, está situada no extremo norte da illa. O baixo número de "comunas", en comparación cos departamentos metropolitanos franceses de tamaño e poboación semellantes, é único: a maioría das súas "comunas" abarcan varias localidades, ás veces separadas por distancias significativas.

Concellos (comunas)

[editar | editar a fonte]
Nome Área (km2) Poboación Escudo de armas Distrito Mapa
Bras-Panon 88.55 12,768 Saint-Benoît
Cilaos 84.4 5,492 Saint-Pierre
Entre-Deux 66.83 6,914 Saint-Pierre
L'Étang-Salé 38.65 14,108 Saint-Pierre
La Plaine-des-Palmistes 83.19 6,568 Saint-Benoît
La Possession 118.35 32,633 Saint-Paul
Le Port 16.62 33,531 Saint-Paul
Le Tampon 165.43 79,385 Saint-Pierre
Les Avirons 26.27 11,246 Saint-Pierre
Les Trois-Bassins 42.58 7,076 Saint-Paul
Petite-Île 33.93 12,308 Saint-Pierre
Saint-André 53.07 56,747 Saint-Benoît
Saint-Benoît 229.61 37,274 Saint-Benoît
Saint-Denis 142.79 150,535 Saint-Denis
Saint-Joseph 178.5 37,517 Saint-Pierre
Saint-Leu 118.37 34,196 Saint-Paul
Saint-Louis 98.9 53,589 Saint-Pierre
Saint-Paul 241.28 103,492 Saint-Paul
Saint-Philippe 153.94 5,149 Saint-Pierre
Saint-Pierre 95.99 84,961 Saint-Pierre
Sainte-Marie 87.21 33,234 Saint-Denis
Sainte-Rose 177.6 6,296 Saint-Benoît
Sainte-Suzanne 58.84 23,718 Saint-Denis
Salazie 103.82 7,224 Saint-Benoît
O Tribunal Superior (Tribunal de grande instance) de Saint-Denis, Reunión.

Dependencias

[editar | editar a fonte]

As seguintes illas e arquipélagos son dependentes de Reunión:

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten 63 quilómetros de leste a oeste e 45 de norte a sur, cunha superficie total de 2150 km². Está por riba dun punto quente na codia terrestre. O Pitón da Fournaise, un volcán en escudo activo no extremo leste da illa da Reunión, elevase máis de 2631 m. sobre o nivel do mar e ás veces chámase irmá dos volcáns hawaianos debido á semellanza do clima e da natureza volcánica. Entrou máis de 100 veces en erupción desde 1640 e está baixo un seguimento constante, a máis recente o 2 de abril de 2020.[2] Durante outra erupción en abril de 2007, o fluxo de lava estimouse en 3,000,000 m³ por día.[3] O punto quente que alimenta Piton da Fournaise tamén creou as illas de Mauricio e Rodrigues.

O volcán Piton des Neiges, o punto máis alto da illa con 3070 m. sobre o nivel do mar, está ao noroeste do Piton da Fournaise. As caldeiras e canóns colapsados ​​están ao suroeste da montaña. Aínda que o Piton da Fournaise é un dos volcáns máis activos da Terra, o Piton des Neiges está latente. O seu nome é francés para "pico das neves", pero as nevadas no cumio da montaña son raras. As ladeiras de ambos os volcáns están cubertas de bosque tropical. As terras cultivadas e cidades como a capital de Saint-Denis concéntranse nas terras baixas costeiras circundantes. Alén da costa, parte da costa oeste caracterízase por un sistema de arrecifes de coral da Illa da Reunión. A Reunión ten tamén tres caldeiras ou circos: o Cirque de Salazie, o Cirque de Cilaos e o Cirque de Mafate. Ao último só se pode acceder a pé ou en helicóptero.

Xeoloxía e relevo

[editar | editar a fonte]

A illa da Reunión é unha illa volcánica que naceu hai uns tres millóns de anos[4] coa aparición do volcán Piton des Neiges que é hoxe, cunha altitude de 3.070,50 m, o pico máis alto das Illas Mascareñas e o océano Índico. A parte oriental da illa está constituída polo Pitón da Fournaise, un volcán moito máis recente (500.000 anos de antigüidade) que está considerado un dos máis activos do planeta. A parte emerxida da illa representa só unha pequena porcentaxe (un 3%) da montaña submarina que a forma.

Ademais do vulcanismo, o relevo da illa é moi irregular debido á erosión activa. O centro alberga tres vastos circos escavados pola erosión (Salazie, Mafate e Cilaos) e as abas da illa están surcadas por numerosos ríos que cavan barrancos, estimados en polo menos 600,[5] xeralmente profundos e cuxos torrentes cortan as laterais das montañas ata varios centos de metros de profundidade.

O antigo macizo do Pitón des Neiges está separado do macizo de La Fournaise por unha brecha formada pola chaira des Palmistes e a chaira des Cafres, un paso entre o leste e o sur da illa. Ademais das chairas, as zonas costeiras son xeralmente as rexións máis planas, especialmente no norte e oeste da illa. Non obstante, a costa do sur salvaxe é máis empinada.

Entre a franxa costeira e os Hauts, hai unha empinada zona de transición cuxa pendente varía considerablemente antes de chegar ás dorsais que establecen os circos ou o Enclos, a caldeira do Piton da Fournaise.

Economía

[editar | editar a fonte]

O azucre de cana é o principal cultivo e produto exportado.

A Reunión depende da importación de comida e de enerxía. Ademais, o desemprego representa un serio problema. O seu Produto Interior Bruto por habitante é considerablemente inferior ao de Francia metropolitana. Por iso benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación está composta nun 50% de descendentes africanos e malgaxes, un 25% de orixe asiática, sobre todo támiles, sendo o resto mestizos e europeos. A poboación e a agricultura concéntranse nas zonas costeiras. Conta con case 800 000 habitantes.

Na literatura contemporánea

[editar | editar a fonte]

En 2014 a Editorial Galaxia publicou a novela A Diagonal dos Tolos, de Santiago Lopo, cuxa trama acontece integramente na illa de Reunión. No libro relátase o pasado escravista da illa utilizando o percorrido do ultramaratón coñecido como “La Diagonale des Fous”. A obra gañou o Premio Narrativa Breve Repsol en 2014. [6]

Mapa da Illa de Reunión.
Vista de satélite.
  1. /metadonnees/cog/departement/DEP974-la-reunion "Département de La Reunion (974) – Code Officiel Géographique" |url= incorrecto (Axuda). INSEE. Consultado o 12 Novembro de 2021. 
  2. [1] Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Le Piton du Confinement on clicanoo.com
  3. Thomas Staudacher (7 de abril de 2007). "Reunion sees 'colossal' volcano eruption, but population safe". AFP. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2007.  (Web archive)
  4. Emmanuel Tessier, Saint Denis, Thèse de doctorat sous la direction de Pascale Chabanet et Catherine Aliaume, 2005, 254 p
  5. Guy Dupont, Condé-sur-Noireau, L'Harmattan, juin 1990, 759 p. ISBN 2-7384-0715-3 p. 100.
  6. https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/santiago-lopo-gana-repsol-diagonal-tolos/20140926213904030933.html Arquivado 26 de maio de 2019 en Wayback Machine. "Santiago Lopo gaña o Repsol con “A diagonal dos tolos”, Sermos Galiza, 26/9/2014.