Zona especial de conservación do Río Anllóns
- Véxase tamén: Río Anllóns.
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cabana de Bergantiños, España, Ponteceso, España, Coristanco, España e Carballo, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 162,74342 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349688 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.[1][2][3][4][5]
Hábitats
[editar | editar a fonte]O espazo natural do río Anllóns conta con encostas ou rochedos silíceos nas súas marxes, coa súa vexetación pioneira e propia deses rochedos. Ten chairas de ribeiras lamacentas con vexetación acuática. Nas súas zonas de subestepa dominan as gramíneas anuais. Algúns prados están sobre de substratos calcáreos ou de turbeira, con arxila ou lima.[4] As zonas húmidas en penumbra e con solo nitroxenado e os prados pobres de sega son outros hábitats presente no espazo. Os bosques de ribeira son principalmente de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Tamén de carballeiras, como das especies Quercus robur e Quercus pyrenaica. Conta con zonas de queirogais.[4]
-
Cabeceira do río en Verdes, Coristanco.
-
Carballeira na ribeira do río Anllóns en Verdes, Corsitanco.
-
Río Anllóns ao seu paso por Carballo.
-
A chegada do río á ría de Corme e Laxe, onde se ve o esteiro da ría en Ponteceso.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]As especies da flora catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
-
Alnos, Alnus glutinosa, na cabeceira do río.
-
Freixos comúns, Fraxinus excelsior, na cabeceira do río.
-
Vexetación acuática no río Rosende á sombra da Ponte Lubiáns en Coristanco.
Fauna
[editar | editar a fonte]Invertebrados
[editar | editar a fonte]As especies de invertebrados catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Geomalacus maculosus |
Hirudo medicinalis |
Lucanus cervus |
Peixes
[editar | editar a fonte]As especies de peixes catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Chondrostoma duriense |
Petromyzon marinus |
Anfibios
[editar | editar a fonte]As especies de anfibios catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Rana temporaria subsp. parvipalmata |
Alytes obstetricans |
Bufo calamita |
Chioglossa lusitanica |
Discoglossus galganoi |
Hyla arborea |
Rana iberica |
Rana perezi |
Rana temporaria |
Triturus marmoratus |
Réptiles
[editar | editar a fonte]As especies de réptiles catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Coronella austriaca |
Lacerta schreiberi |
Aves
[editar | editar a fonte]As especies de aves catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Mamíferos
[editar | editar a fonte]As especies de mamíferos catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Galemys pyrenaicus |
Genetta genetta |
Lutra lutra |
Mustela putorius |
Pipistrellus pipistrellus |
Rhinolophus ferrumequinum |
Rhinolophus hipposideros |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de diciembre de 2004, páginas 1 a 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 ". Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017.