Saltar ao contido

Bandeira de Azawad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Azawad
Bandeira de Azawad
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción6 de abril de 2012
Cores     Verde     Vermello     Negro     Amarelo

A bandeira de Azawad, un estado non recoñecido que declarou a súa independencia de Malí o 6 de abril de 2012, componse de 3 franxas horizontais de cor verde, vermella e negra, cun triángulo amarelo pegado ó mastro. É a mesma bandeira que a do Movemento Nacional de Liberación de Azawad.

O deseño baséase na bandeira de Palestina coas cores panafricanas.[1]

Durante as anteriores rebelións tuareg, propuxéronse dúas bandeiras distintas para Azawad. Unha delas era horizontal bicolor azul e branco cun triángulo vermello, e a outra era unha bandeira branca lisa coa lúa crecente e estrela azuis.[2]

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]
  1. sahelsounds (8 de febreiro de 2012). "#occupyazawad" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]