Este foi un single que Ayumi fixo exclusivamente por unha obra benéfica para Unicef co seu lema do ano 2002 "Let it be peace in the world", e a canción tamén foi promocionada para un produto da compañía Panasonic, dentro do seus comerciais de televisión. "Daybreak" é o último single que foi lanzado en formato maxi single de máis de 4 o 5 cancións, e o último para o que foron incluídos cantidades masivas de remixes. Incluíu remixes de varias cancións do álbum "I am...", máis unha versión estendida do instrumental "Opening Run".
O vídeo musical feito para "Daybreak" é sen lugar a dúbidas un dos máis simples, e que quizais menos traballo custou. Só foi utilizada unha cámara durante todo o vídeo, e non houbo ningún tipo de edición; Ayumi estivo cantando a súa canción sen cortes dende o principio ata o final do vídeo. A localización exacta do vídeo é descoñecida, pero foi gravado nunha estrada, ó parecer de madrugada preto do amencer.