Saltar ao contido

I am...

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I am...
Álbum de Ayumi Hamasaki
Publicado1 de xaneiro de 2002
Gravación2000 - 2001
Duración70 min 53 s
Xénero(s)J-Pop, Pop/Rock
Selo(s)avex trax
ProdutorMax Matsuura
Cronoloxía
Cyber trance presents Ayu trance I am... Ayu-mi-x 4 + selection Non-Stop Mega Mix Version
Na rede
Spotify: 6b4kTS1ynBp5cnXasBxhsM Discogs: 91612 Allmusic: mw0001257019 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

I am… é o cuarto álbum de estudio lanzado pola cantante Ayumi Hamasaki oficialmente o 1 de xaneiro do ano 2002. Neste álbum pódese notar por primeira vez o cambio no contido das letras da artista, dende sentimentos de soidade, temor e tristeza expresados nos seus anteriores traballos, este contén letras moito máis esperanzadoras e en xeral, máis positivas, cambiando un pouco o enfoque musical da artista tamén.

Co lanzamento do primeiro single titulado "M”, lanzado en decembro do ano 2000, Ayumi deu os seus primeiros pasos ó traballar de compositora baixo o alias de CREA, compoñendo a letra e a música da canción. Dende o seu lanzamento e éxito, "M" converteuse nun dos clásicos da artista e nun dos singles mellor vendidos. Neste álbum Ayu comeza a separarse pouco a pouco do estilo J-Pop puro dos seus primeiros traballos, achegándose moito máis o uso de guitarras acústicas e eléctricas e máis toques de rock, cun claro reflexo no seu segundo single, "Never Ever". O terceiro single, "Endless Sorrow", foi regravado e rearranxado para o lanzamento deste álbum, con algúns cambios nas letras e cun toque moito máis acústico. Do cuarto single, titulado "Dearest", pódese mencionar que foi un dos endings do anime chamado Inuyasha, e tamén utilizouse a canción "No More Words", unha das cancións de apoio, nunha das películas da serie. "A Song Is Born" foi regravada xunto a cantante de Globe, Keiko e utilizada para unha campaña benéfica de Avex Trax titulada "Song+Nation", para recadar fondos para as vítimas do 11 de setembro dos Estados Unidos.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
# Título
1. I am...
2. Opening Run
3. Connected
4. Unite!
5. Evolution
6. Naturally
7. Never Ever
8. Still Alone
9. Daybreak
10. Taskinlude
11. M
12. A Song Is Born
13. Dearest
14. No More Words
15. Endless Sorrow ~gone with the wind ver.~

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
1 de xaneiro de 2002 Oricon Daily Singles Chart #1
1 de xaneiro de 2002 Oricon Weekly Singles Chart #1 1,751,360 2,308,112 25
1 de xaneiro de 2002 Oricon Yearly Albums Chart #2
Lanzamento Título Máxima posición Semanas Vendas
13 de decembro de 2000 "M" #1 18 1,319,070
31 de xaneiro de 2001 "Evolution" #1 17 955,250
7 de marzo de 2001 "Never Ever" #1 12 756,980
16 de maio de 2001 "Endless Sorrow" #1 11 768,510
11 de xullo de 2001 "Unite!" #1 17 571,110
27 de setembro de 2001 "Dearest" #1 16 750,420
12 de decembro de 2001 "A Song Is Born" #1 10 441,410
6 de marzo de 2002 "Daybreak" #2 9 200,000