"Vogue" é o single nº14 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o mercado o 26 de abril do ano 2000 baixo o selo avex trax. A canción que dá título ao sinxelo sería a primeira da artista en ser utilizado nun comercial da compañía KOSÉ. Aínda que non alcanzou a primeira posición da lista de vendas de Oricon, o single tivo un grande éxito, vendendo máis de 350.000 copias na súa primeira semana e sobre 760.000 ata a data de hoxe. O single tamén ten unha cara B, algo raro para Hamasaki na época en que foi lanzado. Sinalar que a canción Ever Free unicamente esta dispoñible neste single.