Poker Face é o primeiro single oficial lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 8 de abril do ano 1998. O lanzamento oficial do single foi en 1998, pero no ano 2001 foi reeditado nunha edición maxi single, sendo maioritariamente completado con remesturas que foran feitas para a canción e nunca saíron a luz.
As letras da canción foron escritas completas pola mesma Ayumi Hamasaki, e foi composta por Yasuhiko Hoshino. As letras contrastan completamente co ritmo da canción. Ayumi dende o comezo gañou o seu público principalmente debido ó profundo das súas letras, a pesar do básico que eran as melodías das súas cancións. Nesta canción, por exemplo, destaca principalmente a frase "Quero chorar, pero vou a sorrir, quero o teu amor" que mostra como alguén pode finxir os seus verdadeiros sentimentos a outros para non mostrar vulnerabilidade.
O vídeo da canción tamén foi idea de Ayumi. Ela quería ser parte de tódolos ámbitos e manexar cada imaxe no momento do seu debut, o que a tiña bastante tensa, o que agravouse coa morte da súa avoa, que era moi próxima a cantante, dentro da época do lanzamento deste primeiro single, o que fai entender mellor a Ayumi. O vídeo musical de "Poker Face" mostra as distintas estacións do ano, e a artista facendo son pregravado en cada unha delas. Cada vez cambiando o seu estilo de roupa e de peinado.