LOVEppears, unha abreviación das palabras en inglés Love Appears (literalmente "O amor aparece"), é o título do segundo álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 11 de novembro de 1999. Este álbum quizais sexa o máis exitoso da carreira de Ayumi, sendo tódolos seus singles verdadeiros éxitos e con mellores vendas dentro do Xapón, e o álbum que sen dúbida a catapultou ó éxito incluso chegando a promocionarse algunhas cancións en países tan impensados como os Estados Unidos. Dentro deste álbum están presentes o seu primeiro maxi, o seu primeiro número un no seu país, á parte do sinxelo máis vendido en toda a carreira da artista, titulado "A", un sinxelo de catro caras A (sendo tamén titulado como o sinxelo con máis cancións na historia do Xapón, xa que contiña 14 cancións). Outro punto é que este álbum é o primeiro da cantante que contén unha canción oculta ó final da última canción, "Kanariya", canción que incluso se converteu nun dos singles do álbum debido o incrible éxito, que obrigou a lanzar aínda máis singles cando supostamente terminara a promoción do álbum. O álbum contén versión rearranxadas e melloradas das cancións que foron lanzadas dentro do ano 1999 como singles, máis un CD de bonus que contiña algunhas cancións do seu álbum debut máis algunhas remesturas.