O 19 de maio do 2007 anunciouse na páxina oficial de Ayumi Hamasaki o lanzamento do seu novo single para o 18 de xullo dese ano.
Glitter, composta por Kazuhiro Hara, formou parte do anuncio de Kiwis Zespri Gold e Fated, composta por Shintaro Hagiwara e Akihisa Matsuura, estaba incluída na banda sonora da película Kaidan. O single tamén incluiría unha terceira canción, Secret do seu anterior álbum nº8 do mesmo nome, composta por Tetsuya Yukumi, que tamén formaría parte doutra banda sonora, neste caso da película Confession of Pain. Letras das cales están todas escritas pola mesma Ayumi.
O que sorprendeu foi a noticia de que esta vez non se incluirían dous videoclips, un para cada canción, senón que habería un curto musical coas dúas cancións titulado Distance Love, protagonizado por Ayumi Hamasaki e Shawn Yue, rodado todo en Hong Kong cunha duración de 18 minutos aproximadamente.