"H" é o sinxelo número 27 lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 24 de xullo do 2002. O nome do maxi provén de Hamasaki, e é un single “3 caras”, xa que dentro deste ai tres cancións que foron usadas na radio. Primeiramente o single foi lanzado en 5 versións distintas de 5 cores distintos, e debido o éxito masivo que recibiu foi relanzado o 7 de novembro do 2002 nunha edición deluxe en formato dixipack. Este sinxelo foi o nº1 en vendas do Xapón do ano 2002.
O sinxelo consta de 3 cancións usadas na radio: "Independent", "July 1st" e "HANABI"´. Xa que ningunha das cancións tivo un vídeo musical propio, unicamente foron promocionadas a través de comerciais para a televisión a través de diversos produtos os cales se afiliaron. "Independent" fíxose canción imaxe do campionato de Baloncesto dese ano no Xapón, "July 1st" á súa vez, utilizouse en comerciais para a gama de cosméticos KOSÉ mentres que a balada "HANABI" foi utilizada dentro do comercial de celulares de TU-KA.