Hermenexildo Amoedo Carballo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1747 Pontevedra, España |
Morte | 24 de decembro de 1811 (64 anos) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Compañía de Xesús de Pontevedra canda a José Francisco de Isla, e ingresou na compañía en decembro de 1762. Logo da expulsión da orde de España por parte do rei Carlos III en 1767, ambos os dous marcharon a Italia.
En 1787 publicou en Boloña a obra Carmen patrium sive Pontevedra, escrita en latín en romance con 429 versos hendecasílabos[1]. Foi reeditada en 1788 en Santiago de Compostela.
A peza, adicada a Sebastián Malvar Pinto (tamén pontevedrés, e arcebispo de Santiago de Compostela), foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos e incluída na súa obra A gaita gallega (en 1853). Nesta obra narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano 1762. É descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo.
Foi preso por non prestar xuramento a Xosé Bonaparte, rei de Nápoles, como o resto dos xesuítas. Eles segundo as súas normas non poden prestar xuramento de obediencia e ninguén agás ao Papa e ao xeneral da Compañía. Morreu na cadea de Mantúa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso Montero, Xesús (1998): "Pontevedra na voz de dous exiliados", artigo en La Voz de Galicia, 21 de agosto de 1998.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Amoedo Carballo, Hermenexildo" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 52, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- "Amoedo Carballo, Hermenegildo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.