Igrexa de Silte
Igrexa de Silte | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Silte |
Coordenadas | 57°13′16″N 18°14′12″L / 57.22102778, 18.23675 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Silte (sueco: Silte kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Silte, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa de Silte data na súa totalidade do século XIII. Durante traballos de restauración realizados entre 1971 e 1972 atopáronse restos dunha stavkirke baixo o chan do presente edificio, construída uns 100 anos antes que a igrexa de pedra. A parte máis antiga da estrutura actual é o coro, datando de mediados do século e construído en estilo gótico. Durante un breve período de tempo o coro estivo unido á nave da igrexa de madeira. A nave actual é un pouco posterior ao coro e aparentemente foi realizada polo mesmo taller, mentres que a torre semella que foi engadida cara finais do século.[1] Inicialmente a torre era máis alta pero nalgun momento, pode que cara finais da Idade Media, resultou gravemente danada e parte dela colapsou.[2]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Trátase dunha igrexa medieval case inalterada. De forma pouco común, incluso as aperturas das fiestras son orixinais. Estás, así como os portais, están decoradas con aderezos de pedras con cores alternas. O portal sur tamén está decorado con ornamentos tallados en estilo nórdico. Unha das fiestras do coro contén algúns paneis orixinais das vidreiras, que datan do tempo da construción da igrexa. O interior está decorado con frescos de catro períodos distintos. O conxunto máis antigo é de cando se levantou o edificio e é puramente ornamental. Na parede occidental da nave hai varios frescos de ao redor do ano 1300 representando a varios santos. Preto do anterior hai un fresco que representa escenas da Paixón de Cristo, realizado durante o século XV. Un último conxunto, do ano 1495, adorna a parede sur da nave.[1]
A igrexa ten dúas pezas de mobiliario que destacan: o retablo e a pía bautismal. O retablo é único no seu estilo en Gotland. As súas ás externas están pintadas e representan a San Miguel, María e, na parte traseira, a anunciación. Esas pinturas datan de ao redor do ano 1500. O panel central está decorado con esculturas de madeira que representan o Xuízo Final e son do século XIII. A pía bautismal é de finais do século XII e polo tanto máis antiga que a igrexa de pedra. Foi realizado por Master Sigraf e está ricamente esculpida.[1] A meirande parte do resto do mobiliario data do ano 1902, cando se levou a cabo unha restauración. Porén, o púlpito é de mediados do século XVIII.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Detalle do retablo
-
Portal da nave
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 233–234. ISBN 9129410355.
- ↑ Mats, Bergman, (1992). Silte kyrka : Hablinge Ting, Gotland, band VIII:3. Almqvist & Wiksell International. ISBN 91-7192-867-7. OCLC 464219416.