Saltar ao contido

Igrexa de Eskelhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Eskelhem
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónEskelhem
Coordenadas57°29′23″N 18°12′36″L / 57.489709, 18.209913
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Eskelhem (sueco: Eskelhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eskelhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Eskelhem estivo precedida por unha igrexa de madeira da cal non se conserva nada. Ao redor do ano 1200 foi substituída por un edificio de pedra. As paredes da nave da igrexa actual son todo o que queda dese primeiro edificio de pedra. Posteriormente a igrexa foi ampliada e reconstruída ata recibir a súa presente forma a mediados do século XIV. Internamente a igrexa está decorada con diferentes conxuntos de frescos. Un dos conxuntos é de finais do século XIII e o outro, realizado polo artista coñecido como Passionsmästaren, do século XV. Entre o mobiliario da igrexa destaca a pía bautismal do século XII, probablemnete realizada por Master Byzantios, e a cruz triunfal de ao redor do ano 1250.the triumphal cross, made around 1250 both deserve mention.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 128–130. ISBN 9129410355.